Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

INTRODUCIÓN:

Para a elaboración do Plan Dixital é necesario ter presente o seu marco lexislativo, por iso téñense en conta as seguintes normas:

  • Artigo 111 bis, Artigo 121 e Artigo 132 da LO 2/2006, de 3 maio, de Educación.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO, e bacharelato no curso académico 2021-2022.
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022 .
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

CONTEXTUALIZACIÓN E CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO:

O CEIP Manuel Villar Paramá é un centro que ofrece as seguintes etapas educativas:

  • Educación Infantil (2º ciclo), agrupados en dúas aulas.
  • Educación Primaria, un aula por curso.

O número total de alumnos e alumnas é de 76.

O centro conta con 13 mestres e mestras integrantes do claustro de profesorado:

  • 2 mestras de Educación Infantil.
  • 6 mestres e mestras de Educación Primaria.
  • 1 mestre de Edcación Física
  • 1 mestre de Música.
  • 1 mestra de lingua estranxeira (inglés).
  • 1 mestra de Pedagoxía Terapéutica.
  • 1 xefe de Departamento de Orientación 

A mestra de audición e linguaxe (AL) e a mestra de relixión católica son compartidas, tendo a base noutro centro.

Como persoal non docente contamos cunha ATE e un conserxe.

Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro: O CEIP Manuel Villar Paramá está situado na comarca de Tabeirós-Terra de Montes, no municipio da Estrada, á altura da comarcal PO-2008, nunha zona do rural galego de poboación dispersa. Proba disto é que o alumnado que utiliza o transporte escolar está repartido en catro autobuses de catro liñas diferentes que realizan percorridos de aproximadamente unha hora para distribuír o alumnado. O municipio está formado por 51 parroquias. O centro pertence á parroquia de Vea (San Xurxo de Vea), no concello da Estrada. Limita coas parroquias de Barcala (San Miguel e Santa Mariña), Frades, Vea (San Andrés, San Xulián e Santa Cristina) e Couso. De todas elas procede o alumnado do centro, do que a maioría emprega o transporte escolar. Case un 22 % dos pais/nais se dedican ás tarefas do fogar; un 15 %, ao sector da construción; un 11 % son dependentes; un 7,8 % son transportistas; e un 6,25 %, mecánicos. Seguen, nesta orde, administrativos/as, propietarios de pequenas empresas, agricultores/gandeiros, traballadores/as da hostelaría, da sanidade, de seguridade, de costura, docentes, en paro e outras sen clasificar ou especificar.

Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo: O PD súmase a outros Plans e proxectos do centro vixentes neste curso 23/24:

  • E-dixgal en 5º e 6º EP.
  • PFPP
  • Programas do Plan Proxecta+
  • CPInclúe: Inclúe-t, Iguála-t, Convive-t e Emocióna-t
  • CPInnova: EDUsaúde
  • Sección bilingüe
  • Auxiliar de conversa

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24:

  • No curso 22/23 contamos cunha Liña de Formación específica de Plan Dixital, así como cunha Liña específica E-DixGal.
  • No PD recollemos solicitude de dotación de infraestrutura e equipamento dixital, que se plasmará tamén na PXA.
  • No curso 22/23 implementouse o PD.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información previa para a análise DAFO foron a autoevaluación SELFIE e o Test CDD.

