Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución dos obxectivos recollidos no mesmo levarase a cabo trimestralmente mediante:
- Valoración do estado no que se atopan as accións que se están levando a cabo centrándonos sobre todo naquelas cuxa data de finalización prevista sexa ao remate do trimestre no que nos atopamos.
- Análise e valoración dos resultados obtidos nas accións realizadas co fin de realizar as modificacións que sexan necesarias nas mesmas ou establecer propostas de mellora.
- Indicación do estado no que se atopa cada unha das accións: realizada, aprazado ou pendente.
Para o seguimento empregarase a aplicación Educalidade
No primeiro trimestre realizáronse a maioría das accións previstas relativas aos obxectivos establecidos no plan dixital.
Nas sesións formativas (Pantalla dixital interactiva e actividades H5P) o profesorado participante mostra interese no contidos das mesmas, así e como na resolución das súas dúbidas.
Destacar o interese do alumnado a hora de realizar e participar nas actividades propostas na sesión de informática e no traballo coa pantalla dixital interactiva.
No segundo trimestre realizáronse as accións previstas relativas aos catro obxectivos establecidos no plan dixital.
O profesorado continúa intentando resolver as dúbidas que lle xorden mediante a realización do consultas á coordinadora ou a outros compañeiros.
Así mesmo, o alumnado móstrase motivado á hora de realizar as actividades propostas na sesión de informática e no traballo coa pantalla dixital interactiva.
No terceiro trimestre realizáronse as accións previstas relativas aos catro obxectivos establecidos no plan dixital.
O alumnado continúa motivado á hora de realizar as actividades propostas na sesión de informática e no traballo coa pantalla dixital interactiva.
Avaliación
Realizarase ao final de cada curso e nela levarase a cabo a:
- Valoración do logro de cada un dos obxectivos establecidos no plan de acción utilizando coma referencia os seus indicadores.
- De ser o caso, a proposta de accións de mellora ou de modificacións para a consecución do obxectivo no seguinte curso.
- Indicación de se o obxectivo foi acadado ou non.
Para a realización da avaliación empregarase a aplicación Educalidade
Realizamos unha valoración positiva da implementación do plan dixital no presente curso.
Todos os obxectivos previstos foron acadados como ser reflicte nos valores dos indicadores que son iguais ou superiores ao establecidos coma referencia.
Así mesmo, todas as accións previstas foron levadas a cabo.
Destacar o interese do alumnado nas actividades realizadas na hora semanal/quincenal de informática, o que segundo indica o profesorado permitiulle acadar unha serie de coñecementos tecnolóxicos que pode empregar noutras materias e unha maior confianza no seu traballo dixital.
Valoramos positivamente o emprego dos equipos portátiles de programa "Educa en dixital", substituíndo aos ordenadores obsoletos da aula de informática. Isto permitiu ao alumnado traballar de forma individualizada cada un nun ordenador e evitáronse problemas técnicos e a lentitude no funcionamento dos ordenadores.
- Potenciar o emprego da Aula Virtual por parte do alumnado do segundo ciclo de primaria fora do centro.
- Utilizar de forma habitual o equipamento da dotación "Educa en dixital" coma aulas móbiles.
- Consolidar a hora semanal/quincenal de informática nos cursos de primaria.
Comunicación e difusión
A difusión do plan dixital do centro realizarase mediante:
- Publicación do plan dixital na páxina web do centro (menú "Documentos do centro", apartado "Documentos organizativos"
- Envío por parte da dirección do centro dunha mensaxe de Abalar móbil para informar as familias do alumnado da publicación do plan dixital.
Ligazón de acceso ao plan dixital na web do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvilaxoan/?q=taxonomy/term/535