Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP Fontes Baíña é un centro de titularidade pública que está situado na parroquia de Baíña, no concello de Baiona, provincia de Pontevedra.

Está situado la localidade de Fontes, a 2 quilómetros da vila de Baiona. O enderezo é: Fontes  Nº 16, CP. 36.308, Baíña - Baiona. A dirección de correo electrónico é: ceip.fontes.bainha@edu.xunta.gal. O enlace á  páxina web:  https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfontesbainha/

Trátase dun centro dunha liña que imparte dúas etapas educativas: Educación Infantil e Educación Primaria. O centro conta con 9 unidades: 3 unidades de Educación Infantil e 6 de Educación Primaria. Recibe alumnado das parroquias de Baredo, Baíña e Baiona. O número total de alumnado no actual curso escolar (2023-2024) é de 134. O claustro está formado por 17 mestres. O CEIP está adscrito á unitaria de Agro Baredo e ao IES 1º de Marzo.

Social e economicamente corresponden a familias modestas ou de clase media. As familias do alumando dedícanse maioritariamente a traballos relacionados co mar, a agricultura(zona de Baredo) e a industria (en Vigo), habendo unha porcentaxe de traballo estacional debido a que Baiona é unha vila turística de grande importancia. Domina neste medio o emprego do galego como lingua habitual de comunicación coas familias, aínda que a maioría do alumnado na escola emprega o castelán para comunicarse.

A relación entre as familias e o profesorado é cordial, hai unha colaboración mutua no proceso de ensino- aprendizaxe. 

A PXA (Programación Xeral Anual) xira entorno a un proxecto anual de centro, que traballa a música e a expresión corporal: "canta, baila, emociónate". O CEIP participa nos programas de éxito e innovación educativa INCLÚE e INNOVA.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Ferramenta SELFIE logo ferramenta Selfie

Para realizar este análise axudámonos da ferramenta SELFIE, unha ferramenta en liña gratuita que pretende axudar aos centros escolares a plantexarse cómo utilizan as tecnoloxías dixitais para lograr un aprendizaxe efectivo e innovador. Os resultados dan a coñecer qué está funcionando ben, en qué aspectos se necesita mellorar e cales deberían ser as prioridades do noso centro tendo en conta as opinións de profesorado, alumnado e equipo directivo. 

Test CDD
Outra ferramenta que empregamos foi o Test de Competencia Dixital, do Marco Europeo de Referencia para a Competencia Dixital docente, que nos ofrece datos da competencia do profesorado neste ámbito.



A Lei Orgánica 2/ 2006 do 3 de maio de Educación, modificada pola Lei Orgánica 3/2020 do 29 de decembro establece no seu artigo 2. l como un dos fins do sistema educativo español, a capacitación para garantizar a plena inserción do alumnado na sociedade dixital e o aprendizaxe dun uso seguro dos medios dixitais e respetuoso coa dignidade humana, os valores constitucionais, os dereitos fundamentais e, particularmente, co respecto e a garantía da intimidade individual e colectiva. Asimesmo, no seu artigo 19, dispón como un dos seus principios pedagóxicos que, sin prexuicio do seu tratamento específico nalgunhas das áreas da etapa, a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, a competencia dixital, o fomento da creatividade, do espíritu científico e do emprendemento traballaránse en tódalas áreas.

No artigo 102, con respecto á formación permanente recolle que as Administracións educativas promoverán a utilización das tecnoloxías da información e a comunicación e a formación tanto en dixitalización como en linguas extranxeiras de todo o profesorado, independentemente da súa especialidade, establecendo programas específicos de formación nestes ámbitos. Finalmente, no seu artigo 111bis, establece diferentes aspectos sobre as Tecnoloxías da Información e a comunicación no proceso de ensino -aprendizaxe e no artigo 121 dise que o Proxecto Educativo de Centro recollerá asimesmo a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artículo 111 bis.5. 

Tamén se xustifica tendo en conta a disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022 e a Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Interno
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Baixa competencia dixital Alumnado Si
Debilidade Baixa competencia dixital Familias Si
Debilidade Avaliación do progreso Organización de centro Non
Debilidade Estratexia dixital Organización de centro Si
Debilidade Retroalimentación axeitada Persoal docente Si
Debilidade Avaliación das capacidades Persoal docente Si
Debilidade Comentarios a outros alumnos e alumnas sobre o seu traballo (recibir Feedback) Persoal docente Non
Debilidade Autoreflexión sobre a aprendizaxe Persoal docente Si
Fortaleza Comportamento seguro e responsable Alumnado Si
Fortaleza Verificar a calidade da información e otorgar recoñecemento ao traballo dos demais Alumnado Si
Fortaleza Aprender a comunicarse Alumnado Si
Fortaleza Uso de dispositivos comunicativos para a comunicación Familias Non
Fortaleza Boa relación Familias Non
Fortaleza Acceso a Internet Infraestruturas Non
Fortaleza Protección de datos Infraestruturas Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para o ensino Infraestruturas Non
Fortaleza Asistencia técnica Infraestruturas Non
Fortaleza Infraestructuras dixitais Infraestruturas Non
Fortaleza Debate sobre o uso da tecnoloxía Persoal docente Non
Fortaleza Intercambio de experiencias Persoal docente Non
Fortaleza Comunicación coa comunicade educativa Persoal docente Non
Fortaleza Colaboracións Persoal docente Si
Fortaleza Recursos educativos en liña Persoal docente Si
Fortaleza Predisposición á competencia dixital Persoal docente Non
Fortaleza Consexe colaboradora e estable Persoal non docente Non
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Oportunidade Impulso da administración do PD Administración educativa Non
Oportunidade Facilidade na asistencia técnica Administración educativa Non
Oportunidade Boa comunicación e implicación ANPA Non
Oportunidade Asociación cultural de veciños con boa relación Contorna Non
Oportunidade Asociación cultural de veciños Contorna Non
Oportunidade Comunicade de montes con boa relación Contorna Non
Oportunidade Lexislación de datos e licenzas de cita Lexislación Non
Oportunidade Lexislación que impulsa a elaboración do PD Lexislación Non
Oportunidade Colaboración co CIM, centro información á muller Outras Non
Oportunidade Boa relación co concello de Baiona Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Unha vez realizadas as pesquisas a traves dos informes anteriores e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas, xunto coa reflexión colectiva do Equipo de dinamización do Plan Dixital de Centro e o conxunto do Claustro, obsérvanse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES, a nivel interno e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS, a nivel externo que aparecen recollidas na presente ANÁLISE DAFO, sinaladas a maior parte delas cunha puntación en base á cal, de xeito CUANTITATIVO, establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro CUALITATIVO dando como resultado unha serie de PRIORIDADES ás que nós propoñemos atender en diferente TEMPORALIZACIÓN. Aquelas que son de atención máis  urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do PLAN DE ACCIÓN, convertindo os ítems en OBXECTIVOS que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes ACCIÓNS. Todo isto recollerase na pestana seguinte de obxectivos.

