Tipo de Centro Colexio Privado – Concertado
Denominación Oficial Colexio Andersen Augalonga
Etapas educativas: Educación Infantil, Primaria e Secundaria
Número total de alumnado: 297 alumnos e alumnas
Número total de profesorado: 28 mestras e mestres
Código do Centro: 36014209
Enderezo: Camiño Escola Andersen, 28, A Garrida ( Valadares) 36315, Vigo, Pontevedra
Teléfono: 986 46 94 12
Dirección de Correo Electrónico: cpr.andersen.augalonga@edu.xunta.gal
Páxina Web: www.colexioandersen.es
O Colexio Andersen está situado no lugar chamado Augalonga, sito na Garrida-Valadares, ao sur do monte Alba e ao norte do monte Galiñeiro, pertencente ao Concello de Vigo, ao final dun camiño chamado “Camiño-Escola Andersen”.
O Plan Dixital de centro vai a contribuir a mellorar o desenvolvemento de centro no que ao uso das TICS e innovación dixital se refire. O noso centro é un centro no que as novas tecnoloxías e a innovación están moi presentes. O centro participa en diferentes Plans e Proxectos de innovación:
· PLANS DO CENTRO
o PLAN DE LECTURA E PLAN DE BIBLIOTECA
o PLAN DIXITAL
o PLAN DE ACTIVIDADES FÍSICAS E HÁBITOS SAUDABLES
o PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES
o PLAN DE CONVIVENCIA ESCOLAR
· PROXECTOS
o PROXECTO LÓVA
o PLAN PROXECTA(Nutriescolas en Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria e Aprendo Programando no primeiro ciclo da ESO)
· EDIXGAL
· CENTRO DIGICRAFT
. POLOS CREATIVOS
Xustificación legal e normativa
- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.
- Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
- Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
-
Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
-
Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
-
Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24.
A finalidade do noso Centro educativo é que o alumnado aprenda e se forme como individuo da sociedade na que vive. En consecuencia, a propia organización vai mellorando a través da súa práctica e da reflexión sobre ela, así como das relacións que establece coa súa contorna.
O Plan Dixital de Centro debe encaixar no contexto institucional máis amplo que vén recollido noutros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo de Centro e ambos os documentos deben estar en total consonancia e ser complementarios.
O cronograma de elaboración é o seguinte:
1.5. Inscrición no Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2021/2021 coa linea de traballo prioritaria Plan dixital do centro. Integración didáctica das TIC. Traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital. [setembro 2021]
6. 1.6. Incorporación á Rede Galega de Educación Dixital [novembro 2021]
7. 1.7. Análise do Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes
(DigCompOrg) nos 7 elementos
• Infraestuctura
• Liderado
• Ensinanza e aprendizaxe
• Desenvolvemento profesional
• Avaliación
• Contidos e currículo
• Redes de apoio e colaboración
1.8. Configuración e realización do SELFIE por parte do equipo directivo, profesorado e alumnado de 5º e 6º de educación primaria. [decembro 2021].
9. 1.9. Realización do test da Competencia Dixital Docente - CDD [febreiro 2022].
10. 1.10. Recompilación de datos do SELFIE e CDD, reflexión e DAFO [marzo 2022].
11. 1.11. Deseño do Plan Dixital de Centro [maio 2022].
12. 1.12. Aprobación polo Consello Escolar da Versión 1.0 [xuño 2022].
13. 1.13. Posta en práctica [setembro 2022]. Continuidade no ano académico 23-24, e no actual 24-25