Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

Característica socioeconómicas e culturais do contexto do centro

O CIFP Valentín Paz Andrade atópase na periferia da cidade de Vigo, nunha área preto de importantes vías de comunicación (autovía das Rías Baixas, autoestrada A Coruña-Tui, autoestrada a Baiona, 2º cinto de Vigo,…); próximo tamén ao aeroporto de Vigo. A zona conta cunha grande presenza industrial: polígonos do Concello de Vigo, Mos e Porriño.

O centro, que se creou hai 57 anos para que as empresas de Vigo e da súa contorna puideran seguir crecendo, actualmente dentro das súas liñas estratéxicas centra o seu proxecto de servizo público en satisfacer tanto á variedade de alumnado que busca facilidade para aumentar a súa competencia e acceso ao emprego, como en colaborar directamente coas empresas para concretar e atender as súas necesidades de persoal altamente cualificado e adaptado a requirimentos cambiantes nas profesións. Así mesmo participa activamente nos procedementos de acreditación de competencias profesionais, formación profesional para o emprego, actividades de innovación e outras accións asociadas á formación profesional con relación moi directa coas empresas e outras institucións.

Tamén intentamos dar resposta específica ás necesidades das empresas da contorna, facilitando formación específica e conxuntural naquelas áreas onde se detecten necesidades formativas.

Independentemente  das circunstancias económicas e sociais, o noso  centro trata de ofrecer oportunidades formativas flexibles e adaptadas que poidan favorecer un mellor acceso ao mercado laboral, adaptándose a unhas demandas cambiantes e con necesidades máis versátiles.

Neste sentido para o CIFP Valentín Paz Andrade resulta de especial importancia o servizo de información e orientación profesional para as persoas demandantes de formación, en estreita colaboración con todos os axentes sociais e económicos do nosa contorna, así como outras institucións de carácter local e autonómico, que permitirán que se poidan tomar decisións coñecendo a realidade máis inmediata, as posibilidades de acceso ao mercado laboral e as demandas do sector produtivo.

Todo elo require, unha vez máis, da estreita colaboración do CIFP con todos os axentes e actores dos sectores relacionados coas familias profesionais ofertadas, e un novo modelo de relación que ata fai pouco tempo non formaba parte da cultura organizativa e de funcionamento do noso centro. Somos conscientes da importancia dos cambios que se están a producir, e esta é unha das nosas liñas de actuación prioritarias.

Estamos nun entorno industrial onde as familias profesionais presentes no CIFP teñen un protagonismo necesario, por iso o centro dentro dos recursos humanos, económicos e de espazo dispoñible, tende a actualizar o equipamento, metodoloxías e competencias dixitais de cara a un servizo coherente co contexto actual, tendo tamén moi en conta a prospección dos ámbitos produtivos asociados a nosa actividade.

Todo isto pon nun lugar relevante a necesidade de mellora da competencia dixital do profesorado e do alumnado. Motivo da elaboración e aplicación do presente Plan Dixital

Contribución do Plan Dixital ao Proxecto Funcional

Na seguinte táboa relacionase a contribución prevista do Plan Dixital coas liñas xerais de actuación da rede de CIFPs e cos obxectivos estratéxicos específicos do propio CIFP Valentín Paz Andrade:

VER ANEXO "PLAN DIXITAL. CIFP VALENTÍN PAZ ANDRADE", páx 6.

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 22/23

O Plan anual do centro para o curso 2022-2023 non está planificado, pero as propostas de mellora recollidas na memoria deste curso 2021-2022, proxectan de cara ao próximo ano, obxectivos nos que a aplicación deste Plan dixital colaborará na mellora do rexistro de documentación, métodos de seguimento de avaliacións, comunicación entre a comunidade educativa, fomento do uso de ferramentas dispoñibles na aula virtual, mellora de infraestruturas, seguridade dixital e respecto a autoría de produtos dixitais

Breve xustificación do mesmo

O presente plan dixital trata de facer realidade o recollido na seguinte normativa en relación á mellora da competencia dixital do alumnado cara á súa vida laboral.

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LOE 2/2006, de 3 de maio, de Educación (coas modificacións da LOMLOE 3/2020, de 29 de decembro)
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022 
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Proceso de elaboración

Para o proceso de elaboración do Plan dixital creouse unha comisión que no futuro poderá encargarse de dinamizar dito plan. Esta comisión estivo formada polo director do CIFP, o Vicedirector, a Xefa de estudos e o Coordinador das TIC. O compromiso do CIFP como compoñente da Rede Galega de Educación Dixital e a colaboración do asesor dixital do propio centro, completaron a asistencia na consecución deste Plan dixital inicial.

