Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Reunións períódicas con:
- Responsable ADIX
- Equipo Tic.
- Dirección.
Adecuación e revisión progresiva do plan na aplicación Educalidade.
Reunión entre o equipo ADIX Tui e a Coordinadora (a partir de agora CPD) do Plan Dixital de Centro (a partir de agora PDC).
Comprobamos o acceso á Aula Virtual ADIX_Tui que empregaremos como principal medio de comunicación, en todo caso mantemos abertas todas as posibles liñas (correo electrónico, comunicación telefónica co centro e móbil persoal, vídeo conferencia,...).
Tamén comprobamos o acceso á aplicación EduCalidade con permisos de edición. Revisamos os distintos apartados da aplicación no PDC, facendo principal fincapé nos seguintes puntos:
• Introdución ¿ Data de aprobación do Consello
¿ Data de aprobación/ información Claustro • Contexto DAFO
¿ Revisión e actualización
• Obxectivos ¿ Procedemento de borrado
¿ Procedemento para a creación de novos Obxectivos
¿ Introdución das Accións
• Comunicación e Difusión
¿ Revisión e actualización
• Seguimento
¿ Borrado/Actualización dos cadros de texto
• Avaliación
¿ Borrado/Actualización dos cadros de texto
• Anexos
Trasladase a notificación recibida desde SSCC indicando que se amplía o prazo de aprobación do PDC 2023_2024 ata o 06 de novembro. Tamén comprobamos como os nosos PDC xa son visibles e de ámbito público na aplicación EduCalidade. No centro xa teñen claros, e incorporados na aplicación, os Obxectivos de cara o vindeiro curso polo que unicamente realizamos unha revisión da lexislación vixente achegada no Taboleiro da AV ADIX Tui e dalgún dos cadros de texto con algunha modificacións pendentes, como o borrado do recollido do curso pasado. Quedan pendentes as convocatorias do Claustro e Consello Escolar para a información e aprobación do PDC.
Nunha 2ª reunión, tras deixar o PDC correctamente trasladado á aplicación EduCalidade, o obxectivo principal foi realizar o seguimento de cada un dos Obxectivos analizando as Accións particulares dos mesmos.
Revísase o traslado do PDC á aplicación Educalidade. Quedan recollidas ás RRSS empregadas polo centro. Recóllese información referida ao PFPP solicitado no centro.
Revisión do estado dos Obxectivos
O01PD Actualizar os equipos informáticos e dixitáis do centro
Pendente Parcialmente Acadado
O02PD Poñer en marcha a Radio Escolar
Pendente Parcialmente Acadado
O03PD Crear un repositorio online de recursos sobre educación emocional e creatividade.
Pendente Parcialmente Acadado
O04PD Concienciar á comunidade educativa da necesidade de empregar as redes sociais con responsabilidade.
Pendente Parcialmente Acadado
O05PD Mellorar a organización e visibilización de contidos da web.
Pendente Parcialmente Acadado
O06PD Racionalizar a organización dos cursos da Aula virtual.
Pendente Parcialmente Acadado
Seguimento das distintas accións e a súa execución, con indicación da documentación requerida para completar as evidencias.
Actualización do apartado 1º trimestre dentro da lapela Seguimento na aplicación EduCalidade, recollendo toda a actividade relacionada coa coordinación do PDC.
Tras comprobar que o PDC se atopa no estado de “Plan pechado-seguimento“ dentro da aplicación EduCalidade o obxectivo principal é realizar o seu seguimento, practicamente definitivo. Esta reunión mantense cando queda aproximadamente 1 mes para finalizar o curso e existe a posibilidade dalgunha edición, previa o estado “Finalizado” do PDC, na aplicación EduCalidade tras a sinatura desta Acta.
Revísase o estado dos obxectivos e o seguimento das accións.
Para cada unha das Accións particulares de cada Obxectivo realizamos o seu seguimento achegando cando é posible evidencias documentais, quedando recollidas na aplicación EduCalidade (Lapela Obxectivos). Pendente de realizar as executadas ao final de curso tales como as accións de Valoración.
