Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O procedemento de seguemento do desenvolvemento do plan dixital e da consecución dos obxectivos levarase a cabo tendo como referente os valores previstos para os indicadores dos obxectivos establecidos.
Avaliarase tanto o proceso, como a consecución do obxectivo ao final do propio proceso.
Polo tanto estableceranse dous tipos de avaliación:
- Avaliación procesual.- realizarase ao final de cada trimestre e incluirán o estado da execución das accións, a análise e a valoración dos resultados. De ser o caso, tamén as posibles modificacións das accións (e os motivos) e as propostas de mellora. - - Avaliación final.- realizarase a final de curso e incluirá a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Con esta finalidade achéganse as seguintes ítems:
- Escala de Likert en 4 niveis para a avaliación procesual.
-
Levouse a cabo con éxito.
-
Levouse a cabo con éxito modificando a planificación inicial.
-
Levouse a cabo sen éxito
-
Non se levou a cabo
Observacións
(modificacións e motivos das mesmas ou propostas de mellora)
-
- Tres niveis de consecución para a avaliación final.
- Realizado
- Aprazado
- Pendente
Observacións
O01PD: Promover e aplicar un uso seguro, creativo e crítico das tecnoloxías dixitais na aula a través da formación do profesorado para potenciar o benestar dixital do alumnado.
A01.1. Formación. Solicitar formación ao CFR a través dun PFPP no uso equilibrado e responsable das tecnoloxías dixitais na aula (Cerebro e Pantallas). Inacadada.
O02PD: Integrar o uso educativo do panel dixital interactivo no currículo escolar, fomentando o aprendizaxe interactivo e mellorando a participación e comprensión do alumnado dende unha perspectiva segura, crítica e responsable do seu uso.
AO3.2. Seguridade e coidado do panel: Proporcionar instrucións claras sobre como manter e coidar o panel dixital interactivo, así como sobre as medidas de seguridade que deben seguirse ao usalo. Non realizada o curso pasado.
AO3.4. Implementación: Implementar o uso do panel na aula, comezando con actividades sinxelas e aumentando gradualmente a complexidade á medida que o alumnado se familiariza coa tecnoloxía. Non realizada e en proceso neste curso.
O03PD: Avaliar dixitalmente ao alumnado nas distintas materias para ofrecer retroalimentación ao alumnado e mellorar a súa aprendizaxe na aula.
AO3.2 Acadar formación adecuada apara avaliar dixitalmente ao alumnado coa axuda do CFR necesaria para acadar unha avaliación efectiva nos distintos distipositivos e aplicacións dixitais dispoñibles no centro para o profesorado como a formación en centros PFPP. Non realizada.
AO3.5 Participación en Programas de Innovación: Propoñer a participación en programas de Innovación que promova Consellería nos que se poida acadar formación tecnolóxica. Non realizada.
Avaliación
O procedemento de seguemento do desenvolvemento do plan dixital e da consecución dos obxectivos levarase a cabo tendo como referente os valores previstos para os indicadores dos obxectivos establecidos.
Avaliarase tanto o proceso, como a consecución do obxectivo ao final do propio proceso. Polo tanto estableceranse dous tipos de avaliación:
- Avaliación procesual.- realizarase ao final de cada trimestre e incluirán estado da execución das accións, a análise e a valoración dos resultados. De ser o caso, tamén as posibles modificacións das accións (e os motivos) e as propostas de mellora.
- Avaliación final.- realizarase a final de curso e incluirá a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Comunicación e difusión
A este plan dixital daráselle publicidade e difusión entre toda a comunidade educativa por medio da súa publicación na páxina web do centro dentro do bloque “O centro” no elemento do menú “Documentos””. na seguinte URL:
http://www.edu.xunta.gal/centros/cepigrexavaladares/
E tamen no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=133&codCentro=36010691