Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O Colexio comezou a súa labor educativa durante o curso 1977-78 agrupando ás escolas unitarias que había por diversas parroquias, como as de Dornelas,Cototorrón,  Guizán, etc . Nos seus inicios estaba illado, e rodeado de monte e campos de cultivo.

O CEIP PLURILINGÜE “PENA DE FRANCIA” atópase no barrio de Igrexa na parroquia de Tameiga pertencente ó concello de Mos, poboación da área metropolitana de Vigo e que conta cunha poboación de máis de 15.000 habitantes. O seu habitat presenta numerosas células de poboación cunha tipoloxía de vivenda xeralmente unifamiliar. Os nosos alumnos e alumnas proceden sobre todo das parroquias de Tameiga, Guizán, Dornelas e Torroso, aínda que tamén temos algúns do concello de Porriño, Redondela e Vigo.

Dentro desta tipoloxía de poboamento, está ubicado nunha zona industrial con fábricas e almacéns, así como tamén do aeroporto de Peinador. A zona urbana consolidada máis cercana é Puxeiros que pertence a parroquia de Tameiga, a máis poboada do concello, e da que proceden a maior parte dos alumnos e alumnas do Centro.

As familias que forman parte da comunicade educativa do noso centro pertencen a un nivel socio-económico cultural medio-baixo.

Por sectores de actividade amosa superioridade a industria, seguido do sector servizos, a construción e por último a agricultura.

O plan dixital está concibido para mellorar aqueles aspectos nos que se observaron deficiencias e/ou necesidades tras a análise das enquisas realizadas polo profesorado e alumnado do centro e facilitar a actividade docente a nivel dixital.

No presente curso escolar o centro participa nos seguintes programas de innovación: E-Dixgal, Programa PLAMBE, Radio Escolar, Biblioteca Creativa, Proxecta (Aliméntate ben e proxecto de vida activa e deportiva ),  Plurilingüismo (En toda a EP), Etwinning, Prensa na Escola e Voz Natura. Todos estes proxectos precisan dunha infraestrutura e equipamento dixitais axeitados para a súa posta en práctica.

Ademais destes proxectos de innovación, estanse a levar a cabo outros proxectos e actividades de grande interese para o alumnado nos que se precisa o emprego da tecnoloxía ben para desenvolvelos na súa integridade, ben para traballar nalgunha das súas fases a nivel investigación e/ou creación de modelos e formularios.

De cara á programación anual do curso 2024-2025 prevese iniciar a posta en marcha das accións que figuran no plan de acción do plan dixital para a consecución dos obxectivos propostos valorando ao final de curso o grao de consecución dos mesmos e as propostas para o seguinte curso académico.

1.2. Breve xustificación do mesmo

Para a elaboración deste plan partimos do marco lexislativo vixente:

Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

 - Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

- Resolución do 7 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se seleccionan, con carácter experimental, os centros docentes públicos que constituirán a Rede Galega de Educación Dixital, para o curso 2021-2022. O prazo de solicitude rematará o día 22 de setembro de 2021.

- A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, publicou o pasado 17 de xuño as instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato que inclúen, na disposición adicional quinta, a necesidade de que os centros docentes elaboren no curso 2021/22 o seu plan dixital.

- Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Orde do 6 de outubro de 2023 polo que se da continuidade ao programa Polos creativos e se establecen instruccións para o seu desenroloen centros educativos dependentes  desta consellería para os cursos 2023/24 e 2024/25.

1.3. Proceso de elaboración

  Para a elaboración do plan dixital creouse, segundo o indicado na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e aplicación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, un Equipo de Dinamización do Plan Dixital integrado polas tres persoas que conforman o equipo directivo (directora, xefa de estudos e secretaria) e a coordinadora de dinamización TIC (que é a secretaria).

   No curso 2020-21 tiñamos un grupo de traballo vinculado ás novas tecnoloxías e polo tanto continuamos no seguinte curso para elaborar o Plan Dixital do Centro. A coordinadora estaba matriculada no curso da aula virtual da Rede Galega de Educación Dixital (Adix Vigo 4) onde se establecían as distintas fases e tarefas a entregar, ademais de publicarse materiais explicativos e modelos para elaborar este documento.

   O equipo contou coa colaboración do asesor asignado ao centro que resolveu as dúbidas e achegou materiais explicativos e modelos para desenvolver as distintas fases da elaboración do plan.

   A análise inicial levouse a cabo tendo en conta os seguintes aspectos:

- Análise resultante das enquisas elaboradas polo profesorado, equipo directivo e alumnado coa ferramenta SELFIE.

- Análise resultante do test de competencia dixital docente elaborado polo profesorado.

- Análise dos resultados do informe DAFO.

- Análise dos recursos e infraestrutura existentes no centro.

- Análise das achegas de mellora recollidas polo equipo de dinamización TIC.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Instrumentos de recollida de información previa:

-  Informe SELFIE.

- Informe DAFO.

- Test de competencia dixital docente elaborado polo profesorado.

 

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. Desmotivación por outras aprendizaxes. 2.Aumento de trastornos visuais. 3.Excesiva confianza no seu grao de coñecemento que despois non é efectivo para a resolución dos problemas. 4. O alumnado de cursos inferiores necesita o apoio directo dun adulto para realizar as tarefas de informática. 5.Adicción ás pantallas. Alumnado Si
Debilidade 1. Pasan moito tempo diante das pantallas na casa. 2. Diferentes niveis de competencia dixital das familias. Familias Si
Debilidade 1.Equipamento vello e a maioría adquirido co orzamento de gastos de funcionamento. 2.Conexión a internet moi lenta. 3. A asistencia técnica temos que pagala co orzamento de gastos de funcionamento. 4. Non temos formación en protección de datos na internet. Infraestruturas Si
Debilidade 1. Pouca implicación por parte da maioría do profesorado con respecto á formación en novas tecnoloxías. Oferta Si
Debilidade 1. Se resolven as incidencias pero temos que pagarlle a un informático privado. Organización de centro Si
Debilidade 1. Existencia de niveis moi diferentes entre o profesorado. 2. Falta de tempo para elaborar materiais dixitais. 3. Pouca consideración co profesorado con dificultades nas novas tecnoloxías. Persoal docente Si
Debilidade 1. Non temos persoal administrativo. Persoal non docente Non
Fortaleza 1. Motivado e implicado. Alumnado Si
Fortaleza 1. Emprego do Abalar. 2. Relación coas familias maioritariamente por correo electrónico. Familias Non
Fortaleza 1.As aulas e departamentos teñen proxector e PC. 2. A maioría de aulas teñen pizarra interactiva. Infraestruturas Si
Fortaleza 1.Boa capacidade resolutiva. Organización de centro Si
Fortaleza 1. O profesorado emprega as aplicación da Consellería (correo electrónico, abalar, aula virtual, páxina web). 2.Algúns docentes participan activamente en cursos ofertados polo CFR. Persoal docente Si
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.Demasiada burocracia. 2.Presión nos prazos de entrega dos documentos. 3.Páxina web dos centros educativos da consellería moi pouco intuitiva Administración educativa Non
Ameaza Ameazas: 1. Entorno rural con mala conectividade e con servizos de conexión máis caros que nas cidades. 2.Falta de cobertura. Contorna Si
Ameaza 1.Cambio constante das leis educativas. 2. Pouca información sobre a normativa relativa as TIC Lexislación Si
Oportunidade 1.Mellorar e modernizar os equipos informáticos. 2.Crear unha figura de informático de zona, para solventar as incidencias de forma inmediata. Administración educativa Si
Oportunidade 1. Colaboración axeitada e sempre están dispoñibles. ANPA Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Análise DAFO:

Ámbito interno:

INFRAESTRUTURAS- EQUIPAMENTO

Fortalezas:

1.As aulas e departamentos teñen paneis dixitais e PC.

2. A maioría de aulas teñen panel ou pizarra interactiva.

Debilidades:

1.Equipamento vello e a maioría adquirido co orzamento de gastos de funcionamento.

2.Conexión a internet con pouca cobertura.

3. A maior parte da asistencia técnica temos que pagala co orzamento de gastos de funcionamento.

4. Non temos formación en protección de datos na internet.

PERSOAL DOCENTE:

Fortalezas:

1. O profesorado emprega as aplicación da Consellería (correo electrónico, abalar, aula virtual, páxina web).

2.Algúns docentes participan activamente en cursos ofertados polo CFR.

Debilidades:

1. Existencia de niveis moi diferentes entre o profesorado.

2. Falta de tempo para elaborar materiais dixitais.

3. Pouca consideración co profesorado con dificultades nas novas tecnoloxías.

PERSOAL NON DOCENTE:

Debilidades:

1. Non temos persoal administrativo.

ALUMNADO:

Fortalezas:

1. Motivado e implicado.

Debilidades:

1. Desmotivación por outras aprendizaxes.

2.Aumento de trastornos visuais.

3.Excesiva confianza no seu grao de coñecemento que despois non é efectivo para a resolución dos problemas.

4. O alumnado de cursos inferiores necesita o apoio directo dun adulto para realizar as tarefas de informática.

5..Adicción ás pantallas.

FAMILIAS:

Fortalezas:

1. Emprego do Abalar.

2. Relación coas familias maioritariamente por correo electrónico.

Debilidades:

1. Pasan moito tempo diante das pantallas na casa.

2. Diferentes niveis de competencia dixital das familias.

OFERTAS:

Debilidades:

1. Pouca implicación por parte da maioría do profesorado con respecto á formación en novas tecnoloxías.

ORGANIZACIÓN DO CENTRO:

Fortalezas:

1.Boa capacidade resolutiva.

Debilidades:

1. Se resolven as incidencias pero temos que pagarlle a un informático privado.

 

Ámbito externo:

ADMINISTRACIÓN EDUCATIVA:

Oportunidades:

1.Mellorar e modernizar os equipos informáticos.

2.Crear unha figura de informático de zona, para solventar as incidencias de forma inmediata.

Ameazas:

1.Demasiada burocracia.

2.Presión nos prazos de entrega dos documentos.

3.Páxina web dos centros educativos da consellería moi pouco intuitiva

LEXISLACIÓN:

Ameazas:

1.Cambio constante das leis educativas.

2. Pouca información sobre a normativa relativa as TIC.

CONTORNA:

Ameazas:

1. Entorno rural con mala conectividade e con servizos de conexión máis caros que nas cidades.

2.Falta de cobertura.

ANPA:

Oportunidades:

1. Colaboración axeitada e sempre están dispoñibles.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
OO1PD Formación na páxina web do colexio.
OO2PD Dotar, actualizar e/ou renovar os dispositivos dixitais do centro e de conexión WIFI en todo o centro.
OO3PD Actualización da páxina web do centro
O04PD Mellorar e actualizar a aula virtual
O05PD Crear un protocolo de utilización das TIC dende infantil ata primaria.
O07PD Fomar os docentes no emprego dos recursos que nos ofrece Polos Creativos.

Seguimento

Procedemento

De xeito trimestral, realizarase un seguimento do desenvolvemento das accións propostas para acadar os obxectivos formulados no plan coa finalidade de valorar a evolución das mesmas.
Tras esta valoración o equipo de dinamización do Plan Dixital adoptará, se fose necesario, as medidas oportunas para impulsar o correcto desenvolvemento das accións e/ou corrixir as deficiencias observadas na súa realización.
O plan valorarase a final de curso avaliando os indicadores específicos de cada acción proposta para determinar se o obxectivo foi alcanzado e en que grao.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

          De xeito trimestral, realizarase un seguimento do desenvolvemento das accións propostas para acadar os obxectivos formulados no plan coa finalidade de valorar a evolución das mesmas.

         Tras esta valoración o equipo de dinamización do Plan Dixital adoptará, se fose necesario, as medidas oportunas para impulsar o correcto desenvolvemento das accións e/ou corrixir as deficiencias observadas na súa realización.

         O plan valorarase a final de curso avaliando os indicadores específicos de cada acción proposta para determinar se o obxectivo foi alcanzado e en que grao.

Valoración xeral

 

 

Proposta de mellora

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado polo Consello Escolar, oído o claustro, este plan será publicado e difundido a través da páxina web do centro. Así mesmo, o profesorado tamén terá acceso ao mesmo a través  do servidor do centro creado para aloxar todos os documentos de centro.