Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.    Introdución
1.1.    Datos básicos do centro
Nome:    CPR. Plurilingüe Las Acacias 
Dirección:    Camiño da Parrocha-26 – 36214 Vigo (Pontevedra)
Correo:    cpr.lasacacias@edu.xunta.gal

Etapas Educativas    alumnado    e    profesorado: 
•    Infantil:    138 alumnos    e    9 profesores
•    EP:    144 alumnos    e    9 profesores
•    ESO:    112 alumnos    e    16 profesores
•    Bacharelato:    33 alumnos    e    14 profesores

1.2.    Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O colexio Las Acacias comezou a súa andadura no curso 1966-67 co obxectivo de axudar a pais e nais na educación dos seus fillos, e ofrecer ás familias e á sociedade de Galicia unha educación de calidade, integral, creativa e innovadora. A maioría das familias do colexio son de nivel sociocultural medio. Proceden de zonas residenciais de Vigo e de localidades próximas coma Pontevedra, Baiona, Marín e arredores.  

Como parte da educación, na que se pretende axudar ás familias, está o uso adecuado das tecnoloxías. No noso centro está a apostarse desde hai tempo polo fomento das mesmas incorporando taboleiros dixitais como ferramenta didáctica nas aulas, o uso de ultraportátiles por gran parte do alumnado en substitución de libros físicos, emprego da intranet para o intercambio de información entre o colexio e as familias,.... Pero o uso da tecnoloxía ten tamen sus perigos. Para formar aos alumnos e as súas familias no bo uso da tecnoloxía realízanse periodicamente charlas nas que tanto expertos tecnolóxicos como dos corpos de seguridade do estado móstrannos por unha banda boas prácticas e por outro perigos dun uso inadecuado. Como parte desa aposta do colexio pola tecnoloxía poténciase a participacion do alumnado en concursos /proxectos onde esta sexa a protagonista. Exemplos disto é a nosa participación na First Lego League, Regata Solar de Marine Instruments, Galiciencia, Galicia Skills,...


O Plan Dixital pode ser un medio para seguir impulsando a incorporación de ferramentas tanto hardware como software no ámbito académico y por eso pasará a formar parte dos documentos importantes figurando no Proxecto Educativo do Centro para o curso 2023/24 xunto co resto dos documentos e plans da organización.
 

1.3.    Breve xustificación do mesmo
O Plan dixital do noso centro foi elaborado no contexto das seguintes normativas: 
• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
    • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.
    • Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
    • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
    • Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
    • Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
1.4.    Proceso de elaboración

O Plan Dixital do Centro foi elaborado seguindo unha serie de pasos ata chegar ás conclusións finais. Comezouse coa realización dun SELFIE no que se obtivo unha instantánea do punto no que se atopa na actualidade o noso centro en relación coa estratexia e a práctica no uso das tecnoloxías dixitais da ensinanza e aprendizaxe dende o punto de vista de equipo directivo, o profesorado e o alumnado. Dita instantánea serviu de punto de partida para identificar e analizar fortalezas e debilidades que se plasmaron nun diagrama DAFO. Co fin de poder planificar a formación futura do profesorado no ámbito dixital realizouse, tamén, un Test de Competencia Dixital no que participaron os profesores do centro. A última fase foi o establecemento dos plans de acción e os seus obxectivos. 
Con toda información recollida nas accións anteriores elaborouse un Plan Dixital de Centro.
Para a elaboración de dito plan contouse coa participación de toda a comunidade educativa sendo a coordinadora do proceso Pilar Doval Gónzalez, tendo tres colaboradoras: Natalia Constenla na etapa de Educación Infantil, Ana Álvarez Rosendo na etapa de Educación Primaria e Silvana Gómez Gómez na etapa da ESO.


 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Test SELFIE, Test CDD, DAFO e reunións coa mentora ADIX e o equipo do PlanDixital

Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Os alumnos copian as tarefas uns doutros Alumnado Si
Debilidade En ocasións non vai internet nalgunhas aulas alexadas e no pavillón e non poden traballar ben Infraestruturas Si
Debilidade A mayoría dos profesores non saben a súa CDD Persoal docente Si
Debilidade En ocasións os profesores recurren á clase maxistral, non utilizando novas pedagoxías Persoal docente Si
Debilidade Falta de tempo para os profesores Persoal docente Si
Fortaleza Todos os alumnos utilizan un Chromebook como elemento de acceso aos materiais do curso e como medio de entrega de traballos avaliables. Adáptanse fácilmente ás novas opción que se lles poñen Alumnado Si
Fortaleza Equipamento do colexio: Rede de fibra de 1GB para acceso a internet en todo o colexio. Instalación de taboleiros dixitais Infraestruturas Si
Fortaleza As familias teñen a súa disposición una plataforma para seguimento do progreso dos seus fillos así como para a comunicación co titor dos mesmos Organización de centro Non
Fortaleza Hai proxectos nos que traballar e que mellorarán a calidade do ensino Organización de centro Si
Fortaleza Moita colaboración entre o profesorado de cada etapa, con gran capacidade de axuda Persoal docente Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Complexidade do proceso na burocracia requerida na administración educativa Administración educativa Non
Ameaza Continuos cambios na normativa de educación Lexislación Non
Oportunidade Aumento da oferta de cursos para profesores Administración educativa Si
Oportunidade Posibilidades de uso alternativo das tecnoloxias. Bó momento dixital Contorna Si
Oportunidade Mellora da calidade educativa Contorna Si
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Despois de ter coñecemento da realidade do centro no eido dixital decidimos centrarnos nos principais problemas que se manifestaron no DAFO sobre o profesorado. O primeiro que decidimos atallar é o tempo do que este dispón para explorar as novas modalidades de ensino no ámbito dixital dentro da xornada escolar. Para isto, aínda que ten o seu complemento externo pola carga burocrática da consellería, consensuamos utilizar as horas de garda para que o profesorado as dedique ás TICS.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Formación do profesorado para obter o nivel B2 en CDD
O02PD Elaborar proxectos interdisciplinares que favorezcan a aprendizaxe e a creatividade dos alumnos utilizando as TIC
O03PD Acadar un funcionamiento adecuado da Wifi (principalmente de cara á utilización de dispositivos por parte do alumnado)

Seguimento

Procedemento

Reunións coa mentora ADIX correspondente

O equipo de Dinamización do PD reunirase periódicamente para valorar a evolución do plan. 

A persoa mentora ADIX realizará chamadas telefónicas, ou  visitas presenciais ao centro , se fose necesario.

A persoa coordinadora do PD terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

Estado da execución das accións, análise e valoración dos resultados

Reunión do Equipo Directivo co profesorado para conciencialo dos beneficios que aportarán ditos proxectos. COMPLETADA

O Xefe de cada Departamento comunica ós profesores do mesmo posibles proxectos a escoller, ademáis de ofrecer a súa colaboración de cara á realización dos mesmos. COMPLETADA

 

 

2º Trimestre

Estado da execución das accións, análise e valoración dos resultados

Realízase unha reunión de etapa coa subdirectora, na que se comparten experiencias de innovación educativa e invítase a un experto en innovación educativa para transmitir a metodoloxía e relacionálo co rendimento académico. COMPLETADA

Realízase unha reunión por departamentos donde cada profesor/a conta o que fixo na aula e cómo lle foi, así como vai a continuar no 3ºtrimestre. COMPLETADA

3º Trimestre

Estado da execución das accións, análise e valoración dos resultados

Realízase unha reunión de etapa coa subdirectora, na que se recollen tódalas experiencias de innovación educativa e tódolos profesores que obtiveron acreditación dixital.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Teremos dous tipos de avaliación:

Avaliación procesual: realizarase como mínimo unha vez trimestralmente. Nela, incidiremos na observación de aspectos como: o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

A avaliación final: se realizará mediante a memoria de centro ao finalizar o curso 2023-2024 onde se incluirá a valoración dos obxectivos e as propostas de mellora para o curso seguinte. Esta avaliación vai servirnos como feedback, para recibir de novo información e mellorar as accións e obxetivos do curso seguinte.

 

Valoración xeral

No 1ºObxetivo: conseguido; alcnzóuse un 80% de profesores con B1

No 2ºobxetivo: conseguido; alcanzóuse ter 5 proxectos

No 3º obxetivo: conseguido; tivemos 8 incidencias de media

Proposta de mellora

Como mellora do 1º obxetivo, na derradeira reunión entre coordinadora xeral e os coordinadores de cada etapa, propuxose ter unha reunión nas xornadas iniciais en Setembro, para animar ó 20% do profesorado que falta para a acreditación do B1 e o 80% que xa o ten, se anoten no B2.

Como mellora do 2ºObxetivo, na derradeira reunión entre coordinadores, decidíuse etablecer un proxecto xa en Setembro dende as materias troncais e presentalo aos alumnos nos primeiros días.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital darase a coñecer a través da web do centro e enviaráse por correo electrónico a todo o profesorado do centro.

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36011831