Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Artigo 34.1 doDECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

Contextualización do Plan Dixital de Centro e contribucion ao Proxecto Educativo:

A aposta pola innovación e as TICs é unha tónica xeral no Proxecto Educativo do Centro: cada ano desenvólvense diversos proxectos dixitais impulsados pola Xunta de Galicia así coma por outros organismos, empresas e institucións. Dende o curso 20/21 o alumnado de EP participa no proxecto DigiCraft da Xunta para formación e reforzo das habilidades dixitais e das competencias asociadas a través do xogo e a experimentación.

Mediante a elaboración e implantación do Plan Dixital de Centro perséguense os seguintes obxectivos:

  • Avaliar a situación do Centro con relación ao uso das TIC nos distintos elementos clave recollidos no Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes.
  • Recoñecer o Plan Dixital de Centro como un recurso clave para a planificación da estratexia dixital dunha organización educativa.                                           
  • Transformar o Centro educativo nunha organización que aprende, algo só posible sendo unha organización dixitalmente competente.                           
  • Valorar as implicacións das organizacións escolares para desenvolver unha cultura dixital.

 

Proceso de elaboración do Plan Dixital:

  • Formación do equipo de dinamización: constituíuse un equipo de dinamización que liderará a implantación do Plan Dixital
  • Diagnose da situación dixital do centro: mediante a ferramenta de autoavaliación SELFIE, o Test de Competencia Dixital Docente e a Análise DAFO.
  • Elaboración do Plan de Acción: para lograr os obxectivos débense concretar accións que os desenvolvan, elixir os responsables das mesmas (áreas, departamentos, docentes…), acordar unha temporización (data de fin prevista), determinar os recursos necesarios, (materiais e humanos) e valorar o seu cumprimento facendo un seguimento do estado (realizada, pendente ou aprazada).

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Instrumentos de recollida de información para DAFO

A análise DAFO é unha ferramenta que estuda as características internas (debilidades e fortalezas) e externas (ameazas e oportunidades) que permitirán a análise da situación e a definición das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e actuacións. Para levalo a cabo, utilizouse a ferramenta de autoavaliación SELFIE así coma o Test de Competencia Dixital Docente (Test CDD). Ademáis da enquisa SELFIE e do test CDD,  a análise DAFO tivo en conta:

•    Análise dos recursos do alumnado.

•    Análise da infraestrutura, recursos e estado do centro.

•    Análise da situación actual.

Ferramenta de autoavaliación SELFIE (do 09/12/21 ao 21/12/21): SELFIE reúne, de forma anónima, as opinións do alumnado, profesorado e equipo directivo sobre o xeito en que se utiliza a tecnoloxía no centro. Para acadalo, efectúase unha enquisa onde se empregan preguntas e enunciados breves e unha escala sinxela de valoración. A ferramenta SELFIE propón unha análise do centro baseada en 7 elementos: Infraestrutura, Liderado e Gobernanza, Ensino e Aprendizaxe, Desenvolvemento Profesional, Avaliación, Contidos e Currículo, así como Redes de Apoio e Colaboración. Sobre a base desta información, a ferramenta xera un informe dos puntos fortes e débiles do centro educativo en relación co uso que realiza das tecnoloxías dixitais para a docencia e o aprendizaxe.

Test de Competencia Dixital Docente (11/03/22): O Informe Individual do test CDD permitirá ao centro educativo avanzar nas competencias profesionais docentes relacionadas co ámbito dixital, permitindo planificar unha formación persoal que atenda ao nivel de partida de cada docente. Así mesmo, o informe de centro permitirá planificar a liña de formación a través dos PFPP (programas de formación permanente do profesorado).

Consolidación da ferramenta  SELFIE (do 31/01/22 ao 13/02/22)

 

Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C8 Os dispositivos dixitais para o aprendizaxe propios precisan renovación Infraestruturas Si
Debilidade A1 O centro non conta cunha estratexia dixital Organización de centro Si
Debilidade A2 O equipo directivo non involucra ao profesorado no desenvolvemento da estratexia dixital do centro Organización de centro Si
Fortaleza C8 No centro existen dispositivos dixitais propios que o alumnado pode empregar para o aprendizaxe Alumnado Si
Fortaleza C3 No centro facilítase acceso a internet para o ensino e aprendizaxe Infraestruturas Si
Fortaleza C2 No centro existen suficientes dispositivos dixitais propios para o ensino na aula. Infraestruturas Si
Fortaleza E2 O profesorado crea recursos dixitais propios para reforzar a labor docente Persoal docente Si
Fortaleza F3 O profesorado usa actividades de aprendizaxe dixitais que fomentan a creatividade do alumnado Persoal docente Si
Fortaleza D2 O profesorado participa no Desenvolvemento Profesional Continuo mediante cursos formativos individuais cada ano. Persoal docente Si
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de axudas económicas Administración educativa Si
Ameaza Excesiva burocracia que resta enerxías Lexislación Non
Ameaza C3 No centro non se empregan tecnoloxías dixitais para colaborar con outras organizacións Outras Si
Oportunidade Fomentar a transformación dixital do centro mediante o Plan Dixital Administración educativa Si
Oportunidade C7 Protección de datos Lexislación Si
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Conclusións DAFO

1.      O equipo directivo establecerá unha estratexia dixital, involucrando ao profesorado e promovendo  a súa implantación.

2.     Utilizar as ferramentas dixitais para mellorar a eficacia e a eficiencia dos procedimentos administrativos e relacionados coa comunicación.

3.     Fomentar o traballo colaborativo entre o alumnado a través das tecnoloxías para enriquecer o proceso de ensino-aprendizaxe.

4.     Fomentar a colaboración mediante tecnoloxías dixitais con outras organizacións.

5.     Avaliación do progreso no proceso de ensino-aprendizaxe mediante tecnoloxías dixitais.

6.     Utilizar programas e contornas que faciliten a aprendizaxe e favorezan potenciar a súa expresión e comunicación con outros compañeiros/as da súa contorna ou de fóra

7.     Renovación da infraestrutura tecnolóxica. Búsqueda de recursos económicos (ANPA, Subvencións, Axudas, Proxectos, Empresas…).

8.     Empleo de rede wifi para os dispositivos propios do alumnado.

9.     Dispor de asistencia técnica para resolver os problemas cos equipos dixitais do centro.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD O1PD: Mellorar o nivel de Competencia Dixital Docente do Centro (Colaboración e redes ).
O2PD O2PD: Emprego de Google Forms para a administración online do servizo de actividades extraescolares (Colaboración e redes)
O3PD O3PD: Xestión dixital da biblioteca do centro con lector de código de barras (Infraestrutura e equipos)
O4PD O4PD: Participación en Polos Creativos (Infraestrutura e equipos)
O5PD O5PD: Instalación de licenzas Microsoft Office nos ordenadores do Centro (Infraestructura e equipos)

Seguimento

Procedemento

Procedemento de seguimento do Plan Dixital

A frecuencia de seguimento da consecución dos obxectivos marcados será como mínimo unha vez ao trimestre. Cada obxectivo leva asociado:

  • Un indicador de logro
  • Accións a levar a cabo

Cada unha das accións propostas neste plan teñen indicadores específicos, que axudarán a determinar se o obxectivo proposto foi alcanzado e se é necesario realizar variacións no plantexamento destas accións durante o curso para que as propostas materialicen.

A continuación recóllese o seguimento trimestral do Plan Dixital.

1º Trimestre

O1PD: Mellorar o nivel de Competencia Dixital Docente do Centro (Colaboración e redes )

ACCIÓNS

  • AO1PD.1: Reunión inicial do claustro para detectar as necesidades en relación a competencia dixital docente - acadada
  • AO1PD.2: Preinscripción en cursos FProfe axeitados as necesidades do profesorado - acadada
  • AO1PD.3: Realización de cursos - en proceso

 

O2PD: Emprego de Google Forms para a administración online do servizo de actividades extraescolares (Colaboración e redes)

ACCIÓNS

  • AO2PD.1: Creación do Formulario - acadada
  • AO2PD.2: Recopilación de datos do formulario - acadada
  • AO2PD.3: Elaboración do Horario de Extraescolares e Lista de Control de Presencialidade - acadada
  • AO2PD.4: Emprego da Lista de Control de Presencialidade durante o curso - en proceso

 

O3PD: Xestión dixital da biblioteca do centro con lector de código de barras (Infraestrutura e equipos)

ACCIÓNS

  • AO3PD.1: Selección dun lector de códigos de barras - acadada
  • AO3PD.2: Adquisición do lector de código de barras - acadada
  • AO3PD.3: Instalación do software e posta a punto do lector - en proceso

 

O4PD: Participación en Polos Creativos (Infraestrutura e equipos)

ACCIÓNS

  • AO4PD.1: Presentación de documentación. Nomeamento do Coordinador de Polos Creativos, do Membro do equipo dinamizador que acompaña ao coordinador e Coordinador/a de actividades - acadada
  • AO4PD.2: Elección da temática do proxecto- acadada
  • AO4PD.3: Recepción do equipamento - en proceso

 

O5PD: Instalación de licenzas Microsoft Office nos ordenadores do Centro (Infraestructura e equipos)

ACCIÓNS

  • AO5PD.1: Busca de ofertas para a adquisición de licenzas de Microsoft Office - acadada
  • AO5PD.2: Enquisa ao profesorado acerca dos hábitos de traballo na aula TIC - acadada
  • AO5PD.3: Selección da cantidade de licenzas a adquirir - acadada
  • AO5PD.4: Adquisición das licenzas - acadada
  • AO5PD.5: Instalación de Microsoft Office nos ordenadores do Centro - en proceso
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Procedemento para a avaliación

Para poder avaliar o plan, será necesario medir o grao de consecución dos obxectivos marcados. A avaliación final realizaráse como mínimo unha vez ao ano.

Coa análise destes indicadores, elaboraráse un informe avaliativo final no que se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de mellora para cursos posteriores.

Valoración xeral

 

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

PLAN DIXITAL CURSO 2024-2025 (v4)

O Plan Dixital, aprobado anualmente polo Consello Escolar, é distribuido a comunidade educativa mediante un enlace a través da plataforma Educalidade:

En Educalidade pódense consultar os Obxectivos propostos, as Accións levadas a cabo para acadalos, a súa Temporalización e os Indicadores de logro estabrecidos.

Ademáis, nos Anexos incluidos no Plan Dixital pódense consultar os seguintes documentos:

 

O Plan Dixital e toda a documentación relacionada tamén están a disposición da comunidade educativa mediante a páxina web do centro:

 

 

HISTÓRICO PLAN DIXITAL

PLAN DIXITAL CURSO 2021-2022: Fase de formación + redacción Plan Dixital 21/22 (v1)

Nos Anexos incluidos no Plan Dixital, pódense consultar os seguintes documentos:

  • Selfie
  • DAFO
  • Test CDD

 

PLAN DIXITAL CURSO 2022-2023 (v2)

 

PLAN DIXITAL CURSO 2023-2024 (v3)