Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Plan dixital, elaborado no curso 2021-22  e que comezou a poñerse en marcha en 2022-23, ten como finalidade esencial a mellora, programada e avaliada, das competencias dixitais do profesorado e alumnado a partir da análise das características específicas do centro. Esta análise reflicte os seguintes resultados:

  • O nivel socioeconómico medio do alumnado, procedente maioritariamente da zona de O Calvario, é baixo, o cal é un obstáculo para o desenvolvemento de Plan, xa que algúns alumnos/as non contan con ordenadores con acceso a Internet en casa e teñen que acceder á páxina web do colexio ou á aula virtual mediante o móbil, o cal limita bastante o seu aproveitamento. O seu coñecemento xeral e eproveitamento das TIC limítase, en moitos casos, ás RRSS.

  • O Plan Dixital complementa e axuda ao desenvolvemento dos outros plans xa establecidos ao dotalos dunhas ferramentas útiles que permiten explorar outros sistemas de aplicación (no PAD, por exemplo, convén valorar pedagoxías máis activas que axuden ao alumnado, se ben depende de cada caso e non é aplicable de xeito xeral).

  • Deste xeito, nas programacións xerais anuais incluiranse as ideas básicas e os obxectivos do curso co fin de que os docentes teñan unha referencia de que  se pretende conseguir e como poden ser aproveitados os recursos en cada etapa para ampliar as competencias do profesorado e alumnado e mellorar a implantación das Tecnoloxías da Información e Comunicación.

  • Neste curso 2024-25 tentarase afondar nos obxectivos do curso anterior parcialmente conseguidos e cumprir outros novos, o que se consignará nas memorias trimestrais e final, así como tamén desenvolver accións formativas sobre o uso responsable das TIC (abuso, seguridade dixital, usos non axeitados, ciberacoso, etc.).

  • A normas lexislativas deste plan son:

    LO 2/2006 de 3 de maio.  Resolución do 17 de xuño do 2021 (DOG 30 de xuño). Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implantación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

 

 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Durante o curso 2021-22 fíxose unha análise das características do centro, profesorado e alumnado a partir de 5º EP: informe SELFIE e informe DAFO, o que permitiu establecer as liñas xerais e os obxectivos do Plan dixital para o curso 2022-23. Toda esta información pode consultarse nos anexos subidos a esta aplicación, así como os seguimentos e avaliacións en 2022-23 e 2023-24 e as propostas de mellora.

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1.Non hai suficientes dispositivos (ordenadores/tabletas/proxectores) para traballar habitualmente na aula. 2.O alumnado, en xeral, no sabe crear contidos dixitais. 3.O alumnado non recibe formación de como actuar responsablemente en internet. 4.O alumnado de Primaria ten unha confianza excesiva nas súas habilidades para desenvolver un comportamento seguro na rede. Alumnado Non
Debilidade 1.Moitas familias non teñen dispositivos TIC axeitados (aparte dos móbiles) nin coñecementos para usar estas tecnoloxías. Familias Non
Debilidade 1.O equipamento é escaso. (Nº de ordenadores/tabletas por alumno/a e nº de aulas con proxector.) 2.O uso das TIC para o ensino e a aprendizaxe é bastante reducido. Infraestruturas Non
Debilidade 1.Non hai oferta de materias opcionais relacionadas coas TIC. Oferta Non
Debilidade 1.Non hai un plan dixital estruturado (heteroxeneidade de idades do alumnado e diferentes competencias dos docentes) 2.Non se avalían, agás no plan TIC de forma xeral, os progresos nas TIC. 3.Non se involucra aos docentes nunha estratexia dixital estruturada. Organización de centro Si
Debilidade 1.Non se usan, de forma habitual, recursos dixitais no ensino-aprendizaxe. 2.O desenvolvemento profesional continuo non é habitual en moitos docentes. 3.Non se usan as TIC para valorar as capacidades e adaptarse ás necesidades do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza 1.A comunicación co colexio faise, cada vez máis, por medios dixitais. Familias Non
Fortaleza 1.Acceso a internet por wifi en todo o centro. 2.Recibimos asesoramento sobre protección de datos. Infraestruturas Non
Fortaleza 1.O centro conta con aula virtual, páxina web e varios blogs. 2.A asistencia técnica é aceptable. Organización de centro Non
Fortaleza 1.Búscanse e úsanse recursos en liña 2.Úsanse recursos dixitais na comunicación co alumnado e as familias Persoal docente Si
Fortaleza 1.Úsanse recursos dixitais para a comunicacións coas familias. Persoal non docente Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.Ter praza nos cursos presenciais é difícil. 2.Hai un exceso de burocracia que lastra os plans. 3.As achegas económicas son escasas e o centro debe adiantar os pagos, o que non sempre é posible. Administración educativa Non
Ameaza 1.Pouca capacidade das familias para mercar dispositivos TIC e saber usalos. 2.Brecha dixital importante entre alumnado e con respecto a centros doutras zonas da cidade. Contorna Non
Ameaza 1.Leis educativas e sobre desenvolvemento dixital cambiantes, que se solapan e, ás veces, non dan unha estratexia clara. Lexislación Non
Ameaza 1.Ausencia de proxectos conxuntos con outros centros educativos. Outras Non
Oportunidade 1.Os cursos que se ofertan son variados. Administración educativa Non
Oportunidade 1.Mellora nas comunicacións da familia cos centros e a posibilidade de comunicar virtualmente co alumnado. Contorna Non
Oportunidade 1.Actividades de Dinamización Lingüística, Orientación, etc, relacionadas coas TIC ou traballadas por estes medios Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A análise dos datos anteriores, que marca o punto de partida das accións, indica unha formación deficiente en alumnado e profesorado, que cómpre ir subsanando coa mellora das CDD mediante os cursos pertinentes e e a posta en práctica de ferramentas útiles para a docencia, a planificación docente (optativas en ESO), a formación de grupos de traballo e o desenvolvemento de novas ferramentas pedagóxicas. Os obxectivos do Plan dixital, así como as propostas de mellora, van nesa dirección e, ao mesmo tempo, tratan de ser realisatas a adaptarse as condicións socioeconómicas do alumnado, á contorna do centro e ás capacidades económicas deste. A avaliación anual indicará se é o camiño axeitado e permitirá facer as correccións pertinentes.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Fomentar actitudes críticas do alumnado sobre os pros e contras das TIC a partir de charlas e actividades complementarias.
O02PD Fomentar o uso de software libre na medida do posible, especialmente en áreas como ofimática e sistemas operativos, sempre que cumpra cos requisitos funcionais, e establecer criterios claros para a elección do software libre, garantindo a súa compatibilidade coa infraestrutura existente.
O03PD Actualizar os equipos e instalacións do centro escolar, de acordo co orzamento asignado, co fin de optimizar as condicións tecnolóxicas do colexio.
O04PD Utilizar a aula virtual para envío/recepción/elaboración de actividades, especialmente no caso de alumnado que non poida acudir ao centro por causas xustificadas nun período importante de tempo.
O05PD Promover que os docentes realicen cursos de desenvolvemento das competencias dixitais de acordo co sistema de acreditacións dispoñible na aplicación Fprofe, co fin de mellorar as súas competencias dixitais.
O06PD Superar o 50% de contido práctico das materias Tecnoloxía e Dixitalización e Educación dixital na ESO.
O07PD Manter a frecuencia de clases prácticas na aula de informática ou utilizando recursos TIC nas clases de educación primaria para promover a integración das TIC no proceso de ensino-aprendizaxe.
O08PD Fomentar a colaboración do profesorado para desenvolver directrices comúns no uso das TIC, mellorando así a aplicación destas ferramentas na atención á diversidade (na medida do útil e posible), especialmente en casos de PT e AL co obxectivo de mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe no alumnado con NEE.
O09PD Fomentar a participación dos docentes en proxectos (grupos traballo CFR) para formarse e formar a todo profesorado en aplicacións tecnolóxicas de interese para o centro.
O10PD Mellorar a comunicación ao alumnado de 4º ESO das probas oficiais de competencias dixitais e favorecer a súa participación.
O11PD Favorecer o uso de ferramentas oficiais na nube, coa fin de aforrar papel e mellorar o acceso dos docentes a documentación non sensible do alumnado.

Seguimento

Procedemento

Avaliación trimestral, nos dous primerios trimestres do curso, en reunións de etapa dos equipos de EI, EP e ESO. Avaliación final, conxunta, do cumprimento dos obxectivos O01PD a O011PD. Indicadores de logro: Acadado, Parcialmente, Pendente.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Trimestralmente e valoración final dos obxectivos marcados:  O01PD- Fomentar actitudes críticas do alumnado sobre os pros e contras das TIC a partir de charlas e actividades complementarias, O02PD Utilizar software libre, O03PD- Mellorar equipos e instalacións,  O04PD- Usar aula virtual,    O05PD- Mellorar as CDD, O06PD- Superar 50% contido práctico nas materias Tecnoloxías e Dixitalización e Educación dixital ESO,  O07PD- 1 clase/sem instrumentais primaria con TIC, -  O08PD- Fomentar a colaboración do profesorado para seguir unhas liñas comúns no uso das TIC e avanzar na aplicación de ferramentas dixitais na atención á diversidade (casos de PT e AL), - O09PD- foemtar a participación dos docentes en grupos de traballo no CFR para formarse en temas de interese común,- O010PD- Mellorar a comunicación ao alumnado de 4º ESO das probas oficiais de competencias dixitais e favorecer a súa participación, O011PD- Favorecer o uso de ferramentas oficiais na nube, coa fin de aforrar papel e mellorar o acceso dos docentes a documentación non sensible do alumnado.

Para elo farase unha reunión dos equipos de EI, EP e ESO do PD no primeiro e segundo trimestres e unha reunión conxunta ao final de curso, coa fin de debater os obxectivos acadados/non acadados e en que medida. Tamén se establecerán directrices de mellora e debatiranse asuntos de interese relacionados coas TIC.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Foron comunicadas as liñas xerais do PD e obxectivos do curso 2024-25 no Claustro do 29 de outubro do 2024. Rexistrado en acta.

Foron comunicadas as liñas xerais do PD e obxectivos do curso 2024-25 no Consello escolar do 29 de outubro do 2024. Foi aprobado e rexistrado en acta.

O Plan 2024-25 está a disposición de pais/nais e alumnado na páxina web do centro no enlace do apartado "Documentos do centro".