Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
"O seguimento do Plan Dixital lévase a cabo a través de reunións periódicas do equipo do plan dixital e a través de reunións do coordinador co mentor Adix. Ademais, o coordinador participa en reunións informais co/a director/a do centro para informar do proceso que se está a seguir no desenvolvemento do mesmo."
O día 29/09/2023, reuníronse o coordinador do plan dixital co coordinador ADIX. Nesta reunión, o coordinador ADIX presentouse e aclarou conceptos acerca do uso da aplicación "educalidade" e a estructura e elaboración do plan dixital.
O día 05/10/2023, reuniuse o equipo do plan dixital. Nesta reunión, o equipo do plan dixital revisou dito plan e acordou a creación, eliminación e modificación de varios obxectivos. Asimesmo planifícase un grupo de traballo sobre a aula virtual (moodle).
O día 17/10/2023, infórmase a todo o Claustro do Plan Dixital a través do correo electrónica.
O día 20/10/2023, o Plan Dixital é aprobado polo Consello Escolar.
O día 17/11/2023, reuniuse o equipo do plan dixital. Nesta reunión se fixo un seguimento dos obxectivos e tomáronse decisións acercas dos obxectivos relacionados co préstamo de ordenadores portátiles e coa implantación do uso de abalarbox.
O día 15/01/2024 reuniuse a equipa do plan dixital e abordouse a modificación do protocolo para o próximo curso en relación ao empréstimo de computadores, dada a pouca operatividade do modelo seguido este ano.
O día 18/01/2024 comezo da formación na aula virtual para o profesorado que o demanda no centro.
O día 19/01/2024 reunión co asesor ADIX, acerca do seguimento das accións do Plan dixital na plataforma educalidade.
A data 30/04/2024 rematamos o PFPP da Aula virtual no IES Alexandre Bóveda.
O 24/05/2024 reunión co coordenador ADIX, na que se aclararon aspectos respecto do proceso de peche e de cara á elaboración do plan dixital do próximo curso.
O 6/06/2024 reunión do equipo do plan dixital para valorar o feito durante o ano e propoñer melloras para o próximo curso.
Avaliación
Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
A valoración xeral é positiva. O PFPP sobre a aula virtual foi de moita utilidade para mellorar as nosas aulas virtuais. Tamén funcionou ben o empréstimo de ordenadores aínda que se deron a dirección algunhas ideas para facer o próximo curso o proceso máis fluido.
No aspecto negativo cabe salientar que non recebemos as novas pantallas dixitais, confiamos en recebelas este ano.
Para o próximo curso, pretendemos entregar máis rápido os ordenadores en empréstimo ao alumnado con necesidades de equipos.
Tamén valoramos solicitar facer formación nalgún programa educativo como exelearning, que permite crear contidos para as aulas virtuais.
Comunicación e difusión
A difusión do plan dixital entre os membros da comunidade educativa terá lugar a través do claustro e asemade vía e-mail para todos os interesados. Asimesmo, será público na páxina web do instituto.