Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O equipo de dinamización do Plan Dixital realizará, a lo menos, unha xuntanza por trimestre para valaorar as evolucións deste plan.
A mentora Adix realizará, como mínimo, dúas visitas ó centro por trimestre para analizar xunto coa coordinadora do PD o desenvolvemento do proxecto.
A coordinadora do PD terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión do director.
A continuación sinalo as accións realizadas respecto aos obxectivos do PD:
O01 PD Promover a aplicación AbalarMobil para xustificar as faltas, pedir titorías e para facer avisos e notificacións xerais. Realizada AO1.1
O02 PD Promover o uso da aula virtual por parte do alumnado. AO2.1 e AO2.2 en proceso.
O03 PD Asignar tempos que faciliten a creación e publicación de contidos dixitais para o traballo co alumnado nas aulas. Realizada AO3.1
O04 PD Fomentar o uso de ferramentas dixitais para levar a cabo prácticas de avaliación. En proceso AO4.1
O05 PD Fomentar o emprego da aula virtual como espazo de aprendizaxe no fogar. AO5.1 en proceso. AO5.2 en proceso. AO5.3 Realizado o cuestionario inicial.
O06 PD Promover a incorporación a proxectos dixitais da consellería (Edixgal, polos creativos…). Pendente AO6.1
A continuación sinalo as accións realizadas no 2º trimestre respecto aos obxectivos do PD:
O director, a coordinadora e persoas que conforman o equipo de Dinamización do PD así como a mentora ADIX valoramos positivamente o desenvolvemento do PD neste segundo trimestre.
O01 PD Promover a aplicación AbalarMobil para xustificar as faltas, pedir titorías e para facer avisos e notificacións xerais. Realizada AO1.2 Obxectivo conseguido.
O02 PD Promover o uso da aula virtual por parte do alumnado. AO2.1 e AO2.2 en proceso.
O03 PD Asignar tempos que faciliten a creación e publicación de contidos dixitais para o traballo co alumnado nas aulas. AO3.2 Parte das docencias do PFPP leváronse a cabo nos meses de febreiro e marzo, polo tanto implementouse parte da teoría recibida nas distintas formacións ( Creación de contidos con ferramentas como Canva, Genially..) aínda así quedan pendentes actividades sobre prácticas de avaliación que serán abordadas en abril, por conseguinte esta acción queda pendente para o seguinte trimestre.
O04 PD Fomentar o uso de ferramentas dixitais para levar a cabo prácticas de avaliación. Realizada AO4.1
O05 PD Fomentar o emprego da aula virtual como espazo de aprendizaxe no fogar. En proceso ,AO5.1 e AO5.2 .
O06 PD Promover a incorporación a proxectos dixitais da consellería (Edixgal, polos creativos…). Neste 2º trimestre, todas as accións do obxectivo 6 foron realizadas, non se acadou o valor previsto do indicador. Obxectivo aprazado para o curso 2023/2024.
A continuación sinalo as accións realizadas no 3º trimestre respecto aos obxectivos do PD:
O02 PD Promover o uso da aula virtual por parte do alumnado. AO2.1 e AO2.2 realizados .
O03 PD Asignar tempos que faciliten a creación e publicación de contidos dixitais para o traballo co alumnado nas aulas. AO3.2 Realizado
O04 PD Fomentar o uso de ferramentas dixitais para levar a cabo prácticas de avaliación. Realizada AO4.2 aínda que continuaremos co obxectivo para seguir ampliando os valores previstos.
O05 PD Fomentar o emprego da aula virtual como espazo de aprendizaxe no fogar. Continuaremos co obxectivo 5 xa que non se obtivo a porcentaxe de éxito desexada.
Avaliación
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Acadáronse os resultados desexados nos obxectivos 1,2,3 e 6 na súa totalidade e parcialmente o 4 e 5 que serán reformulados para o vindeiro curso.
A proposta de incorporación ao proxecto Edixgal non foi aprobada polo claustro.
Orientar os obxectivos do plan de acción do vindeiro curso cara os seguintes temas:
- Creación de contidos por e para o alumnado
- Seguridade e uso responsable das TIC
Comunicación e difusión
No último trimestre do curso 2021-2022, o Plan Dixital foi aprobado polo consello escolar, unha vez oído o claustro. Logo de ser aprobado publicouse na páxina Web do centro para que sexa coñecido por toda a Comunidade Educativa.