Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Contextualización do Plan Dixital e contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

No que ás características socioeconómicas e culturais do centro se refiren, cabe engadir que a economía do concello está asentada nos tres sectores produtivos: o primario (pesca e marisqueo), o secundario (industria conserveira e depuradoras) o servizos (turismo onde hai gran cantidade de hoteis e augas termais, catamaráns, etc). Pódese subliñar que a economía do Grove xira arredor do mar e do turismo.

Nun contexto dixital globalizado, onde a competencia e alfabetización múltiples rexen o noso ritmo cotiá, as etapas educativas dos niveis obrigatorios deben seguir unha liña de compromiso social e profesional entre todos os entes da comunidade educativa, onde profesorado e alumnado camiñen nun mesmo sentido, apostando polo uso normalizado dos recursos dixitais e tecnolóxicos no seu quefacer diario e extraendo todas as posibilidades que estes nos ofrecen.

Seguindo os requirimentos legais e como parte integrante do Proxecto Educativo, este Plan Dixital segue liñas reguladoras para a tecnoloxía e os seus empregos nas distintas etapas educativas, así como para as familias e para o profesorado. Partindo dunha reflexión diagnóstica realista, en base a aspectos de mellora que queremos acadar no noso centro, pretendemos iniciar ao alumnado no traballo e afondamento da competencia dixital e o seu emprego.

É ben sabido que na actualidade, calquera centro educativo está na obriga de formar e preparar ao alumnado para enfrontarse a un mundo de cambios permanentes e incluírse nunha sociedade de mercado dixitalizado e globalizado, de aí a necesidade de traballar as alfabetizacións múltiples.

O uso da tecnoloxía nas diversas prácticas que se dan en calquera organización escolar, desde as relacionadas coas cuestións organizativas, ata as propias dos procesos de ensino e aprendizaxe é xa ineludible. Así pois, a Estratexia Europa 2020 recoñece a necesidade dunha transformación dos sistemas de educación e formación que garanta a adquisición de competencias dixitais, que á súa vez permitan aproveitar as oportunidades.

Por ende, as xestións educativas vense na obriga de revisar as súas estratexias co obxectivo de mellorar a súa capacidade para promover a innovación e sacar o máximo rendemento das tecnoloxías da información e comunicación, e dos recursos educativos dixitais e integralo e conectalo con todos os plans e proxectos que articulan e rexen a dinámica do centro.

Como integrante do PE (Proxecto Educativo) os seus obxectivos e as súas liñas de actuación teñen que ir encamiñadas consonte todos os demais plans e proxectos do centro, sendo ademais as ferramentas dixitais, un instrumento a favor do proceso de ensino e aprendizaxe. Así mesmo, o plan dixital e as súas concrecións anuais deben recollerse na PXA (programación xeral anual), reflexando as actuacións e accións programadas para o curso, detallando os nexos de unión cos demais plans e proxectos.

Unha das características contextuais que máis define a este centro educativo nos últimos cursos é a falta de permanencia do profesorado, a maioría cambia cada curso ou senón cada dous cursos, isto trae consigo como consecuencia que os proxectos e plans de centro poidan verse perxudicados no que a súa continuidade se refire.

Na actualidade, o centro é un centro plurilingüe, conta con Edixgal en 5º e 6º de educación primaria, participa no plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE), en biblioteca creativa, en Plan Proxecta, na rede de Voz Natura, en Club de Ciencias e en Polos Creativos.

Para enfrontarnos a esta circunstancia, optamos por marcar obxectivos realistas, factibles, alcanzables e básicos que se reflexan en apartados posteriores.

2. Xustificación normativa

A necesidade de que os centros educativos conten cun Plan Dixital detallado, parte das orientacións establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027). Seguindo esta liña, a Consellería persegue a transformación dixital dos centros educativos como organización a fin de que sexan dixitalmente competentes nos procesos de ensino-aprendizaxe de xestión e relación que require dun proceso de mellora das competencias dos membros da comunidade educativa, así o Plan Dixital do centro, que se regula na Resolución do 3 de setembro de 2021, ten como principios:

-A resposta á realidade social do uso xeneralizado das tecnoloxías de información e comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá.

-O enfoque cara unha comprensión integral do impacto persoal e social da tecnoloxía.

-A transformación dixital que inclúa unha visión da competencia dixital máis moderna e ampla, acorde coas recomendacións europeas relativas ás competencias clave.

Por outra banda, seguindo o establecido nos Decretos autonómicos no que se recolle a obriga de inclusión do PD no Proxecto Educativo, cabe destacar os seguintes artigos:

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia

O que recolle dito artigos é o seguinte: “Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”.

Na normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no artigo 15 da Orde do 30 de maio de 2023 e no artigo 14 da Orde do 26 de maio de 2023.

3. Proceso de elaboración

A elaboración do Plan Dixital iniciouse coa configuración dun equipo específico seguindo as liñas marcadas pola Liña 1 do PFPP relativo ao Plan Dixital e asesoría Adix Vilagarcía 2.

A liña de traballo constou de tres momentos:

-A recollida de información a través de SELFIE e test CDD.

