Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN DO PLAN DIXITAL EN RELACIÓN COA NORMATIVA VIXENTE:

A esixencia de dotar aos centros educativos dun Plan Dixital de Centro establécese como obxectivo prioritario dentro da Estratexia Galega de Educación Dixital 2030 para a implantación nos  centros docentes dun ecosistema educativo dixital de alto rendemento, en aplicación do marco europeo elaborado polo Centro Común de Investigación da  Comisión Europea que establece, en primeiro lugar, o espazo e as referencias comúns para o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa (profesorado -DigCompEdu- e alumnado), do uso das tecnoloxías dixitais na estratexia de ensinoaprendizaxe e a implementación de organizacións educativas dixitalmente competentes (DigCompOrg) que, nunha segunda fase máis xeral e ambiciosa, desenvolva as estratexias que perseguen a competencia dixital para o conxunto da cidadanía (DigComp.2.0).

A partir dos obxectivos deseñados no marco común europeo e a lexislación base proporcionada pola Comisión Europea, os países membros trasladan aos seus respectivos sistemas normativos as bases harmonizadas da normativa común, referenciadas á lexislación estatal e desenvolvidas nas normas propias das comunidades autónomas con competencias educativas.

No contexto descrito, os antecedentes normativos nos que se sustenta a necesidade deste Plan Dixital de Centro serían, os seguintes:

  • Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación.
    • Artigo 111, bis: 6. El Ministerio de Educación y Formación Profesional elaborará y revisará los marcos de referencia de la competencia digital que orienten la formación inicial y permanente del profesorado y faciliten el desarrollo de una cultura digital en los centros y en las aulas. 7. Las Administraciones públicas velarán por el acceso de todos los estudiantes a los recursos digitales necesarios, para garantizar el ejercicio del derecho a la educación de todos los niños y niñas en igualdad de condiciones.
    • Artigo 121. Proyecto educativo: El proyecto educativo del centro recogerá asimismo la estrategia digital del centro.
  • ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa. Artigos 18 e 21. O plan dixital incluirá, como mínimo, os elementos citados na orde.
  • ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa. Artigos 15 e 18. O plan dixital incluirá, como mínimo, os elementos citados na orde.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022. No punto 5.3 se indica "no curso 2022 2023, o centro procederá a implementación efectiva do Plan que estará sometido a un proceso de avaliación e mellora continua".

 

CONTEXTUALIZACIÓN DO PD NO CENTRO E CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO

Situación socioeconómica: Nigrán é un municipio que pertence á comarca do Val Miñor, xunto con Baiona e Gondomar. A comarca está integrada na área metropolitana de Vigo, cunha evolución demográfica en crecemento e unha densidade de poboación alta. O instituto sitúase no centro do Val Miñor, nun edificio singular de grande valor histórico.

Tipoloxía escolar: No referente ás características socioculturais do alumnado do Centro, o seu medio ambiente social e económico é absolutamente variado, distinguíndose dúas procedencias básicas: a propia vila de Nigrán e zonas rurais adxacentes pertencentes ao concello (San Pedro da Ramallosa ou Vilariño) ou dos concellos de Gondomar (Couso, Borreiros, Morgadáns) e de Baiona (Sabarís). Xunto a estes, outro número minoritario de alumnado procedería doutros concellos limítrofes ao Val Miñor como Vigo ou Tomiño.

En canto ás actividades económicas das familias, a maioría delas traballa, na produción de compoñentes de automoción para Borgwarner Emissions Systems en Vincios ou GKN Drive Line e Stellantis en Vigo, así como tamén no sector servizos, principalmente nos bares, restaurantes e hoteis da zona e para o sector terciario, fundamentalmente dedicándose á gandería, agricultura e pesca. Pero con respecto a isto debemos salientar que en menor medida os pais, nais ou titores legais da outra parte do noso alumnado exercen outras profesións encadradas no sector terciario como docentes, enfermeiras.

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24: A contribución do presente PD á PXA significa a consolidación do propio proxecto así como a mellora do centro. Se temos, ademais, en conta os distintos aspectos que se recollen no plan de acción, este axudará a potenciar o funcionamento doutros proxectos, así como apoio ao alumnado e ao claustro, non só no proceso de ensino-aprendizaxe senón tamén na detección das necesidades de formación. Con todo o anterior, estarase tamén a fomentar a participación en grupos de traballo e/ou doutros grupos distintos á comunidade educativa e que poden axudar tamén á mellora do centro.

