Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital en reación coa normativa vixente

O presente Plan Dixital de Centro é de obrigado cumprimento por parte de todos os membros da comunidade escolar deste centro. Realizaranse as revisións periódicas que se consideren oportunas para adaptalo ás novas circunstancias ou a modificacións lexislativas.

Este Plan Dixital do Centro (en adiante, PDC) foi acordado e elaborado polos membros encargados de dinamizar e mellorar a Competencia Educativa Dixital do centro seguindo as instrucións do comezo do curso comunicadas por SSCC.

Foi incluído no Proxecto Educativo de Centro (PEC) tras ser aprobado polo Consello Escolar unha vez oído Claustro nas datas sinaladas neste documento.

Estará sempre supeditado á lexislación vixente e terá unha vixencia anual, sendo susceptible de perfeccionamento ou mellora que o constitúan ou concorran algunhas das seguintes causas:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contextualización do PD no centro e contribución ao proxecto educativo

O CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda é un centro de liña 1, con 10 unidades: 3 de Infantil e 7 de Primaria.
A nosa escola atópase na Parroquia de Chapela, no Concello de Redondela. Un núcleo poboacional duns 8.000 habitantes.
Ao mesmo tempo está situado cerca dunha cidade industrial e de servizos como é Vigo. Aspecto relevante este último, pola influencia no plano laboral das familias do noso alumnado.
Na nosa contorna existen diferentes asociacións que abranguen variedade de aspectos culturais, lectura, escolas de música, grupos de baile, deportivas... Trátase polo tanto dun Concello activo, con movemento cultural.
Para a realización da análise do centro centrámonos en observar e escoitar as posibles debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades coas que conta a nosa escola, con vistas a poder propoñer medidas a través de obxectivos e liñas de actuación que poidamos desenvolver ao longo deste curso.

Este Plan Dixital, no contexto do Proxecto Educativo de Centro, contribuirá significativamente nos diferentes Plans e Programas e suporá unha ferramenta importante para impulsar a modernización e a mellora da calidade da educación.

Contribuirá significativamente ao desenvolvemento e fomento do hábito lector.

- Proporcionarase unha ampla variedade de recursos dixitais: libros electrónicos, lecturas en liña, audiolibros e sitios web educativos.

- Con tecnoloxías como a IA pódense personalizar as recomendacións de lectura para adaptarse os intereses e niveis de lectura do alumnado.

- Lectura colaborativa en liña, permitindo ao alumnado comentar os libros que están lendo, compartir impresións e traballar en proxectos relacionados coa lectura.

-  Mellora da accesibilidade á lectura do alumnado con discapacidade: opcións de lectura en voz alta e axustes de texto.

Desempeñará un papel crucial no desenvolvemento do proxecto de fomento do uso do galego.

- Fontes e recursos dixitais en galego para mellorar as habilidades lingüísticas.

- O alumnado utilizará ferramentas dixitais para crear contido en lingua galega: podcasts, videos…

- As ferramentas dixitais proporcionan recursos de referencia en liña: diccionarios, gramáticas.

- Recursos multimedia que promovan a cultura galega: música, literatura, tradicións.

- Mellora da accesibilidade dos materiais para a diversidade, proporcionando opcións de lectura en voz alta, subtítulos e axustes de texto.

O presente Plan Dixital apoiará aos programas de innovación educativa como Polos Creativos.

- Proporcionando ferramentas tecnolóxicas que fomenten a creatividade, a aprendizaxe activa e a colaboración.

- Promoción de habilidades de resolución de problemas e creatividade a través de proxectos apoiados nas novas tecnoloxías.

Proceso de elaboración

Unha vez organizado o noso grupo de traballo, tivemos unha reunión inicial coa nova mentora Adix, dona Encarnación Lima Montenegro, onde establecimos o plan de acción que íamos a levar a cabo durante o curso 23/24, no que cada tarefa plantexada será realizada coa axuda do resto do equipo do Plan Dixital. Deste xeito nos aseguramos que o traballo é cooperativo e que todo o grupo participa na mesma medida. Todo isto sempre baixo a supervisión da coordinadora do noso Plan Dixital, dona Noemí Moreira Cousido.

Para a elaboración deste Plan contaremos co equipo TIC, o equipo directivo, a mentora do plan dixital e a implicación da comunidade educativa.

O proceso de elaboración do Plan dixital transcurre tendo en conta o acontecido nos dous anos anteriores.