-A reflexión de DAFO.

- Elaboración dun plan de acción.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Dentro do marco da "Estratexia de Educación Dixital 2030" e coa axuda da Comisión Europea creouse un instrumento de avaliación demominado SELFIE, dispoñible de forma gratuita para todos os centros educativos, que nos permitiu obter en liña un informe de autoavaliación do centro (Informe SELFIE).A partir deste informe xerouse a análise DAFO que nos axudou a reflexionar sobre a situación, e elaborar o Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións.

Outro instrumento importante que empregamos para analizar o nivel de competencia dixital docente foi o Test CDD, ademais doutros indicadores como son: mensaxes enviadas e titorías (Abalar), contidos creados e propios da Aula Virtual e Podcast.

Interno
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non se dispón de dispositivos suficientes para traballar na aula con todo o alumnado. Alumnado Non
Debilidade A implicación do alumnado fóra de Edixgal é pobre, pódense ofrecer máis oportunidades. Alumnado Non
Debilidade Aínda que o centro dispón de abundantes dispositivos dixitais para a aprendizaxe, moitos deles non están en condicións de ser empregados: desactualizados. Infraestruturas Si
Debilidade Falta ver o impacto na aula da formación recibida neste temas (DPC). Persoal docente Non
Debilidade Créanse poucos recursos dixitais propios. Persoal docente Non
Debilidade Non se elaboran proxectos interdisciplinares. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non ten a formación suficiente para empregar os recursos dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza O centro dispón de equipos Edixgal para 5º e 6º de Educación primaria e abundante material informático (portátiles, Ipads...). Infraestruturas Non
Fortaleza O centro dispón de dispositivos dixitais para a ensinanza: PDI, impresora 3D, robots... Infraestruturas Non
Fortaleza Garántese o cumprimento da protección de datos empregado os aplicativos educativos que nos subministra a Administración Educativa. Infraestruturas Non
Fortaleza O centro dispón de acceso a Internet de banda ancha suficiente. Infraestruturas Non
Fortaleza Contamos con asistencia técnica eficiente cando é preciso. Organización de centro Non
Fortaleza O centro promove o acceso a formación relacionada co Desarrollo Profesional Continuo do seu persoal. Persoal docente Non
Fortaleza No centro empréganse recursos educativos en liña, tanto en cursos Edixgal como no resto. Persoal docente Non
Fortaleza Gran parte do profesorado emprega recursos dixitais para adaptarse ás necesidades do seu alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza Temos unha comunicación fluída coa comunidade educativa a través de medios dixitais: Abalar, email, páxina WEB. Persoal docente Non
Fortaleza Dentro das formacións recibidas realízase un intercambio de experiencias entre o profesorado participante. Persoal docente Si
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Non se atoparon elementos.
Análise

En conclusión aos resultados obtidos cos instrumentos de avaliación empregados, é momento de implementar unha metodoloxía organizada como estratexia xeral de centro, unánime e consensuada, asegurando así un traballo planificado e eficaz. A partir do establecemento dunha avaliación continua e eficaz, así como o acceso de todo o alumnado aos recursos necesarios para o desenvolvemento desta metodoloxía educativa dixital acorde coas necesidades do século XXI.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a competencia dixital do profesorado
O02PD Inventariar e optimizar todos os recursos tecnolóxicos e dixitais para o seu emprego normalizado na aula.
O03PD Crear produtos finais co uso da tecnoloxía e coa participación do alumnado no proceso.
O04PD Promover o intercambio de coñecementos e experiencias do profesorado en relación á elaboración de contidos dixitais

Seguimento

Procedemento

Ao longo deste curso académico 2023/2024 o centro avanzou na posta en práctica do Plan Dixital cos obxectivos e as súas accións a desenvolver.

A competencia dixital do profesorado mellorou coa formación recibida no PFPP, seguindo a liña de Polos Creativos, e centrada na robótica nas aulas e a impresión 3D. Esta formación foi moi positiva para todo o profesorado e axudounos moito a levar a cabo diferentes obradoiros con todo o alumnado do centro.

Un exemplo son os obradoiros  de robótica que se realizaron na biblioteca durante á hora de recreo, coa metodoloxía de titoría entre iguais. Xa que o alumnado de sexto propuxo diferentes retos á resolver polo resto dos cursos de infantil e primaria utilizando o programa Scratch. Os materiais empregados foron o DOC, Mbots e Escornaborts.

En relación a impresora 3D, os cursos máis altos do cole traballaron co programa UltimakerCura e as diferentes posibilidades que ofrece para o deseño de figuras e formas. Neste caso a nosa, é unha medalla olímpica, centrada no PDI do noso centro: “Conmeniño Olímpico: xuntos cara a meta”, e cada curso está facendo as súas.

Continuando co PDI, na aula de TIC empregouse o croma e polo tanto traballouse a gravación e edición de vídeos co programa OBS. A través de diferentes reportaxes, nas que o alumnado a principios de curso informaba ao resto da comunidade educativa do tema, deporte e posibles actividades que se van a levar a cabo. Ademais houbo unha segunda parte da reportaxe, na que como conclusión, explícase as actividades finalmente levabas a cabo (torneos, charlas, manualidades) facendo así unha reflexión final do PDI deste ano, por parte de todos os cursos.

