Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

 

  • Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 22/23.

    Na programación xeral Anual,marcamos uns obxectivos para a mellora das competencias dixitais e o uso das novas tecnoloxías.

    - O primeiro obxevtivo é familiarizar ó alumnado có uso da pizarra dixital, mediante o uso do material didáctico dixitalizado e a manipulación directa da pizarra dixital.

    - O segundo obxectivo é cambiar a percepción que o alumnado ten do pc como unha ferramenta só para xogar. Para cambiar esta percepción consideramos que é básica a manipulación diaria do pc, manexando, por exemplo, os números e as letras do teclado.

    - Como terceiro e último obxectivo marcamos a importancia de promover a responsabilidade no coidado e uso axeitado dos dispositivos dixitais. Para isto asignarase un responsable semanal para que vixíe o correcto aceso dos soportes informáticos na aula,así como a observación das acción da mestra na conexión e desconexión dos soportes informáticos da aula.

 


 

De seguido,poñemos en contexto a normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:

 

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022


 

Para elaborar este Plan dixital precisamos formar un equipo de dinamización ,o cal se encargaría de elaborar e difundir entre as docentes, as actividades propostas para poder concluir, avaliar e mellorar a situación na que se atopa o centro no ámbito dixital.

A continuación imos numerar os pasos seguidos:

  • Cuestionario na plataforma SELFIE : do cal pudemos extraer un informe que analizaba e diagnosticaba a situación do centro.

  • Test CDD (Competencia dixital docente): A partires deste test, pudemos obter un informe grupal sobre a competencia dixital do profesorado que serviu e servirá para planificar unha formación futura.

  • Elaboración dun informe DAFO : Neste informe tivemos que reflectir e analizar: os recursos internos do noso colexio ( as nosas Debilidades e Fortalezas)e a contorna do mesmo (Ameazas e Oportunidades).

  • Obxectivos do plan de acción: Trala análise DAFO establecemos uns obxectivos (concisos e realistas)que se pretenden conseguir co desenvolvemento do Plan Dixital e que fagan posible o cambio que queremos no noso centro.

  • Elaboración do Plan Dixital.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Competencia do alumnado para resolver problemas técnicos dos Dispositivos dixitais. Alumnado Si
Debilidade Dispositvos dixitais para o aprendizaxe. Infraestruturas Si
Debilidade Asistencia técnica. Infraestruturas Non
Debilidade Bibliotecas /repositorios en liña Infraestruturas Non
Debilidade Traer o propio dispositivo. Organización de centro Non
Debilidade Iniciativas para afrontar necesidades de formación profesional. Organización de centro Non
Debilidade Resolución das incidencias técnicas. Organización de centro Non
Debilidade Creación de espazos para compartir recursos educativos dixitais. Organización de centro Si
Debilidade Uso de aula virtual. Organización de centro Non
Debilidade Existencia de estratexias de comunicación con outros centros. Persoal docente Non
Debilidade Participación do profesorado en redes colaboraivas profesionais. Persoal docente Non
Debilidade Formación sobre o uso de novas modalidades de aprendizaxe do uso da tecnoloxía dixital. Persoal docente Si
Debilidade Creación de recursos educativos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Falta de formación. Persoal docente Si
Fortaleza Interactúan de forma axeitada nos dispisitivos dixitais do centro. Alumnado Si
Fortaleza Equipamentos e redes actualizados. Infraestruturas Non
Fortaleza Acceso a internet. Infraestruturas Si
Fortaleza Protección de datos. Infraestruturas Non
Fortaleza Espazos físicos. Infraestruturas Non
Fortaleza Novas modalidades de ensino. Oferta Si
Fortaleza Estratexia dixital. Organización de centro Non
Fortaleza Desenvolvemento da estratexia dixital co profesorado. Organización de centro Si
Fortaleza Espazos físicos. Organización de centro Non
Fortaleza Participación en proxectos interdisciplinares. Persoal docente Non
Fortaleza Debate sobre o uso da tecnoloxía. Persoal docente Non
Fortaleza Adopción de innovacións educativas por parte do profesorado. Persoal docente Non
Fortaleza Traballo colaborativo en redes. Persoal docente Si
Fortaleza Comunicación entre as diferentes etapas do centro. Persoal docente Non
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Cambios nas plataformas dixitais. Administración educativa Non
Ameaza Falta de apoio económico externo. Administración educativa Si
Ameaza Tempo para que os docentes poidan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Administración educativa Si
Ameaza Dificultades para medir as capacidades do alumnado desenvolvidas fóra do centro. Administración educativa Si
Ameaza Condicións socioeconómicas da contorna Contorna Si
Ameaza Falta de apoio técnico. Contorna Non
Ameaza Cambios recurrentes na lexislación. Lexislación Non
Oportunidade Axudas da Xunta,subencións. Administración educativa Si
Oportunidade Iniciativas para afrontar necesidades de formación profesional. Administración educativa Non
Oportunidade Utilización de plataformas dixitais promovidas pola administración Educativa. Administración educativa Si
Oportunidade Estabilidade laboral do persoal docente. Administración educativa Non
Oportunidade Uso activo e creativo de aulas virtuais. Administración educativa Si
Oportunidade Programas da consellería vinculados ás TIC. Administración educativa Si
Oportunidade Existencia de proxectos externos. Contorna Non
Oportunidade Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo. Contorna Non
Oportunidade Participación das famílias. Contorna Si
Oportunidade Tratamento das licenzas e dereitos de autoría. Lexislación Non
Oportunidade Lexislación que promove o ensino dixital. Lexislación Non
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Creación de recursos dixitais para traballar co alumnado.
O02PD Mellorar a competencia dixital do alumnado.