Indicamos nos 3 trimestres todas as accións levadas a cabo polo Equipo de Dinamización do Plan Dixital e lideradas pola coordinación do PDC. Quedando recollido na aplicación EduCalidade (Lapela Seguimento). Pendente de achegar aquelas accións executadas ata que finalice o curso.
Na aplicación EduCalidade (Lapela Avaliación) queda pendente realizar as achegas, antes de pasar ao estado “Finalizado”, nos seguintes apartados.
-
Valoración xeral.
-
Propostas de Mellora.
Esta edición realizarase tras a reflexión do EDPD reflectindo a evolución do PDC ao longo deste curso e focalizando xa nos Obxectivos que podemos planificar para o curso 2024-2025.
Avaliación
O Plan Dixital é a folla de ruta que marca obxectivos, accións e tempos no centro respecto da formación, xestión e aplicación didáctica da competencia dixital. O enunciado dos obxectivos, o deseño de accións concretas e o seu seguimento puntual permite concienciar á comunidade educativa das principáis liñas desenvolvidas e o progreso das mesmas.
Ao longo do primeiro trimestre procedeuse a actualización e renovación do equipamento informático do centro (001PD), obxectivo satisfactoriamente acadado gracias a participación do centro na Rede de capacitación dixital de adultos. A partida orzamentaria para o desenvolvemento de actividades de formación do profesorado contribuíu á dotación de equipamento menor (memorias externas, usb) e material específico relacionado coa Radio escolar, dentro dos Polos creativos.
Respecto a posta en marcha da Radio escolar (002PD), malia que se constituíu un grupo de traballo para a formación de profesorado e se traballou co alumnado na familiarización do entorno radiofónico, non chegou o material específico que procedente de Polos Creativos resultaba imprescindible para lograr a completa consecución deste segundo obxectivo e que consistía na retransmisión radiofónica desde o centro.Por cuestións alleas ao grupo de traballo e ao centro non foi posible completar a consecuón desde obxectivo.
Os grupos de traballos relativos á convivencia e benestar emocional do alumnado encontraron utilidade en crear cursos na aula virtual como foro de encontro e repositorio de materiais (003PD)
A concienciación dos distintos actores da comunidade educativa en materia de ciberbullying, redes sociais e adiccións online -videoxogos, apostas online- abordouse en charlas impartidas por membros dos corpos de seguridade aos distintos grupos de alumnado así como a docentes e familias. Ademáis distintos cursos da ESO contaron cun obradoiro impartido pola Cruz Vermella na que traballar de forma individualizada e detida o ciberbullying. O obxectivo 004PD debe considerarse completado neste curso.
Respecto da Web (005PD) avanzouse na organización de bloques e menús para lograr unha mellora na visibilización de contidos. A participación dos departamentos e equipos de dinamización na creación de contidos favoreceu a actualización da web.
Por último os cursos da Aula Virtual ordeáronse para unha mellor visualización para os usuarios agrupando nunha lapela os cursos de anos anteriores (006PD)
Relacionanse a continuación algunas propostas de mellora e suxestións recollidas nas reunións mantidas co asesor do Plan Dixital, o equipo Tic, o equipo directivo, asñi como distintos membros docorpo docente do centro:
- Levar un rexistro das incidencias informáticas, incluidas as comunicadas de forma verbal.
- Facer un manual que esquematice uso adecuado do equipo informático e audiovisual do salón de actos para facilitar o seu uso.
- Procurar formación no deseño e construción da páxina web como medio destacado de comunicación entre a comunidade educativa.
- Procurar formación no manexo de redes sociais como medio de comunicación entre a comunidade educativa.
-Incluir un apartado de preguntas frecuentes na web.
Comunicación e difusión
O plan dixital dase a coñecer a través de diversas plataformas a fin de conseguir a súa máxima difusión na comunidade escolar:
• Este documento remítese por correo electrónico a todo o claustro.
• O plan dixital publícase na páxina web do centro -en documentos de centro- e conta co
seu propio bloque dentro da web.
Pode ser consultado na aplicación Educalidade, a través da seguinte ligazón:
• Enviarase unha mensaxe abalar ás familias, notificándolles a existencia deste plan dixital e
a posibilidade de consultalo na páxina web do instituto.