Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, o Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e a Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022 son a base lexislativa para a elaboración do Plan Dixital do IES Politécnico.

O PD do IES Politécnico de Vigo, intégrase dentro do Proxecto Educativo do Centro (PEC), como ferramenta para planificar o tratamento da información no mesmo, mellorar a competencia dixital do seu persoal e alumnado, e mellorar a integración das TIC como ferramenta didáctica nos procesos de ensino-aprendizaxe.

Tal e como se sinala na guía editada polo Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do profesorado (INTEF): “O PD debe ser o instrumento que adecúe e facilite o uso dos medios dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe, entendido dende o obxectivo do desenvolvemento pleno e integral do alumnado”. Para iso, engade, “é fundamental dar un foco de centro ao uso dos recursos pedagóxicos dixitais, aproveitando as posibilidades e recursos dispoñibles, para que se converta nun proxecto compartido para os membros da comunidade educativa, que dea coherencia e orientación ó uso das tecnoloxías. Será un instrumento que formará parte do PEC, do Proxecto de Dirección e da Programación Xeral Anual”.

A referencia fundamental para que os centros desenvolvan o seu Plan Dixital, será o Marco Europeo para as Organizacións Educativas Competentes Dixitalmente (DigCompOrg), da Comisión Europea.

O PD será concibido coma un documento vivo, que recollerá os acordos acadados no centro respecto dos seus obxectivos xerais, respecto das estratexias de dinamización e xestión dos recursos tecnolóxicos, e da inclusión das TIC nos diferentes currículos. Supón un compromiso por parte de toda a comunidade educativa, na medida das posibilidades e nivel de formación actual de cada membro.

LOCALIZACIÓN E CONTEXTO HISTÓRICO DO CENTRO.

O centro localízase na rúa Torrecedeira, no núcleo urbano de Vigo, a carón da Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Industrial e da Escola de Empresariais.

1930: Inaugúrase o centro coma Escola Elemental do Traballo.
1944: A Escola convértese na Escola de Orientación Profesional e Aprendizaxe.
Ofrece formación de Mestre Industrial, Contramestre, Oficial Mecánico (axustador, torneiro e fresador) e Electricista (montador, instalador e bobinador).
1955: Dítase a Lei de Formación Profesional Industrial.
1968: A Escola convértese na Escola de Mestría Industrial, ofertando titulacións de Mestre Mecánico e Mestre Electricista.
1970: Comeza o desenvolvemento da Formación Profesional, con dous graos: Primeiro grao (FP1), estruturado en dous cursos, e Segundo grao (FP2), estruturado en tres cursos. A Escola muda de novo o seu nome, converténdose nun Centro Nacional de Formación Profesional.
1990: Aprobación da LOXSE e introdución das etapas de ESO e Bacharelato.
2018: Conmemoración dos 50 anos de presenza na localización actual.

CARACTERÍSTICAS PRINCIPAIS DO ALUMNADO.

A procedencia xeral do alumnado depende da etapa educativa. O alumnado da ESO procede da contorna máis próxima, e polo xeral cursou primaria nun centro adscrito ao Politécnico (CEIP Pardo Bazán e CEIP Ramón y Cajal).
O alumnado da Formación Profesional Básica procede dunha contorna máis ampla, abarcando toda a cidade de Vigo.
O alumnado de Bacharelato procede da cidade e comarca.
O alumnado de Formación Profesional, tanto de graos medios coma superiores,  procede maiormente de toda a área metropolitana de Vigo.

PRINCIPIOS, VALORES E SINAIS DE IDENTIDADE DO CENTRO.

  • Compromiso coa educación, cos valores democráticos, coa equidade, coa loita contra as desigualdades, co ensino público, e a formación como pedra angular do desenvolvemento persoal, e como chave do denominado “ascensor social”.
  • Compromiso coa sostibilidade económica (mediante a xestión eficaz e transparente dos recursos), social (mediante a convivencia e a educación en valores), e ambiental (a través do compromiso co respecto ao noso medio).
  • Espírito de colaboración e traballo en equipo, co obxectivo de compartir coñecementos, boas prácticas e innovacións, para que tódolos centros se beneficien da aprendizaxe individual, e poidan enriquecela e ampliala, promovendo o intercambio educativo, a mobilidade e a participación en proxectos internacionais.
  • Espírito crítico e transformador, fomentando a mellora continua e a innovación.

Segundo a  resolución de 3 de setembro de 2021, constitúese no centro un Equipo de Dinamización do Plan Dixital, composto por:

  • Un membro do equipo directivo (Xosé Euloxio Santos Leites, Director).
  • O responsable da coordinación TIC (Luis Ángel Álvarez Gómez).
  • Un membro do profesorado (José Ángel Araújo Iglesias).

Cóntase coa axuda dos mentores ADIX propostos pola Consellería de Educación:

  • María Jesús Omil Tilve.
  • Juan Luis Iglesias Ferrón.

E empréganse os seguintes recursos principais:

  • Aula virtual de apoio: https://www.edu.xunta.gal/centros/plandixital/aulavirtual/
  • Informe SELFIE: https://schools-go-digital.jrc.ec.europa.eu/

Etapas do proceso:

  • Análise inicial da “competencia dixital do centro”, segundo enquisa anónima realizada a alumnado, profesorado e membros do equipo directivo, empregando a ferramenta de auto-avaliación SELFIE.
  • Análise inicial da “competencia dixital docente” do profesorado (CDD), mediante enquisa realizada a través da ferramenta corporativa FPROFE.
  • Elaboración da análise DAFO (Debilidades Ameazas Fortalezas Oportunidades), a partir da información obtida nas etapas anteriores, e coa axuda das guías de análise cualitativo e cuantitativo facilitadas polo equipo ADIX.
  • Identificación das áreas de competencia dixital susceptibles de mellora, e establecemento dun “Plan de Acción” para lograr esas melloras.
  • Redacción do presente Plan Dixital, a partir da información anterior.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Empregáronse dúas enquisas: SELFIE (dirixida a Equipo Directivo, Profesorado e Alumnado), e Test CDD (de Competencia Dixital Docente, dirixida ao Profesorado),

Interno
58 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C17 - Base de datos de provedores de formación Alumnado Non
Debilidade H6 - Outorgar recoñecemento ao traballo dos demais Alumnado Non
Debilidade UTIC1 - Tecnoloxía no centro Alumnado Non
Debilidade UTIC3 - Tecnoloxía fóra do centro con fins de aprendizaxe Alumnado Non
Debilidade B1 - Avaliación do proceso Organización de centro Non
Debilidade DPC5 - Orientación e asesoramiento interno Persoal docente Non
Debilidade F6 - Proxectos interdisciplinares Persoal docente Non
Debilidade G6 - Comentarios a outro alumnado sobre o seu traballo Persoal docente Non
Debilidade DPC4 - Desenvolvemento profesional a través de redes prof. Persoal docente Non
Debilidade B1 - Avaliación do proceso Persoal docente Non
Debilidade B2 - Debate sobre o uso da tecnoloxía Persoal docente Non
Debilidade F5 - Colaboración do alumnado Persoal docente Non
Debilidade G3 - Retroalimentación axeitada Persoal docente Non
Debilidade G5 - Autoreflexión sobre a aprendizaxe Persoal docente Non
Debilidade PT - Porcentaxe de tempo adicado ao ensino dixital Persoal docente Non
Debilidade ATIC - Adopción da tecnoloxía Persoal docente Non
Debilidade DPC1 - Formación presencial Persoal docente Non
Debilidade DPC2 - Formación en rede Persoal docente Non
Debilidade DPC6 - Outra formación interna Persoal docente Non
Debilidade DPC7 - Visitas de estudo Persoal docente Non
Debilidade DPC8 - Programas acreditados Persoal docente Non
Debilidade F5 - Colaboración do alumnado Persoal non docente Non
Fortaleza H4 - Verificar a calidade da información Alumnado Non
Fortaleza H7 - Creación de contidos dixitais Alumnado Non
Fortaleza UTIC2 - Tecnoloxía no fogar para tarefas escolares Alumnado Non
Fortaleza C8 - Dispositivos dixitais para o aprendizaxe Alumnado Non
Fortaleza H1 - Comportamento seguro Alumnado Non
Fortaleza H3 - Comportamento responsable Alumnado Non
Fortaleza H8 - Aprender a comunicarse Alumnado Non
Fortaleza UTIC5 - Ausencia de tecnoloxía fóra do centro Alumnado Non
Fortaleza UTIC4 - Tecnoloxía no fogar para ocio Alumnado Non
Fortaleza AFC1 - Acceso a dispositivos fóra do centro Alumnado Non
Fortaleza C1 - Infraestrutura Infraestruturas Non
Fortaleza C2 - Dispositivos dixitais para o ensino Infraestruturas Non
Fortaleza C3 - Acceso a internet Infraestruturas Non
Fortaleza C5 - Asistencia técnica Infraestruturas Non
Fortaleza C8 - Dispositivos dixitais para a aprendizaxe Infraestruturas Non
Fortaleza C7 - Protección de datos Infraestruturas Non
Fortaleza A3 - Novas modalidades de ensino Oferta Non
Fortaleza C7 - Protección de datos Organización de centro Non
Fortaleza A5 - Asistencia técnica Organización de centro Non
Fortaleza A3 - Novas modalidades de ensino Organización de centro Non
Fortaleza A3 - Novas modalidades de ensino Persoal docente Non
Fortaleza MST3 - Retroalimentación e apoio Persoal docente Non
Fortaleza E1 - Recursos educativos en liña Persoal docente Si
Fortaleza F1 - Adaptación ás ncesidades do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza G1 - Avaliación das capacidades Persoal docente Non
Fortaleza DPC3 - Formación a través da colaboración Persoal docente Non
Fortaleza MST2 - Impartición das clases Persoal docente Non
Fortaleza MST4 - Comunicación Persoal docente Non
Fortaleza F3 - Fomento da creatividade Persoal docente Non
Fortaleza D2 - Participación no DPC Persoal docente Non
Fortaleza E2 - Creación de recursos dixitais Persoal docente Si
Fortaleza E3 - Emprego de entornos virtuais de aprendizaxe Persoal docente Non
Fortaleza E4 - Comunicación coa comunidade educativa Persoal docente Non
Fortaleza F4 - Inclusión do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza MST1 - Preparación das clases Persoal docente Non
Fortaleza F4 - Inclusión do alumnado Persoal non docente Non
58 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C17 - Base de datos de proveedores de formación Outras Non
Oportunidade C1 - Infraestrutura Administración educativa Non
Oportunidade C2 - Dispositivos dixitais para o ensino Administración educativa Non
Oportunidade C3 - Acceso a internet Administración educativa Non
Oportunidade C5 - Asistencia técnica Administración educativa Non
Oportunidade C7 - Protección de datos Lexislación Si
Oportunidade C1 - Infraestrutura Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Elaboración do repositorio de contidos do centro.
O02PD Elaboración de recursos educativos
O03PD Utilizar os protocolos relacionados coa protección de datos dos membros da comunidade educativa