  • Partimos da enquisa SELFIE e TestCDD e o posterior DAFO, realizados no curso 2021/22. Elaboración da primeira versión do plan dixital.
  • Curso 22-23. Implementación do plan e subida a EduCalidade.
  • Curso 23-24. Deseño de novos obxectivos e mantemento dos que non se acadaron o curso anterior.
  • Seguimos empregando o DAFO que fixemos en 2021/2022, a experiencia acumulada nestes dous anos e as novas necesidades detectadas.

Así mesmo, tomaremos como referencia os instrumentos de avaliación de diagnose realizados no ano 21/22, que nos servirán de guía, ademais da experiencia acumulada nestes anos e as novas necesidades detectadas.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

No ano 21/22 realizamos a análise da situación do centro e a través das ferramentas para a diagnose de situación SELFIE e Test de Competencia Dixital Docente.

Posteriormente, realizamos a matriz DAFO para detectar os puntos débiles e fortes do noso centro educativo.

Unha vez tivemos toda esa información, plantexamos os obxectivos que nos marcaríamos de cara ao vindeiro curso no Plan de Acción.

O pasado ano 22/23 foi a implementación do plan dixital cos resultados obtidos na matriz DAFO.

O presente ano 23/24 contamos cos resultados do DAFO primixenio, a experiencia acumulada nestes dous anos, a formación recibida e as novas necesidades detectadas.


Interno
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade F.3. Necesítase fomentar a creatividade do alumnado. Alumnado Non
Debilidade E.3. O uso da aula virtual quedou estancado logo da pandemia. Infraestruturas Non
Debilidade F.3. Non se está traballando con tecnoloxías innovadoras como a robótica ou a impresión 3D. Infraestruturas Non
Debilidade A.1. Equipo directivo con pouca experiencia. Organización de centro Non
Debilidade F.6. Faltan proxectos interdisciplinares. Organización de centro Non
Debilidade A.1. Non hai unha estratexia dixital establecida. Organización de centro Si
Debilidade B.3. Pouco tempo para a organización persoal e colaborativa do profesorado. Persoal docente Non
Debilidade B.3. Falta de comunicación. Persoal docente Non
Debilidade F.3. Necesítase fomentar a creatividade tanto do profesorado como do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza F.4. Implicación e colaboración do alumnado. Alumnado Non
Fortaleza E.4. Comunicación permanente entreo profesorado e as familias. Familias Non
Fortaleza C.2.Dispositivos dixitais do alumnado Infraestruturas Non
Fortaleza C.1. Aulas espaciosas e funcionais Infraestruturas Non
Fortaleza C.2. Adqusición de dispositivos tecnolóxicos (tablets) Infraestruturas Non
Fortaleza A.2. Equipo directivo novo e con moita motivación. Organización de centro Non
Fortaleza D.2. Preocupación polo desenvolvemento persoal do profesorado. Organización de centro Non
Fortaleza D.2. Incremento da participación nos programas de formación Persoal docente Non
Fortaleza D.2. Colaboración do profesorado nas actividades do Proxecto Documental Integrado de centro. Persoal docente Non
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C.1. A infraestrutura do centro ten as súas limitacións ao ser un centro antigo. Administración educativa Si
Ameaza C.1. Apoio técnico limitado. Administración educativa Si
Ameaza C.10. Equipo dixital insuficiente. Administración educativa Si
Ameaza H.10 Baixa competencia dixital das familias ANPA Non
Ameaza B.3. Elevada competencia: moitos centros nunha área relativamente pequena. Contorna Non
Ameaza B.3. Diminución dos nenos en idade de escolarización Contorna Non
Ameaza B.3. A situación do centro, limítrofe entre os concellos de Vigo e Redondela fai que en determinadas ocasións quede un pouco esquecido por parte das institucións. Outras Non
Oportunidade A.3. O novo equipo directivo rten ideas novidosas que poden potenciar o noso centro. Administración educativa Non
Oportunidade C.1. Ao ser un centro antigo ten aulas que se poden readaptar ás novas metodoloxías: antigos laboratorios. Administración educativa Non
Oportunidade E.4. A comunicación coa comunidade educativa é moi fluída. ANPA Non
Oportunidade A.2. O centro basea o seu traballo nun proxecto documental integrado moi potente no que participa toda a comunidade educativa. Contorna Non
Oportunidade A ratio profesor/alumno é idónea para o traballo. Outras Non
Oportunidade O concello colabora co centro en determinadas actividades de coñecemento da contorna. Outras Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A análise DAFO e as novas necesidades detectadas no curso 23/24, e tras unha reflexión por parte do equipo docente, e coa axuda da mentora Adix, cremos que as liñas de acción deste curso deben centrarse en:

  • Realizar un inventario pormenorizado dos espazos e dispositivos tecnolóxicos do noso centro para mantelos actualizados.
  • Fomento do uso da aula virtual para crear un repositorio de recursos didácticos.

