Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1 Datos básicos do centro

O IES Val do Tea é un centro de educación secundaria situado na cidade de Ponteareas na rúa Feliciano Barrera, 15.Os datos básicos de contacto son:

  • Teléfono: 886110513
  • Correo electrónico: ies.val.do.tea@edu.xunta.gal
  • Web do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesvaldotea/

O centro educativo ofrece formación anual a 515 alumnos e alumnas da ESO, Bacharelato e ESA (Educación Secundaria de adultos). Nos últimos anos tódolos cursos teñen un mínimo de tres liñas, acadando incluso catro en 1º bacharelato. Para a etapa de bacharelato ofértanse os itinerarios de ciencias, ciencias sociais e artísitico, sendo referente neste último no entorno da nosa localidade. A amplia oferta educativa é unha realidade grazas aos aproximadamente 52 docentes das diferentes especialidades.

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O centro educativo localízase na localidade de Ponteareas, nun entorno demográfico caracterizado por unha población estable de aproximadamente 23.000 persoas, cunha natalidade descendente e unha renta per capita crecente pero aínda inferior á galega e tamén á media nacional. O noso centro educativo convive con outros centros do entorno cunha oferta académica similar que permite que a educación en Ponteareas sexa completa, integral e adecuada para as necesidades do alumnado da nosa comunidade. De xeito particular, o alumnado do noso centro demostrou unha gran adaptación ao contexto dixital impulsado pola pandemia. Xunto co apoio institucional da consellería a través da dotación dunha ampla infraestructura, formación permanente e recursos TIC acadáronse os obxetivos lexislativamente establecidos durante estes anos. Actualmente, recoñécese a dixitalización da educación coma unha constante no tempo que normativamente débese integrar nos documentos do centro. Neste sentido, as programacións (PXA e programacións de departamento e de aula) contemplan metodoloxías didácticas e sistemas de avaliación sustentados na dixitalización. Ademáis, no noso centro ofreceuse ao longo destes cursos formación para o profesorado a través do CFR de Vigo, mediante o Proxecto de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) xestionado polo coordinador TIC.

Apartado 1.4 Breve xustificación do mesmo dispoñible no documento completo do Plan Dixital en Anexos

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa
  • Autoavaliación SELFIE: Información do resumo das áreas do informe SELFIE de cada etapa educativa na táboa da páxina 8 do Plan Dixital.
  • Test CDD: Información recollida nas táboas 1.3, 2.1, 2.2 e 2.3 do informe grupal do Test CDD de centro.
  • Unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital, dispoñible nas páxinas 10 e 11 do Plan Dixital.
Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Baixo nivel de aprendizaxe de códigos e programación (H11) Alumnado Non
Debilidade Implicación na comunidade educativa limitada e intesificada pola pandemia. Non aproveitáronse os recursos dixitais. Dinámicas que requiren accións para o cambio Familias Non
Debilidade Conexións dixitais pouco fiables ou lentas pero con soporte técnico adecuado a nivel centro (pax.20) Infraestruturas Non
Debilidade Pouca experiencia con Edixgal e ausencia do libro dixital no bacharelato Oferta Non
Debilidade Baixo nivel de implementación de proxectosinterdisciplinares (F6) Organización de centro Non
Debilidade Baixo nivel de participación no traballo colaborativo en rede na etapa da ESO (B) Falta de tempo para profundizar no aprendizaxe dixital (A3) e consecuente baixo nivel de competencia dixita Persoal docente Si
Debilidade Área do centro pouco integrada nos procesos organizativos e nas decisións no ámbito dixital Persoal non docente Si
Fortaleza Respeto pola normativa en materia de copyright e licencias (A4) Alumnado Non
Fortaleza Familias con Abalar operativo superior ao 90% Familias Non
Fortaleza Elevado nivel de equipamento a tódolos niveis como base para unha dixitalización integral (C) Infraestruturas Non
Fortaleza Ampla oferta académica e aceptable nivel de aceptación do programa Edixgal na ESO Oferta Non
Fortaleza Recoñécese a promoción de PFPPs (SQ2) Organización de centro Non
Fortaleza Amplos e consistentes recursos e soportes para as boas prácticas pedagóxicas (E), fundamentalmente recursos online (E1). O SELFIE presenta uns índices de participación do 67% para bacharelato e un 41% para a ESO. O Test CDD 54,4%. Persoal docente Non
Fortaleza Predisposición á integración e participación na dixitalización de procesos Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Non se atoparon elementos.
Análise

Oportunidades:

  • Administración educativa: Amplia oferta formativa en rede para impulsar a dixitalización dos procesos educativos dentro e fora do centro.
  • Lexislación: Potenciación da formación, aínda pouco dispoñible, en materia de LOPD no ámbito de menores.
  • Contorna: Recoñécese un elevado uso da tecnoloxía nos fogares do alumnado (PAX 29), o que representa unha palanca para metodoloxías como a gamificación.
  • ANPA: En proceso de renovación e reactivación tras a pandemia, posibilidades para a súa implicación na mellora dos procesos.
  • Outras entidades: Ampla dispoñibilidade de recursos públicos que débense dinamizar no noso centro para potenciar os procesos dixitais.

Ameazas:

  • Administración educativa: Cambios lexislativos que non consideren os tempos necesarios para a coordinación e profundización na educación dixital.
  • Lexislación: Plus de seguridade que precisa o tratamento de datos persoais dos menores en entornos virtuais.
  • Contorna: mportancia de facer un uso crítico e responsable das TIC fóra do centro.
  • ANPA: Posibles reticencias a novas metodoloxías educativas con elevado compoñente dixital. Importancia de facer un uso crítico e responsable das TIC.
  • Outras entidades:Dixitalización dos procesos educativos e organizativos con plataformas colaboradoras con problemas de funcionalidade.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Promover o uso da Aula Virtual
O2PD Dixitalizar procesos administrativos internos (amoestacións, matriculación, tarefas de conserxería, autorizacións, etc.)
O3PD Instalar Pantallas Táctiles Interactivas similares ás xa dispoñibles no centro, de 75 pulgadas ¿ Equiparar o bacharelato á ESO con ultraportátiles para a docencia directa e o uso activo da Aula Virtual.

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

No mes de Outubro comunicamos o CFR de Vigo para comezar a formación do PFPP do PDC

 

2º Trimestre

No mes de marzo chegan as pantallas táctiles interactivas que dotamos a 

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación
  • No contexto da avaliación procesual, a frecuencia da súa realización, será como mínimo unha vez ao trimestre, e os aspectos a valorar, serán, como mínimo, o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • No contexto da avaliación final mediante os correspondentes instrumentos, a frecuencia da súa realización, que será como mínimo unha vez ao ano, e os aspectos a valorar, que serán, como mínimo, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Valoración xeral

Ao final do curso 2022-2023 a nosa valoración é:

O1-A01: o PFPP traballou en 3 liñas, das cales destacamos a liña dixital, onde a participación e implicación do profesorado foi positiva. De xeito particular, o profesorado capacitouse en ferramentas da maqueta abalar como GIMP, Audacity, paquete ofimático, etc. ESTADO: REALIZADO.

O1-A02: non se levou a cabo porque os horarios non eran modificables durante o curso. ESTADO: APRAZADO.

O1-A03: a data de hoxe a Administración Pública non dotou ao alumnado das ferramentas: ESTADO: PENDENTE.

O2-A01: a data de hoxe o centro non restableceu o control do gasto en fotocopias por áreas ou departamentos. ESTADO: APRAZADO

O2-A02: o consumo de tóner disminui grazas ao avance do libro dixital. ESTADO:

O2-A03: a data de hoxe o centro non levou a cabo esta acción que vai ligada a acción A01. ESTADO: APRAZADO.

03-A01: todavía a Administración Pública non enviou a infraestructura. ESTADO: PENDENTE.

 

Proposta de mellora

De cara ao vindeiro curso 2023/2024 precisamos:

  • Dar continuidade a mellora de infraestrutuctura tecnolóxica do centro.
  • Mellorar a formación do profesorado de cara á acreditación dixital docente.
  • Mellorar o seguemento dos indicadores dos obxetivos establecidos no plan dixital.
  • Consolidar o uso da aula virtual do centro.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital será posto en coñecemento, primeiro do claustro e despois do Consello Escolar para a súa aprobación. A princípios do curso que ven, informarase a todo o profesorado dos puntos principais deste plan así como da posibilidade de apuntarse ao plan de formación. Durante o curso se informará das accións que se están a realizar unha vez por trimestre. As medidas de difusión a adoptar son:

  • Información do Plan Dixital tanto á comunidade educativa do noso centro coma a outros centros, principalmente a través da páxina web.
  • Programación de cursos, grupos de traballo, obradoiros,... para conseguir que todo o profesorado acade unhas competencias mínimas nas TIC’s.