Cabe destacar que todo o profesorado está implicado no desenvolvemento das actividades que se están levando a cabo e participando de forma activa, e a súa vez o alumnado está motivado.

En conclusión, dende o noso centro estamos optimizando ao máximo os materiais dos que dispoñemos, e estamos creando produtos finais co uso da tecnoloxía e coa participación do alumnado no proceso, á vez que compartimos esas experiencias entre toda a comunidade educativa.

 

 

1º Trimestre

Obxectivo 1
AO1.1: Crear un equipo de traballo encargado de desenvolver o obxectivo proposto. Acadado.

AO1.2: Realizar un cuestionario ao profesorado para saber as demandas en relación a súa mellora na competencia dixital. Acadado.

AO1.3: Solicitar un PFPP cunha liña de creación de recursos dixitais. Acadado.

Obxectivo 2:

A02.2: Realización dun cuestionario ao profesorado para saber as demandas destes en relación a tecnoloxía que hai no centro. Acadado.

AO2.3: Seleccionar e actualizar aqueles equipos que puideran ser aproveitables para o seu emprego na aula. Acadado.

AO2.5: Deseño e organización dun espazo adicado as novas tecnoloxías. En proceso.

2º Trimestre

Obxectivo 2:

AO2.4: Optimizar os recursos informáticos do centro. Acadado.

Obxectivo 3:

AO3.2: Elaborar produtos finais coa axuda do respositorio de recursos dixitais e mediante aprendizaxes compartidos. Acadado.

AO3.3: Difundir esas boas prácticas nas diferentes plataformas do centro. Acadado.

3º Trimestre

Obxectivo 1:

AO1.4: Elaborar un repositorio de recursos dixitais. Non acadado.

Obxectivo 4:

AO4.1: Creación dalgún contido ou actividade dixital por parte de cada mestre/a. Acadado.

AO4.2: Valoración e reflexión sobre o proceso de planificación, creación, acollida polo alumnado e éxito das actividades. Acadado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación procesual 

Trimestralmente nunha reunión do equipo que conforme o Plan Dixital realizarase unha valoración das accións levadas a cabo dentro do plan de acción a fin de reaxustalas e reorganizar a planificación e liña de traballo a seguir facendo a avaliación dentro das propias táboas.

Para o seguimento do Plan de Acción realizaremos unha reunión trimestral específica no equipo de TIC e da CCP para valorar o cumprimento dos apartados reflectidos nas táboas.

Avaliación final

Será recollida nas memorias finais, onde se deseñarán novas liñas e obxectivos de traballo reaxustando e valorando o logro acadado no plan de acción. Estas propostas de mellora serán o punto de partida do plan de acción do vindeiro curso.

Empregaranse os indicadores e porcentaxes das táboas de acción. Crearanse enquisas de valoración e autoavaliación para reflexión sobre o Plan Dixital, dixitalización do centro e competencia dixital.

Valoración xeral

Na actualidade as TIC están tan presentes e integradas na nosa vida cotiá que resulta case imposible pensar nelas coma un ente independente, de xeito transversal actúan e integran todas as materias.

As actividades levadas dende o equipo son de apoio e mantementento das ferramentas que cada materia emprega para a súa consecución, favorecendo que o alumnado sexa competente dixitalmente.

En relación aos obxectivos propostos ao inicio do curso, todos foron acadados coas súas correspondentes accións, de forma maioritaria. Coa excepción de dúas delas,  por un lado a elaboración dun repositorio de recursos dixitais na aula virtual do centro, xa que aínda que a  maioría do equipo docente utilizamos a aula virtual no noso día a día existe un pequeno número de mestres/as que non a empregan. Cos novos paneis dixitais e con E-dixgal temos acceso a moitas aplicacións e páxinas webs sen necesidade de empregar esta aula. 

Por outro lado, outra das accións coa que hai que seguir traballando de cara ao próximo curso é o deseño e organización dun espazo adicado as novas tecnoloxías. Neste caso o centro esperará a recibir o material correspondente de Polos Creativos, e distribuilo na aula de TIC e na biblioteca.

Finalmente, o centro conta coas seguintes  necesidades de equipamento e de infraestruturas tecnolóxicas: instalación de 2 paneis dixitais, redistribución de 2 PDI na aula de PT e de AL.

Proposta de mellora
  • Elaborar un repositorio de recursos dixitais na aula virtual do centro. 
  • Continuar no deseño e organización dun espazo adicado as novas tecnoloxías.
  • Levar a cabo charlas de formación e achegamento ás novas ferramentas virtuais.

  • Realizar unha valoración e reflexión sobre as actividades levadas a cabo.

  • Volver a facer un ánalise DAFO a principios do próximo curso.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital será aprobado en Consello Escolar, pasará a formar parte da documentación de centro e estará publicitado dentro da páxina web do centro no apartado de documentación para consulta de toda a comunidade educativa  a través do seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36014878