A organización do traballo viuse favorecida pola participación nun grupo de traballo para a elaboración do Plan dixital (V2105107), dentro du PFFP (V2131046) do CIFP. Os obxectivos de grupo de traballo foron:

  • Avaliar as tres dimensións da competencia dixital do centro segundo o Marco Europeo DigCompOrg: pedagóxica, tecnolóxica e organizativa para emprender un proceso de transformación.
  • Definir obxectivos referidos ao emprego dos medios dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe.
  • Deseñar accións encamiñadas á mellora da competencia dixital do centro e da comunidade educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Situación de partida

Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais

Descríbese de forma xeral a dotación dixital do centro:

Infraestrutura dixital:

-      Infraestrutura de datos (conectividade a internet). 

-      Infraestrutura de voz (telefonía). 

-      Conexións cableadas, sen fíos e electrónica de rede. 

A conectividade sen fios (wifi) é defectuoso en moitas zonas do centro. Polo que nestes lugares non se poden desenvolver actividades dixitais nas que se precisa wifi.

Equipamento dixital:

-      1 Aula dixitalizadas: con conectividade e posibilidade de visualización e interacción. 

-      1 aula tecnolóxica.

-      Postos de traballo de xestión e administración do centro: 7 equipos fixos de dirección e xestión. 2 equipos inferiores en conserxerías. 

-      Uso na biblioteca: como xestión de catálogo de libros, como consulta,... 2 equipos protátiles e 4 ordenadores fixos

-      4 Equipos para uso na sala de profesorado e 12 equipos de distintas prestacións en departamentos. 

-      Non existe dotación común de Equipos ultraportátiles para aula móbil (con posibilidade de desprazamento a diferentes espazos). 

-      2 Aula(s) de informática de uso común entre familias profesionais 

-      Dotación en base aos recursos propios de proxectos específicos de innovación en función da convocatoria en cada caso. Equipamento informátivo, audiovisual, software de simuladores, hardware específico, etc.

Servizos dixitais educativos:

-      Aula virtual, Moodle móbil, espazo Abalar, Abalarmóbil, Abalar box, páxina web do centro (www.cifpvalentinpazandrade.es)

Xestión do mantemento do equipamento:

-      A xestión do equipamento é cuberto pola persoa coordinadora de TICs, coas limitacións derivadas da magnitude do número de incidencias nun centro grande e cunha infraestrutura que deriva de distintas actuacións en diferentes momentos, sen rexistros adecuados nas actuacións.

Protocolos relacionados oas TIC:

-      Existe un pan de continxencia de aplicaciónno caso de necesidades de formación non presencial

-      Protocolo de actuación no caso dunha incidencia asociada a TICs

- Sistemática de avaliación de incidencias para mellora de infraestruturas dixitais, equipos e servizos.

Fontes empregadas para a análise DAFO

  • Realizada a enquisa SELFIE, preséntase o resumo por áreas (puntuacións de 1 a 5, onde o 5 é o máis favorable):

VER ANEXO "PLAN DIXITAL. CIFP VALENTÍN PAZ ANDRADE"

  • Nas seguintes táboas sintetízanse os resultados da enquisa sobre a Competencia Dixital Docente (CDD)
  • Outras fontes: o estudo de memorias dos departamentos, das memorias de áreas e da memoria do centro, así como o análise dos resultados de enquisas de satisfacción docente e da revisión do sistema de xestión de calidade, completaron a información sobre o diagnóstico do centro respecto aos recursos dixitais.

