Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O PLAN DIXITAL do noso centro promoverá, neste mundo dixitalizado e interconectado, a transformación dixital do centro mellorando a competencia dixital da comunidade educativa.
Tamén queremos contribuír a configurar o futuro dixital do noso alumnado, onde as tecnoloxías dixitais xoguen un papel clave para construír a unha sociedade de igualdade de oportunidades e unha ensinanza-aprendizaxe innovadora e creativa.
Este plan vaise concibir como un documento vivo, no cal toda a comunidade educativa vai a intervir, cada un na medida das súas posibilidades e co seu nivel de formación.

No CEIP Plurilingüe de Rubiáns entendemos a educación dun xeito global como parte do desenvolvemento da personalidade humana, debendo ser a actividade escolar un medio para logralo, exercendo unha función compensadora de desigualdades.
O plan dixital é un instrumento de planificación integrado no PE que persegue fundamentalmente o desenvolvemento do tratamento da información e competencia dixital e a integración das TIC como ferramenta didáctica nos procesos de ensino-aprendizaxe nos distintos plans e programas do centro. O plan dixital concíbese comoun documento vivo que contén os acordos alcanzados no centro con respecto aos obxectivos xerais do plan, as estratexias de dinamización e xestión dos recursos tecnolóxicos e a inclusión das TIC nas diferentes concrecións curriculares. Aínda que o plan dixital garda unha estreita relación coa competencia dixital, a natureza complexa e globalizadora desta implica que as decisións tomadas neste documento contribúen tamén ao desenvolvemento do resto das competencias, especialmente, á personal, social e de aprender a aprender.
O Plan Dixital contribuirá a mellorar o proxecto documental integrado (PDI) do centro coas súas actividades para innovar e experimentar, tratando de que o alumnado regule a súa propia aprendizaxe, desenvolva a creatividade, resolva problemas e tamén servirá como elemento integrador doutros proxectos como Edixgal e Polos Creativos 

Dende o CEIP Plurilingüe de Rubiáns pretenderemos que o Plan Dixital contribúa á Programación Xeral Anual do curso 23/24 ao servir de marco as accións e tarefas impulsadas polo equipo Tic e polo equipo do Plan dixital. Por un lado, realizarando as accións que se citan no apartado 3.1 para mellorar a competencia dixital de toda a comunidade educativa e por outro lado programando actividades con ferramentas dixitais relacionadas co Proxecto Documental Integrado para mellorar a creatividade e autonomía do noso alumnado.

O PLAN DIXITAL do noso centro ten como marco lexislativo:

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

O PLAN DIXITAL do centro foi elaborado polo equipo de dinamización do mesmo. 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos empregados para a recollida de información foron: 

- Autoevaluación SELFIE

- Test CDD

Outra fonte empregada para a análise do DAFO foi a observación do emprego que se fai dos recursos tecnolóxicos dispoñibles no centro e do traballo cos mesmos tanto por parte do profesorado coma do alumnado. 

Pódense consultar as táboas no documento anexado.

