Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Centro: CEIP SERRA-VINCIOS
Dirección: A Serra s/n 36316 Vincios, Gondomar
Número de teéfono: 886 120 042
Dirección de correo electrónico: ceip.serra.vincios@edu.xunta.gal
Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipserravincios/
Etapas educativas, alumnado e profesorado:
Alumnado Profesorado
Educación infantil 47 3
Educación Primaria 124 7
Outras especialidades 7
Total 168 19

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto
Educativo do Centro
- Característica socioeconómicas e culturais do contexto do centro.
O colexio escolariza ao alumnado da nosa área de influencia que é a Parroquia de Vincios,
aínda que nos últimos anos se están matriculando alumnos/as de parroquias limítrofes.
Socioloxicamente o alumnado pertence, na súa maioría, a familias da clase traballadora
cun nivel cultural medio ou medio-baixo, aínda que ultimamente está chegando alumnado de fóra
da parroquia.
A relación dos pais e nais co centro é boa, con asistencia maioritaria ás xuntanzas de clase
e contactos fluídos co profesorado, ademais de participar en algunhas actividades que se lles
propón como contacontos, cociña, horto,...
Os pais/nais do alumnado do centro que voluntariamente o desexan agrúpanse na
Asociación de Nais e Pais Santa Mariña do CEIP Serra Vincios e réxese polos seus estatutos
correspondentes.
No noso centro respéctanse os valores democráticos, atendendo ao alumnado con
necesidades específicas de apoio educativo ou físico e promovendo o acceso ás TIC en
condicións de igualdade por parte de tódolos membros da comunidade educativa, sen ningún tipo
de discriminación. Ademais, a biblioteca permanece aberta no recreo e polas tardes, no horario
de garda dos profesores, permitindo o acceso aos membros da comunidade educativa que o
precisen, non só para facer empréstito de libros senón para empregar os recursos tic para a
procura de información ou elaboración de traballos, ou estar no espazo Maker.
 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Ferramenta SELFIE

 

Test CDD


Normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:
- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de
Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento
das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
- Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral
de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o
desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación
Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do
Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma
de Galicia para o curso 2021-2022
En liña coas orientacións establecidas no plan de recuperación e resiliencia da unión
europea e no marco do plan de acción de educación dixital (2021-2027), a Consellería de Cultura,
Educación e Universidade, persegue a transformación dixital dos centros educativos de Galicia
como organizacións a fin de que sexan dixitalmente competentes nos procesos de ensinoaprendizaxe, de xestión e de relación o que require dun proceso de mellora das competencias dos
membros da comunidade educativa que se deberá recoller nun plan dixital do centro como
organización.
Esta competencia consiste en dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e
comunicar información, e para transformala en coñecemento, incluíndo a utilización das
tecnoloxías da información e da comunicación como elemento esencial para informarse, aprender
e comunicarse, polo tanto, ser competente na utilización das tecnoloxías da información e da
comunicación como instrumento de traballo intelectual inclúe utilizalas na súa dobre función de
transmisoras de información e xeradoras de información e de coñecemento.
En definitiva, a competencia dixital comporta facer uso habitual dos recursos tecnolóxicos
dispoñibles (robots, tablets, cámaras, ordenadores…) para resolver problemas reais de modo
eficiente. Ao mesmo tempo, posibilita avaliar e seleccionar novas fontes de información e
innovacións tecnolóxicas a medida que van aparecendo, en función da súa utilidade para
acometer tarefas ou obxectivos específicos.
Por todo o anterior, a aplicación das TIC ao traballo da aula convértese nunha peza clave
na educación e formación das novas xeracións. A súa importancia social e o lugar preferente que
ocupan xa na vida dos nenos e das nenas, fai que deban estar presentes nos centros educativos,
de modo que aqueles adquiran os coñecementos e habilidades necesarias para abordar con
garantía de éxito a súa utilización nos contornos de aprendizaxe, familiares e de lecer.
Trátase de que o alumnado, ao rematar a escolarización obrigatoria, acade unha
competencia dixital. Para que isto se poida poñer en práctica con garantía de éxito e de
coherencia, resulta necesaria a creación dun plan de integración das tecnoloxías da información e
da comunicación no centro.
 

