Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN

A normativa na que se fundamenta este Plan Dixital de centro é a seguinte:

- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

- Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

PROCESO DE ELABORACIÓN

Este documento foi elaborado polo Equipo de Dinamización do Plan Dixital na última semana do mes de maio, seguindo as indicacións dadas pola Consellería a través dun documento colgado na aula virtual do Plan Dixital e previa análise da situación na que se atopaba o noso centro en relación ao uso das TIC.

Por iso  o claustro respondeu a enquisa SELFIE, unha enquisa que nos permitiu coñecer como se empregaban as tecnoloxías dixitais no noso centro así como a través dos resultados obtidos reflexionar sobre como podería mellorarse a súa integración nos procesos de ensino-aprendizaxe.

Posteiormente o claustro respondeu o test CDD, Test de Competencia Dixital Docente, a través da plataforma Fprofe co fin de coñecer a competencia dixital dos docentes e poder tomar decisións de formación para o vindeiro curso.

Xa en marzo do curso anterior, elaboramos o informe DAFO, Análise e diagnose da situación dos centros,  no que a través da reflexión sobre os resultados do informe SELFIE e do test CDD analizamos os factores externos (administración, contorna, ...) e os factores internos (equipo directivo, claustro, equipamento...) que determinan as debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades dixitais do noso centro.

A partir da análise de toda a información anterior no mes de maio o Equipo de Dinamización do Plan Dixital reuniuse para determinar os obxectivos SMART co fin de mellorar o uso das TIC no noso centro así como, a competencia dixital docente e do alumnado para o vindeiro curso, así pois ademais estableceuse o Plan de acción, isto é os indicadores de cada obxectivo, os responsables ou as accións a desenvolver.

O centro participa en programas de innovación e cada curso en proxectos de formación en centro.

Na PXA do curso 2023-2024 recolleranse os obxectivos que o PD establece para este curso. Igualmente, na formación do profesorado no centro procurarase que teñan relación co mesmo.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
  • Resultados da enquisa SELFIE do centro.
  • Resultados test CDD (Competencia Dixital Docente).
  • Análise da situación real do centro a través das reunións do equipo de dinamización do Plan Dixital.
Interno
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Debido á idade e ás características psicoevolutivas do noso alumnado, este non pode empregar de maneira autónoma as TIC para a avaliación, o traballo colaborativo, a elaboración de proxectos¿ Alumnado Non
Debilidade O nivel de competencia dixital das familias do noso alumnado é medio-baixo. Familias Si
Debilidade Non existe unha asistencia técnica cando xorden problemas coas TIC. Infraestruturas Non
Debilidade O itinerario formativo do noso PFPP en relación ás TIC, que trata de axudar ao desenvolvemento do Plan Dixital, demorouse no tempo debido ós prazos establecidos para o mesmo e non nos está axudando a mellorar o noso labor docente Oferta Si
Debilidade Ata o momento non dispoñemos dunha estratexia dixital a nivel de centro nin de mecanismos de avaliación da mesma. Organización de centro Si
Debilidade A creación de recursos en liña é desigual entre o profesorado debido ao nivel de competencia dixital. Persoal docente Si
Debilidade Exceso de burocracia e falta de tempo para levar a cabo máis propostas TIC Persoal docente Non
Debilidade O conserxe está tan só unhas horas no centro durante a xornada. Persoal non docente Non
Fortaleza No centro contamos con equipos informáticos que se poden por a disposición do alumnado e as súas familias Alumnado Non
Fortaleza O claustro ponse a disposición das familias para asesoralas no manexo das TIC, empregándose estas como vía de comunicación familia-escola. Familias Non
Fortaleza Existencia de dispositivos dixitaÍs actualizados a disposición do claustro. Infraestruturas Non
Fortaleza Acceso á rede en todas as aulas Infraestruturas Non
Fortaleza Cóntase co apoio do equipo directivo e o claustro á hora de probar novas formas de ensinanza coas TIC, así como levar a cabo programas de formación Oferta Non
Fortaleza O profesorado do centro está comprometido coa formación en prol das TIC levando a cabo un PFPP Organización de centro Non
Fortaleza Debátese sobre o emprego das TIC nas aulas e no centro Persoal docente Non
Fortaleza Búscanse e empréganse diferentes dispositivos (tableta, robot, PDI¿), así como recursos educativos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza Utilízanse as TIC para mellorar a motivación do alumnado, así como adaptarse ás súas necesidades Persoal docente Non
Fortaleza O conserxe ten coñecementos TIC a nivel usuario e disposición para colaborar no seu mantemento cotiá Persoal non docente Non
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Os mecanismos de avaliación empregados para a realización do Plan Dixital non están adaptados á etapa de Educación Infantil. Administración educativa Non
Ameaza Ao ser unha EEI a ANPA renóvase constantemente. ANPA Non
Ameaza É a primeira vez que o alumnado está escolarizado nun centro educativo non tendo moitas familias contacto previo coas TIC que se empregan para a comunicación e colaboración familia-escola. Contorna Non
Ameaza Na etapa de Educación Infantil tan só se considera como obxectivo a aproximación ás TIC por parte do alumnado Lexislación Non
Ameaza O centro conta con escasos recursos humanos para poder establecer máis mecanismos de colaboración con outras entidades. Outras Non
Oportunidade A Consellería está interesada no desenvolvemento dun Plan Dixital nos centros así como en mecanismos de formación e mellora da competencia dixital docente. Administración educativa Non
Oportunidade Neste momento contamos cunha ANPA moi dinámica e colaborativa. ANPA Non
Oportunidade As familias teñen ganas de participar e colaborar nas propostas do centro, ademais ao tratarse de alumnado de Educación Infantil teñen moito contacto co centro. Contorna Non
Oportunidade Dispoñemos dun marco común de actuación a nivel autonómico Lexislación Non
Oportunidade Establecemos mecanismos de colaboración co centro ao que estamos adscritos, enviándonos vídeos arredor das diferentes conmemoracións. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise
  • Análise cuantitativa do SELFIE: segundo a valoración obtida cun rango de 1 a 5.
  • Análise cualitativa do SELFIE: segundo unha referencia de calidade estimada polo equipo de dinamización do Plan Dixital.
  • Reflexión: segundo o análise de discrepancias nas valoracións dos distintos colectivos (dirección, profesorado, alumnado), referencias doutros centros de igual ou similar tipoloxía, da situación actual e normativa vixente.
  • Formación necesaria do profesorado: segundo as propostas do currículo actual e acreditacións propias do profesorado.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a competencia dixital do profesorado.
002PD Promover a comunicación coas familias mediante o uso de Abalar
003PD Crear recursos dixitais para empregar na aula
004PD Actualizar e Dinamizar a Web corporativa

