Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación

Para a elaboración deste plan partimos do marco lexislativo vixente:

  • Os artigos 111 bis, 121 e 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación establecen a promoción do uso das tecnoloxías da información e a comunicación na aula, a obrigatoriedade de recoller a estratexia dixital do centro no proxecto educativo e inciden nas competencias da persoa que ostenta a dirección do centro para o desenvolvemento dos proxectos do centro e o cumprimento da lexislación vixente.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • A Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, establece as medidas de actuación relativas ao deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital para o curso 2021-2022.

Contextualización no centro e contibución ao proxecto educativo

O plan dixital está concibido para mellorar aqueles aspectos nos que se observaron deficiencias e/ou necesidades tras a análise das enquisas realizadas polo profesorado e alumnado do centro e facilitar a actividade docente a nivel dixital. Así mesmo, destacar a importancia de que o centro conte coa infraestrutura necesaria para levar a cabo a actividade cotiá cos recursos multimedia necesarios para desenvolver o proxecto educativo do centro, as programacións de aula e os distintos proxectos de innovación nos que participa. Tamén contribuirá a fomentar a creación de espazos de intercambio de materiais e experiencias educativas e a promover a formación piramidal entre docentes do mesmo nivel e/ou ciclo e do centro en xeral e a autoformación.

O colexio forma parte da rede Abalar dende o curso 2012-2013 e no curso 2014-2015 participou no programa Edixgal. Tras a experiencia dos tres anos de obrigado cumprimento e tras a análise das enquisas realizadas polo profesorado, alumnado e familias para coñecer a súa opinión do programa e valorar a súa continuidade, decidiuse solicitar a baixa en Edixgal polos resultados negativos obtidos e o claro rexeitamento por parte das familias do alumnado e do profesorado.

Actualmente continuamos dentro da rede Abalar pero resulta moi difícil desenvolver o traballo a nivel dixital xa que o equipamento está obsoleto e as avarías e mal funcionamento dos ultraportátiles, sobre todo, limitan e, ás veces, impiden a integración da tecnoloxía nas actividades que conforman a programación de aula. Solicitouse á UAC en numerosas ocasións, por teléfono e por correo electrónico, a renovación do equipamento, pero sen éxito.

No presente curso escolar o centro participa nos seguintes programas de innovación: Programa PLAMBE, Contratos programa (PROA, CPInnova, CPInclúe), Proxecto Abalar, Sección Bilingüe (5º e 6º). Todos estes proxectos precisan dunha infraestrutura e equipamento dixitais axeitados para a súa implementación e contan cos recursos presentes no centro que dan soporte ás súas necesidades.

Ademais destes proxectos de innovación, estanse a implementar outros e actividades de grande interese para o alumnado nos que se precisa o emprego da tecnoloxía ben para desenvolvelos na súa integridade, ben para traballar nalgunha das súas fases a nivel investigación e/ou creación de modelos e formularios. Estes programas son: Proxecto de dinamización da Lingua Galega, Mediación entre Iguais, Patios Dinámicos, Horto Escolar, Proxecto Laboratorio.

De cara á programación anual do curso 2023-2024 prevese iniciar a posta en marcha das accións que figuran no plan de acción do plan dixital para a consecución dos obxectivos propostos valorando ao final de curso o grao de consecución dos mesmos e as propostas para o seguinte curso académico.

Este plan pretende ser un documento onde se recollen as estratexias orientadas a continuar o proceso de mellora da competencia dixital do profesorado e alumnado iniciado co itinerario formativo recollido no Plan TIC e está enmarcado no proxecto educativo de centro e en consonancia co mesmo.

Proceso de elaboración

Para a elaboración do plan dixital creouse, segundo o indicado na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, un Equipo de Dinamización do Plan Dixital integrado polas tres persoas que conforman o equipo de dinamización TIC e a directora do centro.

