Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Nunha Primeria reunión co novo asesor do Plan Dixital, José A. Rodríguez, o día 11 de outubro de 2023 as 10:40 horas, en presencia da Directora do centro, Mª del Carmen Vélez e o Coordinador do Plan Dixital, José Antonio López, abordáronse os seguintes temas:
- Explicación do plan dixital en Educalidade.
- Resolución de dúbidas varias.
- Inclúese no plan de formación do centro para o presente curso, unha liña dxital.
- Modificación dos obxectivos do plan con respecto ao do ano pasado, buscando obxectivos mais realistas e plausibles.
Na segunda reunión, correspondente ao segundo trimestre, o día 31 de xaneiro de 2024 as 10:40 horas celebrada o asesor do Plan Dixital, José A. Rodríguez, en presencia da Directora do centro, Mª del Carmen Vélez e o Coordinador do Plan Dixital, José Antonio López, abordáronse os seguintes temas:
- Indicacións e asesoramentosobre o seguimento das accións do Plan Dixital, por parte do asesor do plan dixital.
- Resolución de dúbidas técnicas sobre a correcta xestión e incorporación de datos nos diferentes apartados da aplicación EDUCALIDADE do Plan Dixital.
- A formación que se corresponde a liña dixital xa está iniciada e estase a impartir a formación correspondente, así como a realización do traballo cooperativo e individual dos diferentes participantes na devandita formación.
Na terceira reunión do presente curso, correspondente ao terceiro trimestre, o mércores 29 de maio de 2024 as 10:40 horas celebrada o asesor do Plan Dixital, José A. Rodríguez, en presencia da Directora do centro, Mª del Carmen Vélez e o Coordinador do Plan Dixital, José Antonio López, abordáronse os seguintes temas:
- Explicación do peche do plan dixital do presente curso por parte do asesor.
- Explicación de todo o proceso para a eleaboración do plan dixital para o próximo curso.
Avaliación
O plan debe incluír indicadores de éxito para avaliar o progreso do desenvolvemento profesional do centro ano tras ano. O nivel de consecución dos obxectivos virá dado polos indicadores que permitan detectar, programar epor en práctica os axustes e melloras necesarios. A avaliación do PD realizarase en función dos resultados obtidos, no marco de obxectivos, prazos e condicións aplicables segundo o establecido no Plan de Acción.
A valoración xeral do plan dixital do centro no presente curso, pódese considerar moi positiva, logrando mellorar na maioría dos obxetivos con respecto ao punto de partida, aínda que nalgún deles no se lograraalvanzar o obxetivo proposto, en determinados casos por circunstancias alleas ao propio centro.
En canto a "Mellora das competencias dixitais dos docentes", a maioría do profesorado que inciou o curso de formación rematouno, polo que o obxetivo está mais que cumplido, ainda que será preciso ter en conta que cada curso chega profesorado novo ao centro.
En canto a "Promover o uso da Aula Virtual do centro por parte do alumnado", todo o alumnado gracias a conta de correo corporativo (@santemvigo.net), todo o alumnado dispón de conta de correo e polo tanto tamén dispón de usuario para o acceso aos diferentes cursos das distintas materias na Aula virtual do centro.
No referente a o obxetivo "Empregar os libros de cualificación en contornas Moodle", este un un punto no que resulta mais complexo traballar dado a casuística e particulariadade de cada docente e materia que imparte, e dependendo da materia, a viabiblidade e operatividade para traballar con libro de cualificación varía sustancialmente.
Con respecto ao obxetivo "Promover e mellorar a comunicación entre o centro educativo, os titores e as familias mediante o uso da ferramenta Abalar, Espazoabalar, e entre o profesorado en xeral o aplicativo AbalarPro", lográronse avances importantes, dado que un gran parte do alumnado xa recibe os boletín vía Abalar, ainda que no foi posible realizalo nos boletíns finais de 4º ESO debido a que debe ir acompañado do informe do Consello Orientador, polo tanto foi necesario entregalo en papel. Na comunicación coas familias, entre profesorado e o uso de Abalar Pro fixéronse avances importantes con respecto ao punto de partida.
O vindeiro curso nos centraremos en:
Estimular o uso de abalar para solicitude de informes entre o profesorado e comunicacións de incidencias e información relevante.
Estimular a consulta da páxina web pois existe moita información dispoñible que precisa coñecer a comunidade educativa na plataforma
Fomentar o uso de Abalar para o acceso a certificados de matrícula e certificacións ComDix do alumnado ao remate do curso
Deseñar un curso sobre ferramentas informáticas que permita traballar aos docentes de maneira colaborativa.
Reforzar os protocolos de uso nas aulas de informática para evitar e detectar incidentes que danan os medios informáticos dispoñibles
Comunicación e difusión
A estratexia ou protocolo para a publicidade e difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa será na web do centro, tras a súa aprobación polo consello escolar.. O informe de progreso formaría parte da Memoria anual do centro.
https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36011580