Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación en relación coa normativa vixente:

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da Ley Orgánica 2/2006 do 3 de Maio de Educación ¿ Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022 ¿ Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Contextualización no centro e contribución ao Proxecto Educativo:

A EEI Vila Laura atópase no centro do Concello de Vigo. Está preto o centro de primaria Dr. Fleming ao que estamos adscritos e o IES do Castro. Estamos na ladeira do monte do Castro, uns dos montes máis grandes e emblemáticos da cidade. O nivel socioeconómico e cultural das familias é medio alto, e ó estar situado na cidade podemos contar con distintos medios e ter máis facilidades para acceder ó centro que noutros contornos así como estar a un paso da natureza ó contar co monte do Castro. Ó ser unha escola de infantil estamos moi limitados en canto a poder acceder a determinados proxectos e programas que se ofrecen desde a Consellería, polo que polo momento non participamos en ningún. En canto a contribución do Plan Dixital á programación xeral anual estará reflectido como ata o día de hoxe no plan TIC. Tamén hai relación e inmersión con distintos proxectos do centro e co plan de potenciación e organización das relacións coa comunidade e a familia. O traballo cas TIC empezou relativamente hai uns anos cando púxose en marcha a páxina Web e o blogue que deu un impulso ao seu uso. Contamos cunha aula de informática que actualmente non usamos desde a pandemia, e con distintos equipos informáticos e pizarras PDI que se foron mercando con fondo de Consellería. En anos anteriores tivemos algunhas doazóns de facenda que xa están obsoletas e precisan renovarse. Temos tamén para uso común 10 tabletas que van rotando polas aulas.

Proceso de elaboración:

Os membros do Equipo do Plan Dixital están dentro do Equipo de TIC do centro, polo que aproveitamos as reunións mensuais que se convocan desde Xefatura de estudos. Este curso estamos anotados no PFPP así que o plan dixital organizouse atendendo as directrices que nos ían dicindo.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Na nosa escola de EEI Vila Laura, empezamos a elaborar o Plan Dixital atendendo a resolución do 3 de setembro do 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se dictan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros sostidos con fondos públicos na Comunidade de Galicia para o curso 2021/2022

Para levar a cabo a súa elaboración  púxose en marcha ao inicio do curso un PFPP do que forman parte todos os membros do equipo de TIC. Celebráronse distintas reunións ao longo do curso para facer propostas, unificar criterios en relación ao SELFIE, o test CDD, a análise DAFO e os obxectivos do Plan de Acción.

Unha vez elaborado o Plan Dixital do Centro pasará a ser valorado polos distintos órganos do centro.

Interno
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade F6. Involucramos pouco ós alumnos no uso de tecnoloxías dixitais nos proxectos transversais. Alumnado Si
Debilidade H. A competencia dixital do estudiante é pouca Alumnado Si
Debilidade Curta idade do alumnado Alumnado Non
Debilidade C10. Falta de portátiles para levar a casa o alumnado Infraestruturas Non
Debilidade C16. Bibliotecas ou repositorios en línea con materiais de ensinanza aprendizaxe Infraestruturas Si
Debilidade C12.Brecha dixital, aprendizaxe combinada Infraestruturas Non
Debilidade Equipamento informático obsoleto Infraestruturas Si
Debilidade A1. Estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade Falta de persoal Organización de centro Non
Debilidade A4. Tiempo en horario escolar Organización de centro Si
Debilidade B1. Discusión para ver as vantaxes ou non con tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Debilidade B4. Comunicación entre centros Organización de centro Non
Debilidade E2. Medo a creación de recursos dixitais Persoal docente Si
Debilidade G5. Uso das tecnoloxías para a reflexión do alumnado Persoal docente Si
Debilidade PE. Maior formación en Tic Persoal docente Si
Debilidade ATIC. Escaso tempo adicado ó uso de tecnoloxías na aula Persoal docente Non
Debilidade G1. Uso das tecnoloxías para evaluar as habilidades dos estudiantes Persoal docente Si
Fortaleza F1. Uso das tecnoloxías para adaptar a ensinanza ás necesidades individuais dos alumnos Alumnado Si
Fortaleza A escola ten unha boa e regular comunicación cas familias Familias Non
Fortaleza C7. Protección de datos Infraestruturas Non
Fortaleza C15. O alumnado con necesidades dispoñen de asistencia a tecnoloxía Infraestruturas Non
Fortaleza PE. Creación de contidos TIC na biblioteca e aulas STEM Infraestruturas Non
Fortaleza A3. Apoio do centro para probar outras formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais Organización de centro Si
Fortaleza Motivación para realizar outras cousas Organización de centro Non
Fortaleza E4. Uso das tecnoloxías para a comunicación escolar Persoal docente Non
Fortaleza D2. Oportunidade de participar en CPD para a ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza E1. Búsqueda en liña de recursos educativos dixitais Persoal docente Non
Fortaleza PE. Implicación do profesorado e colaboración Persoal docente Si
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de fondos Administración educativa Si
Ameaza C3. Falta conexión wifi Administración educativa Non
Ameaza Imposición da burocracia Administración educativa Non
Ameaza Escaso espacio escolar Administración educativa Non
Ameaza É doado convertelo nun elemento baleiro na programación Administración educativa Non
Ameaza Soporte técnico limitado Administración educativa Si
Ameaza Cambio na normativa Lexislación Non
Oportunidade CPD. Realización de cursos virtuais Administración educativa Non
Oportunidade Estabilidade laboral do persoal docente Administración educativa Non
Oportunidade Boa relación coa ANPA ANPA Non
Oportunidade Participación das familias ANPA Non
Oportunidade Condicións económicas do contorno Contorna Non
Oportunidade CPE.Posibilidade de traballar co centro adscrito e o instituto. Outras Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez recollida a información obtida a través do SELFIE e o TEST CDD e analizados os resultados que presentan ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do Equipo de Dinamización do Plan Dixital de Centro e o conxunto do Claustro, obsérvanse  nivel interno unhas fortalezas e debilidades, e a nivel externo unhas oportunidades e ameazas que se recollen na análise DAFO e as que atenderemos marcando unhas prioridades ás que propoñemos diferetes temporalizacións. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que pasarán a formar parte do Plan de Acción convertindo os items en Obxectivos que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes accións. 