A análise DAFO indícanos que debemos mellorar en:

  • Mellorar a competencia dixital do profesorado en relación ás contornas Virtuais de Aprendizaxe.
  • Ampliar e traer formación para mellorar a competencia dixital do profesorado e do alumnado
  • Coñecer a valoración da comunidade educativa en relación  a EDIXGAL
  • Mellorar a retroalimentación e feedback nas actividaes do alumnado
  • A comunicade educativa accedera á paxina web para buscar información. 
  • Mellorar a protección de datos.

Temos que destacar as fortalezas tamén: 

  • Boa relación e colaboración concello.
  • Familias implicadas
  • Boa relación con entidades que promoven a atención á diversidade

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Incrementar o uso das Tic na practica do docente
O02PD Colaborar con outras entidades para desenvolver o uso responsble das tecnoloxías
O03PD Incrementar a competencia dixital do alumnado de terceiro e cuarto de primaria para mellorar de cara ao uso e Edixgal no terceiro ciclo

Seguimento

Procedemento

O equipo de dinamización do PD realizará polo menos unha reunion co mentor ADIX asignado para valorar e asesorar a evolucion deste plan dixital.

A persoa mentora ADIX visitará as veces que sexa preciso para unha boa consecución do PD.

A persoa coordinadora do PD terá acceso ao aplicativo Educalidade para rexistrar os avances e avaliación deste plan baixo a supervision da persoa directora do centro.

1º Trimestre

Obxectivo 1: incrementar o uso das tics: fíxose un calendario de uso da Biblioteca para que o profesorado asista regularmente. A asistencia é habitual. Todos  os profesores van polo menos unha hora semanal para levar lecturas para a casa. Cos 16 portátiles e as tablets de Digicraft aumentase a relación coas tics.

Obxectivo 2: Colaborar con outras entidades para desenvolver o uso responsble das tecnoloxías. Obxetivo alcanzado. a aula de 6º de primaria recibiu 6 sesións do programa STEAM.

Obxectivo 3: Incrementar a competencia dixital do alumnado de terceiro e cuarto de primaria para mellorar de cara ao uso e Edixgal no terceiro ciclo. Un mestre do centro leva a cabo unha alfabetización progresiva, unha hora a semana. Lévase a cabo efectivamente.

2º Trimestre

 

Seguimos traballando para avanzar nos tres obxectivos.

3º Trimestre

O01PD. Incrementar o uso das (Tic) na practica do docente. Acadado. En tódalas aulas incrementase a práctica do uso das Tics

O02PD. Colaborar con outras entidades para desenvolver o uso responsable das tecnoloxías. Acadado. Levouse a cabo o proxecto STEAM da Universidade de Vigo e o Plan DIrector.

O03PD. Incrementar a competencia dixital do alumnado de terceiro e cuarto de primaria para mellorar de cara ao uso e Edixgal no terceiro ciclo. Acadado. Un docente do CEIP levou a cabo unha formación para incrementar a competencia dixital do alumnado no 2º ciclo.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

En xeral os obxectivos propostos para mellorar a competencia dixital do profesorado e do alumnado axustáronse ás necesidades do colexio.  

Proposta de mellora

Para o vindeiro curso establecerase unha hora á semana para que cada curso acuda á biblioteca creativa para traballar a competencia dixital.

Elaboración de pequenos proxectos mensuais por ciclos usando o material dixital dispoñible no centro (portátiles, tablets, cortadora, cricut, croma, robótica.

Elaboración de calendario coa temporalización para todo o curso do uso da Biblioteca creativa.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O PD do CEIP Fontes Baíña foi presentado a claustro do profesorado e aprobado en sesión ordinaria de CE.

O PD do CEIP Fontes Baíña está visible publicamente, sen necesidade de logearse, na plataforma EduCalidade (edu.xunta.gal/educalidade). No menú da esquerda. dentro de plans dos centros.Simplemente escribindo o nome de Fontes Baíña ou escribindo o código do colexio: 36014921; ou entrando directamente no seguinte enlace: enlace PD CEIP Fontes Baíña