Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.   Datos básicos do centro

O CEIP A Sangriña é un centro de titularidade pública de educación Infantil e Primaria ubicado no concello de A Guarda, no sur da provincia de Pontevedra

Neste momento conta con 217 alumnos, repartidos en  3 unidades de Educación Infantil e 11 de Educación Primaria. O centro conta con 22 mestres a tempo completo e 3 mestres que teñen a súa base noutros centros da contorna.

A súa páxina web é https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipasangrinha/

 

Dirección:  Avenida de Portugal nº 19 36789 A Guarda.

Correo electrónico: ceip.asangriña@edu.xunta.gal

1.2.  Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro.

            Como está recollido no Proxecto Educativo do centro:

O sector terciario, centrado no turismo, é primordial. Ademais, dentro do sector primario atopamos actividades de pesca e actividades agrícolas, neste caso adicadas na maior partes, ao propio abastecemento.

No ámbito socio laboral son moitos os traballadores que se desprazan diariamente a centros de traballo de localidades cercanas.

Contribución do PD ao Proxecto Educativo. Relación con outros Plans e proxectos do centro: .

•    Optimización dos recursos TIC do centro.

•    Contribución ó PDI do centro en tarefas de investigación e elaboración de recursos.

•    Aportación aos contratos programa e outros proxectos ós que está adscrito o centro.

•    Consecución dunha maior destreza nas competencias dixitais establecidas na lexislación.

 

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24.

                      1.            Modificación dos horarios xerais do centro establecendo como prioridade o correcto funcionamento da aula de informática.

                      2.            Respecto ós horarios do profesorado, proceder á liberación horaria precisa para que as funcións dos mestres dixitais designados (ver plan de acción)  correspondan cun grupo clase concreto.

                     

 

1.3.  Breve xustificación do mesmo

Contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:

       Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

       Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

       Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

       Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

 

1.4. Proceso de elaboración

Unha vez formado o Equipo de Dinamización do Plan dixital, composto por 3 mestras do centro (unha mestra de lingua estranxeira e dúas mestras de educación primaria, todas elas pertencentes tamén ao equipo de dinamización das TIC), procedemos a elaborar o novo plan dixital, tendo en conta os resultados do ano anterior e as propostas de mellora indicadas, programando o plan na liña das necesidades e características do centro.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Na primeira fase realizamos as avaliacións propostas:

Autoavaliación SELFIE: información do resumo das áreas do informe SELFIE

Test CDD

No final do curso 2022/2023, logo das reunións cos equipos docentes, valoramos a consecución dos obxectivos e as propostas de mellora. A partires de aí plantexamos a continuidade e as modificacións do noso plan de traballo.

