Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
Realizouse o seguemento trimestral de acordo co planificado e para poder analizar a evolución do plan dixital estudando a execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos.
Analizamos que os obxectivos do PD correspondentes ata o 1ª trimestre , todos desenvolvense segundo o programado :
- Os obxectivos O01PD, O02PD e O03PD están en proceso e en prazo
- O obxectivo O04PD reformulouse e farase dentro do proxecto de Aulas tecnoloxícas da Consellería.
Realizouse o seguemento trimestral de acordo co planificado e para poder analizar a evolución do plan dixital estudando a execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos.
Analizamos que os obxectivos do PD correspondentes ata o 2ª trimestre , todos desenvolvense segundo o programado :
- Os obxectivos O01PD, O02PD e O03PD están en proceso e en prazo
- O obxectivo O04PD reformulouse e farase dentro do proxecto de Aulas tecnoloxícas da Consellería.
Analizamos que os obxectivos do PD correspondentes ata o 3ª trimestre , todos desenvolvense segundo o programado :
O obxectivo O01PD , O02PD e O03Pd están en proceso de acadarse e en prazo.
O O04PD está en adiado, ata a entrada do centro na aplicación Inventario por parte de AMTEGA.
Avaliación
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano, incluíndo os resultados na memoria do CIFP. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora de cara a elaboración dos obxectivos do próximo curso.
Neste segundo plan plantexáronse 4 obxectivos con varias accións asociadas cada un.
O obxetivo un (O01PD) o de crear unha nova páxina WEB para garantir a accesibilidade sensorial e cognitiva aos servizos da web, fixose coa axuda dunha das liñas de traballo dentro dun PFPP do centro, aínda que a páxina esta sen ser visible a espera de ter un dominio propio do centro e un servidor onde aloxala.
Os obxetivos 2 e 3 traballaronse noutras liñas de traballo dentro dos curso e seminarios desenvoltos nun PFPP.
O obxetivo 4 está pendente da aprobación por parte da consellería da autorización e da partida presupostaria para montar a aula tecnolóxica.
Continuar coa mellora da accesibilidade á medios/ferramentas dixitais do alumnado e profesorado.
Seguir mellorarando a comunicación dixital do Centro coa toda a comunidade educativa.
Revisar e seguir mellorando a páxina web do Centro co novo deseño para cumplir coa normativa sobre accesibilidade (Real Decreto 1112/2018, de 7 de septiembre, sobre accesibilidad de los sitios
web y aplicaciones para dispositivos móviles del sector público).
Comunicación e difusión
Estratexia ou protocolo para a publicidade e difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa:
O Plan Dixital difundirase á Comunidade Educativa tanto no Claustros final de curso 23-24 e no de inicio do curso 24-25. Tamén publicitarase na Web do CIFP e a través de Abalar.
No próximo curso, proponse como mellora a elaboración dun Plan de Comunicación do Centro no que se prevé incluilo.