Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Centro é un colexio dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. No presente curso 2023-2024 impartense os niveis de segundo ciclo de Educación Infantil, e primeiro, segundo, terceiro, cuarto, quinto e sexto de Primaria.

Os nenos e nenas de Educación Infantil están en dúas aulas (4 e 5 anos nunha e 3 anos noutra). Os cursos 1º, 2º, 3º e 4º están en aulas separadas mentres que 5º e 6º comparten aula.

O número de unidades creadas é seis, unha en E. Infantil e tres en Primaria coa modificación dunha unidade a maiores habilitada para Educación Infantil e unha máis para Educación Primaria.

Os postos de traballo catalogados no centro son sete, estando cubertos por 6 mestres con destino definitivo e unha con destino provisional (unha praza de E. Infantil, dúas de E.P., unha de E.F., unha de Inglés, unha de música e unha orientadora que itinera con dous centros). Os postos provisionais son os seguintes: unha praza de infantil e dúas de primaria. Ademais, no presente curso contamos cunha profesora de PT afín con AL a tempo completo.

O CEIP Varela Buxán de Cercio está situado nunha zona rural do concello de Lalín, comarca do Deza, e recibe alumnado de doce parroquias situadas entre Lalín e Vila de Cruces dispersas nun radio de dez quilómetros as máis afastadas. O centro ten xornada partida de 9h.30 a 16h.15 de luns a xoves e de 9h.30 a 12h.55 o venres.

Nesta zona a densidade de poboación é baixa, e segue decrecendo debido ao descenso da natalidade e ao abandono do campo para buscar traballo nas industrias próximas. A actividade económica predominante é eminentemente agrícola e gandeira, cunha importante aportación da muller nas labores do campo. O núcleo familiar é, en moitos casos, amplo, constituído por avós, pais, fillos e, nalgún caso, outro familiar. O nivel cultural da maior parte das familias limítase ao Certificado de Estudos ou ao Graduado Escolar.

A oferta cultural da zona é practicamente nula, limitándose, única e exclusivamente, a do centro, xa que a biblioteca, museos, exposicións, representacións teatrais e musicais máis próximas atópanse en Lalín, non podendo asistir con asiduidade pola falla de transporte. Aínda así, a Asociación Cultural “A Carballeira” de Cercio organiza durante o ano, coincidindo con varias festividades da comarca, distintos actos culturais como obras de teatro, conferencias e reunións veciñais.

O centro educativo ten conta o anterior á hora de elaborar os diferentes documentos do centro. Deste xeito, o Plan Dixital está relacionado con outros documentos, proxectos e plans. Destacan a Programación Xeral Anual, o Proxecto Educativo, o Plan de Biblioteca, o Plan de Plurilingüismo, o Plan TIC e o Plan Proxecta.

Dende fai uns anos as TIC están cobrando cada vez máis importancia no mundo no que vivimos. Esta tendencia viuse acentuada coa aparición da pandemia da Covid-19, que fixo visibles as necesidades tecnolóxicas existentes.

O Plan Dixital pretende reunir e unificar os obxectivos traballados nos centros educativos en materia tecnolóxica.

A continuación recóllese a normativa que xustifica e contextualiza o propio Plan Dixital.

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

A elaboración do Plan Dixital levouse a cabo polo Equipo de Dinamización do Plan Dixital (seguindo as pautas do equipo ADIX) sen prexuízo das aportacións doutros integrantes do claustro.

Previa á redacción do documento final, foi necesario levar a cabo unha análise do contexto socioeducativo do centro relacionada con cuestións tecnolóxicas. Para esta finalidade empregáronse tanto a enquisa SELFIE (participou o alumnado e o profesorado) como o Test sobre a Competencia Dixital Docente (dirixido ao profesorado).

Unha vez analizado o contexto fíxose necesario determinar as necesidades, que como centro, xorden neste eido. Para isto fíxose o DAFO (debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades), o cal recolle aqueles aspectos positivos e negativos que inflúen no noso centro.

