Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O equipo de dinamización do PD realizará unha revisión mínimo cada mitad de trimestre, supervisada polo mentor do equipo Adix, especialmente atendendo ás datas establecidas para cada acción dos obxectivos e á consecución dos indicadores asignados a tal fin.
Ao remate do trimestre a persoa coordinadora do PD realizará o seguemento a través da ferramenta Educalidade para que conste o grao de consecución das distintas accións.
Neste primeiro trimestre cumplironse os prazos establecidos no PD en todos os obxectivos agás no obxectivo 5 que está pendente para os seguintes trimestres.
No que se refire ao obxectivo 4, comenzouse a cumprir co previsto aínda que queda pendente aínda para o segundo e terceiro trimestre.
Posto que o obxectivo 3 xa se acadou no primeiro trimestre e o 2 foi acadado neste segundo trimestre, queda pendente de executar o obxectivo 5.
En canto as accións dos obxectivos 1 e 4, estanse desenrolando segundo o previsto no prazos establecidos polo PD.
Neste terceiro trimestre acadáronse todos os obxectivos agás no caso do obxectivo dous que está conseguido parcialmente, faltounos unha das tres previstas, e no caso da creación dos recursos dixitais (obxectivo 5) quedou moi por debaixo das previsións. Pero en base a que a formación do profesorado está mellorando moito e hai moita máis implicación, pensamos que para o curso próximo conseguiránse os resultados previstos.
Avaliación
O proceso de avaliación terá como responsables ao equipo de dinamización do PD, en base a dous contextos:
No contexto da avaliación procesual: a persoa coordinadora revisará o estado da execución das accións polo menos unha vez ao trimestre, valorando os resultados, e de ser o caso, facer constar as posibles modificación e propostas de mellora.
No contexto da avaliación final: Realizarase unha valoración unha vez ao ano, e farase constar o estado do proceso segundo os criterios de "realizada", "aprazada" ou "pendente", e as causas nestes dous últimos criterios.
Dende o equipo de dinamización do PD, estamos bastante satisfeitos do proceso deste curso, en canto a cumprimento e execución dos obxectivos. É moi posible que o obxectivo 5 resultase algo pretencioso pola nosa parte, especialmente porque debimos ter en conta a formación dixital do profesorado, que aínda está nas fases de inicio na maioría dos casos. Aínda así xa comeza a haber un grupo xeitoso de docentes moito máis implicados persoalmente, e especialmente, de cara ao empoderamento do alumnado. Estase a ter en conta o moi en serio o cumprimento destes criterios en todas as materias, anteriormente parecía máis relegado as materias que tiñan relación coas TIC directamente.
De cara ao próximo PD teremos en conta mais polo miudo este aspectos.
As propostas de mellora van encamiñadas a aumentar as porcentaxes previstas para este curso, especialmente en creación de recursos (obxectivo 5) e empoderamento do alumnado (obxectivo 2). Propoñemos unha mellor organización, dende o primerio trimestre, porque este ano resultou que quedamos ás portas de conseguir os indicadores por falta de tempo.
Prepararemos de cara ao próximo PD un obxectivo orientado aos Polos positivos, que este ano non foron contemplados no PD.
Proponse tamén como medida de mellora a ampliación de todo o profesorado de Primaria as comunicación coas familias, pilar importante para completar a nosa labor dentro da comunidade educativa.
Comunicación e difusión
Despois de debatido no Claustro e aprobado polo Consello Escolar, procederase a dar difusión na comunidade educativa a través da páxina web do centro, facendo un anuncio ás familias para que poidan consultalo.