 

PROCESO DE ELABORACIÓN

A elaboración deste Plan Dixital basease no Plan Dixital do curso anterior e na análise DAFO na que este se baseou. A análise DAFO realizouse a partir dos datos obtidos das enquisas realizadas polo profesorado e o alumnado (test Selfie e test de Competencias Dixitais Docentes). Os obxectivos do Plan Dixital deste curso baseanse nos obxectivos non acadados do plan anterior e noutros novos obxectivos creados a partir de novas necesidades detectadas e a partir das propostas de mellora suxeridas o curso anterior.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O instrumento de recollida de datos foi o Informe SELFIE e test CDD.

Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Existencia de problemas técnicos na aula Alumnado Si
Debilidade Uso das tecnoloxías dixitais de forma non segura Alumnado Si
Debilidade O alumnado de ESO e Bacharelato non ten acceso ao uso de ordenadores na súa aula Infraestruturas Si
Debilidade Falta de implicación do profesorado na estratexia dixital Organización de centro Si
Debilidade Falta de dixitalización dos procesos internos do centro Organización de centro Si
Debilidade Ausencia de: Tempo para explorar o ensino dixital. Debate sobre o uso da tecnoloxía. Proxectos interdisciplinares. Autorreflexión sobre a aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza Dispoñibilidade de dispositivos dixitais para a aprendizaxe Infraestruturas Si
Fortaleza Asistencia técnica Organización de centro Non
Fortaleza Novas modalidades de ensino. Participación no Desenvolvemento Profesional Continuo. Emprego de contornas virtuais de aprendizaxe. Recursos educativos abertos. Comunicación coa comunidade educativa. Persoal docente Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de estabilidade laboral do persoal docente Administración educativa Non
Ameaza Lexislación non educativa que afecta ao sistema educativo (LOPD) Lexislación Non
Ameaza Escasa participación das empresas na estratexia dixital. Outras Non
Oportunidade Dotación de equipamento tecnolóxico Oferta de actividades formativas e as condicións para a participación Administración educativa Non
Oportunidade Oferta de plataformas e ferramentas dixitais pola Consellería e outros organismos oficiais Administración educativa Si
Oportunidade Lexislación educativa que inclúe e favorece a estratexia dixital Lexislación Non
Oportunidade Tecido empresarial en crecemento Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O DAFO anterior invita á reflexión respecto dos obxectivos a acadar, e a partir del deseñamos o Plan de Acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Implicar ao alumnado na creación de contidos dixitais propios
O02PD Promover o uso da ferramenta AbalarPro por parte do profesorado, o alumnado e as familias, en todos os niveis (ESO, Bacharelato e FP)
O03PD Empregar as ferramentas de avaliación de moodle
O04PD Promover o uso dun repositorio online con modelos, horarios, procedementos e outros documentos de utilidade para o profesorado
O05PD Traballar aspectos relacionados coa creación de contidos H5P
O06PD Elaborar un calendario coa temporalización das tarefas organizativas e admnistrativas do profesorado, titores e titoras, equipo directivo, xefes e xefas de departamentos, coordinadores e coordinadoras, etc. Este calendario orientativo estaría enlazado cos modelos e procedementos do repositorio
O07PD Utilizar e promover o uso da ferramenta "abalarbox"
O08PD Dispoñer dun servizo de préstamo de ordenadores portátiles para o alumnado e/ou profesorado
O09PD Concienciar á comunidade educativa sobre ciberseguridade
O10PD Posibilitar o emprego de ordenadores portátiles nas aulas de ESO e Bacharelato

Seguimento

Procedemento

O equipo do plan dixital realizará unha reunión cada dúas semanas para realizar o seguimento do cumprimento das accións, detectar novas necesidades ou eliminar ou modificar algún obxectivo, con vistas a cursos posteriores ou, incluso, ao actual.

Tamén se realizarán reunións periódicas entre o coordinador do plan dixital e o coordinador de ADIX.

1º Trimestre

O día 27/09/2023, reuníronse o coordinador do plan dixital co coordinador ADIX. Nesta reunión, o coordinador ADIX aclarou conceptos acerca do uso da aplicación "educalidade" e a estructura e elaboración do plan dixital.

O día 02/10/2023, reuniuse o equipo do plan dixital. Nesta reunión, o equipo do plan dixital revisou dito plan e acordou a creación, eliminación e modificación de varios obxectivos.

O día 19/10/2023, reuníronse o coordinador do plan dixital co coordinador ADIX. Nesta reunión, o coordinador ADIX aclarou conceptos acerca dos obxectivos de tipo SMART e acerca doutros puntos do plan como o de "seguimento".

O día 30/10/2023, infórmase a todo o Claustro do Plan Dixital a través do correo electrónica.

O día 06/11/2023, o Plan Dixital é aprobado polo Consello Escolar.

O día 21/11/2023, reuniuse o equipo do plan dixital. Nesta reunión se fixo un seguimento dos obxectivos e tomáronse decisións acercas dos obxectivos relacionados co préstamo de ordenadores portátiles e coa implantación do uso de abalarbox.