Interno
33 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Hai moitas diferencias sociais e económicas entre o alumnado, o que ocasiona moitas diferencias de oportunidades entre eles, que repercuten a nivel tecnolóxico Alumnado Si
Debilidade Hai algunhas familias con nivel socioeconómico e cultural baixo incluído a nivel tecnolóxico. Familias Si
Debilidade Asistencia técnica no centro por parte da Consellería, só 2 profesoras teñen coñecementos para arranxos sinxelos. Infraestruturas Non
Debilidade Necesitamos 3 encerados dixitais. (1º C. música e EI) Oferta Non
Debilidade Non temos unha estratexia dixital clara Organización de centro Si
Debilidade Gran parte dos problemas técnicos deben ser solucionados por un técnico privado co custo que iso supón. Organización de centro Si
Debilidade Pouco profesorado valora os progresos con estratexias dixitais Organización de centro Si
Debilidade Falta tempo en horario laboral (37,5h) para explorar novas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Falta tempo en horario laboral (37,5h) para o intercambio de experiencias en tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Debilidade Falta tempo en horario laboral (37,5h) para crear recursos dixitais en liña Persoal docente Si
Debilidade Poucos profesores utilizan tecnoloxías dixitais para a avaliación. Persoal docente Si
Debilidade Non temos conserxe definitivo o que dificulta o bo funcionamento do centro (mantenemento, timbres de entradas, saídas, ter que abandoar clases para atender o teléfono ou timbre... Persoal non docente Non
Fortaleza .O centro dispón de dispositivos para o alumnado de 5º e 6º Edixgal, e algúns máis para familias desfavorecidas, tablets, ordenadores, ebooks e acceso a ELBE2. Alumnado Non
Fortaleza A maioría das familias dispoñen de disositivos electrónicos e boa coñexión a Internet e colaboran co centro no se lles solicita. Familias Non
Fortaleza Temos dispositivos dixitais a disposición do alumnado Edixgal Infraestruturas Non
Fortaleza Dispomos de sistemas de proteción de datos a imaxe Infraestruturas Non
Fortaleza A nosa infraestrutura dixital respalda o ensino-aprendizaxe Infraestruturas Si
Fortaleza Facilitamos acceso a internet superior a 100 MB Infraestruturas Non
Fortaleza Aula creativa de nova formación Infraestruturas Si
Fortaleza O centro oferta: comedor, aula matinal e actividades extraescolares. Oferta Non
Fortaleza O centro dispón de dispositivos electrónicos para familias desfavorecidas que o precisen Oferta Non
Fortaleza O centro dispón de ordenadores para todo o alumnado de 5º e 6º Edixgal Oferta Non
Fortaleza O centro oferta transporte escolar Oferta Non
Fortaleza Temos encerados dixitais, tablets, ebooks para case todas as aulas. Oferta Non
Fortaleza No centro dispomos de asistencia técnica cando xurden problemas: 2 profesoras do centro (só para cousas sinxelas) e un téctico externo e privado, ademáis da UAC. Organización de centro Non
Fortaleza Temos unha estratexia dixital elaborada en colaboración co profesorado. Organización de centro Non
Fortaleza Apoiamos ao profesorado para que exploren novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Fortaleza O noso profesorado busca recursos dixitais en liña Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado ten acceso a formación permanente Persoal docente Non
Fortaleza Parte do noso profesorado emprega entornos de aprendizaxe en liña (Edixgal, aulas virtuais) Persoal docente Non
Fortaleza Promovemos o intercambio de experiencias sobre tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza Utilizamos tecnoloxías dixitais nas Comunicacións coa comunidade educativa. Persoal docente Si
Fortaleza A coidadora do noso centro colabora co centro en moitas actividades e proxectos Persoal non docente Non
33 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Temos poucas achegas económicas para renovacón de equipos TICs Administración educativa Non
Ameaza Pouca actuación para solucionar everías e para asesoramiento. Administración educativa Non
Ameaza Dan pouco tempo para trámites burocráticos e implementación de plans Administración educativa Non
Ameaza Continuos cambios de leis educativas, co conseguinte esforzo burocrático e de actualización (currículos, programacións, etc) que iso supón. Administración educativa Si
Ameaza Débil e inestable conexión de rede en parte do aumnado. Contorna Non
Ameaza Pouco material libre, e o que hai é máis limitado, tanto en programas, como en imaxes, músicas, etc. Lexislación Non
Ameaza Pouco coñecemento do material libre Lexislación Si
Oportunidade Oferta formación do profesorado, cursos e PFPP Administración educativa Non
Oportunidade Temos programa Edixgal Administración educativa Non
Oportunidade Actividades ofertadas polo Plan director Administración educativa Non
Oportunidade Boa predisposición das familias cando se necesitan, titorías, proxectos, etc ANPA Non
Oportunidade Temos boa relación coa ANPA que colabora co centro en todo o que poden. ANPA Non
Oportunidade Aumento progesivo da infraestrutura de rede na zoa próxima ao centro Contorna Non
Oportunidade Existe lexislación sobre licenzas. Lexislación Non
Oportunidade Existe lexislación sobre protección de datos e imaxes, e a temos ao día. Lexislación Non
Oportunidade Deputación de Pontevedra: oferta obradoiros, visitas e proxectos varios. Outras Non
Oportunidade Comunidade de Montes: temos proxectos comúns como plantación de autóctonas e eliminación de eucaliptos. Outras Non
Oportunidade Clubs deportivos locais: realizan seións prácticas no centro para fomentar a participación do alumnado en deportes varios. Outras Non
Oportunidade Obradoiros gratuítos de diferentes organizacións con fins educativos: mel de galicia, ... Outras Non
Oportunidade Concello: oferta e difunde obradoiros e proxectos varios. Outras Non
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Unha vez realizadas as pesquisas a traves dos informes anteriores e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas, xunto coa reflexión colectiva do Equipo de dinamización do Plan Dixital de Centro e o conxunto do Claustro, obsérvanse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES, a nivel interno e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS, a nivel externo que aparecen recollidas na presente ANÁLISE DAFO, sinaladas a maior parte delas cunha puntación en base á cal, de xeito CUANTITATIVO, establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro CUALITATIVO dando como resultado unha serie de PRIORIDADES ás que nós propoñemos atender en diferente TEMPORALIZACIÓN. Aquelas que son de atención máis  urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do PLAN DE ACCIÓN, convertindo os ítems en OBXECTIVOS que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes ACCIÓNS. Todo isto recollerase na pestana seguinte de obxectivos.