Análise DAFO 

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Actualízase o DAFO a 12 de outubro de 2023

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. O alumnado non percibe que se lle aprende en habilidades dixitais Alumnado Si
Debilidade 1. Familias con recursos limitados para dispoñer de equipos de traballo nos domicilios. Familias Si
Debilidade 1. Percepción do profesorado e sobre todo do alumnado, de non contar con asistencia técnica 2. Inseguridade ou descoñecemento sobre o cumprimento de protección de datos por parte de profesorado e equipo directivo ( ) 3. O alumnado percibe baixa posibilidade de acceso a dispositivos 4. Escaseza de espazos físicos con equipamento dixital () 5. Profesorado e alumnado percibe baixo acceso a tecnoloxías asistenciais por parte de alumnado con necesidades educativas especiais. 6. As infraestruturas, servizos, tic e mantemento dependen de dotación centralizada e a resposta as necesidades non é inmediata. ( ) 7. Non existe intranet o sistema similar que axude á xestión de equipos, comunicación, compartir información, etc. () Infraestruturas Si
Debilidade 1. O profesorado non utiliza correspondentemente o potencial de recurso dixitais para a xestión de novas modalidades con requirimento de rexistros e seguimentos. Oferta Si
Debilidade 1. Non existe no centro unha estratexia dixital clara. ( ) 2. Pouca colaboracións con outros centros sobre materiais e estratexias dixitais. ( ) 3. No centro non hai bibliotecas en liña con materiais de ensino aprendizaxe. () 4. Falta de receptividade a incorporar o material didáctico dixital dentro dos gastos inherentes ao material para actividades de aula/taller. 5. Xestión centralizada con certa autonomía *Materiais (instalacións, estruturas e equipamentos) 6. Carencia de persoal especialista para funcións específicas. Organización de centro Si
Debilidade 1. O profesorado valora que ten pouco tempo para explorar o ensino dixital 2. O profesorado percibe pouca axuda a intercambiar experiencias con outros centros. ( ) 3. O equipo directivo considera que non se utilizan suficientemente as canles dixitais na comunicación dentro do centro. 4. O deseño e utilización de actividades dixitais para fomentar a creatividade do alumnado e/ou adaptalo ás súas necesidades, e puntual polo profesorado. () 5. O profesorado explota escasamente as posibilidades da avaliación dixital para mellorar aprendizaxe do alumnado e aumentar a produtividade e uso dos tempos, sendo percibido isto polo alumnado. 6. Restrición nos Recursos: *Humanos: plantilla asignada á docencia pola súa especialidade Persoal docente Si
Debilidade 1. Escasa existencia de recursos dixitais para a mellora da xestión de funcións do persoal non docente Persoal non docente Non
Fortaleza 1. O alumnado e profesorado pode traer ao centro os seus dispositivos e utilizalos nas clases Alumnado Non
Fortaleza 1. Percíbese que as familias (menores de idade) valoran positivamente a posibilidade de manter unha comunicación vía dixital co centro. 2. Existen recursos dixitais de difusión da actividade do centro Familias Non
Fortaleza 1. Acceso a internet aceptable. 2. O alumnado observa disposición de dispositivos dixitais específicos para as ensinanzas Infraestruturas Non
Fortaleza 1. O profesorado síntese apoiado para explorar novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais 2. Forte presencia de tecnoloxías dixitais nos contidos e actividades (CAD, CAE, Robótica, simulación) 3. Interacción continua con empresas do sector industrial (FCT) Oferta Non
Fortaleza 1. O profesorado valora un plan para axudar nos retos que xorden para na aprendizaxe híbrida 2. O centro utiliza tecnoloxías dixitais para a orientación profesional 3. No centro facilítase que o alumnado utilice tecnoloxías dixitais para documentar a aprendizaxe relevante para a súa cualificación 4. O alumnado aprecia que utiliza tecnoloxías dixitais en diferentes materias 5. Compromiso da Dirección, concorrencia a proxectos, co reforzo de seren seleccionados (innovación, MEC, colaboración con empresas) Organización de centro Non
Fortaleza 1. Aumenta progresivamente o interese polo uso de recursos dixitais 2. Existe un debate sobre a necesidade de formación no relativo a tecnoloxías dixitais e considerase que se pode acceder a esta formación 3. O profesorado considera que busca e crea recursos educativos. () 4. O profesorado considera que utiliza ben as canles de comunicación dixitais no relativo ao centro 5. Dende o equipo directivo se axuda ao profesorado a utilizar as tecnoloxías dixitais para a avaliación 6. Uso consolidado de ferramentas de base (aula virtual) 7. Familias profesionais e títulos ¿impulsores¿: ciclos de base tecnolóxica, cursos especialización, FP Distancia Persoal docente Si
Fortaleza 1. Persoal non docente receptivo a aplicación de recursos dixitais para a xestión de funcións e comunicacións internas Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Resposta ineficaz ante as solicitudes de dotación de adecuacións de instalacións, hardware e software. 2. Lenta dotación de aplicacións para transmitir procedementos e ferramentas dixitais de seguimento e control, para aspectos comúns entre centros. Administración educativa Si
Ameaza 1. Escasa existencia de recursos dixitais para a mellora da xestión de funcións do persoal non docente. 2. Contorna de crise e cambio acelerado, COVID, tecnolóxico, social¿ Contorna Si
Ameaza 1. Non existe un bo coñecemento sobre o uso de elementos dixitais con dereitos de autor e licenzas de uso. Ao igual que coas normas sobre protección de datos () Lexislación Si
Oportunidade 1. A obriga de deseño e aplicación dun plan dixital. 2. Compromiso da consellería de educación, importante despregue de recursos de apoio o plan dixital 3. Mellora das plataformas (Moodle, edixgal/abalar...) e normalización como caderno de aula en gran parte derivada da pandemia do 2020 Administración educativa Si
Oportunidade 1. O futuro alumnado ten rapidez en conseguir dominio no uso de recursos dixitais. 2. Unha aprendizaxe híbrida ofrece versatilidade e adaptabilidade as necesidades das empresas e difusión sobre capacidade do centro de cara ás familias. Contorna Si
Oportunidade 1. Nas empresas e universidade existen experiencias didácticas subscetibles de avaliar e trasladar incorporandoas ao centro. Outras Si
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Despois da fase de diagnóstico realizada a través dos resultados e avaliación das enquisas (Selfie e CDD) e que derivou no DAFO onde se recolleron os aspectos positivos e negativos do centro, definiranse agora os obxectivos factibles máis oportunos para alcanzalos no próximo curso, segundo o Plan dixital.

