Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O procedemento de seguemento do desenvolvemento do plan dixital e da consecución dos obxectivos levarase a cabo tendo como referente os valores previstos para os indicadores dos obxectivos establecidos.
Avaliarase tanto o proceso, como a consecución do obxectivo ao final do propio proceso.
Polo tanto estableceranse dous tipos de avaliación:
- Avaliación procesual.- realizarase ao final de cada trimestre e incluirán o estado da execución das accións, a análise e a valoración dos resultados. De ser o caso, tamén as posibles modificacións das accións (e os motivos) e as propostas de mellora. - - Avaliación final.- realizarase a final de curso e incluirá a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Con esta finalidade achéganse as seguintes ítems:
- Escala de Likert en 4 niveis para a avaliación procesual.
-
Levouse a cabo con éxito.
-
Levouse a cabo con éxito modificando a planificación inicial.
-
Levouse a cabo sen éxito
-
Non se levou a cabo
Observacións
(modificacións e motivos das mesmas ou propostas de mellora)
-
- Tres niveis de consecución para a avaliación final.
- Realizado
- Aprazado
- Pendente
Observacións
O01PD: Promover e aplicar un uso seguro, creativo e crítico das tecnoloxías dixitais na aula a través da formación do profesorado para potenciar o benestar dixital do alumnado.
A01.1. Formación. Solicitar formación ao CFR a través dun PFPP no uso equilibrado e responsable das tecnoloxías dixitais na aula (Cerebro e Pantallas). Realizada.
O02PD: Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO
AO2.2 Creación de Inventario Dixital: Realizar unha táboa na que se recolla algúns datos relevantes dos equipos a revisar: Modelo, marca, número de serie, ano, espazo, situación, que posteriormente será necesaria para incluír na aplicación INVENTARIO. Realizada.
AO2.5 Participación en Programas de Innovación: Propoñer a participación en programas de Innovación que promova Consellería nos que se poida acadar equipamento tecnolóxico. Realizada.
O03PD: Integrar o uso educativo do panel dixital interactivo no currículo escolar, fomentando o aprendizaxe interactivo e mellorando a participación e comprensión do alumnado dende unha perspectiva segura, crítica e responsable do seu uso.
AO3.2. Seguridade e coidado do panel: Proporcionar instrucións claras sobre como manter e coidar o panel dixital interactivo, así como sobre as medidas de seguridade que deben seguirse ao usalo. Realizada.
AO3.4. Implementación: Implementar o uso do panel na aula, comezando con actividades sinxelas e aumentando gradualmente a complexidade á medida que o alumnado se familiariza coa tecnoloxía. Realizada en proceso do curso.
O01PD: Promover e aplicar un uso seguro, creativo e crítico das tecnoloxías dixitais na aula a través da formación do profesorado para potenciar o benestar dixital do alumnado.
A01.2.Realizada.
A01.3. Rúbrica realizada a falta de compartir ao resto do profesorado.
A01.4.Rúbrica realizada a falta de compartir ao resto do profesorado.
O02PD: Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO
AO2.1.En proceso.
AO2.2. Creación de Inventario Dixital: Realizar unha táboa na qu e se recolla algúns datos relevantes dos equipos a revisar: Modelo, marca, número de serie, ano, espazo, situación, que posteriormente será necesaria para incluír na aplicación INVENTARIO. Realizada.
AO2.3. Avaliación de Espazos Tecnolóxicos: Manter actualizado e/ou inventariar e avaliar os espazos do centro destinados a equipamento tecnolóxico. En proceso.
AO2.4. Proposta de Renovación Tecnolóxica: Actualizar e/ou propoñer renovación do equipamento dixital. En proceso.
AO2.6 Avaliación de Obxectivos e Satisfacción: Realizar unha rúbrica para valorar se se cumpriu este obxectivo e a súa valoración e grao de satisfacción por parte da c omunidade educativa. Rúbrica realizada pendente de cubrir polo profesorado.
O03PD: Integrar o uso educativo do panel dixital interactivo no currículo escolar, fomentando o aprendizaxe interactivo e mellorando a participación e comprensión do alumnado dende unha perspectiva segura, crítica e responsable do seu uso.
AO3.1. Formación do profesorado: Organizar sesións de formación para que os profesores aprend an a manexar o panel dixital interactivo e as súas aplicacións. Pendentes de realizar a formación por parte do CFR de Vigo.
AO3.3. Planificación: Facer reunións entre o profesorado que traballa cos paneis para reflexionar e planificar conxuntamente como integrar o uso do panel nas súas programacións, así como identificar as áreas do currículo onde o panel pode ser máis efectivo. Pendentes para cando realicen a formación por parte do CFR de Vigo.
AO3.4. Implementación: Implementar o uso do panel na aula, comezando con actividades sinxelas e aumentando gradualmente a complexidade á medida que o alumnado se familiariza coa tecnoloxía. En proceso.
O01PD: Promover e aplicar un uso seguro, creativo e crítico das tecnoloxías dixitais na aula a través da formación do profesorado para potenciar o benestar dixital do alumnado.
A01.2.Realizada.
A01.3. Rúbrica realizada e cumplimentada polo profesorado.
A01.4.Rúbrica realizada e cumplimentada polo profesorado.
O02PD: Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO
AO2.1. Realizada.
AO2.2. Creación de Inventario Dixital: Realizar unha táboa na qu e se recolla algúns datos relevantes dos equipos a revisar: Modelo, marca, número de serie, ano, espazo, situación, que posteriormente será necesaria para incluír na aplicación INVENTARIO. Realizada.