Seguindo as recomendacións do Centro de Formación e Recursos de Vigo, creouse un grupo de traballo composto por todas as persoas que conforman o Equipo de Dinamización do Plan Dixital e a coordinadora foi instada a matricularse no curso da aula virtual da Rede Galega de Educación Dixital (Adix Vigo 3) onde se establecían as distintas fases e tarefas a entregar, ademais de publicarse materiais explicativos e modelos para elaborar este documento.

O equipo contou coa colaboración do mentor asignado ao centro que desenvolveu labores de asesoramento e achegou materiais explicativos e modelos para desenvolver as distintas fases de elaboración do plan.

A análise inicial levouse a cabo tendo en conta os seguintes aspectos:

- Análise resultante das enquisas elaboradas polo profesorado, equipo directivo e alumnado coa ferramenta SELFIE.

- Análise resultante do test de competencia dixital docente elaborado polo profesorado.

- Análise dos resultados do informe DAFO.

- Análise dos recursos e infraestrutura existentes no centro.

- Análise das achegas de mellora recollidas na memoria do curso 2020-2021 do equipo de dinamización TIC.

As persoas integrantes do grupo de traballo asistiron a dúas sesións de formación por videoconferencia onde se presentaron os modelos e exemplos para a elaboración do DAFO e do Plan de Acción.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Instrumentos de recollida de información previa

A análise inicial levouse a cabo tendo en conta os seguintes aspectos:

- Análise resultante das enquisas elaboradas polo profesorado, equipo directivo e alumnado coa ferramenta SELFIE.

- Análise resultante do test de competencia dixital docente elaborado polo profesorado.

- Análise dos resultados do informe DAFO.

- Análise dos recursos e infraestrutura existentes no centro.

- Análise das achegas de mellora recollidas na memoria do curso 2020-2021 do equipo de dinamización TIC.

Interno
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Emprego desigual da tecnoloxía dixital para a avaliación do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Escaso fomento do intercambio de experiencias sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Escasa retroalimentación das prácticas de avaliación e autorreflexión sobre a aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza Reflexión sobre as vantaxes e desvantaxes para empregar a tecnoloxía para a aprendizaxe. Alumnado Non
Fortaleza Acceso a internet para proceso de ensino-aprendizaxe. Alumnado Non
Fortaleza Comportamento seguro e responsable en internet. Alumnado Si
Fortaleza Capacidade de selección e contraste na procura de información. Alumnado Non
Fortaleza Recoñecemento de autoría no material atopado en internet. Alumnado Non
Fortaleza Creación de contidos dixitais e comunicación mediante as tecnoloxías. Alumnado Non
Fortaleza Emprego de tecnoloxías dixitais por parte do profesorado para comunicación coa comunidade educativa. Familias Si
Fortaleza Contamos cunha infraestrutura que permite o proceso de ensino-aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza Contamos con dispositivos dixitais para o labor docente e tarefas administrativas. Infraestruturas Non
Fortaleza Todo o persoal do centro e alumnado dispón de acceso a dispositivos dixitais cando o precisa. Infraestruturas Non
Fortaleza Oferta de servizos dixitais corporativos. Oferta Non
Fortaleza Oferta de actividades formativas para actualización do profesorado e iniciación do alumnado. Oferta Non
Fortaleza Autoavaliación dos progresos en materia de ensino-aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza Fomento da participación do alumnado en proxectos interdisciplinares. Organización de centro Si
Fortaleza Desenvolvemento da estratexia dixital do centro. Persoal docente Non
Fortaleza Apoio do equipo directivo á hora de probar novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Existencia dun sistema de protección de datos. Persoal docente Non
Fortaleza Reflexión sobre as necesidades de DPC e acceso. Persoal docente Non
Fortaleza Uso de ferramentas dixitais para a procura e creación de recursos e materiais educativos. Persoal docente Non
Fortaleza Desenvolvemento profesional en relación á formación interna e externa en todas as modalidades. Persoal docente Si
Fortaleza Formación entre iguais. Persoal docente Non
Fortaleza Capacidade organizativa e funcional do equipo TIC que permite resolución de incidencias básicas no día a día. Persoal docente Non
Fortaleza Acceso a internet para proceso de ensino-aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza Emprego de tecnoloxías dixitais para atender á diversidade e fomentar a creatividade e implicación do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza Desenvolvemento profesional en relación á formación interna e externa en todas as modalidades. Persoal docente Non
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Asistencia técnica por parte da administración insuficiente para as necesidades actuais. Administración educativa Si
Ameaza Descoñecemento da lexislación vixente respecto da adquisición do equipamento informático por falta de información. Lexislación Non
Oportunidade Acceso maioritario por parte do alumnado a dispositivos con internet na casa. ANPA Non
Oportunidade Posibilidade de axuda no manexo de dispositivos na casa. ANPA Non
Oportunidade Emprego de tecnoloxías dixitais para colaborar con outras organizacións. Outras Si
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Análise