Para conseguir acadar estos obxectivos relacionados coas liñas C. Infraestrutura e Equipamento e E. Pedagoxía: Apoio e recursos, traballaremos colaborativamente realizando paulatinamente as accións necesarias para levalos a cabo.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO.
O02PD Potenciar o uso da Aula Virtual e elaborar un banco de recursos educativos propios para mellorar a competencia dixital do alumnado e profesorado.
O03PD Desenvolver e reforzar as competencias dixitais do profesorado na utilización efectiva das ferramentas do 'Polo Creativo' como parte integral da súa práctica educativa para mellorar a calidade do aprendizaxe e promover habilidades STEM e creativas no entorno educativo.
O04PD Integrar o uso do panel dixital interactivo no currículo escolar, fomentando o aprendizaxe interactivo e mellorando a participación e comprensión do alumnado.

Seguimento

Procedemento

O procedemento de avaliación do plan dixital consiste nun proceso sistemático de recollida de información e análise para determinar o grao de cumprimento dos obxectivos e accións establecidos no plan.

A viabilidade e mellora do Plan Dixital de Centro depende do seu seguimento e avaliación.

Preténdese constatar se:

1. os obxectivos e as liñas de acción propostas se cumpren;

2. se a formación e os recursos dispoñibles no centro se empregan de forma axeitada e eficiente,

3. se as tarefas plantexadas son axeitadas;

4. o grao de satisfacción dos usuarios;

5. detectar fortalezas e debilidades;

6. analizar a coordinación e toma de decisións e realizar propostas de mellora.

O procedemento de seguimento e avaliación do Plan Dixital debe ser realista, flexible, periódico; e contar co alumnado, profesorado, equipo directivo e outro tipo de persoal implicado, en relación co grao de consecución de obxectivos nos seguintes contextos:

• que,

• cando,

• como e

• quen

e atendendo aos distintos tipos de avaliación: inicial, procesual e final.

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende estas perspectivas:

  • Avaliación inicial: Realizarase durante o primeiro trimestre do curso 2023/24, na que se terá en conta o contexto, antecedentes, necesidades de formación, coordinación, estudo dos medios dispoñibles nos fogares e no centro, a partires do informe SELFIE realizado no curso 21/22, e un análise doutros proxectos do centro ou doutros centros. Estas accións realizaranas tanto o equipo directivo, como a persoa coordinadora do plan dixital.
  • Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 23-24. Realizarase una revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto.
  • Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 23-24. Farase unha revisións da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados correspondentes de cada unha das táboas do plan de acción para o seu cumprimento.

Dentro do seguimento do Plan Dixital e a partires da avaliación procesual do mesmo, faremos un seguimento das accións realizadas durante o primeiro trimestre para saber o grao de consecución das mesmas, e no caso de non poder ser levadas a cabo, detectar por que e tomar decisións para poder acadalas máis adiante.

Para elo, empregaremos unha tabla coa escala de Likert dividida en 4 niveis de consecución:

1. Levouse a cabo con éxito.

2. Levouse a cabo con éxito pero con algunha modificación.

3. Levouse a cabo sen éxito.

4. Non se levou a cabo

• Observacións (modificación e motivos das mesmas ou propostas de mellora).

1º Trimestre

O01PD: Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO.

AO1.1: Asignar horas ao coordinador TIC para a realización das tarefas atribuídas. Realizada.

AO1.2: Manter actualizado e/ou Inventariar e avaliar o estado do equipamento dixital do centro. Realizada.

AO1.3: Realizar una táboa na que se recolla algúns datos relevantes dos equipos a revisar: Modelo, marca, número de serie, ano, espazo, situación..., que posteriormente será necesaria para incluír na aplicación INVENTARIO. Realizada.

AO1.4: Manter actualizado e/ou Inventariar e avaliar os espazos do centro destinados a equipamento tecnolóxico. En proceso ao longo do curso.

