Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

Nome do centro: CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas

Código do centro: 36012377

Dirección: Cerdeiriñas, sn, Piloño, 36586, Vila de Cruces

Correo: ceip.cerdeirinhas@edu.xunta.gal

Teléfono: 886151760-886151761

Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcerdeirinhas/

Etapas educativas: Educación Infantil e Educación Primaria

 

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

¿    O CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas sitúase no interior de Galicia, nun entorno natural e eminentemente rural. Atópase no concello de Vila de Cruces, na comarca do Deza, provincia de Pontevedra. A poboación da localidade supera algo os 5000 habitantes.

O concello conta con tres centros de Educación Infantil e Primaria (CEIP de Merza, CEIP Nosa Señora da Piedade e CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas) e un Instituto de Educación Secundaria (IES Marco do Camballón).

O nivel socioeconómico e cultural das familias do alumnado do centro é medio, dedicándose de principalmente ao sector primario e secundario, aínda que o sector terciario ten un aumento considerable nos últimos anos.

A nivel educativo, podemos sinalar que unha alta porcentaxe dos pais dos nosos alumnos teñen estudios de educación secundaria, bacharelato, FP ou universitarios. Na poboación con menos de 35 anos hai máis titulacións universitarias, sendo as mulleres o sector máis amplo.

O CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas, conta con alumnado moi diverso, provinte de diferentes aldeas do Concello de Vila de Cruces, os cales se achegan ao centro empregando, nunha alta porcentaxe, o servizo de transporte. O centro supón para este alumnado, un punto de encontro e socialización que debido ás características de dispersión poboacional da zona, non poden atopar no seu día a día.

Nunha alta porcentaxe, o alumnado do centro emprega a lingua galega como primeira lingua, aínda que de forma progresiva, o castelán está aumentando nos últimos anos. Do mesmo xeito, ao ser un centro plurilingüe, tamén se pode observar unha progresiva capacitación do alumnado na lingua inglesa.

  •  O Plan Dixital do centro entendese como unha contribución a maiores, das accións do centro, deseñadas para unha formación axeita dos membros da comunidade educativa, nas TIC. As novas tecnoloxías supoñen un recurso fundamental para as novas xeracións e para a actualización permanente. O noso centro sitúa as novas tecnoloxías como un obxectivo fundamental para a formación do alumnado e por dito motivo participa en números proxectos e iniciativas encamiñadas cara capacitar ao alumnado nas mesmas. Entre os diferentes proxectos a través dos que se busca a innovación e a formación nas novas tecnoloxías nos que participa atópanse Robótica en Primaria, E-Dixgal, D´tec, Digicrat, CP-Innova, Bibliotecas Creativas, etc. Igualmente, para o vindeiro curso solicitou a súa participación nos Polos creativos, na procura de poderlle ofrecer ao alumnado unha maior cantidade de recursos innovadores.
  •  O Plan Dixital suporá unha contribución no próximo curso, á Programación Xeral anual. Isto implica que os obxectivos do mesmo serán obxecto de traballo dunha forma permanente ao longo do curso.

 

Xustificación do Plan Dixital

O Plan Dixital do centro entendese como unha oportunidade para darlle estrutura e conxunción a todas as iniciativas do centro en relación a novas tecnoloxías e innovación. Supón do mesmo xeito, unha continuidade na formación tecnolóxica que nos últimos anos foi acadando unha maior importancia na educación do noso alumnado cara unha axeitada formación cara a sociedade actual e futura.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A análise levouse a cabo tendo en conta os seguintes aspectos:

  • Análise da realidade da situación actual do centro.
  • Análise da competencia dixital do profesorado, alumnado, membros do equipo directivo, etc. Empregando a ferramenta SELFIE.
  • Análise dos recursos dos que dispón o alumnado e as familias.
Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado conta con poucas posibilidades de formación fora do centro educativo Non adoita empregar fora do centro, recursos tecnolóxicos que fomenten a súa creatividade. Alumnado Non
Debilidade As familias non ofrecen demasiadas ideas ou iniciativas propias Familias Non
Debilidade O centro sitúase lonxe dos servizos principais do concello. O material adquirido polo centro ten que ser reposto polo propio centro, o cal supón un esforzo económico para o mesmo. Infraestruturas Non
Debilidade O cambio de persoal de forma anual dificulta unha continuidade no traballo. Esto dificulta levar a cabo estratexias de xeito contínuo. Organización de centro Non
Debilidade O número de docentes é baixo Non se adoita empregar as novas tecnoloxías como ferramenta de avaliación. Persoal docente Non
Debilidade O persoal non docente é moi cambiante. Non dispón de recursos tecnolóxicos proporcionados pola consellería nin pode acceder á internet pola rede da xunta. Persoal non docente Non
Fortaleza O número de alumnado por aula é baixo. Os alumnos do centro teñen un comportamento responsable. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado de 5º e 6º participa no proxecto EDIXGAL Alumnado Non
Fortaleza As familias participan nas actividades programadas dende o centro Familias Non
Fortaleza O Centro conta con pizarras dixitais en todas as aulas de Primaria e Infantil. Existe unha aula de novas tecnoloxías Hai conexión a internet en todos os espazos do centro. Infraestruturas Non
Fortaleza O centro oferta todos os cursos de Infantil e Primaria e ademais participa nun gran número de programas e plans. Oferta Non
Fortaleza Existe unha moi boa coordinación entre todos os membros do centro. Organización de centro Non
Fortaleza O centro conta con un profesorado na súa maioría cunha formación media-alta en novas tecnoloxías. Persoal docente Non
Fortaleza O persoal non docente participa activamente nas actividades propostas Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A administración ofrece escasos recursos económicos e materiais para levar a cabo as iniciativas, plans, programas, etc Administración educativa Non
Ameaza É unha zona rural que dista moito dos servizos básicos do concello o cal crea desigualdade entre o alumnado do centro e os alumnos doutros centros que si están próximos a eses servizos. Non existe un interese significativo cara a formación dixital. ANPA Non
Ameaza Non sempre colabora no traballo ou actividades propostas dende o centro. Contorna Non
Ameaza A lexislación é moi cambiante e convive lexislación nova con antiga creando contradicións. A complexidade da lexislación, en moitas ocasións dificulta o entendemento e a axeitada difusión da mesma. Lexislación Non
Ameaza Algunhas como o concello dificultan de forma moi significativa o bo desenvolvemento do traballo e da actividade do centro tendo unha colaboración moi baixa ou case nula Outras Non
Oportunidade Oferta de formación ampla para o profesorado e diferentes plans de participación para o centro. Administración educativa Non
Oportunidade A contorna é moi diversa e favorece o achegamento a diferentes ámbitos sociais ANPA Non
Oportunidade Ofrece posibilidades de formación externas Contorna Non
Oportunidade A lexislación vaise adaptando as novas necesidades de formación Lexislación Non
Oportunidade Favorecen a formación en temáticas concretas Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Despois de analizar os resultados recollidos a través do informe DAFO, puidose observar as puntuacións obtidas nas diferentes áreas coa finalidade de servir de base para establecer uns obxectivos axeitados cara o vindeiro curso.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital.
O02PD Empregar diferentes ferramentas dixitais para achegar os contidos ao alumnado.
O03PD Mellorar a competencia dixital docente
O04PD Mellorar a competencia tic do alumnado

Seguimento

Procedemento

Cada trimestre farase unha valoración dos avances acadados en relación aos obxectivos propostos. En base aos mesmos, adaptaranse as posibles actividades.

Do mesmo xeito, procurarase que cando menos, unha vez ao trimestre, a persoa mentora ADIX analice xunto co coordinador, o desenvolvemento do Plan DIxital.

De forma trimestral recolleranse os avances no desenvolvemento do Plan Dixital.

1º Trimestre
2º Trimestre

 

 

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Este documento será revisado de forma continua coa intención de poder modificar aqueles aspectos que así o precisasen para achegalo as necesidades cambiantes do centro. O seu seguimento realizarase da seguinte forma:

  • No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Valoración xeral

O Plan DIxital será revisado de forma continua coa intención de poder modificar aqueles aspectos que así o precisasen para achegalo as necesidades cambiantes do centro. O seu seguimento realizarase da seguinte forma:

  • No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Proposta de mellora

En función da avaliación, introduciranse as modificacións que se consideren oportunas cara o vindeiro curso.

Engadir un obxectivo con referencia á xestion e mantemento de infraestructuras e dotación TIC.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital do CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas difundirase entre todos os membros da comunidade educativa a través da páxina web do centro e da aplicación abalar.