Resultarán catro obxectivos ainda que batante amplos, coa intención de que o Plan dixital vaise seguir adaptando nos cursos sucesivos con novos obxectivos tratando distintos aspectos de cara a mellorar a competencia dixital do profesorado e alumnado.
Estes obxectivos deseñados para este primeiro plan (a executar no 2022-2023) céntraranse nos seguintes aspectos:

-      Un obxectivo estará asociado ao correcto uso do material dixital que se pode dispoñer para crear recursos dixitais (dereitos de autor, licenzas, etc.)

-      Outro obxectivo perseguerá que o profesorado sexa coñecedor de novas funcionalidades da aula virtual, e doutro software libre, para explotar mellor a súa competencia dixital docente.

-      Tamén parece oportuno nesta primeira pretensión de mellora na competencia dixital,  compartir experiencias dixitais (internamente e de cara ao exterior) a través da difusión de ideas e proxectos. Neste aspecto a posibilidade de xestionar un Polo dixital creativo no CIFP potenciará traballos xa existentes (polivalencia da biblioteca, fomento de proxectos existentes sobre innovación dixital, 3D, deseño na fabricación aditiva, etc.).

-      Por último a infraestrutura dixital interna do centro parécenos que pode ser mellorada a través posiblemente dun servidor interno para poder monitorizar o correcto funcionamento de equipos, mellorar a comunicación interna e seguridade, compartir información eficazmente, etc.)

Necesidades de mellora de infraestruturas tecnolóxicas, equipamento e servizos dixitais educativos:

  • Facilitar satisfacción de necesidades de ampliación de infraestrutura de datos (conectividade a internet). 
  • Conexións cableadas, sen fíos e electrónica de rede. 
  • Plan de actualización de equipos
  • Dotación de equipos con características adecuadas aos programas que se precisan utilizar para a formación.
  • Sistemática de seguridade e mellora nas ferramentas para compartir información
  • Aulas dixitalizadas con conectividade e posibilidade de visualización e interacción. 
  • Proxecto educativo E-Dixgal
  • Equipos ultraportátiles para aula móbil (con posibilidade de desprazamento a diferentes espazos). 
  • Dotación para aultas de informática

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar da explotación da rede local.
O02PD Renovar equipamentos de dirección e administración.
O03PD Mellorar e ampliar aulas dotadas de equipamento dixital.
O04PD Facilitar a mobilidade nas xestións docentes e organizativas do centro.
O05PD Mellorar a explotación dos servizos e aplicacións corporativas.
O06PD Potenciar e xestionar formación específica conducente a mellorar a CDD
O07PD Mellora no tratamento e xestión de datos persoais por parte do persoal do centro.
O08PD Potenciar o Proxecto de centro en rede dixital GAL como centro de demostración tecnolóxica para FP.

