Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Dende fai uns anos, o centro está a investir tempo e cartos na mellora da educación dixital. O profesorado fórmase anualmente en grupos de traballo para estar ao día do uso das novas tecnoloxías pedindo diferentes proxectos e programas. O máis relevante este ano foi a incorporación do programa E-dixgal, comezando no 5º curso de EP.

Outro programa no que está inmerso o colexio é o de Introducción á robótica educativa, contando con Legos e robots para poder comezar a inmersión neste ámbito dende xa unha curta idade.

O Plan Proxecta é outro dos plans nos que o centro soe participar. Este ano, participamos no Aliméntate Ben e o aproveitamos para afondar no aprendido dun xeito máis lúdico aproveitando as novas tecnoloxías.

Dende o EDNL e relacionándoo co PDI, fixéronse unha serie de traballos para presentar aos demais cursos e á comunidade educativa utilizando diferentes aplicacións dixitais, as tablets, o croma...

Sabemos que o alumnado ten que ser competente dixitalmente e, por iso nas nosas programacións hai sempre un apartado en cada materia para lograr con éxito este propósito, aínda que ás veces isto supoña un gran esforzo polos recursos limitados que temos.

* RELACIÓN COA NORMATIVA VIXENTE

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

* PROCESO DE ELABORACIÓN

Despois de realizar o test CDD e o selfie o Equipo de Dinamización do Plan Dixital reuniuse para valorar os resultados obtidos. Coa información extraída desta reunión, o Equipo Directivo elaborou o DAFO o cal puxo en coñecemento de todo o claustro de mestres e mestras para entre todos analizar a situación do colexio.

A partires desta reunión, o Equipo Directivo e o Equipo de Dinamización do Plan Dixital reflexionou sobre as necesidades do alumnado e do profesorado para establecer uns obxectivos que permitan ao colexio avanzar en termos tecnolóxicos.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información previa son:

- Test CDD elaborado polo equipo directivo, profesorado e alumnado do centro escolar.

- Test Selfie elaborado polo profesorado do centro escolar.

 

Pódense consultar as táboas no documento adxunto.

Interno
36 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado cústalle aprender a crear contidos dixitais e a comunicarse usando tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Debilidade Desigualdade en canto á competencia dixital. Familias Non
Debilidade Escaseza de dispositivos dixitais. Familias Non
Debilidade Pouco control no acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo. Familias Non
Debilidade Asistencia técnica Infraestruturas Non
Debilidade Descoñecemento da lei de protección de datos. Infraestruturas Non
Debilidade Non hai estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade Non existe certificación en competencias dixitais. Organización de centro Non
Debilidade Asistencia técnica insuficiente. Organización de centro Non
Debilidade Pouco tempo para explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Organización de centro Non
Debilidade Non se contempla traer dispositivos persoais. Organización de centro Non
Debilidade Tempo insuficiente para que os docentes exploren novas modalidades de ensino. Persoal docente Si
Debilidade Non existe certificación en competencias dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Non se intercambian experiencias con outros mestres. Persoal docente Si
Debilidade Pouca creación de recursos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Non se realiza intercambio de experiencias. Persoal non docente Non
Fortaleza Hai variedade de dispositivos dixitais no colexio. Alumnado Non
Fortaleza Son críticos coa información atopada en Internet. Alumnado Non
Fortaleza Aprenden a dar crédito ao traballo doutras persoas. Alumnado Non
Fortaleza Teñen un comportamento responsable. Alumnado Non
Fortaleza Boa comunicación coa comunidade educativa. Familias Non
Fortaleza Uso de diferentes medios tecnolóxicos. Familias Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para o ensino e aprendizaxe Infraestruturas Non
Fortaleza Acceso a Internet Infraestruturas Non
Fortaleza Implementación do Proxecto Edixgal en 5º de EP. Oferta Non
Fortaleza Iniciación á robótica e á programación co alumnado de 3º ciclo. Oferta Non
Fortaleza Participación en diversos plans proxectas, PFPP... Oferta Non
Fortaleza Busca de novas modalidades de ensino. Organización de centro Non
Fortaleza Desenvolvemento da estratexia do profesorado Organización de centro Non
Fortaleza Dispoñemos de espazos físicos que faciliten a ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza Existen moitos recursos educativos en liña. Organización de centro Non
Fortaleza Participación alta en grupos de traballo. Persoal docente Non
Fortaleza Existencia de moitos recursos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza Os docentes fórmanse para incorporar novas modalidades de ensino-aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza Existe unha reflexión sobre as TIC¿s. Persoal docente Non
Fortaleza Dispoñibilidade de traballar coa auxiliar de conversa en toda a etapa educativa. Persoal non docente Non
36 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Actuacións da administración educativa. Administración educativa Non
Ameaza Condicións socioeconómicas da contorna. Contorna Non
Ameaza Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo. Contorna Non
Ameaza Lexislación non educativa que afecta ao sistema educativo. Lexislación Non
Ameaza Protección de datos. Lexislación Non
Ameaza Cambios lexislativos recorrentes. Lexislación Non
Ameaza Deficiente infraestructura para o acceso e conexión de rede na localidade. Outras Non
Oportunidade Oferta de actividades formativas e as condicións para a participación. Administración educativa Non
Oportunidade Estratexias de educación dixital. Administración educativa Non
Oportunidade Achegas económicas e de equipamento que recibe o centro pola participación en proxectos educativos. Administración educativa Non
Oportunidade Disposición das familias a axudar ao centro de xeito económico, participación en actividades escolares, charlas e coloquios... ANPA Non
Oportunidade Aumento de servizos dixitais (necesidade de realizar trámites de xeito dixital, educación de adultos...) Contorna Non
Oportunidade Lexislación educativa. Lexislación Non
Oportunidade Existencia de proxectos externos. Outras Non
Oportunidade Colaboración con institucións alleas ao centro educativo: cofraría de pescadores, biblioteca municipal e institucións locais. Outras Non
Oportunidade Achegas de equipamento. Outras Non
Oportunidade Oferta de actividades formativas. Outras Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Creación de contidos dixitais por parte do alumnado
O02PD Crear un espazo multifuncional para traballar as competencias dixitais do alumnado.
O03PD Empregar ferramentas corporativas para compartir documentos entre o profesorado.
O04PD Continuar coa formación do profesorado no noso centro

Seguimento

Procedemento

O equipo que forma parte do Plan Dixital reunirase mensualmente co equipo TIC e falarán sobre os contidos traballados dentro de cada obxectivo. Elaborarán entre todos propostas de mellora de cara ao seguinte trimestre para que se logre alcanzar o valor previsto en cada un dos obxectivos. 

1º Trimestre

O1PD. Creación de contidos dixitais por parte do alumnado.

O alumnado que elaborou un traballo para as conmemoracións celebradas no primeiro trimestre o fixeron utilizando algún recurso dixital.

O2PD. Crear un espazo multifuncional para traballar as competencias dixitais do alumnado.

Durante o primeiro trimestre chegou o material dos Polos Creativos. Faltan algúns arranxos na aula e colocar todo o material.

O3PD. Empregar ferramentas corporativas para compartir documentos entre o profesorado.

O profesorado comparte documentos pero aínda non se conseguiu que sexan únicamente ferramentas corporativas.

O4PD. Continuar coa formación do profesorado no noso centro.

Este ano o centro ofertou tres itinerarios:

- Entorno E-Dixgal: o 24% do profesorado.

- Implementación do Plan dixital do centro e a integración didáctica das TIC: 16 % do profesorado (equipo directivo e coordinadora TIC)

- Metodoloxías creativas: o 68% do profesorado.

 

 

2º Trimestre

O1PD. Creación de contidos dixitais por parte do alumnado.

O alumnado que elaboro un traballo para as conmemoracións celebradas no segundo trimestre o fixo utilizando algún recurso dixital.

O2PD. Crear un espazo multifuncional para traballar as competencias dixitais do alumnado.

Leváronse a cabo as reformas do espazo dedicado a Polos Creativos.

O3PD. Empregar ferramentas corporativas para compartir documentos entre o profesorado.

O profesorado comparte documentos pero aínda non se conseguiu que sexan únicamente ferramentas corporativas.

O4PD. Continuar coa formación do profesorado no noso centro.

Este ano o centro ofertou tres itinerarios:

- Entorno E-Dixgal: o 24% do profesorado.

- Implementación do Plan dixital do centro e a integración didáctica das TIC: 16 % do profesorado (equipo directivo e coordinadora TIC)

- Metodoloxías creativas: o 68% do profesorado.

 

3º Trimestre

O1PD. Creación de contidos dixitais por parte do alumnado.

O alumnado que elaboro un traballo para as conmemoracións celebradas no terceiro trimestre o fixo utilizando algún recurso dixital.

Cada aula elaborou un material como mínimo relacionado co PDI e coa revista do colexio usando medios tecnolóxicos.

A gran maioría do alumnado utilizou algunha das ferramentas proporcionadas polos Polos Creativos.

En todas as aulas realizáronse traballos usando as tecnoloxías.

O2PD. Crear un espazo multifuncional para traballar as competencias dixitais do alumnado.

Colocouse todo o material dos Polos Creativos e comezouse a usalo nas aulas.

O3PD. Empregar ferramentas corporativas para compartir documentos entre o profesorado.

O profesorado comparte documentos pero aínda non se conseguiu que sexan únicamente ferramentas corporativas.

O4PD. Continuar coa formación do profesorado no noso centro.

Este ano o centro ofertou tres itinerarios:

- Entorno E-Dixgal: o 24% do profesorado.

- Implementación do Plan dixital do centro e a integración didáctica das TIC: 16 % do profesorado (equipo directivo e coordinadora TIC)

- Metodoloxías creativas: o 68% do profesorado.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para avaliar o Plan Dixital o faremos de xeito:

- trimestral: ao remate de cada trimestre valoraremos nunha reunión de claustro o proceso dos catro obxectivos propostos polo Equipo Directivo. Identificaremos as necesidades do profesorado para lograr a consecución dos mesmos e, entre todos, intentar solventar as posibles dificultades.

- final: ao remate do curso avaliaremos o grao de consecución de cada un dos obxectivos e as facilidades/dificultades presentadas para levalos adiante.

Valoración xeral
Proposta de mellora

En canto as propostas de mellora que nos plantexamos como centropodemos destacar:

- Polos creativos: O espazo de Polos de Creativos tivo unha boa acollida nas actividades que o centro está desenvolvendo no eido da innovación educativa e as metodoloxías creativas e activas. A aula de Polos Creativos convertiuse nun espazo de referencia para a comunidade educativa do centro en canto a traballo colaborativo, ALFIN, e traballo conxunto entre dous grupos. Este curso a proxección do proxecto víuse limitada ao chegar o material no segundo trimestre, así como polo tempo preciso para acondicionar o espazo e poñer en funcionamento o equipamento. Tamén a formación precisa para acadar o máximo aproveitamento do equipamento condicionou poder acadar o funcionamento pleno do programa.  O acordo e a intención do equipo impulsor é intentar que todo o alumnado do centro pase pola aula de Polos Creativos e utilice algún dos recursos proporcionados. É necesario seguir formándose no uso das máquinas para aprender a sacar o máximo proveito das mesmas.

- Formación: intentar que todo o claustro de profesorado forme parte dalgunha liña dentro do PFPP.

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital será exposto na páxina web do colexio para que toda a comunidade educativa teña acceso ao mesmo.