O03PDDesenvolver e reforzar as competencias dixitais do profesorado na utilización efectiva das ferramentas do 'Polo Creativo' como parte integral da súa práctica educativa para mellorar a calidade do aprendizaxe e promover habilidades STEM e creativas no entorno educativo.

AO3.1. Formación: Participar no PFPP na liña de polos creativos. En proceso ao longo do curso.

AO3.2. Sesións de formación: Coñecer as diferentes ferramentas de Polos Creativos. En proceso ao longo do curso.

O04PD: Integrar o uso do panel dixital interactivo no currículo escolar, fomentando o aprendizaxe interactivo e mellorando a participación e comprensión do alumnado.

AO4.2. Seguridade e coidado do panel: Proporcionar instrucións claras sobre como manter e coidar o panel dixital interactivo, así como sobre as medidas de seguridade que deben seguirse ao usalo. En proceso ao longo do curso.

AO4.4. Implementación: Implementar o uso do panel na aula, comezando con actividades sinxelas e aumentando gradualmente a complexidade á medida que o alumnado se familiariza coa tecnoloxía. En proceso ao longo do curso.

2º Trimestre
O01PD: Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO.
 
AO1.4: Manter actualizado e/ou Inventariar e avaliar os espazos do centro destinados a equipamento tecnolóxico. En proceso ao longo do curso.
A01.5: Actualizar e/ou propoñer renovación do equipamento dixital. Realizada.
A01.6: Propoñer a participación en programas de Innovación que promova Consellería nos que se poida acadar equipamento tecnolóxico. Realizada.
AO1.7: Realizar unha rúbrica para valorar se se cumpriu este obxectivo e a súa valoración e grao de satisfacción por parte da comunidade educativa. Ao final de curso.
 
O02PD: Potenciar o uso da Aula Virtual e elaborar un banco de recursos educativos propios para mellorar a competencia dixital do alumnado e profesorado.
 
 
Non foi posible realizar este obxectivo debido á escaseza de tempo e alta mobilidade do profesorado do centro. Intetaremos continualo no vindeiro ano.
 
O03PDDesenvolver e reforzar as competencias dixitais do profesorado na utilización efectiva das ferramentas do 'Polo Creativo' como parte integral da súa práctica educativa para mellorar a calidade do aprendizaxe e promover habilidades STEM e creativas no entorno educativo.
AO3.1. Formación: Participar no PFPP na liña de polos creativos. En proceso ao longo do curso.
AO3.2. Sesións de formación: Coñecer as diferentes ferramentas de Polos Creativos. En proceso ao longo do curso.
AO3.3. Avaliación de Competencias: Realizar avaliacións para medir o nivel de competencia no uso das ferramentas de polos e adaptar a formación segundo sexa necesario. Non se puido facer esta avaliación debido á falta de material de Polos.
AO3.4. Integración no Curriculum: Identificar formas efectivas de incorporar as ferramentas de polos no curriculum escolar a través de actividades de ensino cotiás. Non se puido facer esta integración debido á falta de material de Polos.
AO3.5. Trasnferencia á aula: Traballar co alumnado o aprendido nas formacións de xeito seguro e creativo.
Non se puido facer esta transferencia debido á falta de material de Polos. 
 
O04PD: Integrar o uso do panel dixital interactivo no currículo escolar, fomentando o aprendizaxe interactivo e mellorando a participación e comprensión do alumnado.
AO4.1. Formación do profesorado: Organizar sesións de formación para que os profesores aprendan a manexar o panel dixital interactivo e as súas aplicacións. Realizada.
AO4.2. Seguridade e coidado do panel: Proporcionar instrucións claras sobre como manter e coidar o panel dixital interactivo, así como sobre as medidas de seguridade que deben seguirse ao usalo. Realizada.
AO4.3. Planificación: Facer reunións entre o profesorado que traballa cos paneis para reflexionar e planificar conxuntamente como integrar o uso do panel nas súas programacións, así como identificar as áreas do currículo onde o panel pode ser máis efectivo. En proceso ao longo do curso.
 
AO4.4. Implementación: Implementar o uso do panel na aula, comezando con actividades sinxelas e aumentando gradualmente a complexidade á medida que o alumnado se familiariza coa tecnoloxía. En proceso ao longo do curso.
3º Trimestre

Durante este tercerio trimestre acadáronse os obxectivos 1 e 4

Quedaron pendentes de finalizarse as accións do obxectivo 2 de aulas virtuais.