Posteriormente, e a partir do propio DAFO, reflexionouse sobre os obxectivos que se pretenden conseguir como centro no ámbito das novas tecnoloxías. É dicir, estableceuse o Plan de Acción do Plan Dixital.

Por último e tendo en conta o anterior, tivo lugar a redacción do documento do Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do mesmo no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Pouco desenvolvemento da competencia dixital por parte do alumnado. Alumnado Si
Debilidade Falta de recursos dixitais por parte do alumnado para poder continuar na casa con tarefas en formato dixital. Familias Non
Debilidade Insuficiencia de equipos dixitais para o uso de todo o alumnado do centro debido á obsolescencia dalgúns. Infraestruturas Non
Debilidade Uso de metodoloxías tradicionais e acomodación por parte do profesorado. Persoal docente Si
Debilidade Pouco desenvolvemento da competencia dixital por parte do profesorado. Persoal docente Si
Debilidade Cambio continuo dos integrantes do claustro. Persoal docente Non
Fortaleza Consolidación e normalización por parte do alumnado da Aula Virtual e da páxina web do centro. Alumnado Si
Fortaleza Equipamento dixital aceptable nas aulas do centro: pizarra dixital, canón proxector e ordenador con conexión a internet. Infraestruturas Non
Fortaleza Continuidade e consolidación na utilización de aplicacións informáticas para o vindeiro curso. Organización de centro Non
Fortaleza Consolidación e normalización por parte do profesorado da Aula Virtual e da páxina web do centro. Persoal docente Si
Fortaleza Comezo na concienciación por parte dalgúns docentes da importancia do uso das TIC e da realización dun Plan Dixital do centro real e práctico. Persoal docente Si
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Excesiva burocracia que resta tempo ao profesorado para preparar estratexias e metodoloxías que inclúan ferramentas dixitais. Administración educativa Non
Ameaza Falta de recursos dixitais por parte do alumnado para poder continuar na casa con tarefas en formato dixital. Administración educativa Non
Oportunidade A formación proporcionada polo PFPP sobre o Plan Dixital. Administración educativa Non
Oportunidade Actividades extraescolares relacionadas coa competencia dixital (robótica) para o alumnado. ANPA Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Integrar diferentes recursos dixitais nas metodoloxías docentes. (E2)
O02PD Aumentar o emprego da aula virtual do centro por parte do profesorado e alumnado. (E3)
O03PD Introducir as TIC para o alumnado de 1, 2, 3 e 4 de Educación Primaria. (H10)
O04PD Consolidar o emprego de aplicacións informáticas para o ensino-aprendizaxe en 5 e 6 de Educación Primaria. (E3)
O05PD Mellorar a competencia dixital docente. (D4)
O06PD Mellorar, dotar e renovar as infraestructuras e equipos do centro (C1-C16).

Seguimento

Procedemento

A frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. Isto recollerase en cada unha das táboas dos obxectivos do Plan de Acción.

1º Trimestre

Durante o primeiro trimestre do 2023-2024 leváronse a cabo os seguintes cambios con respecto á versión do curso anterior.

- Mudouse a temporalización do primeiro indicador no primeiro obxectivo recollido no Plan Dixital do centro (ademais do primeiro trimestre tamén abrangue o segundo).

- No segundo obxectivo e relativo ao primeiro indicador, será o profesorado o encargado de impartir a formación ao alumnado.

- O terceiro obxectivo amplíase ata sexto de educación primaria.

- Suprímese o cuarto obxectivo por falta de equipamento.

Estes cambios producíronse, na maior parte, polo cambio significativo do claustro do centro. Deste xeito inténtanse adaptar os obxectivos ás necesidades e competencias do grupo de traballo.

O traballo realizado durante este primeiro trimestre centrouse, basicamente, en recibir a formación acordada polo grupo de traballo.

