Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Avaliarase o desenvolvemento do mesmo como mínimo unha vez ao trimestre. Valorarase o estado da execución das accións e analizaranse os posibles necesidades que poidan xurdir, como por exemplo a formación do profesorado ou dotación de material informático.
Ao longo do primerio trimestre crearonse padlets en distintas clases que ao incluirse na aula virtual favoreceu o uso desde recurso. Implementouse o uso da aula mobil e para facilitar o seu emprego clonaronse 8 ordenadores á maqueta abalar11. Finalmente, seguimos sen recibir o material dos polos creativos polo que as actividades e proxectos relacionados coa radio escolar non comezaron.
No segundo trimestre ademáis de dinamizar o uso da aula mobil, o equipo de TIC acordou crear un documento que recollese a competencia mínima dixital que se espera para cada nivel educativo co obxectivo de establecer un perfil vertical da competencia dixital (mínima) para o noso centro. Así, todos os mestres e mestras terían unha refencia que facilitaría que todo o noso alumnado chegase a 5º de primaria cun nivel de competencia dixital mínima semellante. Ademáis, acordase engadir actividades tipo para traballar cada unha das competencias específicas propostas.
Finalmente, seguimos sen recibir o material dos polos creativos polo que as actividades e proxectos relacionados coa radio escolar non comezaron.
No terceiro trimestre compartimos o documento que estabamos a crear sobre o perfil vertical da competencia dixital cos equipos de ciclo, de forma que todas e todos poidan colaborar na súa redacción.
Con respecto ao uso da aula mobil, indicar que se tivo que confeccionar un decálogo para o seu uso, Algunhas normas que se incluén son:
- Cada titor/a terá unha lista dos seus alumnas/os para que sempre empreguen o mesmo ordenador.
- Cada alummna/o terá que crear unha carpeta no escritorio co seu nome e apelidos. (o ordenador é compartido con estudantes doutras clases)
- Os estudantes deberán gardar os seus archivos na súa carpeta.
- Os estudantes, cada vez que vaian a empregar o ordenador, revisará se ten algún desperfecto ou probrema. Dexte xeito saberase quén foi o último estudante en empregalo.
- O titor/a deberá asegurarse que a aula mobil queda conectada a corriente eléctrica para que todos os ordenadores esté dispoñibles para a próxima clase. (Recoméndase que cada clase teña dous encargados/as que se aseguran de que todos os ordenadores se gardan correctamente e quedan cargando, e o carro conectado a corriente.
Finalmente, o día 11 de abril temos a primeira sesión de formación sobre radio escolar. A radio foi prestada polo CFR xa que o material de polos creativos ainda non chegara. Dispuxemos da radio escolar en préstamo 20 días. A radio escolar resultou moi intersante aínda que unicamente unha clase a empregou para a creación do producto final do proxecto de centro.
Avaliación
Farase una evaluación cada trimestre e unha final para valorar globalmente a consecución dos obxectivos.
A avaliación constitúe un elemento imprenscindible para a mellora da calidade do proceso educativo e de cada un dos seus elementos: só dende una reflexión crítica compartida polos integrantes da comunidade educativa sobre o desenvolvemento das actuacións levadas a cabo poden poñerse en marcha procesos de mellora fundamentados e enriquecedores.
A avaliación do Plan Dixital que realizará o equipo de dinamización será:
– Procesual: avaliarase o desenvolvemento do mesmo como mínimo unha vez ao trimestre. Valorarase o estado da execución das accións e analizaranse os posibles necesidades que poidan xurdir, como por exemplo a formación do profesorado ou dotación de material informático.
– Final: realizarase unha vez ao ano e valorarase o logro dos obxectivos establecidos, o grao de satisfacción da Comunidade Educativa e o grao de eficacia e participación, entre outros. Analizarase tamén as dificultades atopadas e propoñeranse aspectos a mellorar para o seguinte curso.
Tomando como referencia os obxectivos faise unha valoración xeral positiva do plan.
Con referencia á utilidade da aula virtual, indicase que a mestra de inglés durante todo o curso empregou e dinamizou a aula virtual en todas as súas clases e cuarto curso, engadiu na aula virtual os enlaces para acceder aos seus padlets.
Con respecto ao uso da radio escolar, sinalar que non recibimos a radio por parte da Conselleria e unicamente tivemos a oportunidade de empregar durante 20 días unha radio emprestada polo CFR de Pontevedra. Aínda así, as clases de cuarto conseguiron gravar un programa de radio e creouse unha conta para a escola en ivoox.
Finalmente, en canto ao uso e dinamización dos dispositivos dixitais do centro, indicar que o carro de ordenadores (aula mobil) tivo unha gran aceptación e uso por parte das clases do segundo ciclo e as noas pantallas das clases favorecen e facilitan o traballo dos mestres/as e o alumnado.
As propostas de mellora para o vindeiro curso son as seguintes:
- Rematar o perfil competencial dixital do alumnado.
- Dinaminar o uso da aula mobil no 2º ciclo.
- Dinamizar a radio escolar (se chega) e integrala no equipo da biblioteca.
Comunicación e difusión
O Plan Dixital difundirase á Comunidade Educativa a través da páxina web do centro. Ante calqueira actualización ou cambio do mesmo, volverase a subir e notificarase desta acción.