Recopilados os datos tras a análise da información recollida nas diferentes enquisas, tests e informes, decidiuse focalizar sobre todo nos aspectos relacionados coa formación do profesorado e alumnado, a optimización dos recursos dixitais e plataformas a disposición do profesorado e alumnado e o intercambio de experiencias educativas.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital. (COLABORACIÓN E REDES)
O02PD Actualizar os dispositivos dixitais da aula de informática. (INFRAESTRUTURA E EQUIPAMENTO)
O03PD Promover o uso da Aula Virtual do centro por parte do alumnado. (PEDAGOXÍA: APOIOS E RECURSOS)
O04PD Promover o uso da aula de informática para garantir o acceso a nivel individual e de xeito periódico dos equipos informáticos no alumnado. (PEDAGOXÍA: APOIOS E RECURSOS)
O05PD Difundir entre o profesorado as distintas actividades de formación ofertadas polos centros de formación e/ou outras institucións que favorezan unha mellora da súa competencia dixital. (num. de profesorado que realiza actividades de formación TIC). (DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL CONTINUO)
O06PD Creación e implementación dun protocolos de normas e uso da Aula Dixital Móbil.

Seguimento

Procedemento

De xeito trimestral, realizarase un seguimento do desenvolvemento das accións propostas para acadar os obxectivos formulados no plan coa finalidade de valorar a evolución das mesmas de xeito mensual a coordinadora do Plan Dixital reunirase co mentor ADIX para valorar o seguimento das accións.

Tras esta valoración o equipo de dinamización do Plan Dixital adoptará, se fose necesario, as medidas oportunas para impulsar o correcto desenvolvemento das accións e/ou subsanar as deficiencias observadas na súa implementación.

O plan valorarase a final de curso avaliando os indicadores específicos de cada acción proposta para determinar se o obxectivo foi alcanzado e en que grao.

En base á análise dos indicadores elaborarase un informe final no que se recollerán os resultados, xunto cos aspectos positivos e negativos e as propostas de mellora para o vindeiro curso. Este informe formará parte da memoria do equipo de dinamización TIC e da memoria do centro.

1º Trimestre

-Desenvolvida unha reunión co mentor ADIX na data do 25 de setembro de 2023.

-Revisión do rexistro de asistencia á aula de informática. Obsérvase unha asistencia irregular por parte das distintas titorías.

-Creación e posta en funcionamento da Aula Dixital Móbil

-Solicitada a charla do Plan Director da Garda Civil e Policía Nacional sobre Novas Tecnoloxías e pendente de resposta.

-Actualizados todos os equipos da aula de informática e enviada a solicitude á uac para renovación de equipos. 

-Creados todos os cursos na aula virtual do centro. Só unha parte do profesorado está empregando este recurso na actualidade.

-Creado o curso virtual na aula virtual sobre a formación en Polos Creativos aberta a todo o profesorado.

