Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

CEIP PLURILINGÜE ROSALÍA DE CASTRO CÓDIGO 36012584

Dentro do marco de innovación educativa a contribución do plan dixital de centro ao Proxecto educativo será o da transformación dixital de centro e o do desenvolvemento das competencias clave no proceso ensino aprendizaxe mediante actividades relacionadas co currículo, coa PXA ou con proxectos que poidan xurdir tanto a nivel centro como nos distintos niveis educativos.

 

As vindeiras xeracións forman e van formar parte dun mundo conectado, no que se van ver rodeados de dispositivos electrónicos. Dende o noso centro de ensinanza buscamos dotar o alumnado e o profesorado das medidas tecnolóxicas necesarias que lles permitan adoptar o ensino a realidade social na que viven os nosos cativos na actualidade. Hai que precisar que a incorporación das tecnoloxías á educación en xeral, e os procesos de ensino – aprendizaxe en particular, xa están presentes na nosa Comunidade Autónoma, e se establecen coma unha peza clave na producción do cambio metodolóxico que posibilite un salto cualitativo na educación. Os recursos dixitais non só transformarán os contidos desenvoltos a unha presentación distinta da tradicional, senón que xerarán oportunidades para un maior desenvolvemento das competencias clave e o mesmo tempo esto posibilitará unha maior implicación de país/nais/titores legais, docentes e alumnado no proceso educativo. Neste sentido o Plan dixital de centro contextualízase dentro do seguinte marco normativo:

 

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación 

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

O proceso de elaboración do PD foi levado a cabo de maneira gradual. Despois da presentación do Adix (asesor dixital) de zona que se nos foi asignado, creouse un equipo de Dinamización para a análise da competencia dixital do centro e elaboración do plan dixital. Despois das primeiras reunións levouse a cabo a análise da competencia dixital do centro mediante a ferramenta SELFIE onde todos os membros da comunidade educativa (profesorado e alumnado) contestaron as preguntas tanto as que xa veñen propostas coma as que elbaromaos o equipo do PD, para logo xerar un informe cos resultados acadados e que o equipo de dinamización estudiou para analizar e preparar o seguinte paso que é o DAFO. Antes de poñerse co DAFO, na aplicación FPROFE cada profesor tivo que realizar o TESTCDD para o análise da súa competencia dixital que logo xera un informe co teu nivel de competencia dixital. O informe xeral foi valorado polo equipo de dinamización do PD para a elaboración do DAFO xunto co informe SELFIE. A elaboración do DAFO tivo lugar en varias reunións do equipo a continuación iniciouse a redacción do plan de acción cos obxectivos SMART para a posterior elaboración, deseño e redacción do Plan Dixital de centro.

Todo este proceso tivo lugar durante o curso académico 2021-22 e ademáis das reunións do equipo houbo reunións todas as semanas co Adix por videoconferencia, reunións presenciais, participación en cursos de formación, como o encontro de coordinadores/as de actividades de formación en centros, e a participación no I Congreso de innovación educativa e dixital.

No curso 2022-23 levouse a cabo a implementación do plan dixital no centro de maneira gradual cumplindo os obxetivos marcados guiados polos indicadores. O asesoramento por parte do Adix con reunións e conexións por distintos medios ao longo do curso de maneira periódica foi altamente positiva. A participación nun PFPP relacionado co P.D. axudou a implementar dito plan no colexio.

Neste curso 2024-25 continuamos coa implementación do plan Dixital, como así dicta a normativa vixente, actualizando obxetivos, indicadores e propostas de mellora que xurdiron na avaliación do plan que tivo lugar a finais do curso pasado por parte do equipo.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida foron o informe SELFIE e o Test CDD.