AO2.3. Avaliación de Espazos Tecnolóxicos: Manter actualizado e/ou inventariar e avaliar os espazos do centro destinados a equipamento tecnolóxico. Realizado.
AO2.4. Proposta de Renovación Tecnolóxica: Actualizar e/ou propoñer renovación do equipamento dixital. Realizada.
AO2.6 Avaliación de Obxectivos e Satisfacción: Realizar unha rúbrica para valorar se se cumpriu este obxectivo e a súa valoración e grao de satisfacción por parte da c omunidade educativa. Rúbrica realizada e cumplimentada.
O03PD: Integrar o uso educativo do panel dixital interactivo no currículo escolar, fomentando o aprendizaxe interactivo e mellorando a participación e comprensión do alumnado dende unha perspectiva segura, crítica e responsable do seu uso.
AO3.1. Formación do profesorado: Organizar sesións de formación para que os profesores aprend an a manexar o panel dixital interactivo e as súas aplicacións. Pendentes de realizar a formación por parte do CFR de Vigo no próximo curso.
AO3.3. Planificación: Facer reunións entre o profesorado que traballa cos paneis para reflexionar e planificar conxuntamente como integrar o uso do panel nas súas programacións, así como identificar as áreas do currículo onde o panel pode ser máis efectivo. Pendente para o próximo curso, cando realice a formación por parte do CFR de Vigo.
AO3.4. Implementación: Implementar o uso do panel na aula, comezando con actividades sinxelas e aumentando gradualmente a complexidade á medida que o alumnado se familiariza coa tecnoloxía. Pendente para o próximo curso, cando se realice a formación.
Avaliación
O procedemento de seguemento do desenvolvemento do plan dixital e da consecución dos obxectivos levarase a cabo tendo como referente os valores previstos para os indicadores dos obxectivos establecidos.
Avaliarase tanto o proceso, como a consecución do obxectivo ao final do propio proceso. Polo tanto estableceranse dous tipos de avaliación:
- Avaliación procesual.- realizarase ao final de cada trimestre e incluirán estado da execución das accións, a análise e a valoración dos resultados. De ser o caso, tamén as posibles modificacións das accións (e os motivos) e as propostas de mellora.
- Avaliación final.- realizarase a final de curso e incluirá a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
O desenvolvemento do plan dixital precisa o enfoque dun proceso continuo e evolutivo. Representou un desafío para a comunidade educativa e, nalgún obxectivo concreto, require máis tempo para optimizar o seu resultado. Varios factores condicionaron o desenvolvemento do Plan Dixital, a infraestrutura tecnolóxica dispoñible, a formación e capacitación dos docentes, a dispoñibilidade de recursos dixitais adecuados e as metodoloxías de ensino. O desenvolvemento do obxectivo 3 viuse afectado por un destes factores polo que debemos reformulado para o vindeiro curso.
A avaliación do desenvolvemento do plan dixital foi a seguinte:
• 5º-6º: Edixgal: Os resultados e o impacto na aprendizaxe dos estudantes non son os desexados se propoñemos o libro dixital/materiais dixitais como único vehiculo de aprendizaxe xa que resulta máis distorsionador que eficaz na mayoría dos casos.
• 1º-4º: Se en cambio consideramos o uso de dispositivos dixitais como un recurso máis para apoiar ao proceso de ensino aprendizaxe a valoración cambia a moi positiva.
Experiencia e a retroalimentación dos docentes: a experiencia revela que a construción do coñecemento non debe basearse soamente na aprendizaxe a través de recursos dixitais pois consideramos que o alumnado aínda non posúe a madurez suficiente como para utilizar os recursos para fins concretos sen caer na dispersión. Ao se tratar dos primeiros anos de elaboración do Plan Dixital os indicadores que permiten esta retroalimentación son moi sutís e haberá que agardar a vindeiros cursos nos que voltemos a realizar un exercizo SELFIE de autoavaliación da situación dixital da comunidade educativa.
• Continuar anualmente reavaliando as necesidades tecnolóxicas e os recursos dispoñibles no centro educativo coa finalidade de determinar qué recursos adicionais son necesarios.
• Afondar no desenvolvemento profesional contínuo do claustro fomentando a colaboración e o intercambio de boas prácticas entre os docentes.
• Integración curricular: Promover a integración da tecnoloxía no currículo escolar de maneira transversal. Isto implica identificar oportunidades para utilizar ferramentas dixitais en diversas materias e actividades, fomentando a creatividade, a colaboración e o pensamento crítico dos estudantes. Así mesmo, débense establecer criterios claros para avaliar o uso da tecnoloxía e o seu impacto na aprendizaxe.
• Promocionar o acceso a recursos dixitais de calidade, coma os do Espazo Abalar, a nosa aula virtual, edixgal… para enriquecer o proceso de ensino-aprendizaxe.
• Fomentar a participación activa da comunidade educativa no plan dixital, involucrando estudantes e outros membros da comunidade na toma de decisións e na implementación de estratexias dixitais.
Comunicación e difusión
A este plan dixital daráselle publicidade e difusión entre toda a comunidade educativa por medio da súa publicación na páxina web do centro dentro do bloque “O centro” no elemento do menú “Documentos””. na seguinte URL:
http://www.edu.xunta.gal/centros/cepigrexavaladares/
E tamen no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36010691