Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente.O sistema educativo tal e como subscribe a LOMLOE debe dar resposta a realizade social e incluír un enfoque da competencia dixital máis amplo e moderno.A competencia dixital é unha das 7 competencias clave que calquera mozo debe desenvolver ao finalizar o ensino obrigatorio para poder incorporarse á vida adulta de maneira satisfactoria e ser capaz de desenvolver unha aprendizaxe permanente ao longo da vida, segundo o Parlamento Europeo sobre competencias clave para a aprendizaxe permanente (Recomendación 2006/962/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de decembro de 2006, sobre as competencias clave para a aprendizaxe permanente, Diario Oficial L 394 de 30.12.2006).O uso das novas tecnoloxías é un dos obxectivos que debe afrontar o sistema educativo: a.O uso delas pode considerarse un nivel de alfabetización. As novas tecnoloxías céntranse nos procesos de comunicación e agrúpanse en tres áreas: a informática, o vídeo e a telecomunicación; Dentro dos artigos que aparecen na lexislación destacamos: ART30.1 do decreto 150/2022 e ART. 34.1 do decreto 155/2022  b.O sistema debe adaptarse ás novas necesidades sociais e económicas e dentro destas ás demandas profesionais. Un reto da escola é garantir as competencias imprescindibles e desenvolverse na sociedade da información e do coñecemento;c.As TICs ofrecen posibilidades no ámbito educativo e instaláronse nos usos cotiás e deben estar na escola. Son en parte responsables e protagonistas da actividade social e cultural do alumando.Este PD está acorde coa normativa legal vixente:a. Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LOE 2/2006, de 3 de maio, de Educación. Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP no curso académico 2021-2022; b.Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e FP, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022; c.Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e FP, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do PD nos centros docentes sostidos con fondos públicos da C.A de Galicia para o curso 2021-2022.Contextualización do PD no centro e contribución ao Proxecto Educativo. O Concello de Redondela está situado na provincia de Pontevedra, na Área Metropolitana de Vigo.O CEIP Plurilingüe Igrexa Chapela está na parroquia de Chapela. A clase social predominante é clase media-baixa. O Concello programa trimestralmente actividades que se desenvolven na meirande parte no Multiusos preto do colexio. Trátase dun centro pequeno en número de alumnado. 

Contribución do Plan Dixital ao Proxecto Educativo e relación con outros Plans e Proxectos do centro. a)As TIC e o traballo por proxectos. Tanto a nivel de centro, para traballar no PDI todos os cursos, como a nivel de aula, contamos coas TIC, para buscar información. b)As TIC e a atención á diversidade. Son esenciais co alumnado con NEAE, ao facilitar traballar ao nivel e ritmo que precisen. Usarémolas cos seguintes obxectivos:Facilitar todo tipo de comunicación sen barreiras; Ofrecer un amplo abano de posibilidades onde elixir a información; Acceder a información multimedia, posibilitando unha integración de linguaxes icónico–verbal, visual–auditivo e estático–dinámico; Organizar a información cunha estrutura adaptada ás necesidades; Conseguir determinadas destrezas na xestión e na utilizacións dos medios informáticos e uso das TIC; Posibilitar a realización persoal no mundo das TIC permitindo o perfeccionamento e a ampliación.c)As TIC e o fomento de valores democráticos e de convivencia Os países europeos elaboraron os “Estatutos Europeos para os centros educativos democráticos sen violencia” no que inclúen valores e principios incluídos no “Convención do Consello de Europa para a protección dos 62 Dereitos Humanos e Liberdades Fundamentais” O pto 7 di: “O centro educativo forma parte da comunidade local. A cooperación e o intercambio da información con outras entidades locais son esenciais para a prevención e resolución dos problemas.”d)As TIC na potenciación da biblioteca escolar. O obxectivo é a instalación do programa Koha. Estase creando un espazo creativo e maker. Participaremos no programa Polos Creativos e proxectos de dinamización de bibliotecas escolares con outros centros galegos. Continuaremos co blogue da biblioteca “O novo lar de Igrexiño”, o uso das redes sociais e o podcast para a emisión na radio na biblio.e) As TIC na potenciación da nosa lingua. A lexislación vixente (Decreto 124/2007, del 28 de xuño, pola que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo. (D.O.G. 29-06-07) e o Decreto 79/2010 de 20 de maio, para o plurilingüismo e o acordado polo Claustro no Plan de Normalización Lingüística, co fin de fomentar o uso e respecto da lingua, levaranse a cabo en tódolos ámbitos relacionados coa escola. Participamos en proxectos como a creación do conto viaxeiro en galegoContribución do PD á programación Xeral Anual curso 23/24. As TIC estarán presentes na programación xeral anual. Formaremos parte de programas, actividades e formacións. A novidade é a implantación de Edixgal en 5º e 6º de EP, xa que o proceso de ensino-aprendizaxe será coas TIC. Proceso de elaboración. Fases: 1ª Análise: Detectando as necesidades, debilidades e problemas que necesitan accións concretas no centro. Por iso é unha fase en constante evolución. 2ª Desenvolvemento: Posta en práctica das diferentes accións susceptibles de ser realizadas. Toda a comunidade educativa e os responsables específicos , levarán a cabo os aspectos recollidos neste documento de acordo a súa función. 3ª Avaliación: Como base para unha mellora continua, recopilaranse resultados e a avaliación das accións e procesos levados a cabo, os cales serán dados a coñecer ao final de curso. 

O PD está composto por 4 membros: Patricia Román González (directora e coordinadora do PD);Monica Pérez Costas (Especialista PT); Benedicta Iglesias (titora de 5º curso), Mª Esther Domínguez (titora de 6º curso)

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Atendendo as necesidades e demandas da sociedade actual en materia de comepencia dixital e entendendo que a principal misión da escola é formar ao alumnado para a vida presente e futrura, así como á normativa vixente. Consideramos fundamental desenvolver unha estratexia dixital reflexionada e consensuada que aparece recollida neste documento, Plan Dixital do Centro que nos sirva de folla de ruta a curto prazo para converter o CEIP Plurilingüe Igrexa-Chapela nunha institución educativa dixitalmente competente e que isto redunde en beneficios do noso alumnado en particular e da sociedade en xeral.

Para levar a cabo a elaboración do DAFO do Plan Dixital tivemos en conta a Avaliación SELFIE e o Test de CDD.

Autoavaliación SELFIE:  reflectimos o resumo das áreas do informe de cada etapa educativa: A.Liderado: Equipo Direct.4.1, Profesorado3.6; B.Colaboración e redes: Equipo Direct.4.3,  Profesorado3.2, Alumnado3.4; C.Infraestruturas e Equipos: Equipo Direct.4.3 Profesorado3.7, Alumnado4.1; D.Desenvolvemento profesional continuo: Equipo Direct.4.8, Profesorado3.8; E.Pedagoxía. Apoio e Recursos: Equipo Direct.4.3, Profesorado4.2; F.Pedagoxía: Implementación na aula: Equipo Direct.4.3, Profesorado3.9, Alumnado3.2; G.Prácticas de avaliación: Equipo Direct.3.1, Profesorado3.2; H.Competencias dixitais do alumnado: Equipo Direct.3.4, Profesorado3.4, Alumnado4.

Test CDD: recollemos a información do informe grupal do TestCDD de centro, así como o perfil do profesorado participante no TestCDD.

 N.º profesorado que participa:

 DEFINITIVO: 9; N.º profesorado total 12; % participación75%

PROVISIONAL DEFINITIVO: 3; N.º profesorado total 3; % participación100%

INTERINO: 2; N.º profesorado total 2; % participación100%

Do persoal Definitivo: Realizaron o test 9 docentes dun total de 12 que foron convidados neste perfil. É dicir, participou o 75% do profesorado definitivo.

A puntuación media no TestCDD do centro foi de 76,4 sobre 192, polo tanto obtivo un nivel Integrador/a (B1).

Na etapa de Infantil e Primaria: a puntuación media no TestCDD do centro foi de 79,3 e 79,7 sobre 192, polo tanto obtivo un nivel Integrador/a (B1) en Infantil e Primaria.

Dos 14 docentes do centro que participaron no testCDD obtemos os seguintes resultados:

- 5 teñen un nivel de competencia dixital Explorador/a (A2), é dicir, o 35,7%.

- 6 teñen un nivel de competencia dixital Integrador/a (B1), é dicir, o 42,9%.

Interno
45 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado descoñece o uso do sofware libre e de programas ou aplicacións que se utilizan nas aulas. Alumnado Si
Debilidade O grao de adquisición en competencia dixital é baixo. Alumnado Non
Debilidade Unha porcentaxe alta do noso alumnado ten acceso limitado a dispositivos dixitales ou directamente non ten. Alumnado Si
Debilidade Complexidade da realidade educativa. Alumnado Si
Debilidade Escasa competencia dixital da maior parte das familias que forman a comunidade educativa. Familias Si
Debilidade Acceso limitado a unha conexión estable de internet. Familias Non
Debilidade Soamente temos 8 equipos pertencentes a Consellería que datan do ano 2008, 2010 e 2016, sendo tres deles para tarefas administrativas, un deles para orientación e outro pertence as tarefas de biblioteca. Infraestruturas Si
Debilidade O centro non posúe tablets nin similares para traballo en aula. Infraestruturas Si
Debilidade Insuficientes tecnoloxías asistenciais. Infraestruturas Si
Debilidade Pertencemos aínda ao proxecto ABALAR, sendo este material xa demasiado antigo. Infraestruturas Non
Debilidade Oferta similar noutros centros da contorna. Oferta Non
Debilidade Falta de tempo en horario escolar, sobrecarga de horas. Organización de centro Si
Debilidade Sobrecarga de accións e proxectos que chegan ao centro. Organización de centro Non
Debilidade Falta de tempo para explorar a ensinanza dixital. Persoal docente Non
Debilidade Falta de motivación e formación de parte do profesorado nesta temática. Persoal docente Si
Debilidade Algunhas mestras están pouco formadas do uso das TIC e das súas posibilidades. Persoal docente Si
Debilidade Rechazo ou medo á utilización das TIC para o proceso de avaliación. Persoal docente Si
Debilidade Pouca ou nula utilización das TIC en programas colaborativos. Persoal docente Non
Debilidade Falta de tempo do profesorado para a realización de actividades propias relacionadas coas TIC. Persoal docente Si
Debilidade Non temos persoal administrativo, soamente auxiliares coidadoras encargados do alumnado con NEAE, na que a súa labor é máis asistencial. Persoal non docente Non
Debilidade Falta de medios cos que poder dotar a este persoal (tablets, comunicadores...) Persoal non docente Si
Fortaleza Pouco alumnado nas aulas, polo que a ensinanza máis individualizada é posible. Alumnado Si
Fortaleza Utilización das tecnoloxías como medio de ocio e de comunicación. Alumnado Si
Fortaleza Alumnado predisposto e moi participativo en canto as TIC. Alumnado Non
Fortaleza Experiencia do alumnado coas aulas ABALAR e próximamente con EDIXGAL. Alumnado Si
Fortaleza Centro moi familiar con familias moi colaboradoras na meirande parte das ocasións. Familias Si
Fortaleza A actitude das familias coas TIC é moi boa. Familias Si
Fortaleza Utilización constante da plataforma ABALAR para as comunicacións. Familias Non
Fortaleza Todas as clases posúen proxector e temos 7 aulas con EDI (de 9) Infraestruturas Si
Fortaleza O centro está dotado dunha boa conexión a internet (tanto por medio de cable coma de wifi) Infraestruturas Si
Fortaleza Posuímos un aula de informática cableada para poder ter ata 16 equipos simultáneos. Infraestruturas Non
Fortaleza Estamos dentro do proxecto ABALAR e próximamente implantaremos EDIXGAL. Infraestruturas Si
Fortaleza As impresoras principais poden estar conectadas a todos os ordenadores do centro. Infraestruturas Si
Fortaleza Oferta educativa de infantil e primaria baseada en metodoloxías activas e participativas. Oferta Si
Fortaleza Recursos educativos en liña (blogs, web do centro) Oferta Si
Fortaleza Comunicación coa comunidade educativa a partires das TIC e co apoio do ABALAR MOBIL. Organización de centro Non
Fortaleza Procuramos organizarnos de xeito ordeado para poder ter unha calidade educativa axeitada. Organización de centro Si
Fortaleza Reorganización permanente de toda a documentación do centro e dixitalización da mesma. Organización de centro Si
Fortaleza Hai mestras formadas en TIC que poderían axudar a aquel persoal menos formado. Persoal docente Non
Fortaleza A meirande parte do profesorado ten destino definitivo, polo que podemos desenrolar un plan a longo prazo. Persoal docente Non
Fortaleza Predisposición a avanzar e comezar o curso seguinte en EDIXGAL. Persoal docente Si
Fortaleza Experiencia no uso das TIC a través do programa ABALAR. Persoal docente Si
Fortaleza Concenciación por parte da dirección da importancia do uso das novas tecnoloxías e da importancia da realización dun Plan Dixital de Centro real e práctico. Persoal docente Si
Fortaleza Persoal implicado e disposto a traballar na mesma liña co profesorado. Persoal non docente Si
Fortaleza Implicación co alumnado no caso de ter que utilizar programas especificos para o noso alumnado con NEAE Persoal non docente Si
45 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Non dota ao centro dos recursos axeitados. Administración educativa Si
Ameaza Falta de axudas económicas ou dotacións por parte da administración. Administración educativa Si
Ameaza Carga burocrática dos diferentes plans da Consellería. Administración educativa Si
Ameaza ANPA con posible cambio no futuro, polo que non temos claro o que pode aportar. ANPA Non
Ameaza Falta de comunicación entre centros que fan proxectos similares. Contorna Non
Ameaza Non hai moitas experiencias previas nas que basearnos. Contorna Non
Ameaza Exceso de burocracia polos contínuos cambios na lexislación. Lexislación Si
Oportunidade PFPFP específico sobre o Plan Dixital de centro. Administración educativa Si
Oportunidade Creación de programas específicos para a dixitalización da comunidade educativa e en concreto do profesorado. Administración educativa Si
Oportunidade Financiación Europea que probablemente axudará a renovar a equipación. Administración educativa Si
Oportunidade Participación activa do mesmo nas celebracións e conmemoracións do curso escolar. ANPA Si
Oportunidade Posibilidade de colaborar co centro no caso de ser preciso. ANPA Si
Oportunidade Sociedade sensibilizada coa necesidade dunha educación dixital. ANPA Non
Oportunidade Posibilidade de colaborar estreitamente con outros centros da contorna. Contorna Non
Oportunidade A pandemia manifestou que un Plan Dixital é preciso. Contorna Non
Oportunidade Hai centros da contorna que teñen moita experiencia dixital, que de ser preciso intentaríamos unha colaboración. Contorna Non
Oportunidade Nova lexislación encamiñada cara a dixitalización nas aulas. Lexislación Si
Oportunidade Colaboración con asociacións de atención ao alumnado NEAE, a prol da inclusión e a dixitalización de programas de comunicación. Outras Non
Oportunidade Posibilidade de colaborar con outras institucións alleas ao centro se fose o caso. Outras Si
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e o TEST CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do Equipo Docente de Dinamización do Plan Dixital do Centro e o conxunto do Claustro, observánse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES  a nivel interno e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS a nivel externo que aparecen recollidas na presente ANÁLISE DAFO, sinaladas a maior parte delas cunha puntuación en base á cal, de xeito CUANTITATIVO, establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro CUALITATIVO, dando como resultado unha serie de prioridades, ás que nos propoñemos atender en diferentes temporalizacións. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos sirvan de base para a elaboración do PLAN DE ACCIÓN, convertindo os items en obxectivos que trataremos de acadar ao longo do vinceiro curso mediante a realización de diferentes accións. Todo isto queda recollido  na pestana seguinte onde plasmamos os obxectivos que pretendemos alcanzar.

Non esquecemos que o plan de acción será renovado cada curso escolar, e terá en conta os recursos materiais e humanos citados neste Plan Dixital. Incidiremos nos obxectivos que supoñan unha mellora relativa do uso que se fai dos recursos dispoñibles, tendo en conta que o catálogo dos mesmos están en constante evolución.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Aumentar a participación do alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria no uso da aula virtual/edixgal do centro.
O02PD Traballar co Sofware Libre: libre office (write e calc); audacity e musescore
O03PD Usar a Aula Virtual/Edixgal ao menos unha vez ao trimestre para probas ou cuestionarios de avaliación en liña.
O04PD Executar un proxecto interdisciplinar por trimestre no que participe o alumnado de primaria e relacionalo coas TIC.
O05PD Realizar o invientario do centro en canto a material tecnolóxico e dixital
O06PD Crear no centro un espacio maker para traballar de xeito competencial. Entrada no proxecto polos creativos.

Seguimento

Procedemento

Cada unha das accións propostas neste plan ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar se o obxectivo proposto foi alcanzado e se é necesario realizar variacións na formulación destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen.

 Coa análise destes indicadores, elaborarase un informe avaliativo final (anual) no que se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os positivos, así como as propostas de mellora para cursos posteriores.

O equipo de Dinamización do PD realizará, alomenos unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións deste plan.

A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas ao centro por trimestre para analizar xunto coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do proxecto.

A persoa coordinadora do "PD terá acceso" á ferramenta Educalidadde para rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da Directora do centro educativo.

1º Trimestre

Durante este trimestre conseguimos con éxito a acción do obxectivo 1.1, 3.1 e 5.1. O resto das accións siguen co procedemento habitual, e non atopamos maiores dificultades para conseguilas

2º Trimestre

Durante este trimestre acadamos satisfactoriamente as accións dos diferentes obxectivos propostos. A pesares de traballar xa con normalidade e de xeito satisfactorio con Edixgal, ben é certo que en cuarto de primaria traballamos moi pouco coa aula virtual, salvo casos esporádicos. Plantexaremos si merece a pena trabalalr coa aula virtual ou de outro xeito para o curso seguinte.

3º Trimestre

Neste terceiro trimestre acadáronse os obxectivos satisfactoriamente, non quedando pendente ningún obxectivo.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Cada unha das accións propostas neste plan ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar se o obxectivo proposto foi alcanzado e se é necesario realizar variacións na formulación destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen.

Coa análise destes indicadores, elaborarase un informe avaliativo final (anual) no que se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os positivos, así como as propostas de mellora para cursos posteriores.

Para elo realizaremos dous tipos de avaliación:

– Avaliación procesual: onde a frecuencia será como mínimo unha vez ao trimestre. Incluirase nesta avaliación o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados, e de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

– En canto á avaliación final, realizarase unha vez ao rematar o curso escolar, e incluirase entre outros aspectos, a valoración do logro dos obxectivos e a proposta de mellora.

Valoración xeral

O plan dixital foi satisfactorio para o desenrolo curricular xeral do alumnado e do profesorado.

Proposta de mellora

1º trimestre: non hai proposta de mellora.

2º trimestre: reunión a finalizar o curso para plantexar a actividade na aula virtual, xa que é o que menos se traballa en primaria. Importante seguir traballando tanto na aula Steam coma no material de Polos Creativos.

3º trimestre:

- Un dos obxectivos marcados para o próximo curso será a formación e información ás familias de nova incorporación sobre o uso da plataforma ABALAR.

- Finalizaremos o inventario de centro que comezamos este curso.

- Seguiremos co obxectivo de aumentar a participación do alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria na aula virtual coas súas creacións.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Tal como establece a normativa  e o plan de comunicación do centro, este documento unha vez validado e aprobado polos órganos colexiados competentes (Consello escolar, unha vez oído o claustro)  publicarase na páxina web do centro e darase difusión e publicidade do mesmo a través do ABALAR MÓBIL.      

Pódese consultar directamente a través do seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36014817

 https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipigrexachapela/