Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do PD no centro e contribución ao Proxecto Educativo:

A estratexia dixital do centro quedará recollida no PEC, que se atopa nun proceso de elaboración, tal como recolle o proxecto de dirección presentado polo actual equipo directivo a finais do curso 20-21. Con ese obxectivo, o Plan Dixital formará parte dese proxecto educativo, unha vez sexa aprobado polo consello escolar, unha vez oído o claustro.
Este Plan Dixital contribúe a unha serie de programas de innovación educativa nos que participa o noso centro. Entre eles, o programa Stembach, dentro do Contrato-programa a modalidade CP-Innova e CP- Inclúe, o programa  PROA+, o  Plan Proxecta+ e o programa de innovación educativa Polos creativos. Ademais, o noso centro forma parte da Rede DixitalGal. Unha persoa docente do noso centro foi seleccionada como responsables ADIX (mentor dixital) e UACO. A maiores, o IES Val Miñor é centro EDIXGAL desde hai anos. Este Plan Dixital contribuirá aos obxectivos que exporemos na Programación Xeral Anual para o curso 23-24 a través de varias iniciativas, entre as que estará a posta en marcha e consolidación deste Plan, que implica actuacións en campos como o manexo de información dixital e outros.

Xustificación do PD en relación coa normativa vixente:

Este plan Dixital sigue o establecido na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, así como no artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Proceso de elaboración:

O proceso de elaboración do plan dixital levouse a cabo mediante un grupo de traballo dentro do plan de formación permanente do profesorado en centros (PFPP: O Plan Dixital do Centro no IES Val Miñor”), integrado polo profesorado que forma parte do Equipo de Dinamización do Plan Dixital. Consistiu na elaboración dunha análise da situación do centro (DAFO) a partir do informe SELFIE e Test de Competencia Dixital Docente(TCDD) de centro.  A  partir da análise DAFO  creouse o Plan de Acción que recolle a definición das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información foron os seguintes:

Autoavaliación SELFIE: Realizada dende o 18-10-2011 ata o 07-11-2022. A información da participación e o resumo das áreas pode consultarse na pestana de Anexos.

Test CDD: Realizado dende 08-02-2022 ata o 07-03-2022. O resumo dos resultados agrupados da autoreflexión do profesorado pode consultarse na pestana de Anexos.

Debates: O equipo do plan dixital debatiu en base a un ánalise cuantitativo dos informes anteriores.

Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Comportamento seguro e responsable Alumnado Si
Debilidade Outorgar recoñecemento ao traballo alleo Alumnado Si
Debilidade Verificar a calidade da información Alumnado Non
Debilidade Maior control na protección de datos Infraestruturas Si
Debilidade Carencia de avaliación do progreso de incorporación de novas tecnoloxías Persoal docente Non
Debilidade Creación de recursos dixitais Persoal docente Si
Debilidade Ferramentas de avaliación dixital Persoal docente Non
Debilidade Autorreflexión sobre a aprendizaxe Persoal docente Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para o aprendizaxe Alumnado Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para a docencia. Bo acceso a internet. Asistencia técnica. Infraestruturas Non
Fortaleza Emprego de entorno virtual de aprendizaxe Persoal docente Non
Fortaleza Recursos educativos en liña Persoal docente Non
Fortaleza Participación do desenvolvemento profesional continuo Persoal docente Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Pouca colaboración coas empresas do parque tecnolóxico de Porto do Molle Contorna Non
Ameaza Protección de datos Lexislación Si
Oportunidade Infraestruturas, dispositivos, conexión a internet e asistencia técnica Administración educativa Non
Oportunidade Boa comunicación ANPA Non
Oportunidade Boa comunicación e colaboración co Concello. Tamén coa universidade a través do STEMBach Outras Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O DAFO anterior invita a reflexión respecto dos obxectivos a acadar e a partir del deseñamos o Plan de Acción.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Afondamento no recoñecemento da autoría da propiedade intelectual nos documentos e materiais que se elaboren no centro .
O02PD Estabilizar anualmente o equipo Plan Dixital formado por profesores de distintos departamentos.
O03PD Creación de recursos educativos propios a través de Polos creativos.
004PD Protección de datos en educación estendéndoa a toda comunidade educativa.

Seguimento

Procedemento

Reunións periódicas co equipo do Plan Dixital e co Mentor.

1º Trimestre

Reunión co Mentor o día 27/09/23, revisión en educalidade do Plan Dixital.

Reunións co equipo do PLan Dixital: 04/10/23, 20/11/23 e 11/12/23. Seguimento do Plan Dixital.


 

2º Trimestre

Reunión co Mentor o día 17/01/24, repaso dos seguimentos das accións  do Plan Dixital en educalidade.

Reunións co equipo do PLan Dixital:  29/01/24 e 19/02/24. Seguimento do Plan Dixital.

3º Trimestre

Reunións co equipo do Plan Dixital: 08/04/2024  Seguimento do Plan Dixital.

Reunión co Mentor o día 22/04/24, revisión en educalidade do Plan Dixital.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

Logrouse parcialmente o obxectivo 1, os traballos realizados no centro teñen en conta as licenzas e os dereitos de autor, pero non en todo o profesorado nin en todo o alumnado. Creación do equipo Plan Dixital a principio de curso, polo tanto, acadado o obxectivo 2. Obxectivo 3 parcialmente acadado, publicado na aula virtual do centro o recurso educativo propio realizado no PFPP o recurso foi elaborado conxuntamente por todo o profesorado participante no PFPP, destacar a participación de sete departamentos do centro no programa de Polos creativos. Acadouse parcialmente o obxectivo 4 referente a protección de datos en educación.

A valoración xeral é boa, aínda que non se alcanzaron totalmente todos os obxectivos, moito profesorado se está involucrando e  está traballando satisfactoriamente. 

Proposta de mellora

Implicación de máis departamentos no Plan Dixital. Afondamento no recoñecemento da autoría da propiedade intelectual nos documentos e os materiais que se elaboren no centro. Formación sobre a protección de datos en educación estendéndoa a toda a comunidade educativa. Continuación cos obxectivos non acadados totalmente.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Ao comezo de cada novo curso se informará aos diferentes membros da comunidade educativa do IES sobre a existencia e os principais contidos do Plan:

    • Claustro de Profesorado (Plataforma Educalidade).
    • Consello Escolar
    • Xunta de Delegados/as do alumnado.
    • Información á comunidade educativa a través da páxina web do centro e abalar móbil.