Interno
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. O alumnado non aprende a codificar ou programar Alumnado Non
Debilidade 2. Non ensinamos ao alumnado a resolver problemas técnicos que xurden no uso das TICS Alumnado Si
Debilidade Con frecuencia transmiten competencia dixital limitada no aspecto educativo dentro do ámbito familiar. Familias Si
Debilidade 2. Aula de informática preparada con equipos obsoletos (recollidos doutros espazos) Infraestruturas Si
Debilidade 3. Asistencia técnica insuficiente para dar solución as incidencias que xurden. Infraestruturas Non
Debilidade Existencia de dispositivos dixitais ultraportátiles Abalar obsoletos Infraestruturas Non
Debilidade 1. Ausencia de repositorios en liña Oferta Non
Debilidade 2. Sobrecarga de traballo Organización de centro Non
Debilidade 1. O profesorado non crea recursos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade 3. O profesorado non emprega as TICS para que o alumnado realice observacións constructivas sobre o traballo dos seus compañeiros. Persoal docente Non
Debilidade 6. Certo descoñecemento da lei de proteción de datos Persoal docente Non
Debilidade 7. Descoñecemento das posibilidades das TIC na avaliación do alumnado Persoal docente Non
Debilidade 2. Escasa participación do alumnado en proxectos interdisciplinares usando as TICS. Persoal docente Si
Debilidade 4. Con frecuencia, descoñecemento do profesorado en relación aos dereitos de autor e licenzas de uso. Persoal docente Non
Debilidade 5. Tempo adicado a verificar a calidade da información e curación de datos Persoal docente Non
Fortaleza 1. No noso centro debatemos sobre as vantaxes e inconvintes do ensino e aprendizaxe con TICS e facemos especial fincapé mediantes os Plans Directores da Garda Civil e Navega con Rumbo, dirixidos cara o alumnado de cursos superiores. Alumnado Non
Fortaleza 3. No noso centro o alumnado aprende a actuar de forma responsable en Internet Alumnado Non
Fortaleza 2. No noso centro organízanse actividades para que o alumnado aprenda a actuar de forma segura en Internet Alumnado Si
Fortaleza 4. Aseguramos que o alumnado desenvolva habilidades dixitais para algunhas materias. Alumnado Si
Fortaleza 1. O centro facilíta o acceso a internet para o ensino: Contamos coa colaboración do Equipo Tics do centro para coordinar as distintas incidencias en colaboración co equipo técnico da UAC que nos prestan servizo no relativo ás redes ABALAR, e o resto das incidencias son atendidas por un informático externo que financia o centro. Infraestruturas Non
Fortaleza 2. Existencia de dispositivos dixitais (Tablets financiadas polo centro, proxector en cada aula e ordenadores) Infraestruturas Non
Fortaleza 3. Existencia de novos dispositivos aportados pola Consellería. Infraestruturas Non
Fortaleza 4. Incorporación dos paneis dixitais aportados pola consellería. Infraestruturas Non
Fortaleza 1. Web do centro con finalidade informativa actualizada Oferta Non
Fortaleza 2. Blogs de aula e Aulas virtuais Oferta Non
Fortaleza 3. Participación en Abalar e Seccións Bilingües Oferta Si
Fortaleza 1. Difusión do Plan Dixital Organización de centro Non
Fortaleza 1. Apoiamos aos mestres e mestras para que exploren novas formas de ensino con TICS xa que o centro promove actividades de formación continuada. Organización de centro Non
Fortaleza 1. No noso centro debatemos sobre as vantaxes e inconvintes do ensino e aprendizaxe con TICS Persoal docente Non
Fortaleza 5. O profesorado busca recursos educativos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza 6. O profesorado emprega as TICS para adaptar o seu método de ensino ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza 2. Debatimos co profesorado sobre as súas posibilidades de formación TICS, dende o comezo de curso se promoven cursos de formación. Persoal docente Non
Fortaleza 3. O profesorado ten acceso a formarse no relativo ás TICS a través de grupos de traballo ou de formación Fprofe. Persoal docente Non
Fortaleza 4.O profesorado emprega as TICS para para as comunicacións relativas ao centro. Persoal docente Non
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. No noso centro observamos a complexidade de integrar as TICS no currículo ordinario. Administración educativa Si
Ameaza 2. Sentimento das familias de non ser capaz de axudar dixitalmente ós seus fillos Contorna Si
Ameaza 1. O alumnado ou as familias transmiten unha excesiva utilización das TICS con fins non educativos por parte do alumnado. Contorna Si
Ameaza 3. Brecha dixital Contorna Non
Ameaza 1. No centro empregamos as TIC para colaborar con outras organizacións: o centro emprega as TICs para as interaccións con outras entidades da zona pero non está inmerso en ningún proxecto que implique colaboración ou creación de productos socias relevantes (creación de vídeos, creación de materiais de forma conxunta,videoconferencias, etwinning, ¿) Outras Non
Oportunidade 1. No noso centro hai dispositivos dixitais para o uso do alumnado: -No final do curso 22-23 chegaron 9 novos paneis dixitais para as aulas de Infantil, 1º e 2º ciclo de primaria. - Contamos con ultraportátiles ABALAR do ano 2012, ano no que iniciamos o proxecto no centro. Os equipos non funcionan correctamente e a súa velocidade non é a axeitada para o desenvolvemento correcto da actividade. - Contamos tamén cos dispositivos e as respectivas conexións wifi cedidos polo AMTEGA para a supresión da fenda dixital. Administración educativa Si
Oportunidade 2.O profesorado ten acceso a formarse no relativo ás TICS a través de grupos de traballo ou de formación Fprofe. Administración educativa Non
Oportunidade 1. O concello dispón de lugares de uso público para desenvolver a competencia dixital (aula CEMIT, BIBLIOTECA, ¿). Administración educativa Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Logo da recollida de información observamos cales son as fortalezas e oportunidades e tamén cales son as debilidades e ameazas.