Seguimento

Procedemento

Observación e reunións periódicas co resto do equipo de dinamización do Plan Dixital

1º Trimestre

Reunión mensual no mes de decembro: 

Obxectivos pendentes de acadar

2º Trimestre

Lévase a cabo unha reunión dos membros do profesorado o día             , para valorar como se van acadando os obxectivos plantexados neste Plan Dixital, determinando que:

Obxectivo 01: en proceso, estamos aínda ca formación de centro con respecto a competencia dixital do profesorado mediante os Polos Creativos

Obxectivo 02: parcialmente acadado, as familias empregan a plataforma Abalar case na súa totalidade

Obxectivo 03: en proceso

Obxectivo 04: en proceso, levouse a cabo unha modificación estrutural da páxina web do centro e realizáronse diferentes publicacións.

3º Trimestre

Lévase a cabo unha reunión final para facer unha valoración final do Plan e dos Obxectivos do mesmo.

Obxectivo 01:  formación de centro acadada con respecto a competencia dixital do profesorado mediante os Polos Creativos

Obxectivo 02: as familias empregan a plataforma Abalar casi na súa totalidade

Obxectivo 03: en proceso

Obxectivo 04: levouse a cabo unha mofiicación estructural da páxina web do centro e realizaronse diferentes publicacións.

Realízase na Biblioteca o día                       asistindo todo o profesorado do centro.

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, é o seguinte:

 

- Levarase a cabo unha avaliación procesual, que será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar serán os incluídos na táboa de cada un dos obxectivos, isto é: valoración de acción e análise e valoración dos resultados, co fin de levar a cabo os axustes necesarios para o seu desenvolvemento e mellora.

-Asemade levarase a cabo unha avaliación final a través da memoria de final de curso, na que se incluirán aspectos como a valoración do logro dos obxectivos previstos e as propostas de mellora para o curso seguinte.

Valoración xeral

- VALORACIÓN OBXECTIVO 1:  

Indicador: Emprego das TIC por parte do profesorado do centro nalgunhas rutinas.

  • Indicador de logro previsto: 70%
  • Indicador de logro acadado: 75%

- VALORACIÓN OBXECTIVO 2:

Indicador: Emprego da ferramenta Abalar

  • Indicador de logro previsto: 80%
  • Indicador de logro acadado: 90%

- VALORACIÓN OBXECTIVO 3:

Indicador: Número de recursos dixitais creados

  • Indicador de logro previsto: 3
  • Indicador de logro acadado: 3

- VALORACIÓN OBXECTIVO 4:

Indicador: Uso da páxina web da comunidade educativa

  • Indicador de logro previsto: 0
  • Indicador de logro acadado: 50%
Proposta de mellora

Unha vez feita a avalión por parte dos membros do equipo deste Plan Dixital, acordamos plantexar diferentes propostas de mellora cara o vindeiro curso académico 2024/25. As propostas son as seguintes:

- obxectivo 1  interesa continuar ao longo do vindeiro curso académico.  Indicador de logro previsto: 100%

- obxectivo 2 interesa manter este obxectivo para as familias de nova incorporación 

- obxectivo 3 interesa seguir con este obxectivo e poder desarrollar mais ferramentas dixitais.

- obxectivo 4 interesa continuar este obxectivo e ampliar a blogues de cada aula

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

DIFUSIÓN DO PLAN

O Plan Dixital será difundido á comunidade educativa a través da páxina web corporativa do centro, nun apartado que se creará para o mesmo.

Igualmente estará en formato analóxico na dirección do centro.