Quedou pendente da chagada de material da Consellería para Polos Creativos o obxectivo 3.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A través do PDC propoñemos unha serie de obxectivos que haberá que acadar nun tempo determinado durante o curso 2023/24.

A avaliación dos obxectivos propostos, farémolo do seguinte xeito e despois engadiremos as conclusións neste documento:

  1. Faremos unha táboa de avaliación e repetirémoa para cada obxectivo proposto. No noso caso, catro obxectivos (catro táboas).
  2. Cada táboa serve para avaliar todos os obxectivos propostos nesa liña estratéxica. Na táboa engadiremos o obxectivo e as accións relacionadas co mesmo e cos indicadores de logro según os seguintes niveis de consecución: Acadado, parcialmente ou pendente.
  3. Finalmente, iniciaremos o proceso de reflexión e poremos por escrito aquelas melloras que nos gustaría propoñer para os obxectivos que o requiran, do seguinte xeito:
  1. Que valoración global fai o profesorado da súa aplicación na aula? E o equipo directivo e os membros do equipo do plan dixital?
  2. Manterase o obxectivo?
  3. Coa súa implantación, convertéronse en novos obxectivos específicos ou derivados da mesma?
  4. É necesario engadir actuacións? Quitar? Modificar os existentes?
  5. É necesario concretar con máis detalle aspectos relativos aos responsables, temporalización ou avaliación?
  6. Tendo en conta o obxectivo proposto, parécenos oportuno presentar outros novos que completen e melloren a experiencia deste primeiro?

(*Estas preguntas u outras que poidan ir xurdindo nos dará as pautas para realizar unha avaliación máis reflexiva e concisa que poderemos reflectir posteriormente nunha rúbrica.)

Avaliarase tanto o proceso, como a consecución do obxectivo ao final do propio proceso. Polo tanto estableceranse dous tipos de avaliación:

- Avaliación procesual.- Realizarase ao final de cada trimestre e incluirán o estado da execución das accións, a análise e a valoración dos resultados. De ser o caso, tamén as posibles modificacións das accións (e os motivos) e as propostas de mellora.

- Avaliación final.- Realizarase a final de curso e incluirá a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

O Plan Dixital foi proveitoso para o centro, pois repercutiu positivamente no desenvolvmento curricular.

A colaboración e apoio dos mentores, serviunos de guía durante todo o proceso e foi de gran axuda.

Queda pendente de retomar o obxectivo de aulas virtuais. Non foi posible implemetalo este ano.

 

Proposta de mellora

Obxectivo 1.- Informar e formar ás familias novas do usa da ferramenta Abalar.

                       Acción 1: Crear un manual de uso de abalar que se traladará nas reunións de titoría.

                      Acción 2: entregrar o manual

                      Acción 3: formar e informar ás familias

Obxectivo 2: Retomar o obxectivo 2 do curso 2023-24. Este se levará a cabo na medida en que nos entreguen o material de Polos Creativos.

                     Retomar accións do curso pasado

Obxectivo 3: Institucionalizar o correo corporativo como ferramenta de comunicación dirección-claustro e claustro-dirección e dirección-consello escolar

                    Acción 1: informar e formar ao novo profesorado sobre a utilización das ferramentas corporativas.

Obxectivo 4: Iniciar no uso da aula virtual ao alumnado do 3º cilo durante o curso 24-25

                    Acción 1: matricular ao alumnado de 5º e 6º na aula virtual, 1º trimestre.

                    Acción 2: fomación do profesorado sobre o uso da aula virtual para subir material, 2º trimestre.

                    Acción 3: que cada titor/a suba un recurso ao longo do curso, 3º trimestre.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Publicación e divulgación.

O CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda publicará e divulgará este documento por diferentes medios a toda a comunidade educativa. O Equipo Directivo será o encargado de difundilo polas seguintes canles:

- Depósito de copias na Dirección e Secretaría a disposición de calquera interesado/a que forme parte da comunidade educativa ou outros organismos, segundo o criterio da Dirección do centro.

O plan dixital 23/24 poderá atoparse na plataforma Educalidade na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36014881

Ademais, será publicado na páxina web do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipalexandreboveda/

Tamén utilizaremos a rede AbalarMobil para compartir dito plan de xeito directo con todas as familias.