A partires desta información planificamos os obxectivos e accións que nos permitan optimizar o punto de partida e lograr avanzar naqueles aspectos con maiores necesidades.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD AFIANZAR O HORARIO DE TRABALLO SEMANAL TIC, INICIADO O CURSO PASADO, EN TODOS OS CURSOS CUN MESTRE/A DESIGNADO/A OU MESTRE/A TITOR/A SEGUINDO UNHA PROGRAMACIÓN ESTABLECIDA E IMPLEMENTANDO AS PROPOSTAS DE MELLORA MARCADAS.
O02PD EMPREGAR A AULA VIRTUAL

Seguimento

Procedemento

O seguimento será continuado, no final de cada trimestre establecemos unha reunión cos equipos docentes, facendo coincidir estas reunións coas xuntas de avaliación.
O último martes do mes de maio realizaremos a avaliación final.

1º Trimestre

Educación infantil: Por diferentes motivos non se puido levar a cabo a proposta de actividades neste trimestre.

1ºA e 1ºB:

Estado de execución das accións: iniciaron na presentación do pensamento computacional, segmentación e instruccións.

Análise e valoración dos resultados: Dificultade para determinar a lateralidade e discriminar xiros esquerda-dereita.

2ºA:

Estado de execución das accións: En proceso. Os obx máis conseguidos foron o 2 (iniciarse no uso de robots) e o 6 (identificar os buscadores no escritorio e ser quen de atopar a páxina indicada).

Análise e valoración dos resultados: Os obx acadados necesitan ser reforzados no seguinte trimestre. Precisáronse bastantes sesións para acadar o obx 3 (coñecer os elementos dun ordenador: rato, pantalla, auriculares, teclado e pantalla).

Posibles modificacións: Valorar a redución ou eliminación dalgúns obx.

2ºB:

Estado de execución das accións: En proceso. Os obx máis traballados foron o 2 e o 6.

Análise e valoración dos resultados: Os obx traballados necesitan ser reforzados. Precisáronse bastantes sesións para obx 3.

Posibles modificacións: Posible redución dalgun obxectivo proposto.

3º:

Estado da execución da acción: Partiuse de cero (creación dunha carpeta, mecanografía, ...) e continuouse co uso do procesador de textos.

Análise e valoración dos resultados:Bos resultados, xa teñen adquiridas as funcións básicas do procesador de textos (creaciónn de documentos, cambiar o formato, ...)

Posibles modificacións das accións: Seguir avanzando no manexo do procesador de textos abarcando novos contidos.

4º 

Estado da execución da acción: Comezouse co uso do porcesador de textos realizando diferentes tarefas (contos, descricións, ...)

Análise e valoración dos resultados: Bos resultados, xa teñen soltura no manexo do procesador de textos.

Posibles modificacións das accións: Seguir traballando co procesador de textos e adentrarse na creación de presentacións dixitais.

5º 

Estado da execución da acción: Manexo na aula virtual. Elaborar documentos de escritura de libreoffice. Pasar documentos a PDF. Facer entrega das tarefas na aula virtual.

Análise e valoración dos resultados: Evolución normal, seguiremos traballando documento de escritura. Na aula virtual non se manexan con autonomía.

Posibles modificacións das accións: Seguirase traballando na aula virtual como eixo central.

 

6º 

Estado da execución da acción: Este curso temos ordenadores novos que nos permiten un traballo de calidade.

Análise e valoración dos resultados: Traballamos co procesador de textos e búsqueda de información para traballos diversos con resultados óptimos.

Posibles modificacións das accións: Implementar traballos con presentacións dixitais.

2º Trimestre

Educación Infantil: Neste trimestre, como no anterior, non puideron realizar as actividades previstas.

1º: 

Estado de execución das accións: No 2º trimestre centraron o traballo no coñecemento e colocación de coordenadas.

Análise e valoración dos resultados:  Ao tratarse dun grupo desestruturado resulta moi complexo realizar tarefas dinámicas, xa que teñen moitas dificultades para seguir instrucións.

2.A: 

Estado de execución das accións: Continúan en proceso de execución das accións. Ampliáronse os obxectivos conseguidos.

Análise e valoración dos resultados: Continúanse reforzando os obxectivos traballados no 1º trimestre.

Posibles modificacións: Posible redución ou eliminación dalgún dos obxectivos propostos.

Propostas de mellora: dispor de tablets nas aulas.

2ºB

Estado de execución das accións: Continúan en proceso de execución das accións propostas; ampliáronse os obxectivos conseguidos.