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

Neste primeiro trimestre informouse aos membros do claustro sobre a posibilidade de elaboración de materiais didácticos que se colocarían nun repositorio do instituto para uso da comunidade docente.

Aínda que algún profesor empezou a colocar material na mesma, a situación de baixa prolongada por motivos de saúde, do responsable da plataforma web do centro está ralentizando o traballo na mesma.

2º Trimestre

Algún profesor que xa tiña acceso á aula virtual está a colocar material didáctico na mesma, pero seguimos co problema do acceso polos motivos realcionados anteriormente.

O profesorado está a empregar os modelos deseñados para cumprir coa normativa de protección de datos elaborada a tal fin.

3º Trimestre

Algún profesor que xa tiña acceso á aula virtual está a colocar material didáctico na mesma, pero seguimos co problema do acceso polos motivos realcionados anteriormente.

Case a totalidade do profesorado do centro está a empregar a documentación elaborada para cumplir coa normativa de protección de datos.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No contexto da avaliación procesual, a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado de execución das accións, a análise e valoración dos resultados, e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
Reunión trimestral do equipo de coordinación do PD para avaliar o estado de execución das diferentes accións, cumprimento de obxectivos, análise de resultados e definición das modificacións que sexa necesario introducir.
No contexto da avaliación final, a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora, así como a elaboración dunha memoria final do curso.

Valoración xeral

Os obxectivos relacionados coa elaboración de modelos de formularios acordes coa lei de protección de datos acdáronse. Os relativos á elaboración de contidos dixitais para o repositorio do centro quedaron lonxe do esperado, debido a problemas de acceso á plataforma por non estar dipoñible o responsable da mesma durante todo o curso.

Proposta de mellora

Sería interesante que houbera un par de persoas que tiveran acceso con privilexios de administrador ao sistema web do centro para solucionar os problemas que tivemos este curso por enfermidade prolongada do responsable.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Comunicación por correo electrónico corporativo da existencia e ubicación do plan dixital.

O profesorado foi comunicado na comision de coordenación pedagóxica, consello escolar e claustro sobre dito plan.

Creouse o enlace web ao plan dixital en educalidade