Seguimento

Procedemento

Procedemento para o seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos:

Setembro

Primeira reunión de desenvolvemento do Plan dixital:

Despois da difusión do Plan dixital, no inicio do curso realizarase a primeira reunión do equipo dinamizador do plan. Procederase á súa presentación para aprobación polo Consello Social e infomrado o Claustro de profesorado. Quedará dito equipo constituído e delegarase nos responsables de cada obxectivo e das accións previstas, a coordinación das actividades e a consecución de ditos obxectivos.

Trimestralmente (decembro, marzo, maio)

Avaliación do proceso do plan de acción:

Unha vez cada trimestre terá lugar unha reunión de seguimento de todo o plan, sen detrimento de outras reunións de traballo necesarias entre persoas involucradas na realización das distintas accións.

Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

Ademais de recoller estes aspectos que se indican, quedará rexistro do estado de desempeño de obxectivos e dos acordos sobre modificacións necesarias.

Xuño

Avaliación final:

Ao final de cada curso, preferentemente na primeira semana de xuño, terá lugar unha reunión para a valoración da consecución dos obxectivos. Realizarase unha memoria do desenvolvemento anual do Plan dixital rexistrando a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Accións    Data máxima   Responsables   Destinatarios   Temporalización   Seguimento

AO1.1 Implantar un servidor interno propio do centro. 15/03/2024 CoordinaciónTICs Equipo directivo e de xestión administrativa Marzo En execución

AO1.2 Implantación de servizos do servidor: protocolo de copias de seguridade e traballo en colaborativo. 19/04/2024 Coordinador TICsMenotr dixital equipo directivo e de oficinas Abril pendiente

AO1.3 Dispoñer de xestión de monitorización de equipos spiceworks, actividade beyon (facilitar control de aula con alumnado) 24/05/2024 Coordinador TICs Profesorado Maio En probas

AO2.1 Solicitude de renovación dos equipamentos de dirección e administración dotados de oficio pola conselleria. 15/02/2024 DirecciónCoordinación TICs Equipo directivo Maio Pendiente da administración

AO3.1 Realización de Inventario de dotación de aulas con equipos individuais de traballo 15/02/2024 Coordinación TICs Equipo dixital Xaneiro Parcialmente acadado

AO3.2 Obter relación de necesidades de aulas equipadas individualmente de equipos informáticos 16/02/2024 Responsables de departamentos didácticos Equipo directivo Febreiro En execución

A04.1 Dispoñibilidade do proceso a seguir para activar a posibilidade de acceso a servizos de xestión do centro dende o exterior. 21/12/2023 Coordinación TICs Responsable do obxectivo (TICs) Decembro Completado

A04.2 Activar a pasarela de acceso, ordenación dos servizos de ip fixa. (solicitando acceso desde exterior a determinados equipos) 29/03/2024 Coordinación TICs Equipo directivo e outras persoas responsables Decembro, Marzo En execución

AO5.3 Preparar a renovación de versión de webs dinámicas prevendo a xestión necesaria na exportación de información 10/02/2024 Vicedirección Administrador de contidos da web do centro, copermine e aula virtual Febreiro Completado

AO5.1 Difusión de titoriais de uso de abalar e abalar pro entre o profesorado e sobre todo titorías 14/02/2024 Responsable do dpto de calidade titorías e resto de profesorado Decembro En execución

AO5.2 Comunicar as titorías que identifiquen a asesoren en cadanseu grupo a dispoñibilidade do servizo abalar polo alumando ou familias. 14/02/2024 xefatura de estudos titorías Decembro Pendiente da administración

AO5.4 Activación de plugins que posibiliten a edición de arquivos por distintas persoas na aula virtual 30/04/2024 Mentor dixital profesorado do centro Abril Pendiente da administración

AO6.1 Planificar actividades formativas dirixidas á mellroa da competencia dixital 10/02/2024 Coordinación de innovación e formación profesorado Novembro Completado

AO6.2 Difusión/recordatorio das posibilidades de xestionar a consecución de acadar distintos graos de acreditacións dixitais docentes. 28/02/2024 vicedirección profesorado Xaneiro En execución

AO6.3 Sondear o grao de CDD entre o profesorado e a súa progresión durante o curso 17/06/2024 vicedirección profesorado Novembro, Xuño En execución