A análise DAFO indícanos que debemos mellorar en:

Dotar a todo o colexio de rede WIFI efectiva.
Procurar que o alumando non olvide o dispositivo diariamente.
Mellorar a competencia dixital do profesorado en relación ás contornas Virtuais de Aprendizaxe.
Amplicar o numero de recurso REA á disposición do profesorado e do alumnado
Coñecer a valoración da comunidade educativa en relación  a EDIXGAL
Melloar a retroalimentación nas actividaes do alumnado
Que a comunidade educativa use Internet de xeito seguro e responsable
Mellorar a protección de datos
 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Establecer un equipo de profesores/as (EPD) para a elaboración, xestión e seguimento do Plan Dixital Centro (PDC)
O02PD Iniciar o emprego da radio escolar
O03PD Reducir o consumo de papel para xustificar faltas, notificar reunións, avisos varios... e promover o uso de ferramentas corporativas
O04PD Iniciar o uso do espazo maker do centro con propostas creativas e tecnolóxicas
O05PD Promover o acompañamento aos compañeiros de nova incorporación, así como a aqueles que o precisen, para adaptarse á dinámica creativa e dixital do centro. (B3 colaboracións, D3 intercambio de experiencias C11,C12 Fenda dixital)

Seguimento

Procedemento

O equipo de dinamización do PD realizará polo menos unha reunion co mentor ADIX asignado para valorar e asesorar a evolucion deste plan dixital.

A persoa mentora ADIX visitará as veces que sexa preciso para unha boa consecución do PD.

A persoa coordinadora do PD terá acceso ao aplicativo Educalidade para rexistrar os avances e avaliación deste plan baixo a supervision da persoa directora do centro.