Interno
37 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Resolver problemas técnicos. Alumnado Non
Debilidade Uso das tecnoloxías fora do centro para a aprendizaxe. Alumnado Non
Debilidade Dificultade do acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo Familias Non
Debilidade Competencia dixital desigual. Familias Non
Debilidade Ordenadores obsoletos Infraestruturas Si
Debilidade Estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade Autoreflexión sobre a aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade Competencia dixital desigual. Persoal docente Non
Debilidade Resolver problemas técnicos. Persoal docente Non
Debilidade Temporalidade dos Auxiliares de Conversa. Persoal non docente Non
Fortaleza Comportamento seguro e responsable. Alumnado Si
Fortaleza Uso da tecnoloxía no centro e novfogar para realizar tarefas. Alumnado Non
Fortaleza Codificación e programación dixital. Alumnado Non
Fortaleza Habilidades dixitais para diferentes materias. Alumnado Non
Fortaleza Participación das familias nas actividades do centro. Familias Non
Fortaleza Acceso a internet Infraestruturas Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para o ensino-aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza Repositorios propios de contidos. Infraestruturas Non
Fortaleza Difusión de información e actividades. Infraestruturas Non
Fortaleza Edixgal. Oferta Non
Fortaleza Plambe. Oferta Non
Fortaleza Faro da Escola. Oferta Non
Fortaleza Voz Natura. Oferta Non
Fortaleza Plurilingüe, plurinfantil, seccións bilingües. Oferta Non
Fortaleza Plan Proxecta. Oferta Non
Fortaleza Contractos Programa. Oferta Non
Fortaleza Prensa escola. Oferta Non
Fortaleza Espazos para compartir recursos dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza Canles de comunicación interna e externa. Organización de centro Non
Fortaleza Formación profesional continua. Persoal docente Si
Fortaleza Comunicación coa comunidade educativa. Persoal docente Non
Fortaleza Recursos educativos abertos. Persoal docente Non
Fortaleza Fomento da creatividade. Persoal docente Non
Fortaleza Redes colaborativas profesionais. Persoal docente Non
Fortaleza Creación de recursos dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Emprego de entornos virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza Auxiliar de conversa emprega recursos dixitais. Persoal non docente Non
37 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de dotación de equipamento tecnolóxico. Administración educativa Non
Ameaza Excesiva burocracia. Administración educativa Si
Ameaza Falta de tempo para a creación de contidos dixitais. Administración educativa Non
Ameaza Condicións socioeconómicas da contorna. Contorna Non
Ameaza Dificultade para o acceso a internet. Contorna Non
Ameaza Excesiva modificación da lexislación educativa. Lexislación Non
Ameaza Currículo moi extenso para prácticas dixitais co alumnado. Lexislación Non
Oportunidade Estabilidade laboral do persoal docente. Administración educativa Non
Oportunidade Achegas económicas que recibe o centro. Administración educativa Non
Oportunidade Actuacións da administración educativa. Administración educativa Non
Oportunidade Estabilidade laboral do persoal non docente. Administración educativa Non
Oportunidade Boa relación e colaboración coa ANPA en distintas actividades ao longo do curso escolar. ANPA Non
Oportunidade Promociona o traballo tecnolóxico no ensino. Lexislación Non
Oportunidade Oferta de actividades formativas e as condicións para a participación. Outras Non
Oportunidade Colaboración con institucións alleas ao centro educativo. Outras Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Actualizar o espazo multifuncional cos novos recursos para mellorar as competencias dixitais do profesorado e alumnado (Infraestrutura e equipos)
O02PD Revisión e actualización da estratexia dixital do centro. (Liderado)
O03PD Favorecer o uso da aula virtual do centro por parte do alumnado non eDixgal. (Pedagoxía: apoios e recursos)
O04PD Mellorar a competencia dixital do profesorado mediante plans de formación. (Desenvolvemento Profesional Continuo)
O05PD Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado de EP para mellorar a súa competencia dixital. (Competencias dixitais do alumnado)

Seguimento

Procedemento


Avaliación procesual: esta avaliación realizarase unha vez ao trimestre e nela efectuarase a valoración do estado de cada acción, indicando o estado no que se atopa cada unha das accións (realizado, aprazado ou pendente), valoraranse os resultados obtidos e realizaranse propostas de mellora, se fora o caso.
 

1º Trimestre

Todas as accións previstas para o 1º trimestre foron levadas a cabo satisfactoriamente. 

2º Trimestre

Todas as accións previstas para o 2º trimestre foron levadas a cabo satisfactoriamente. 

3º Trimestre

Todas as accións previstas para o 3º trimestre foron levadas a cabo satisfactoriamente. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para facer o seguimento deste plan empregaremos como instrumento de avaliación as táboas do PLAN DE ACCIÓN marcando no estado (realizada, aprazada ou pendente).

O seguimento e avaliación deste PLAN DIXITAL correrá a cargo do coordinador do mesmo coa colaboración do equipo creado ao principio de curso.

Para o seguimento deste plan e da consecución dos obxectivos recollidos no mesmo levaranse a cabo dous tipos de avaliación:


1. Avaliación procesual: esta avaliación realizarase unha vez ao trimestre e nela efectuarase a valoración do estado de cada acción, indicando o estado no que se atopa cada unha das accións (realizado, aprazado ou pendente), valoraranse os resultados obtidos e realizaranse propostas de mellora, se fora o caso.


2. Avaliación final: ao final do curso farase unha avaliación do plan dixital en conxunto e o conseguinte axuste do PLAN DE ACCIÓN coa proposta de mellora para o curso seguinte

Valoración xeral

A valoración xeral foi bastante positiva. A integración das TIC nas dinámicas de aula e no PDI do centro foi  a correcta a través do uso destas por parte do profesorado como recurso didáctico no traballo diario como e do alumnado comoferramenta de traballo e creación.

Utilizáronse diferentes recursos (audiovisuais, plotter de corte, impresora 3d, robots...) por parte do alumnado e do profesorado.

Proposta de mellora

Durante este curso escolar, as aulas virtuais do alumnado non Edixgal non se utilizaron en gran medida. Sería necesario retomar ese traballo.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O PLAN DIXITAL será difundido entre a comunidade educativa polas seguintes vías:

  • Web do centro: publicación en pdf do PLAN DIXITAL.
  • Por parte da dirección enviarase unha mensaxe de ABALAR MÓBIL, para informar ás familias do alumnado da publicación do PLAN DIXITAL.

Enlace ao Plan Dixital do centro