Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
"O seguimento do Plan Dixital lévase a cabo a través de reunións periódicas do equipo do plan dixital e a través de reunións do coordinador co mentor Adix. Ademais, o coordinador participa en reunións informais co/a director/a do centro para informar do proceso que se está a seguir no desenvolvemento do mesmo."
O día 12/09/2024 : Reunión co asesor do CFR, Enrique Pérez Prado, para definir as línea de traballo no PFFP do centro relacionados co plan dixital.
O día 5/10/2024 reúnese o equipo do plan dixital, revisa dito plan e acorda a creación, eliminación e modificación de varios obxectivos. Asimesmo defínese un grupo de traballo que levará o coordinador TIC do curso 23-24,sobre a " Alfabetización en ferramentas dixitais no IES ALEXANDRE BÓVEDA" e un seminario " O polo creativo no IES ALEXANDRE BÓVEDA"
O día 17/10/ 2024 Reuniuse o equipo do plan dixital e o equipo de orientación Nesta reunión tomáronse decisións acercas dos obxectivos relacionados co préstamo de ordenadores portátiles.
O día 24/10/2024, reuníronse o coordinador do plan dixital co coordinador ADIX. Nesta reunión, o coordinador ADIX presentouse e aclarou conceptos acerca do uso da aplicación "educalidade" e a estructura e elaboración do plan dixital.
O día 25/10/2024, infórmase a todo o Claustro do Plan Dixital a través do correo electrónica e é aprobado en sesión extraordinaria o 28/10/2024
O día 29/10/2024, o Plan Dixital é aprobado polo Consello Escolar.
As accións ligadas aos obxectivos inicialmente propostos, ao longo do primeiro trimestre son:
- Actualizar os equipos informáticos das dependencias do centro e esperamos que cheguen en breve os novos equipos para as aulas, así como pantallas dixitais de nova xeración.
- Establecer un protocolo de comunicación de incidencias dixitais
- Fomentar a creatividade do alumnado a través de distintas ferramentas: desenvolvendo dous seminarios de traballo dentro do PFPP no ámbito dos Polos creativos e a " Alfabetización dixital".
O 21/11/2024 lévase a cabo unha reunión inicial do grupo de traballo de polos creativos. Nesta primeira xuntanza faise unha posta en común dos obxectivos xerais de formación, unha concreción do calendario de reunións, a planificación das sesións necesarias no PFFP, e a definición das docencias externas se fose preciso.
O 27 /11/2024 comezo da formación: 1º sesión de docencia do grupo de Polos: coa formación da radio escolar.
O 4 /12/2024 reúnese o grupo de traballo de Polos creativos para a segunda sesión de formación, seguindo no afondamento da radio escolar.
Durante este semestre recíbese información acerca da última entrega de dotación de "polos creativos": material dispoñible, e chegada de novo equipamento informático...
Houbo tamén varias comunicacións telefónicas durante o mes de xaneiro co asesor Abalar da zona, para informar da situación actual do centro e coordinar a chegada do novo material informático como os paneis dixitais interactivos e os novos equipos asociados que se van a poñer en todas as aulas da ESO, BACHARELATO, e en 2 aulas de informática. Ante a problemática xurdida co fallo de varios proxectores, e o retraso na chegada do novo material, solicitánse vía UAC, material informático en préstamo para paliar a situación.
O 15/1/2025 reúnese o equipo de traballo do grupo de polos para recibir docencia a cargo do coordinador Henrique Estévez.
O 23 e o 29 de xaneiro foron mantidas varias reunións entre a coordinadora do PD ,a coordinadora do centro dos PFFP e o equipo de traballo do Polos do IES Alexandre Bóveda para estabrecer novas líneas de docencia no grupo de traballo de polos, solicitando ao Cefore, formación externa sobre o uso e manexo da cortadora láser e da impresora.
O 30 de xaneiro de 2025 ,se monta o mobiliario da aula de polos, e ponse en funcionamento parte da dotación dos polos como a cortadora láser e a impresora 3D.
Despois dunha primeira reunión para establecer o calendario e obxectivos , o PFFP " alfabetización en ferramentas dixitais" comenza a formación en ferramentas dixitais H5P e eXeLearning nunha primeira sesión de formació externa o 19/2/2025
Ao longo do segundo trimestre desenvolvimos diferentes accións ligadas aos obxectivos inicialmente propostos, tales como:
(1) Emprego de ferramentas corporativas de comunicación dixital: mantivemos a dinámica xa implementada no trimestre anterior de uso da plataforma ABALAR para a comunicación bidireccional centro educativo & padres; titores & profesores; e o uso de AbalarBox
(2) Establecer un protocolo de comunicación de incidencias dixitais: o protocolo de comunicación de incidencias dixitais foi posto en marcha no curso 2024-2025 ao longo do primeiro trimestre a través dun libro de incidencias
(3)Solucionar as necesidades de equipamento e conectividade do alumnado:Según os criterios estabrecidos a principios de curso, baixo o compromiso do uso responsable e o seu aproveitamento , o alumnado solicitante recibiu un kit dixital. O alumnado de incorporación tardía por escolarización optan tamén ao préstamo, xa que unha pequena parte da dotación dixital foi reservado para este fin.
Avaliación
Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Comunicación e difusión
A difusión do plan dixital entre os membros da comunidade educativa terá lugar a través do claustro e asemade vía e-mail para todos os interesados. Asimesmo, será público na páxina web do instituto.
No actual curso, 2024-25, fíxose unha adaptación do PD en base aos obxectivos cumpridos nos cursos previos e á proposta de mellora feita na memoria do PD do curso 2023-24. Esta adaptación do PD pode ser consultada na plataforma EDUCALIDADE e na páxina web do centro