O día 18/12/2023, reuniuse o equipo do plan dixital. Nesta reunión se fixo un seguimento dos obxectivos.

2º Trimestre

O día 17/01/2024, reuníronse o coordinador do plan dixital co coordinador ADIX. Nesta reunión se fixo un seguimento do plan dixital e se resolveron dúbidas.

O día 19/02/2024, reuniuse o equipo do plan dixital. Nesta reunión se fixo un seguimento dos obxectivos acadados e principalmente se toman decisións sobre o obxectivo "O10PD - posibilitar o emprego de ordenador portátiles nas aulas de ESO e Bacharelato".

O día 18/03/2024, reuniuse o equipo do plan dixital. Nesta reunión compartiuse o feedback recollido das accións realizadas para cumplir o obxectivo "O10PD - posibilitar o emprego de ordenador portátiles nas aulas de ESO e Bacharelato". Ademáis, se intercambias ideas sobre como funcionaría o sistema: como trasladar os portátiles, como solicitalos, ...

3º Trimestre

O día 25/05/2024, reuníronse o coordinador do plan dixital co coordinador ADIX. Nesta reunión se fixo un seguimento do plan dixital, se resolveron dúbidas e se indicaron as instrucións de cara ao peche do plan.

O día 27/06/2024, reuniuse o equipo do plan dixital. Nesta reunión fíxose un seguimento final do plan dixital e  establecéronse os que poderían ser os obxectivos para o vindeiro curso.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación procesual

Trimestralmente, o equipo de dinamización do Plan Dixital cooperará coa persoa coordinadora do mesmo para determinar o estado de cumprimento das actuacións determinadas nos obxectivos do plan, o estado da execución das actuacións e a análise e valoración dos resultados, así como para considerar posibles modificacións das actuacións e as propostas de mellora.

Avaliación final.

Ao final do curso 2023-2024, o coordinador do equipo do Plan Dixital elaborará, a partir da valoración sumativa da análise parcial trimestral e a concreción final dos resultados obtidos, a memoria na que se determine o grao de cumprimento dos obxectivos do plan, a valoración do logro dos mesmos a partir da situación inicial e, no seu caso, as propostas de mellora do plan, que serán introducidas no curso ou cursos seguintes.

Valoración xeral

En xeral, o plan dixital tivo un impacto positivo no centro. O PFPP foi un éxito entre o profesorado participante, a aplicación abalarbox comezouse a utilizar polo equipo directivo e parte do profesorado, a aplicación abalarPro é utilizada por unha maior parte do profesorado, existe unha aula de informática móbil, ...

Algúns obxectivos que se propoñen para o seguinte curso son:

- Formar o profesorado no uso das pizarras táctiles

- Elaborar pequenos cursos na Aula Virtual sobre diferentes procesos necesarios na actividade docente

- Poñer en marcha a aula de informática móbil

- Compartir pílulas sobre consellos de uso do ordenador ou páxinas Web de interese

- Solicitar PFPP relacionado coa creación de contidos dixitais

- Formar o persoal para a elaboración de novos plans na plataforma educalidade

- Elaborar un calendario coa temporalización das tarefas organizativas e admnistrativas do profesorado, titores e titoras, equipo directivo, xefes e xefas de departamentos, coordinadores e coordinadoras, etc. Este calendario orientativo estaría enlazado cos modelos e procedementos dun repositorio

 

Proposta de mellora

Proponse reducir o número de obxectivos de cara ao seguinte curso. Este plan dixital foi moi ambicioso, o cal se demostra porque houbo un obxectivo que non se puido acadar por outorgarlle prioridade a outros.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital do IES Escolas Proval gozará da consideración de documento básico para a implementación da estratexia de desenvolvemento das TIC’s no ámbito da comunidade educativa. A tal fin, é imprescindible dotalo dos mecanismos de publicitación, para o seu coñecemento xeral.

Dado que o Plan Dixital forma parte do Plan Xeral Anual do centro, este debería ser aprobado polo Consello Escolar, unha vez oído polo claustro, antes do dia 15 de outubro de 2023. Este curso académico ampliouse o prazo e os centros disporán ata o 6 de novembro de 2023 para entregar dito plan dixital.

 

Unha vez aprobado o Plan Dixital de Centro do IES Escolas Proval, e unha vez trasladado ao Servizo de Inspección Educativa para a súa conformidade, seguirase o seguinte protocolo de publicidade ante a comunidade educativa:

1.- Publicación, na páxina web do centro, dunha ligazón de acceso ao documento na aplicación de "educalidade".

2.- Comunicación, a través de Abalar, da publicación do Plan Dixital, incluíndo a ligazón de acceso ao documento na aplicación de "educalidade".