-Difúndense, de xeito sistemático a través do correo do colexio, todos os cursos de formación relacionados coa competencia dixital docente para o profesorado atopados no fprofe, no INTEF e nos plans de formación dos sindicatos.

2º Trimestre

- Instalación de equipamento novo para sala de mestres na data 25 de xaneiro de 2024.

- Desenvolvida unha reunión co mentor ADIX na data do 25 de xaneiro de 2024.

- Realizadas as dúas primeiras sesións do PFPP Polos Creativos con datas 24 de xaneiro e 5 de marzo.

- Realizada charla sobre protección de datos para o claustro con data 5 de marzo de 2024.

- Revisión do rexistro de asistencia á aula de informática. Ausencia de uso por parte da maioría das titorías.

- Revisión do rexistro de uso da aula dixital móbil. Aumento do uso da mesma por varias especialidades e titorías. Asencia de uso por parte da maioría das titorías.

- Inventariado e asignación das novas tablets aos ciclos segundo e terceiro.

3º Trimestre

- Asistencia as 2 sesións de formación técnica de uso da cortadora láser por parte do PFPP Polos Creativos realizada no CFR Vigo con datas 8 e 15 de abril.

- Asistencia por parte do coordinador a dúas sesións de formación técnica sobre cortadora láser, radio, plotter de corte e impresora 3D no CFR Vigo con datas 19 e 20 de maio.

- Realizadas 2 sesións de formación de grupo do PFPP Polos Creativos para a organización, planificación e estruturación do proxecto, con datas 22 e 27 de maio.

- Revisión do rexistro da aula dixital móbil e a aula de informática.

- Desenvolvida unha reunión co mentor ADIX na data do 23 de maio de 2024.

- Actualización de programas do equipamento da sala de profesores a día 03-06-24.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

-Non se acadaron na súa totalidade os obxectivos propostos no plan. A maioría foron acadados agás dous que se desenvolveron parcialmente, segundo o indicador, a pesar de terse realizado todas as accións no tempo e da forma previstos.

-Obsérvase unha menor utilización da Aula Virtual do centro quedando limitada as especialidades de inglés e música. Probablemente porque as titorías optan polo emprego das plataformas asociadas aos libros de texto das distintas editoriais.

-A aula de informática e ADM tiveron un uso irregular, percibíndose a ausencia de uso por parte de varios grupos. Debido a que non se achegan motivos que dificulten o seu emprego, é posible que non se estea integrando o uso destes recursos do centro na programación de aula destes grupos.

-Considérase interesante seguir difundindo entre o profesorado, a través do equipo directivo, as distintas actividades de formación sobre competencia dixital docente.

-Neste curso prestouse especial atención a todo o protocolo de protección de datos e tratamento da imaxe, realizando cambios substanciais no referente á publicación e acceso a fotografías e videos.

Proposta de mellora
  • Potenciar o desenvolvemento das capacidades dixitais do alumnado a través do uso regular da aula de informática e da ADM, así como iniciar o deseño dun plan de traballo progresivo que integre o proxecto de Polos Creativos que previsiblemente se implementará nos centros a curto plazo.
  • Continuar coa divulgación de actividades de formación sobre competencia dixital do profesorado para facilitar o coñecemento das posibles actividades.
  • Considérase necesario o reemplazo progresivo do equipamento da aula de informática para garantir unha boa accesibilidade as ferramentas tecnolóxicas por parte do alumnado.
  • Ante a futura chegada de equipamento relativo a Polos Creativos, e tendo en conta a pouca formación recibida no grupo de traballo, considérase interesante a procura de formación dirixida ao mesmo.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Comunicación e difusión

Unha vez aprobado polo Consello Escolar, oído o claustro, este plan dixital será publicado e difundido a través da páxina web do centro.

Así mesmo, o profesorado tamén terá acceso ao mesmo a través do curso da aula virtual creado para aloxar todos os documentos de centro.