AO7.1 Estudo da LPD e aplicación práctica en centros con características similares 15/03/2024 vicedirección Equipo directivo Febreiro Completado

AO7.2 Redacción de guía práctica sobre o uso e tratamento de datos persoais do alumnado e do propio persoal do centro 15/04/2024 vicedirección equipo directivo Abril En execución

AO7.3 Difusión da guía práctica elaborada 06/05/2024 viceireccción persoal docente Maio Pendiente

AO8.1 Mellorar a comunicación de cara a potenciais empresas subsceptibles de colaborar en acordos de intercambio de formación e aplicacións tecnolóxicas de interese 21/02/2024 Responsable de FP empresavicedirección partes interesadas Decembro Completado

AO8.2 Participar en convocatorias de carácter innovador e tecnolóxico, desenvolvemento a oferta formativa e elaboración de proxectos. 20/03/2024 Coordinación de innovación e formación Departamentos relacionados con cada convocatoria Marzo Completado

AO8.3 Difundir o retorno de resultados á sociedade mediante accións de difusión, participación en eventos e feiras de demostración. 28/06/2024 Equipo dixitalDeptos. profesionais implicados en cada actividade a difundir Todas as partes interesadas Xuño Completado

2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Na memoria final recolleranse as propostas de mellora que servirán de base para as entradas de información na actualización anual do Plan dixital. Isto repercutirá directamente no deseño dos obxectivos que se planifiquen para o seguinte curso na busca de atender ditas propostas de mellora identificadas.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do Plan dixital terá a finalidade de dar a coñecer os seus obxectivos, motivar á comunidade educativa a participar no seu desenvolvemento a funcións das accións que se vaian realizando. 

Tamén se persegue o compromiso profesional ante unha comunicación organizativa, a colaboración e o desenvolvemento continuo a través de medios dixitais. Así mesmo tratarase de favorecer a sensibilización da comunidade educativa cara a buscar maiores competencias dixitais.

Os canles de comunicación e a planificación desta difusións serán:

Principalmente, o medio de difusión do Plan será a propia plataforma Educalidade, que dispón dos plans de xeito público.

Xuño:

  • Comunicación ao claustro do Plan dixital para propoñer melloras anuais cara os obxectivos plan de actuación do seguinte curso.

Setembro:

  • Presentación do Plan ao Consello Social e ao Claustro. Difusión a través da web do CIFP e disposición na Aula virtual
  • Creación de contidos de difusión visual para as pantallas de cartelería dixital do centro.
  • Reforzo de comunicación do plan de acción por medio de recursos audiovisuais (pantallas dixitais, web, aul virtual) e presentacións interactivas (correos, códigos QR)
  • Recoller a existencia do plan dixital, e do seu plan de actuación, na guía de novo profesorado e guía do alumnado.
  • Delegar nas persoas titoras a explicación da repercusión do Plan dixital do centro.
  • Incluír a actividade asociada ao Plan dixital nos contidos e noticias do CIFP que se indiquen aos medios de comunicación (períodicos, TV, canles dixitais...)
  • Recoller nas redes sociais referencias á execución dun Plan dixital de centro.

Novembro:

  • Dirixir ao profesorado a información suficiente (correos, web, aula virtual, reunións de coordinación, etc) para que se perciba a conveniencia na implicación do persoal docente nas actividades formativas que se programen dentro do plan de acción.

Decembro

  • Comunicar ás partes interesadas os avances da aplicación do plan

Febreiro-marzo

  • Difundir os resultados das accións que se desenvolvan ata o momento dentro das accións do plan, poñendo en valor os resultados positivos das accións que se van desenvolvendo e a súa repercusión na mellora da competencia dixital do profesorado e alumnado.

Maio-xuño

  • Utilizar os medios indicados para publicitar os logros alcanzados sobre os obxectivos.
  • Difusión entre a comunidade educativa (web, aula virtual, correos) memoria sobre a valoración do desenvolvemento do plan.
  • Solicitar a inclusión dos resultados do Plan dixital do CIFP, nos eventos e noticias publicadas en medios de comunicación (prensa escrita, dixital, tv, etc)
  • Comunicacións dirixidas as empresas do sectores asociados ao centro (web, medios escritos e dixitais, titorías), do desenvolvemento do Plan dixital, considerando as necesidades de competencias dixitais do alumnado de cara a unha mellor preparación para as necesidades actuais do traballo profesional