Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

INTRODUCCIÓN

O CPR Plurilingüe Atalaya Cantabria atópase no Concello de Vigo, no barrio de O Calvario. Vigo ten unha poboación duns 250.000 habitantes, moitos deles orixinarios doutras comarcas e rexións, que se instalan en Vigo por causas laborais.

O centro é privado concertado con código 36014234, está situado no sur da provincia de Pontevedra, zona onde se ubican outros centros públicos e privados. Atópase na Rúa Cantabria, nº18, o teléfono 986276012, o correo electrónico cpr.atalaya.cantabria@edu.xunta.es.

Páxina web www.colegioatalayacantabria.com e redes sociais coma Facebook, Instagram e canal de YouTube. O centro conta con 3 unidades de Educación infantil, 6 de Educación Primaria, aulas de música, informática e de audición e linguaxe. Conta con 145 alumnos e 13 mestres.

  • Pódese dicir que o sector maioritario é dunha clase media, media-baixa, aínda que existen sectores de niveis altos e baixos. O nivel cultural non é moi alto en liñas xerais, aínda que tamén aquí existe unha porcentaxe de niveis superiores relacionadas con profesións liberais. Nas expectativas que os pais teñen respecto dos seus fillos, sinalar que maioritariamente esperan que continúen estudios (Bacharelato).

  • Dende fai uns anos para aquí levamos traballando en accións para dixitalizar o centro en tódolos aspectos (didáctico, pedagóxico, de xestión…) Comezamos con tablets no curso 2014-15 para 3º e 4º de primaria e dende fai cinco anos 5º e 6º de E.P formamos parte do Plan E-Dixgal. Neste curso 2021-22 iniciámonos no PLAMBE. Tamén no centro, dentro do proxecto anual de lectura, incluído no noso plan lector, temos moi en conta o uso das Tics, resaltando a nosa radio escolar que xa leva en funcionamento 6 anos e o concurso de curtametraxes no que participamos anualmente, así como os materiais didácticos cos que traballamos habitualmente nas actividades da biblioteca incardinadas dentro de dito plan anual de lectura.

  • O noso plan dixital contribuirá a acadar os obxectivos dixitais plantexados para a programación xeral anual do curso 2022-23.
    Consolídase a boa aceptación da páxina web, Instagram, facebook, YouTube.

  • O tockap seguirá utilizándose como medio de comunicación entre a escola e as familias. Os cursos de 3º, 4º de E.P, empregan as tablets como recurso complementario nas materias de Lingua Castelá, Matemáticas e Inglés,

  • Consolidándose o uso deste dispositivo no proceso de aprendizaxe nestes dous cursos. En 5º de E. Primaria mantemos o proxecto E-DIXGAL e incorporamos a 6º de E.P, dando deste xeito un paso máis no coñecemento e manexo dixital. Por outra banda, a pizarra dixital, con acceso a INTERNET seguirá permitindo o uso de multitude de recursos, pero neste casoc coma citamos anteriormente, que para o próximo curso serán dúas máis.Continuarase a formación do profesorado para facilitar o aproveitamento dos recursos dispoñobles, así como a posta en práctica do contemplado no Plan de introducción das TAC.

  • Dende a Comisión TAC ofertaranse actividades formativas puntuais dirixidas o profesorado do centro dentro das posibilidades dos seus integrantes.

  • Tendo en conta o Art. 111 bis,en relación o plan dixital faremos nós o noso propio plan, que incluiremos dentro do PEC e concretarémolo dentro do PXA como nos indica o Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación modificada pola ley Orgánica3/2020 de 29 de decembro lomloe, aspectos estes que xa estarán en vigor o curso que ven.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Comezamos o curso 2021/2022 determinando a situación inicial do centro respecto as TICS (SELFIE e Cuestionario de competencias docentes) para posteriormente elaborar unha análise DAFO que servirá como base para a elaboración do noso plan dixital.

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 15% de alumnado con NEAE. Alumnado Non
Debilidade Poucos recursos, falta de acceso a internet, poucos coñecementos. familias desestructuradas. Familias Non
Debilidade Resto de aulas sin recursos. (Infantil) Infraestruturas Non
Debilidade Non rexistramos. Oferta Non
Debilidade Falta de horas para a creación de contidos dixitais. Organización de centro Non
Debilidade Gran parte do profesorado con nivel medio-baixo en competencias dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Non rexistramos. Persoal non docente Non
Fortaleza Ratios baixas por aula. Alumnado Non
Fortaleza Colaborativas e dispoñibilidade para axudar. Comunicación coas familias por medio de Tokapp. Familias Non
Fortaleza 5º e 6º Edixgal, 4º,5º e 6º pizarra dixital, ordenadores de mesa nos postos do profesorado de primaria. Wifi en todo o centro escolar, emprego do Xade, programa Meiga na biblioteca. Infraestruturas Si
Fortaleza Colaborativas e dispoñibilidade para axudar. Comunicación coas familias por medio de Tokapp. Oferta Non
Fortaleza Pouco profesorado. Unha soa liña. Fácil coordinación. Organización de centro Non
Fortaleza Ganas e capacidade para aprender, dispoñibilidade, motivación do profesorado para empregar as TICS. Coordinación e colaboración entre o profesorado. Persoal docente Si
Fortaleza Competencia dixital adecuada ao seu posto de traballo. Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Non dotación económica. Administración educativa Non
Ameaza Falta de implicación das familias con respecto ao AMPA e as súas propostas. ANPA Non
Ameaza Sendo concertados, non contamos cos mesmos recursos cos centros públicos, nos diferentes plans, proxectos que estamos inmersos. Lexislación Non
Ameaza Cortes puntuais de enerxía eléctrica durante as horas de clase. Rede wifi inestable, cortes. Outras Non
Oportunidade Acceso a formación. Administración educativa Non
Oportunidade Posibilidade de cooperación. ANPA Non
Oportunidade Autonomía para xestionar o noso propio plan dixital. Dotación de recursos para Edixgal. Lexislación Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Valoramos unha situación de partida, facendo unha análise das nosas infraestructuras, equipamento e servicios dixitais do noso centro.