Interno
85 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Información ao alumnado sobre o uso dos dispositivos dixitais na casa. Alumnado Si
Debilidade Uso da tecnoloxía fóra do centro para tarefas de aprendizaxe non relacionadas co centro. Alumnado Si
Debilidade Creación de contidos dixitais polo alumnado Alumnado Si
Debilidade Ausencia de tecnoloxía fóra do centro. Alumnado Si
Debilidade Competencia dixital das familias. Familias Si
Debilidade Axuda en internet ou das amizades na aprendizaxe con tecnoloxía dixital na casa. Familias Si
Debilidade Uso da tecnoloxía na casa para o lecer. Familias Si
Debilidade Falta de fondos. Infraestruturas Si
Debilidade Coñecemento da normativa relativa á adquisición de equipamento informático. Infraestruturas Si
Debilidade Sistemas de protección de datos no centro. Infraestruturas Si
Debilidade Equipo dixital insuficiente. Infraestruturas Si
Debilidade Conexión a internet. Infraestruturas Si
Debilidade Existencia de estratexia dixital no centro. Organización de centro Si
Debilidade Promoción do emprego do software libre. Organización de centro Si
Debilidade Non aplicación da política ¿Traia o seu propio dispositivo¿. Organización de centro Si
Debilidade Desenvolvemento da estratexia dixital do centro coa colaboración do equipo directivo e o profesorado. Organización de centro Si
Debilidade Experiencia da escola na aprendizaxe mixta. Organización de centro Si
Debilidade Uso de tecnoloxías dixitais na avaliación das habilidades do alumnado Persoal docente Si
Debilidade Uso das tecnoloxías dixitais para o ensino-aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade Intercambio de experiencias dentro do centro sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Creación de recursos educativos dixitais polo profesorado. Persoal docente Si
Debilidade Avaliación dos progresos no proceso de ensinoaprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Emprego de contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado Persoal docente Si
Debilidade Uso de tecnoloxías dixitais para a retroalimentación do alumnado Persoal docente Si
Debilidade Uso de tecnoloxías dixitais para a reflexión do alumnado sobre a súa aprendizaxe Persoal docente Si
Debilidade Utilidade das DPC a través de actividades internas organizadas polo centro, programas acreditados e visitas de estudo. Persoal docente Si
Debilidade Creación de recursos dixitais para a preparación das clases e para a avaliación e o apoio ao alumnado. Persoal docente Si
Debilidade Uso das tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade Tempo do profesorado para a preparación de materiais dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Uso de tecnoloxías dixitais para que o alumnado realice observacións construtivas sobre o traballo dos compañeiros/as. Persoal docente Si
Debilidade Competencias dixitais do profesorado. Persoal docente Si
Debilidade Fomento de proxectos interdisciplinares do alumnado utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Acceso a toda a información necesaria na web do centro. Alumnado Non
Fortaleza Aprendizaxe de comportamento seguro, responsable e respectuoso na internet. Alumnado Non
Fortaleza Aprendizaxe para verificar a calidade da información en internet Alumnado Non
Fortaleza Aprendizaxe para outorgar recoñecemento ao traballo alleo na internet. Alumnado Non
Fortaleza Aprendizaxe da comunicación empregando tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza Non necesidade do emprego de software de pago polo alumnado para realizar as tarefas propostas desde o centro Alumnado Non
Fortaleza Competencias dixitais do alumnado. Alumnado Non
Fortaleza Uso da tecnoloxía no centro e na casa para tarefas escolares. Alumnado Non
Fortaleza Uso suficiente das tecnoloxías para entablar contactos. Alumnado Non
Fortaleza Utilización da tecnoloxía na casa con axuda da familia ou do profesorado e sen axuda. Alumnado Non
Fortaleza Uso exclusivo de servizos dixitais educativos corporativos para o ensino virtual. Alumnado Non
Fortaleza Seguimento das tarefas a través da aula virtual do centro ou do EVA. Alumnado Non
Fortaleza Coñecemento e uso de software libre por parte do alumnado. Alumnado Non
Fortaleza O uso dos dispositivos dixitais non provoca distraccións no estudo na casa. Alumnado Non
Fortaleza Espazo na casa para o uso dos dispositivos dixitais. Familias Si
Fortaleza Uso de tecnoloxías dixitais para a comunicación coa comunidade educativa. Familias Si
Fortaleza Difusión da información e seguimento da actividade académica a través de servizos dixitais educativos corporativos. Familias Si
Fortaleza Axuda para a aprendizaxe híbrida. Familias Si
Fortaleza Uso da tecnoloxía na casa para tarefas escolares. Familias Si
Fortaleza Conectividade na casa. Familias Si
Fortaleza Uso exclusivo de servizos dixitais educativos corporativos para difundir a información do centro. Familias Si
Fortaleza Comunicación coas familias a través de abalarMóbil. Familias Si
Fortaleza Colaboración dixital na casa. Familias Si
Fortaleza Acceso do alumnado a dispositivos electrónicos na casa. Familias Si
Fortaleza Infraestrutura dixital para apoiar o ensino-aprendizaxe. Infraestruturas Si
Fortaleza Acceso a Internet para o ensino-aprendizaxe. Infraestruturas Si
Fortaleza Dispositivos dixitais no centro para uso do alumnado. Infraestruturas Si
Fortaleza Asistencia técnica. Infraestruturas Si
Fortaleza Equipamento informático mercado polo centro. Infraestruturas Si
Fortaleza Acceso a recursos dixitais en liña ben organizados Infraestruturas Si
Fortaleza Espazo escolar para o uso das tecnoloxías. Infraestruturas Si
Fortaleza Uso exclusivo de servizos dixitais educativos corporativos para difundir a información do centro e o ensino virtual. Organización de centro Si
Fortaleza Plans de formación en centros. Organización de centro Si
Fortaleza Apoio do equipo directivo para que o profesorado explore novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais Organización de centro Si
Fortaleza Uso de tecnoloxías dixitais para a comunicación coa comunidade educativa. Organización de centro Si
Fortaleza Fomento da participación do profesorado en actividades formativas individuais para a actualización das competencias dixitais. Organización de centro Si
Fortaleza Comunicación do centro regular e ben organizada. Organización de centro Si
Fortaleza Búsqueda do profesorado de recursos educativos dixitais en internet. Persoal docente Si
Fortaleza Coñecemento e uso de software libre por parte do profesorado. Persoal docente Si
Fortaleza Tempo dedicado ao ensino dixital na aula. Persoal docente Si
Fortaleza Uso de tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro. Persoal docente Si
Fortaleza Debates sobre as vantaxes e desvantaxes do ensinoaprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Debate entre o equipo directivo e o profesorado sobre as necesidades de FPP no ensino con tecnoloxías. Persoal docente Non
Fortaleza Acceso do profesorado a posibilidades de FPP no ensino-aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Participación en actividades formativas individuais para a actualización das competencias dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Utilización de tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza Utilidade das DPC: formación do profesorado en rede, presencial, a través da cooperación con profesorado do centro, asesoramento interno e rede de formación. Persoal docente Non
Fortaleza Manexo das tecnoloxías na comunicación con alumnado e familias e na impartición de clases. Persoal docente Si
Fortaleza Colaboración do profesorado dentro da escola para o uso das tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Uso de tecnoloxías dixitais para adaptar o ensino ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza Actividades de aprendizaxe dixitais motivantes para o alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza Participación do profesorado en programas de desenvolvemento profesional e en redes profesionais. Persoal docente Non
Fortaleza Comunicación regular e ben organizada no centro. Persoal docente Non
85 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Colaboración do centro con outros centros e organizacións para a aprendizaxe mixta. Contorna Si
Oportunidade Formación organizada pola Administración Educativa axustada ás necesidades formativas do profesorado en competencia dixital. Administración educativa Si
Oportunidade Uso das tecnoloxías dixitais para colaborar con outras organizacións Contorna Si
3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A análise DAFO axuda na elaboración do Plan Dixital. Despois de revisar a información recollida mediante os instrumentos de información expostos anteriormente platéxanse as seguintes necesidades:

  • Mellora da competencia dixital do claustro
  • Reformulación de obxectivos

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover o uso da Aula Virtual corporativa co alumnado dos cursos non E-Dixgal e Educación Infantil e Primaria.
O02PD Mellorar a competencia dixital do profesorado.
O03PD Actualización dos equipos informáticos do centro.
O04PD Fomentar un uso seguro e responsable das novas tecnoloxías

Seguimento

Procedemento

Tará lugar unha avaliación procesual, consistente na valoración trimestral a través da recollida continua e sistemática de datos. Realizaranse como mínimo tres reunións do equipo do Plan Dixital para realizar dita avaliación procesual, nas que se avaliará o estado de execución das accións e tamén analizaranse e valoraranse os resultados obtidos e, de ser o caso, proporanse modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Realización do seguimento trimestral e análise dos obxectivos do Plan Dixital correspondentes ao 1º trimestre.

Obxectivos cumpridos:

  • O01PD Promover o uso da Aula Virtual corporativa co alumnado dos cursos non E-Dixgal e Educación Infantil e Primaria.
  • O04PD Fomentar un uso seguro e responsable das novas tecnoloxías

Obxectivos en proceso:

  • O02PD Mellorar a competencia dixital do profesorado.
  • O03PD Actualización dos equipos informáticos do centro. 
2º Trimestre

Realización do seguimento trimestral e análise dos obxectivos do Plan Dixital correspondentes ao 1º e 2º trimestres.

Obxectivos cumpridos:

  • O01PD Promover o uso da Aula Virtual corporativa co alumnado dos cursos non E-Dixgal e Educación Infantil e Primaria.
  • O03PD Actualización dos equipos informáticos do centro.
  • O04PD Fomentar un uso seguro e responsable das novas tecnoloxías

Obxectivos en proceso:

  • O02PD Mellorar a competencia dixital do profesorado.
3º Trimestre

Realización do seguimento trimestral e análise dos obxectivos do Plan Dixital correspondentes aos 1º, 2º e 3º trimestres.

Obxectivos cumpridos:

  • O01PD Promover o uso da Aula Virtual corporativa co alumnado dos cursos non E-Dixgal e Educación Infantil e Primaria.
  • O04PD Fomentar un uso seguro e responsable das novas tecnoloxías
  • O02PD Mellorar a competencia dixital do profesorado.
  • O03PD Actualización dos equipos informáticos do centro.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para a avaliación do Plan Dixital seguiremos:

  • Avaliación procesual: consistente na valoración trimestral a través da recollida continua e sistemática de datos.
  • Avaliación final: na memoria anual de centro detallaránse os obxectivos conseguidos e non conseguidos, constituíndo a avaliación final do proxecto mediante os correspondentes instrumentos, a frecuencia da súa realización, que será como mínimo unha vez ao ano, e os aspectos a valorar, que serán, como mínimo, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Valoración xeral

Anualmente farase unha valoración, seguimento e revisión da integración das tecnoloxías dixitais no ensino/aprendizaxe no centro; avaliando o grao de consecución dos obxectivos propostos no presente plan e a adecuación das actividades realizadas.

Proposta de mellora

Teranse en conta todas as aportacións do claustro e as propostas de mellora aportadas, que servirán como punto de partida para a actualización do Plan de cara ao vindeiro curso academico.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A estratexia para a comunicación e difusión do Plan Dixital entre toda a comunidade educativa inclúe:

  • Publicación na web do centro educativo: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvillarparama

Ademais este plan formará parte da documentación oficial do centro xunto co Proxecto Educativo, o Proxecto de dirección e o Plan Xeral Anual (PXA).