Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O equipo de dinamización do Plan Dixital realizará, a lo menos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións deste plan.
A mentora Adix analizará xunto coa coordinadora do PD o desenvolvemento do proxecto.
A coordinadora do PD terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión do director.
Non hai accións para valorar no primeiro trimestre , todas exténdense ao segundo ou terceiro trimestre.
Reunido o equipo de Dinamización do Plan Dixital, valorouse a evolución deste, ao longo do segundo trimestre, cos seguintes resultados:
- Respecto ao PRIMEIRO OBXECTIVO, a acción AO1.1 está conseguida, a AO1.2 segue en proceso xa que a temporalización abrangue ata xuño para acadar o obxectivo final e non se acadou a porcentaxe total.
- Do SEGUNDO OBXECTIVO, levouse a cabo a acción AO2.1 peron non se conseguiu desenvolver a AO2.2 no 100% dos cursos, valorarase en xuño.
- A acción AO3.1 desenvolveuse tal como estaba programada antes de rematar o mes de marzo, todos os cursos de 3º a 6º recibiron charlas informativas sobre os perigos de internet e sobre redes sociais. Queda pendente a elaboración dunha listaxe de boas prácticas para conseguir o TERCEIRO OBXECTIVO xa que a temporalización indicada para esta acción remata en xuño.
- O CUARTO OBXECTIVO programado para Ed. Infantil e 1º Ciclo de Ed.Primaria está programado para levarse a cabo durante o todo curso, cumpríndose as accións AO4.1 e AO4.2( emprego dos blogues e panel interactivo) A última acción AO4.3 non se está desenvolvendo nin en Infantil nin no primeiro nivel do primeiro Ciclo de Ed. Primaria. Estudiarémolo na próxima xuntanza do noso equipo.
- Respecto ao QUINTO e último OBXECTIVO, a AO5.1 relativa a acadar a técnica de redacción dun guión audiovisual foi conseguida neste segundo trimestre, queda pendente a segunda acción para obter o valor deste obxectivo que é a edición dun vídeo cuxa temporalización abrangue ata xuño.
Respecto ao primeiro obxectivo do Plan, " Promover o uso da aula virtual a través de actividades creadas por e para o alumnado nos cursos de 3º a 6º de Ed. Primaria " a acción AO1.2 conseguiuse neste último trimestre, polo tanto acadouse o obxectivo.
Do segundo obxectivo , tal como estaba establecido na acción AO2.2 publicáronse actividades de avaliación no 100% dos cursos, conseguíndose o valor obxectivo que era a publicación dunha actividade por trimestre nalgunga das materias.
A acción AO3.2 do obxectivo " Fomentar o uso responsable das TIC para que o alumnado realice unha navegación segura e fiable " , levouse a cabo neste último trimestre, deseñándose un díptico cunha pequena guía de navegación segura por internet para alumnado e familias, que se imprimiu e se distribuíu a todo o alumnado de 3º a 6º de Ed.Primaria, acadándose dito obxectivo.
A acción AO4.3 correspondente ao cuarto obxectivo que era " promover o uso das TIC como ferramenta educativa na etapa de Ed.Infantil e Primeiro Ciclo de Ed.Primaria" non se acadou, únicamente un grupo de primaria utilizou a aula de informática, ben por problemas de loxística ou porque consideraban que os recursos dos que dispoñían na súa clase ( panel interactivo, ordenador de sobremesa...) eran suficientes para o desenvolvemento do proceso de aprendizaxe.
Po último, o obxectivo " Familiarizar ao profesorado e alumnado coas técnicas de gravación de imaxe, son, locución e edición " foi conseguido xa que a acción AO5.2 completouse neste 3º trimestre, creándose vídeos en todos os niveis ( ED:Infantil e Primaria ) participando así no Proxecto Documental Integrado.
Avaliación
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
A valoración de consecución dos obxectivos propostos e a efectividade das accións deseñadas foi moi positiva tal e como se reflexa nesta aplicación. A causa principal do éxito deste plan débese a que se elaborou en base á realidade do centro e sen dúbida,ao esforzo e implicación do claustro e a dirección do centro.
Unha vez feita a valoración do noso plan, compre :
- Analizar a baixa utilización da aula de informática por parte do profesorado (só a empregou un grupo ao longo do curso) valorando e implementado posibles medidas que favorezan un maior uso (uso de cascos, maior número de equipos na aula...), pero tamén a posibilidade da reconfiguración da mesma nun centro de recursos tecnolóxicos ou estudo para a gravación de radio, vídeo con croma, etc...
- Establecer dentro dos obxectivos do PD no vindeiro curso actividades para o 3º ciclo de EP relativas a destrezas de procesado de textos, creación de PDF e envío de traballos a través da aula virtual facilitando o tránsito ao sistema de traballo do IES de referencia.
Comunicación e difusión
O noso PLAN DIXITAL será publicado compartindo co Claustro e Consello Escolar a URL da aplicación EDUCALIDADE para ser aprobado polo Consello ,oído o Claustro, o día 24 de outubro de 2023.
A URL do noso Plan dixital sería https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36010538