A Anáise DAFO indícanos que debemos mellorar en:

-  Bibliotecas ou repositorios en línea con materiais de ensinanza aprendizaxe.

- Equipamento informático obsoleto

- Na creación de recursos dixitais

- Maior formación en Tic

- No tempo adicado ó uso de tecnoloxías na aula.

- Na estratexia dixital.

- Na comunicación entre centros

- Falta de persoal

- Falta conexión wifi

- Falta de fondos

- Escaso espacio escolar

- Soporte técnico limitado

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Empregar as pizarras dixitais existentes na actividade docente
O02PD Dispoñer de horario do equipo TIC (A4)
O03PD Iniciarse no emprego da aula virtual do centro
O04PD Empregar a ferramenta dos robots que temos na escola
O05PD Revisar, actualizar ou mercar equipos da aula de informática
O06PD Crear unha aula STEAM

Seguimento

Procedemento

O Equipo de Dinamización do PD, a lo menos, trimestralmente reunirase e fará un seguimento dos obxectivos e das propostas.

O mentor ADIX, realizará como mínimo dúas visitas por trimestre e reunirase coa coordinadora TIC para analizar o desenvolvemento do PD.

A persoa coordinadora do PD terá acceso a ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste Plan baixo a supervisión da dirección.

Os demáis membros do equipo TIC teñen acceso a Educalidade só para a consulta do PD

1º Trimestre

Durante este primer trimestre do presente curso en relación ao O01PD "Empregar as pizarras existenes na actividade docente" están realizadas as accións AO1.1 "Crear un grupo de traballo para unha curación de contidos" e a acción AO1.2 " Seleccionar a elaboración de material" na actualidade se atoparía en proceso.

En relación ao obxectivo O02PD que consiste en dispoñer de horario do equipo TIC  foi acadado.

O obxectivo O03PD "Iniciarse no emprego da aula virtual do centro" foi aprazado xa que consideramos que usala cos nenos/as en infantil é moi difícil, a autonomía pola súa parte sería case imposible. Habería que modificar as accións de cara ao vindeiro curso 2023-24.

O obxectivo O04PD que consiste en empregar a ferramenta dos robots que temos na escola aínda está en proceso, acadándose a primeira acción AO1.1 "Incluir na orden do día do claustro de inicio de curso este para que del saian os encargados de realizar a actividade". A acción AO1.2 "Cuadrar os horarios para que a persoa encargada dos robots poidan saír a traballar as aulas intercambiándose" estase a valorar polo momento, polo cal considérase aprazada así como a AO1.3 "Elaborar unha proposta para cada nivel".

En relación ao obxectivo O05PD "Revisar, actualizar ou mercar equipos da aula de informática" están realizadas as accións AO01.1 " Comprobar o funcionamento dos equipos e retirada dos que non funcionan" e a AO1.2 "Solicitar algún equipo novo para a aula de informática".Queda pendente o O01.3 " Solicitar e instalar discos duros da ampliación da memoria RAM ou no seu caso mercar un  equipo para o uso do mestre"

En relación ao O06PD "Crear un aula STEAM" están acacadas as dúas primeiras accións AO1.1 "Incluir na orde do día do clautro a ubicación da aula STEAM" e a AO1.2 "Reunirse cos membros do equipo TIC e diseñar a aula". Quedan pendentes as accións AO1.3 e AO1.5

 

2º Trimestre

En relación ao O01PD "Empregar as pizarras existenes na actividade docente" están realizadas as accións AO1.1 "Crear un grupo de traballo para unha curación de contidos" e a acción AO1.2 " Seleccionar a elaboración de material" na actualidade se atoparía en proceso.

O obxectivo O04PD que consiste en empregar a ferramenta dos robots que temos na escola aínda está en proceso.  A acción AO1.2 "Cadrar os horarios para que a persoa encargada dos robots poidan saír a traballar as aulas intercambiándose" tivo que ser modificada e conseguiuse nun nivel no que a mestra de apoio é a que fai  esas actividades cos robots para o nivel no que traballa. A nivel de tutoría tamén se traballaron cos robots. 

En relación ao obxectivo O05PD "Revisar, actualizar ou mercar equipos da aula de informática" a acción AO01.3 " Solicitar e instalar discos duros da ampliación da memoria RAM ou no seu caso mercar un  equipo para o uso do mestre" foi realizada neste trimestre. Este obxectivo neste trimestre foi acadado antes de chegar á data prevista de fin das accións, xa que o centro recibiu de AMTEGA 11 equipos informáticos e 11 paneis dixitais.

En relación ao O06PD "Crear un aula STEAM" a acción AO1.3 "Elaborar unha listaxe do material que existe e o que se necesita" foi acadado neste segundo trimestre pero queda pendente a acción AO1.4 "Elaborar actividades para usar con eses materiais e poñela en marcha"

3º Trimestre

En relación ao obxectivo O01PD en canto a acción AO1.3 "Crear un repositorio" queda pendente para o vindeiro curso.

O obxectivo O04PD que consiste en empregar a ferramenta dos robots que temos na escola non se chegou a acadar. A acción AO1.3 "Elaborar unha proposta para cada nivel" queda pendente para o vindeiro curso.

En relación ao O06PD "Crear un aula STEAM" a acción  AO1.4 "Elaborar actividades para usar con eses materiais e poñela en marcha" queda pendente para o vindeiro curso. En relación a este obxectivo levouse a cabo un seminario do PFPP para avanzar na creación de dita aula.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguemento do desenvolvemento do plan dixital e da consecución dos obxectivos levarase a cabo tendo como referente os valores previstos para os indicadores dos obxectivos establecidos.

Avaliarase tanto o proceso, como a consecución do obxectivo ao final do propio proceso

Trimestralmente o equipo TIC reunirase e fará un seguimento dos obxectivos e das propostas. Ao final do trimestre realizaremos unha avaliación onde incluiremos o estado da execución das accións, a análise e a valoración dos resultados. De ser o caso, tamén as posibles modificacións das accións (e os motivos) e as propostas de mellora.

Nunha  avaliación ao final do curso incluirá a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Os obxectivos propostos neste curso 2022-23 non se acadaron todos. 

Obxectivo O02PD "Dispoñer de horario do equipo TIC" foi acadado así como o O05PD  "Revisar, actualizar ou mercar equipos da aula de informática" porque ao recibir equipos e paneis dixitais novos pudéronse reubicar os equipos.

En relación aos demáis obxectivos acadáronse case todasas accións, pero quedan pendentes algunhas das accións que se sinalará na proposta de mellora.

Proposta de mellora

Como propostas de mellora o noso obxectivo é rematar cas accións inacabadas no curso 2022-23

En relación ao obxectivo O01PD crearase un repositorio de aplicacións e actividades que compartiremos tamén na aula virtual para que todo o profesorado poida ter acceso.

Obxectivo O04PD como está relacionado co obxectivo O06PD unificaranse xa que unha vez creada a aula STEAM só queda organizar unha proposta de actividades para que todo o centro poida ir a aula  cunha planificación xa feita.

Outro obxectivo sería recibir información sobre os paneis dixitais que temos nas aulas e as posibilidades que nos ofrece

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan estará recollido no plan TIC e porase a disposición do claustro para que todo o persoal poida acceder a el.

Estará incluído tamén na Programación Xeral Anual así como na aula virtual, dentro da categoría Plan Dixital, onde o profesorado ten acceso.

Exporase de igual xeito na páxina Web do centro para que todo o que queira poida acceder a él.

http://www.edu.xunta.gal/centros/eeivilalaura/?q=taxonomy/term/65