Interno
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Resolución de problemas técnicos escasa. Alumnado Si
Debilidade Algún alumnado do centro non utiliza a aula de informática. Alumnado Si
Debilidade Brecha dixital en algunhas familias por falta de dispositivos ou conexión. Familias Si
Debilidade Equipos informáticos vellos e lentos. Infraestruturas Si
Debilidade PDI que non funciónan. Infraestruturas Si
Debilidade Conexión internet non estable en algúns lugares do centro. Infraestruturas Si
Debilidade Espazos físicos que non facilitan a ensinanza e aprendizaxe coas Tic. Infraestruturas Si
Debilidade Escasa oferta dixital fora dos curso E-dixgal. Oferta Si
Debilidade Estratexia dixital débil. Organización de centro Si
Debilidade Mala conexión nas reunións telemáticas. Organización de centro Si
Debilidade Participación con outros centros no eido dixital. Organización de centro Si
Debilidade Que o profesorado non mellore a súa competencia dixital. Persoal docente Si
Debilidade Falta de implicación do profesorado. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non é técnico nin ten formación para o mantemento dos equipos. Persoal docente Si
Debilidade Descoñecemento das normas de autor e licenzas de uso. Persoal docente Si
Fortaleza Boa predisposición do alumnado para adquirir máis habilidades dixitais. Alumnado Si
Fortaleza Boa comunicación dixital coas familias. Familias Si
Fortaleza Aula de informática con equipos informáticos mercados pola dirección do centro. Infraestruturas Si
Fortaleza En 5º e 6º xa está establecido E-dixgal e funciona axeitadamente. Oferta Si
Fortaleza Utilización da tecnoloxía para a comunicación relativa ao centro. Organización de centro Si
Fortaleza Dispoñibilidade de profesorado para apoio na sesión TIC e aula de informática. Organización de centro Si
Fortaleza Posibilidades de participación en el DPC. Persoal docente Si
Fortaleza Busca e creación de recursos educativos dixitais en liña. Persoal docente Si
Fortaleza Novas modalidades de ensino aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza Persoal auxiliar de conversa que utiliza as TIC. Persoal non docente Si
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Insuficiente equipamento dixital nos cursos non EDIXGAL. Administración educativa Si
Ameaza A falta de dispoñibilidade horaria por parte do profesorado. Administración educativa Non
Ameaza Os ordenadores mercados polo centro non son cubertos por Amtega á hora da reparación de avarías. Administración educativa Si
Ameaza A non existencia ou descoñecemento de proxectos externos. Contorna Si
Ameaza Cambios lexislativos constantes. Lexislación Si
Ameaza Escasa colaboración. Outras Si
Ameaza Que todo quede en mera burocracia. Outras Non
Oportunidade A Consellería está a favor da innovación tecnolóxica. Administración educativa Si
Oportunidade Ampla oferta formativa. Administración educativa Si
Oportunidade Oferta de actividades de educación dixital. ANPA Si
Oportunidade Estabilidade laboral de parte do persoal docente. Contorna Si
Oportunidade Achegas económicas que pode recibir o centro. Contorna Si
Oportunidade Potenciar as ferramentas dixitais no proceso ensino-aprendizaxe. Lexislación Si
Oportunidade Que as distintas administracións colaboren co proxecto do plan dixital. Outras Si
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD LEVAR A CABO UNHA ESTRATEXIA DIXITAL FORA DOS CURSOS EDIXGAL.
O02PD CREAR UN ESPACIO MULTIFUNCIONAL PARA FACILITAR A APRENDIZAXE DIXITAL.
O03PD UTILIZAR A AULA VIRTUAL COMO PLATAFORMA HABITUAL.

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, será gradual avaliando o proceso a finais de cada trimestre e final nas cales se terán en conta os resultados para posibles modificacións ou melloras.

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

 

1º Trimestre

 

 

2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Reunión final por parte do equipo xunto co profesorado e alumnado para a valoración e avaliación do PD, enquisa e posta en común.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital despois de presentalo no Claustro e Consello Escolar estará dispoñible en EDUCALIDADE e tamén na páxina web do centro, cun enlace a EDUCALIDADE, para darlle publicidade e difusión entre toda a comunidade educativa. Este plan será actualizado cada ano, podendo consultar o plan de cada ano e vendo como se vai modificando no ano actual según se vai facendo o seguimento e avalicaión na aplicación da Xunta antes mencionada: EDUCALIDADE e que será posible entrar dende a páxina web do centro.

Ceip Plurilingüe Rosalía de Castro