 

COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS (CORRIXIR E ACTUALIZAR)

2º Trimestre

Durante o segundo trimestre, o grupo de traballo centrouse en elaborar materiais para empregar nas aulas. Para iso utilizáronse as diferentes ferramentas vistas nas sesións de formación. Creáronse infografías, podcasts, montaxe de fotografías... que foron subidas á aula virtual e/ou páxina web do centro.

Tívose unha calendarización dos contidos da web, tentando que semanalmente se fora subindo aquelas actividades que se foron facendo no colexio e que puideran ser de interese para as familias.

Tendo en conta as modificacións realizadas durante o primeiro trimestre, durante este trimestre (segundo) cumpríronse as accións recollidas no Plan Dixital.

COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS (CORRIXIR E ACTUALIZAR)

3º Trimestre

Durante este trimestre continuouse a liña de traballo que se viña levando a cabo no trimestre anterior. Seguiuse traballando cos recursos da web, incluiuse ao centro na plataforma europea de ETWINNING e abordouse a posibilidade de preparase para un ERASMUS + futuro.

Ademais elaboráronse enquisas para o profesorado e alumnado coa finalidade de avaliar todo o traballo realizado e acordar propostas de mellora de cara o vindeiro curso.

Por último, recordouselle (a través da UAC) a falta do equipamento tecnolóxico (pantallas dixitais) nos cursos de quinto e sexto de primaria.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A frecuencia da avaliación final será como mínimo unha vez ao ano para a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora. Para isto recóllese a seguinte rúbrica na que o valor 1 corresponde coa valoración mínima e o 4 coa máxima.

1. O desenvolvemento do plan dixital responde á secuenciación e a temporalización previstas.  1   2   3   4

2. Analízanse e coméntanse co alumnado os aspectos máis significativos derivados do uso de recursos dixitais.  1   2   3   4

3. Fixación dunha estratexia metodolóxica dixital común para todo o centro.  1   2   3   4

4. Adecuación da secuencia de traballo co uso de recursos dixitais na aula.  1   2   3   4

5. Adecuación dos recursos dixitais utilizados.  1   2   3   4

6. Adecuación dos recursos dixitais para ao alumnado con NEAE.  1   2   3   4

7. Contribución do desenvolvemento do Plan Dixital aos outros Plans do centro.  1   2   3   4

 

Valoración xeral

O traballo realizado durante o presente curso 2023-2024 centrouse en poñer en práctica o Plan de Acción e continuar coa liña trazada o curso pasado.

Os obxectivos recollidos no Plan de Acción foron modificados tal e como se recolle no seguimento do 1º trimestre. Estes cambios producíronse na súa maior parte por dous motivos: a falta de equipamento e o cambio substancial que se produciu no claustro de profesorado.

Tendo en conta as reformulacións anteriores, os obxectivos fóronse conseguindo ao longo deste curso. Non obstante, é preciso indicar que xurdiron dificultades no camiño derivadas das ameazas e debilidades que no seu momento xa se recolleron no DAFO (excesiva burocracia que resta tempo, etc.).

Como consecuencia do anterior, no seguinte apartado recóllense as propostas de mellora para o vindeiro curso.

Proposta de mellora

Tendo en conta a valoración xeral do presente curso; establécense as seguintes propostas de mellora para o vindeiro.

  • Coñecer por parte do profesorado e do alumnado os riscos de Internet e fomentar o uso seguro do mesmo.
  • Coñecer por parte do profesorado as distintas licenzas de uso.
  • Asesorar ao profesorado na obtención do B1 dixital requerido para os vindeiros cursos pola Consellería de Educación.
  • Asentar o uso de recursos TIC nas metodoloxías docentes.
  • Continuar ca dinamización a páxina web e a aula virtual do centro.
  • Insistir na falta de equipamento dixital (pizarras dixitais) para os cursos de quinto e sexto de primaria.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para fomentar a difusión do Plan Dixital levaranse a cabo as seguintes accións: presentación ao claustro, aprobación por parte do Consello Escolar, publicación na páxina web (http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvarelabuxan/plan-dixital) e disposición para consulta no centro.

Dispoñible a consulta a través de educalidade.