Análise e valoración dos resultados: Continúanse reforzando os obxectivos do 1º trimestre.

Posibles modificacións: Posible eliminación dalgún dos obxectivos propostos.

Propostas de mellora: dispor de tablets nas aulas.

Estado de execución das accións: Traballaron o manexo do procesador de textos e a búsqueda de información en internet.

Análise e valoración dos resultados: Os resultados foron bos. Iniciáronse na realización de peqienos traballos no procesador de textos a partir da búsqueda en internet, insertar imaxes, ...

Posibles modificacións: Adentrarse no uso de ferramentas TIC como plataformas para a creación de contos dixitais.

 

Estado de execución das accións: Comezaron a traballar na creación de presentacións dixitais.

Análise e valoración dos resultados: Bos resultados. Por parellas crearon unha presentación na que foron incluíndo texto, imaxes, videos, animacións, ...

Posibles modificacións: Adentrarse no uso de ferramentas TIC como plataformas para a creación de contos dixitais.

 

5ºA

Estado de execución das accións:

  • Traballo en documentos de texto: en evolución.
  • Gardar arquivos: en evolución.
  • Pasar documentos a PDF: en evolución.
  • Autonomía na aula virtual e entrega de tarefas: en evolución.

Análise e valoración dos resultados: Os resultados, ata o de agora, son positivos.

Propostas de mellora: 

  • Os equipos que empregamos na aula están obsoletos e dificultan as actividades propostas.
  • Na aula de inormática os equipos funcionan mellor, pero depende da tarefas que se propoña, son máis efectivos ou menos.

 

5ºB

Estado de execución das accións: Este trimestre apenas realizamos traballo dixital. Isto debeuse ao gran número de actividade que tivemos.

Análise e valoración dos resultados:  A valoración das avtividades (búsdqueda de información, kahoot, documento de texto, ...) é positiva.

 

Estado de execución das accións: Empregamos os ordenadores nas diferentes áreas para a búsqueda de información e realización de traballos.

Análise e valoración dos resultados:  Realizáronse traballos empregando tanto o procesador de textos como as presentacións dixitais. Bos resultados.

Posibles modificacións: Realización de videos empregando o Croma.

 

3º Trimestre

Ao coincidir coa avaliación final, fixemos a valoración no aprtado seguinte.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para avaliar o plan dixital establecemos unhas táboas baseadas nos obxectivos a lograr.

Avaliación procesual:
No final de cada trimestre establecemos unha reunión coas mestras e mestres implicados na que valoramos o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
O último martes do mes de maio realizaremos a avaliación final. Valoraremos o logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Na primeira acción de utilización das TICS, os obxectivos en xeral foron traballados, exceptuando en Educación Infantil, onde conviría que no inicio do curso próximo se valorara a execución da acción.

Na segunda acción, de uso da aula virtual, obtemos resultados moi desiguais. Conviría ter en conta no curso róximo as propostas de mellora para plantexar modificacións que permitan lograr a acción.

Proposta de mellora

Rematando o curso, no último martes do mes de maio, realizamos a avaliación final, establecendo varias propostas de mellora:

A. Para continuar fomentando a hora de uno das TIC nos grupos:

1. Mellorar os equipos da aula de informática e os medios dixitais da aula (especialmente os ultraportátiles do 3º ciclo) para poder realizar proxectos máis ambiciosos co alumnado.

2. Reducir os obxectivos propostos xa que agora os nenos e as nenas están demasiado expostos ás novas tecnoloxías.

 

B. Para mellorar o uso da aula virtual do centro:

1. Establecer a entrega de traballos obrigatorios, e non só voluntarios, a través das aula virtual para mellorar o seu manexo por parte do alumnado.

2. Dar maior visibilidade á aula virtual e que o profesorado  a empregue como medio de difusión por defecto.

3. Impartir formación ás familias para o uso da aula virtual.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Nos cursos anteriores elaboramos o plan dixital seguindo as directrices marcadas pola administración. Neste curso, seguindo as indicacións da consellería, fixemos as modificacións pertinentes e elaboramos o novo plan. Procedemos a continuación á comunicación e difusión do plan.

Para isto seguimos as seguintes indicacións:

No mes de setembro reunímonos co claustro primeiro para explicar en xeral o funcionamento e cos equipos docentes a continuación para acordar os pasos precisos a seguir para implementar o noso plan. No mes de outubro informamos e, de ser o caso, apróbase o plan dixital.