-Acerca da infraestructura dixital do centro: conectividade, a través da compañía R en tódalas instalacións do centro.

- Equipamento dispoñible: sendo 5º e 6º aulas dixitalizadas xa que forman parte do proxecto E-DIXGAL, equipos de xestión e administración, uso na biblioteca de materiais TICS e ordenador, así como a dispoñibilidade de dous portátiles para o claustro do centro.

-Servicios dixitais educativos: contamos con páxina web do centro, Agueiro, E-Dixgal, Facebook, YouTube, Instagram, Tokapp, Snappet.

- Xestión do mantenemento do equipamento do centro por parte de empresas externas ao centro.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Dixitalizar aula de 4 de E Primaria e biblioteca
O02PD Formación do profesorado en ferramentas dixitais (Kahoot, Educaplay, Genially)

Seguimento

Procedemento

O seguimento do Plan dixital realizarase segundo as datas indicadas no plan de acción para os diferentes obxectivos.

Ademais o equipo redactor do Plan dixital reunirase semanalmente os martes de 10:00 a 11:00h para analizar os obxectivos acadados e os non acadados buscando solución aos mesmos.

Por outro lado manteremos unha reunión mensual co noso mentor.

1º Trimestre

Os obxectivos propostos para este trimestre acadaronse con éxito.

Formación Kahoot 17 outubro 2022

Formación Educaplay 21 novembro 2022.

Dúbidas Educaplay e Kahoot 12 decembro 2022

2º Trimestre

Os obxectivos propostos para este trimestre acadaronse con éxito.

3º Trimestre

Os obxectivos foron acadandose ao longo do primeiro e segundo trimestre, polo que neste trimestre seguimos afondando neles aportandolle máis consistencia no que se refire a utilización das diferentes plataformas educativas.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación do plan

Cada unha das accións propostas neste plan ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar se o obxectivo proposto foi acadado e se é necesario realizar variacións no plantexamento destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen.

Coa análise destes indicadores, elaborarase un informe avaliativo final no que se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de mellora para cursos posteriores.

Valoración xeral

O claustro está moi motivado e implicado co plan dixital xa que se foron acadando todos os obxectivos plantexados e hai propostas de mellora de cara ao vindeiro curso. Consideramos que este plan foi satisfactorio xa que os obxectivos foron realistas e puideron ser cumpridos, de cara o vindeiro curso pensamos continuar na mesma liña, con obxectivos realistas e motivantes para o profesorado.

Proposta de mellora

Acadar unha pizarra dixital para segundo de primaria e así lograr dixitalizar todas as aulas de primaria.

Mellorar a cooperación entre o claustro a hora de elaborar e compartir actividades e documentos dixitais.

Continuar coa formación do profesorado de forma que sexa dixitalmente mais competente, tratando de que a totalidade do claustro obteña o nivel B1 en competencia dixital.

Cursos de formación para aumentar a autonomía do alumnado na súa competencia dixital.

Para 5º e 6º curso de formación no uso da comunicación dixital a través da aula virtual (etiqueta).

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a elaboración e a coordinación do plan dixital distinguiremos tres fases ou momentos no desenrolo do mesmo:

1ª fase: Análise. Completando e detectando as necesidades, debilidades e problemas que necesitan accións concretas no noso centro. Fase en constante evolución.

2º fase : Desenrolo. Posta en práctica das diferentes accións susceptibles de ser realizadas. Toda a comunidade educativa levará a cabo os aspectos recollidos neste documente dacordo a súa función.

3º fase: Avaliación. Coma base para unha mellora continua.

4º fase: Aprobación do plan por parte do Consello Escolar.

5º fase: Difusión do plan dixital, publicarase na páxina web do centro.

Manteremos informada a toda a Comunidade educativa do desenrolo do proxecto dixital tanto por canais ordinarios coma a través de reunións xeráis de pais, Consello Escolar…

Parécenos fundamental a participación de toda a comunidade educativa neste proxecto para contar co seu apoio.

Por esta razón manteremos ás partes interesadas debidamente informadas.

O obxectivo é manter o entusiasmo, a aprobación, a implicación e a difusión.

A difusión do plan será mediante a súa publicación na páxina web do centro, logo de ser aprobado polo Consello escolar.