1º Trimestre

Este primeiro trimestre empezouse a levar a cabo os obxectivos marcados. O único que aínda non se comezou a dinamizar foi o da radio escolar, preveemos que o inicio do seguinte trimestre , e se o tempo acompaña, pódase contar coa persoa para realizar a sesión de formación para o profesorado

2º Trimestre

Neste segundo trimestre os obxectivos marcados foron cumpridos e estanse levando a cabo sen ningunha incidencia resaltable. Quero indicar que  a sesión de formación de radio que no primeiro trimestre non se puidera realizar, dividiuse en varias tandas durante o mes de marzo para que todo o profesorado poidese vivenciar e realizar unha pequena proba na radio. Tamén se comezou a realizar nos obradoiros internivel  o manexo da radio co alumnado.

O equipo de Infantil publicou un pequeno podcast para todo o centro para iniciar a exposición anual .

 

3º Trimestre

O01PDEstablecer un equipo de profesores/as (EPD) para a elaboración, xestión e seguimento do Plan Dixital Centro (PDC)  Acadado--- Mellora: un membro de cada ciclo para facilitar a transmisión de información, dúbidas...

  O02PDIniciar o emprego da radio escolar . Acadado

  O03PDReducir o consumo de papel para xustificar faltas, notificar reunións, avisos varios... e promover o uso de ferramentas corporativas . Acadado a reducción de papel pero debemos introducir algunha ferramenta coorporativa máis. 

 O04PDIniciar o uso do espazo maker do centro con propostas creativas e tecnolóxicas  Acadado

 O05PDPromover o acompañamento aos compañeiros de nova incorporación, así como a aqueles que o precisen, para adaptarse á dinámica creativa e dixital do centro. (B3 colaboracións, D3 intercambio de experiencias C11,C12 Fenda dixital) Acadado

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, será: Avaliación procesual: avaliaremos unha vez ao rematar cada trimestre. Os aspectos a valorar serán os seguintes: estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. Avaliación final: a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Os obxetivos foron deseñados de maneira realista e adaptada a dinámica e necesidades do centro e o profesorado. En liñas xerais o profesorado partipou de maneira activa no funcionamento e desenvolvemento do plan dixital, e cremos da necesidade dunha reflexión a inicio de curso sobre o desenvolvemento da competencia dixital cos recursos que poseemos para darlle unha boa acollida dentro da aula.

Proposta de mellora

Os Obxetivo para o vindeiro plan que se elaborará no curso 24-25 serán os seguintes:

-Establecer un equipo de profesores/as para desenvolver e valorar o plan dixital do centro, no que deberá aparecer un membro adscrito de cada ciclo.  Mellora para o vindeiro curso: un membro de cada ciclo para facilitar a transmisión de información, dúbidas...

-Iniciar o emprego sistemático da radio escolar . 

-Seguir na línea de reducción do consumo de papel para xustificar faltas, notificar reunións, avisos varios... e promover o uso de ferramentas corporativas ( anexo V profesorado, posible autorizacións de saídas... )

 -Dinamizar os obradoiros maker internivel: establecer profesorado, posible calendario ao inicio de curso.

-Promover o acompañamento aos compañeiros para adaptarse á dinámica creativa e dixital do centro. (B3 colaboracións, D3 intercambio de experiencias C11,C12 Fenda dixital) 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan será enviado para a súa lectura a todos os membros do Claustro, e do consello Escolar para a súa aporbación o día 10 outubro. Ao principio do curso formará parte da Programación Xeral Anual que tamén será enviada para a súa aprobación en Claustro e Consello Escolar. Formará parte tamén do PEC (Proxecto Educativo do Centro).como anexo IV, substituíndo ao Plan de TICs. Será subido á páxina web, co resto dos Plans, Protocolos e documentos do centro, na parte esquerda da páxina, no apartado de Secretaría.

PDF Plan dixital 21-22 ( proyecto inicial)

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipserravincios/system/files/36014672_CEIPSerraVincios_PlanDixital_V1.pdf

Actualmente o Plan Dixital do Ceip Serra VIncios pódese visualizar sen necesidade de loguearse, na plataforma Educalidade ( https://www.edu.xunta.gal/educalidade/) . Simplemente premendo en Plans de Centro, no menú da esquerda, e escribindo o nome de Serra Vincios ou ben escribindo o código do centro 36014672.