Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O procedemento de seguemento do desenvolvemento do Plan Dixital e da consecución dos obxectivos levarase a cabo tendo como referente os valores previstos para os indicadores dos obxectivos establecidos.
O equipo de dinamización do Plan Dixital realizará, a lo menos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións deste plan.
A mentora Adix analizará xunto coa coordinadora do Plan Dixital o desenvolvemento do proxecto.
A coordinadora do Plan Dixital terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances deste plan baixo a supervisión da directora.
AO01.01. Creación e mantemento de contas de usuario individuais para cada un dos dispositivos con conectividade destinados a uso do alumnado. Acción finalizada con éxito.
AO02.01. Solicitar a participación en Radio Na Biblio a través da plataforma https://www.edu.xunta.gal/programasbibliotecas/ Acción finalizada pero obxectivo non acadado xa que non se nos concedeu a participación en dito programa educativo por non ter claros os criterios a valorar.
AO03.01. Solicitar o Plan de Formación Permanente do Profesorado para o centro na liña didáctica cun itinerario de Polos creativos. Acción finalizada con éxito (código V2306179) dentro do PFPP do centro (código V2331093)
AO04.01. Formación interna entre o profesorado para utilizar a ferramenta institucional de comunicación coas familias: Abalarpro. Acción finalizada con éxito.
AO04.02. Información ás familias da exclusividade das canles de comunicación institucional. Acción finalizada con éxito.
AO05.01. Solicitar non enredes a cargo da asociación alborada. Acción finalizada con éxito.
AO07.02. Reunión da Mestra especialista de Inglés coas familias para explicar o proxecto "Greasse" e pedir colaboración. Acción finalizada con éxito.
AO03.02. Participar no PFPP no itinerario de didáctica (itinerario de Polos creativos) cun proxecto de robótica inter-ciclos. Acción finalizada con éxito.
AO05.02. Solicitar participación no plan Navega con rumbo (a cargo da consellería de Educación). Acción non finalizada e obxectivo non acadado (non temos novas sobre a convocatoria).
AO07.01. Enviar mensaxe de difusión ás familias co material do Polo Creativo dispoñible para a súa utilización e solicitando colaboración. Acción finalizada con éxito.
AO07.03. Elaboración de vestiario para o musical "Greasse". Acción finalizada con éxito.
AO07.04. Obradoiros de cociña utilizando material do Polo creativo. Acción finalizada con éxito.
AO01.02. Actualización e mantemento de conectividade activa para os dispositivos da Aula Móbil de informática. Acción finalizada con éxito.
AO01.03. Deseñar e renovar (de ser preciso) a planilla de previsión de préstamo de equipamento informático. Acción finalizada con éxito.
AO01.04. Asesorar ao profesorado sobre o funcionamento das aplicacións da maqueta abalar ou posibles webs educativas para traballar na aula co alumnado. Acción finalizada con éxito.
AO02.02. Colaborar co proxecto de biblioteca mantendo unha actividade alta e diversa dende todos os equipos docentes do centro. Acción finalizada con éxito colaborando na actualización do blog de biblioteca e propoñendo actividades para biblioteca creativa co material do Polo Creativo. Ver: https://bibliobufo.blogspot.com/
AO03.03. Trasladar ao alumnado os coñecementos adquiridos no PFPP concretándoos na creación dun libro electrónico realizado polo alumnado. Acción finalizada con éxito. Ver: https://agueiro.edu.xunta.gal/view/view.php?id=133654 (ver punto 12)
AO04.03. Envío das comunicacións a través de Abalar, utilizando abalarbox para aloxar os documentos adxuntos. Acadado (utilizando Agueiro para incluir arquivos adxuntos)
AO06.01. Asistir ás sesións de formación organizadas pola administración. En proceso (a falta de convocar o último congreso de Polos Creativos)
AO06.03. Crear contidos para a canle de Radio Televisión escolar en todos os niveis. Acadado. Ver: https://youtube.com/playlist?list=PLoinSALF7auj1uypmB_ExjBqgHFIshFmL&si=cxwIdvnMGXtkPYwz
AO08.01. Creación de presentación en Agueiro para incorporar recursos dixitais cos que o alumnado poida desenvolver a súa competencia dixital. Acadado: Ver no menú "Repositorio audiovisual" aloxado no bloque de TIC (lateral dereito) da web do CEIP Plurilingüe San Salvador : https://agueiro.edu.xunta.gal/view/view.php?t=jL1JUv8RwVrZlQOGthNY
Avaliación
Avaliarase tanto o proceso como a consecución do obxectivo ao final do propio proceso. Polo tanto estableceranse dous tipos de avaliación:
- Avaliación procesual.- realizarase ao final de cada trimestre e incluirá o estado da execución das accións, a análise e a valoración dos resultados. De ser o caso, tamén as posibles modificacións das accións (e os motivos) e as propostas de mellora.
- Avaliación final.- realizarase a final de curso e incluirá a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Para a avaliación final cumprimentarase unha táboa tricotómica (con indicadores realizada, aprazada ou pendente) nas que se revisarán os seguintes valores anotando tamén as observacións que sexan precisas en cada un:
- Incluiuse no tempo de permanencia no centro do profesorado unha sesión de unha hora de duración mensual para formación colaborativa en TIC?
- Creouse e actualizouse un repositorio de actividades interactivas para uso e manexo do alumnado no tempo semanal de Biblioteca?
- Realizouse a montaxe e posta en marcha da radio e televisión escolar?
Tras analizar o grao de consecución dos obxectivos do plan dixital para o curso académico 23-24, podemos concluir que foron axeitados á dinámica do Centro. Do mesmo xeito a secuenciación progresiva das accións logrou que a temporización tamén fose acertada.
É preciso sinalar que tanto os membros do equipo TIC como o resto de membros do equipo docente e as familias do alumnado foron receptivas a todas as propostas de accións colaborando activamente para lograr o éxito na consecución de obxectivos.
Ademáis das accións encamiñadas ao logro dos obxectivos previstos tamén se realizaron outras encamiñadas a solventar incidencias puntuais, que redundaron na consecución de obxectivos previstos a máis longo prazo, como a reparación e actualización por parte de AMTEGA dos PC para uso do alumnado na biblioteca, instalándolles ademais a maqueta Abalar o que mellorou notablemente o seu rendemento e incrementou o seu uso fluido.
Valorarase a continuidade do PFPP do Polo Creativo ou incluir actividades dixitais e de pensamento computacional dentro de outras liñas formativas que potencien o DUA para poder atender mellora á diversidade e inclusión do alumnado.
Comunicación e difusión
A este Plan Dixital daráselle publicidade e difusión entre toda a comunidade educativa por medio da súa publicación na páxina web do centro, dentro do bloque "O centro", no elemento do menú "Regulamento do centro" na seguinte URL: