Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

  • Nome do centro: EEI do Vao

  • Dirección: Camiño Bao de abaixo, Poio- Pontevedra-36163

  • Correo electrónico: eei.vao@edu.xunta.gal

  • Contamos con páxina Web pero ata o momento non traballamos con ela.  Temos anexionado á web un blog: eeidovao.blogspot.com

  • Etapa educativa: Educación Infantil

  • Profesorado: 1 mestra especialista en educación infantil, 1 mestra especialista en pedagoxía terapéutica.

     

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

Esta escola está inmersa nun poboado xitano entre humildes casas e chabolas moi coñecido por diferentes e complicadas situacións marxinais. O nivel socio-económico e cultural é baixo. A súa principal fonte de ingresos procede da venta ambulante, da chatarra e, maioritariamente, de axudas sociais. A maioría deles non remataron os estudos primarios.

O Plan Dixital de Centro recollerá as accións a desenvolver para mellorar a competencia dixital que se recolle no noso Proxecto Educativo de Centro dando resposta así ás necesidades e demandas da sociedade actual. O noso obxectivo é formar un alumnado coas competencias para desenvolverse nun entorno dixitalizado.

Os obxectivos do Plan de Acción do presente Plan Dixital serán incluídos nos Obxectivos específicos da Programación Xeral Anual do curso 23/24.

 

Breve xustificación do mesmo

Este PD desenvolvese tendo en conta as seguintes lexislativas:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
  • Selfie do centro.
  • Test CDD.
  • Reflexión sobre as necesidades do centro e da contorna.
  • Necesidades de formación do profesorado.
Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C7. Mellora dos sistemas de protección de datos e o seu regulamento. Infraestruturas Si
Debilidade A4. Precisamos organizar o tempo para explorar a ensinanza dixital. Organización de centro Non
Debilidade A1. Non contamos cunha estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade D3.Non temos información sobre o intercambio de experiencias (rede de profesores ou comunidades de prácticas en liña Persoal docente Non
Fortaleza C3. Bo acceso Internet. Infraestruturas Non
Fortaleza C8. Dispoñemos de dispositivos dixitais para a aprendizaxe. Infraestruturas Si
Fortaleza A3. Exploramos novas modalidades de ensinanza. Oferta Non
Fortaleza B2. Debátese no centro sobre o uso da tecnoloxía. Persoal docente Non
Fortaleza D1. Crecemento profesional continuo. Persoal docente Si
Fortaleza D2. Participación no crecemento profesional continuo. Persoal docente Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C5. O centro non dispón de asistencia técnica. Administración educativa Non
Ameaza A5. Non estamos ben informadas das normas sobre dereito de autor e licenzas de uso. Lexislación Non
Ameaza C12. Non temos un plan para enfrontar os desafíos que xorden co aprendizaxe mixto relacionadas coas necesidades dos alumnos e o seu contexto socioeconómico. Outras Non
3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Formación sobre a elaboración da páxina web corporativa do centro.
O02PD Continuar coa elaboración de publicacións e documentacións do centro atendendo a lexislación vixente sobre protección de datos.

Seguimento

Procedemento

Para o seguimento do PD reuniránse as mestras unha vez por trimestre.

1º Trimestre

Busqueda  e matrícula de formación sobre a páxina web.

2º Trimestre

Tras a formación sobre a páxina web comezaremos a construila.

 

 

3º Trimestre

Non logramos recibir formación sobre a elaboración da páxina web corporativa do centro.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación procesual: a frecuencia da súa realización será como
mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado
da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser
o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
Avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha
vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración
do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

O primeiro obxectivo: formación sobre a elaboración da páxina web corporativa do centro, non foi conseguido. Intentamos facer formación con outro centro sobre a páxina web pero  non sendo do mesmo centro de formación  de recursos do profesorado non nos permitiron levar a cabo a formación.

No que repecta o segundo obxectivo: continuar coa elaboración de publicacións e documentacións do centro atendendo a lexislación vixente sobre protección de datos, seguiremos elaborando os documentos de centro tendo en conta a formación recibida.

Proposta de mellora

Continuar coa elaboración de publicacións e documentacións do centro atendendo a lexislación vixente sobre protección de datos.

Plantexaremos de novo lograr o obxectivo 1: formación sobre a elaboración da páxina web coorporativa do centro.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A publicidade e difusión deste plan dixital entre toda a comunidade educativa preséntase a través da súa publicación na nosa web (https://www.edu.xunta.gal/centros/eeivao/).