Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro
A EEI de Donramiro é unha escola situada na parroquia de Donramiro, pertencente ao concello de Lalín e situada na rúa A Capela número 6.
Nela traballamos dúas mestras como parella educativa con 21 nenos e nenas con idades comprendidas entre os tres e os seis anos. Ademais, contamos coa especialista de inglés e relixión.
Entre os piares metodolóxicos que sustentan o noso traballo atópanse o fomento do contacto coa natureza e o arte, a resposta ás necesidades individuais de cada alumno/a e a busca constante de formación e actualización pedagóxica.

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
A escola de Donramiro está situada a escasos 500 metros do centro urbano da vila de Lalín, polo que a meirande parte do noso alumnado procede da mesma e é alí onde se concentra a maioría da oferta cultural.
O nivel socioeconómico e tamén o cultural das nosas familias é moi variado.
Actualmente o proxecto educativo atopase en proceso de remodelación, e incluirá o Plan Dixital e calquera outro programa no que participemos.
O Plan Dixital formará parte da Programación Xeral anual do vindeiro curso 2022/2023.

1.3. Breve xustificación do mesmo
A nivel lexislativo, a normativa na que se fundamenta a elaboración do Plan Dixital é a que se enumera a continuación:
Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022


1.4. Proceso de elaboración
A grandes trazos o proceso de elaboración do Plan Dixital do noso centro xirou en torno a unha serie de momentos centrais:
Novembro de 2021: inicio de contacto coas persoas ADIX. Aceso á aula virtual.
Decembro de 2021: Aceso a plataforma SELFIE e configuración e envío do mesmo.
Febreiro de 2022: Elaboración do Test de Competencias Dixitais Docentes.
Marzo de 2022: Creación do DAFO da nosa escola.
Abril e Maio de 2022: A partir dos resultados do DAFO, establecemento de obxectivos prioritarios de traballo e das liñas de actuación dos mesmos.
Xuño de 2022: Elaboración do documento do Plan Dixital de centro.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Ver anexos

Interno
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Non se atoparon elementos.
Externo
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Non se atoparon elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD 1. Empregar o Abalarmóbil como canle de comunicación coas familias.
O2PD DPC Establecer líneas de colaboración, novas metodoloxías, ferramentas dixitais, PDI...
O3PD Crear , traballar, espazos e plataformas educativas e colaborativas.
O4 PD Xestión, organización, renovación, mantemento, equipamento e infraestructura informático TIC
O5PD Fomentar o benestar dixital

Seguimento

Procedemento

Trimestralmente co mentor ADIX estableceuse unha concreción de obxectivos e seguimento.

1º Trimestre

Mentorización e coordinación con ADIX, Cfr Lalín, asesora Abalar, coordinación na Escola.

Coordinación con Polos Creativos Lalín.

Revisión dos obxectivos do plan dixital en proceso.

2º Trimestre
3º Trimestre

Mentorización e coordinación con ADIX, Cfr Lalín, asesora Abalar, coordinación na Escola.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

4.Avaliación do plan

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

No curso 2022-2023  en infraestructuras, equipamento informático, TIC foron moi positivos

No curso 2023-2024 o uso das infraestructuras e equipamento da dotación do curso anterior foron moi positivos

 

Proposta de mellora

É preciso dar seguimento no curso vindeiro dos obxectivos recollidos no Plan Dixital

É necesario propoñer actividades en base a seguridade e internet do noso alumnado, tipo charlas coa Garda Civil, persoa experta en cyberseguridade... En Setembro estamos retomando esta acción.

Dar seguimento a actividades de tipo colaborativo con outras escolas.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Empregamos as canles de comunicación e difusión habituais similar ao resto de documentación de Centro.

Este curso temos dispoñible a consulta a través de Educalidade.