Seguimento

Procedemento

No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Todas as accións previstas para este trimestre foron completadas correctamente.

2º Trimestre

Neste trimestre  levouse a cabo a formación programada para poder executar os obxectivos propostos para o plan dixital.

3º Trimestre

Neste trimestre concluímos a formación recibida,e levámola ás nosas aulas. Espuxemos nas últimas reunións programadas ,co grupo de traballo e con todo o claustro, o aprendido durante a formación e obtivemos unha valoración  positiva cara ó logro dos obxectivos propostos no plan dixital. Como propostas de mellora,acordamos seguir formándonos para acadar todos os obxectivos exitosamente e agardamos recibir algunha axuda para proporcionar dispositivos dixitais ao alumnado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, avaliarase da seguinte forma:

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final levarase a cabo, como mínimo, unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

 

Valoración xeral

O plan dixital foise avaliando cada trimestre,e fumos facendo seguimento del en cada reunión proposta.O grupo de traballo foise formando para, pouco a pouco ir acadando os obxectivos propostos. A formación recibida foi moi positiva e actualmente estamos a desenvolver moitas actividades no panel dixital nas nosas aulas.Destas actividades poderemos engadir algunhas nun dos obxectivos propostos no noso Plan Dixital.

As competencias dixitais dos nenos/as tamén foron mellorando, o alumnado de 5 e 6 anos, xa son quen de encender o ordenador de aula e incluso tamén o panel dixital. Teñen aínda algunhas dificultades para apagar o ordenador, consideramos unha actividade complexa, xa que parte deste alumnado (maior) aínda non sabe ler ou faino con dificultades.

 

Proposta de mellora

-Consideramos que para poder acadar os obxectivos propostos no Plan Dixital , precisamos de máis formación e adquirir así máis competencias dixitais para transmitilas nas nosas aulas.

-Seguimos a precisar de máis dispositivos dixitais para o noso alumnado, pensamos que así lles será moito máis doado desenvolverse coas novas tecnoloxías sen que a súa idade sexa ningún impedimento.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Como estratexia ou protocolo para a publicidade e difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa utilizaremos o Facebook, o Instagram, a aplicación abalar,o correo electrónico e o Blog (en canto esté actualizado).

Tamén se expoñerá no taboleiro de anuncios para todos/as aqueles/as interesados/as en botarlle unha ollada.