Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Para a consecución seguiremos o plan diseñado, atendendo as accións e od obxectivos do Plan Dixital do centro.
- Levouse a cabo con éxito.
- Levouse a cabo con éxito modificando a planificación inicial.
- Levouse a cabo sen éxito.
- Non se levou a cabo.
- Observacións (modificacións e motivos das mesmas ou propostas de mellora)
O01PD. Actualizar e mellorar as prácticas de ensino e aprendizaxe mediante a ampliación do coñecemento e uso de ferramentas dixitais para a creación de recursos educativos.
AO1.1 :Identificar e seleccionar ferramentas dixitais que poden ser útiles para a creación de recursos educativos para a etapa de educación infantil. Realizada.
AO1.2: Proporcionar formación ás docentes sobre como usar estas ferramentas para crear recursos educativos. Realizada, ao longo do curso.
AO1.3: Fomentar a colaboración e o intercambio de ideas entre as docentes sobre como usar as ferramentas dixitais de maneira efectiva. Realizada, ao longo do curso.
AO1.4.: Revisar e actualizar regularmente os recursos educativos creados para asegurar que sigan sendo relevantes e útiles. Realizada, ao longo do curso.
O02PD: Empregar recursos dixitais para a subida de contido na nova páxina web da escola.
AO2.1: Identificar as necesidades de contido da páxina web. Realizada.
AO2.2: Proporcionar formación ou asistencia, se é necesario, para axudar ao persoal docente a elaborar e subir os contidos. Realizada, ao longo do curso
AO2.3: Elaborar plantillas comúns para a subida de contido á páxina web. Realizada.
AO2.4: Subir os contidos á páxina web e asegurarse de que están accesibles e no formato elixido. Realizada. En proceso ao longo do curso.
O03PD: Iniciar ao alumnado na realización de actividades empregando o panel dixital interactivo.
A03.2. Deseño de actividades empregando recursos dixitais. Realizada. En proceso ao longo do curso.
O01PD. Actualizar e mellorar as prácticas de ensino e aprendizaxe mediante a ampliación do coñecemento e uso de ferramentas dixitais para a creación de recursos educativos.
AO1.2: Proporcionar formación ás docentes sobre como usar estas ferramentas para crear recursos educativos. Realizada, ao longo do curso.
AO1.3: Fomentar a colaboración e o intercambio de ideas entre as docentes sobre como usar as ferramentas dixitais de maneira efectiva. Realizada, ao longo do curso.
AO1.4.: Revisar e actualizar regularmente os recursos educativos creados para asegurar que sigan sendo relevantes e útiles. Realizada, ao longo do curso.
O02PD: Empregar recursos dixitais para a subida de contido na nova páxina web da escola.
AO2.2: Proporcionar formación ou asistencia, se é necesario, para axudar ao persoal docente a elaborar e subir os contidos. Realizada, ao longo do curso.
AO2.4: Subir os contidos á páxina web e asegurarse de que están accesibles e no formato elixido. Realizada, ao longo do curso.
F5. Iniciar ao alumnado na realización de actividades empregando o panel dixital interactivo
A03.1. Emprego de actividades dixitais coas que o alumnado sexa autónomo. Realizada, ao longo do curso.
A03.2. Deseño de actividades empregando recursos dixitais. Realizada, ao longo do curso.
O01PD. Actualizar e mellorar as prácticas de ensino e aprendizaxe mediante a ampliación do coñecemento e uso de ferramentas dixitais para a creación de recursos educativos.
AO1.2: Proporcionar formación ás docentes sobre como usar estas ferramentas para crear recursos educativos Realizada.
AO1.3: Fomentar a colaboración e o intercambio de ideas entre as docentes sobre como usar as ferramentas dixitais de maneira efectiva.Realizada.
AO1.4.: Revisar e actualizar regularmente os recursos educativos creados para asegurar que sigan sendo relevantes e útilesRealizada.
O02PD: Empregar recursos dixitais para a subida de contido na nova páxina web da escola.
AO2.2: Proporcionar formación ou asistencia, se é necesario, para axudar ao persoal docente a elaborar e subir os contidos.Realizada.
AO2.4: Subir os contidos á páxina web e asegurarse de que están accesibles e no formato elixido.Realizada.
F5. Iniciar ao alumnado na realización de actividades empregando o panel dixital interactivo
A03.1. Emprego de actividades dixitais coas que o alumnado sexa autónomoRealizada.
A03.2. Deseño de actividades empregando recursos dixitais. En proceso
Avaliación
A través do PDC propoñemos unha serie de obxectivos que haberá que acadar nun tempo determinado durante o curso 2023/24. A avaliación dos obxectivos propostos, farémolo do seguinte xeito e despois engadiremos as conclusións neste documento:
1. Faremos unha táboa de avaliación e repetirémoa para cada obxectivo proposto.
2. Cada táboa serve para avaliar todos os obxectivos propostos nesa liña estratéxica. Na táboa engadiremos o obxectivo e as accións relacionadas co mesmo e cos indicadores de logro según os seguintes niveis de consecución:
Acadado, parcialmente ou pendente.
3. Finalmente, iniciaremos o proceso de reflexión e poremos por escrito aquelas melloras que nos gustaría propoñer para os obxectivos que o requiran, do seguinte xeito:
a. Que valoración global fai o profesorado da súa aplicación na aula? E o equipo directivo e os membros do equipo do plan dixital?
b. Manterase o obxectivo?
c. Coa súa implantación, convertéronse en novos obxectivos específicos ou derivados da mesma?
d. É necesario engadir actuacións? Quitar? Modificar os existentes?
e. É necesario concretar con máis detalle aspectos relativos aos responsables, temporalización ou avaliación?
f. Tendo en conta o obxectivo proposto, parécenos oportuno presentar outros novos que completen e melloren a experiencia deste primeiro?
(*Estas preguntas u outras que poidan ir xurdindo nos dará as pautas para realizar unha
avaliación máis reflexiva e concisa que poderemos reflectir posteriormente nunha rúbrica.)
Avaliarase tanto o proceso, como a consecución do obxectivo ao final do propio proceso. Polo tanto estableceranse dous tipos de avaliación:
- Avaliación procesual.- Realizarase ao final de cada trimestre e incluirán o estado da execución das accións, a análise e a valoración dos resultados. De ser o caso, tamén as posibles modificacións das accións (e os motivos) e as propostas de mellora.
- Avaliación final.- Realizarase a final de curso e incluirá a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Os obxectivos propostos durante este curso realizáronse con éxito de forma xeral, sendo estes obxectivos moi útiles e prácticos no devenir diario da escola.
O claustro implicouse de forma axeitada na súa consecución e conseguimos unificar formatos na subida de contidos á paxina web, aumentamos os recursos realizados de forma dixital para o beneficio do noso alumnado, e empregamos algúns dos recursos que nos ofrecen as lousas dixitais. Ademais, cabe destacar que todas as mestras actualizámonos no uso de ferramentas dixitais, tanto para subir contidos como para realizar recursos.
O único obxectivo acadado parcialmente foi: A03.2. Deseño de actividades empregando recursos dixitais. A formación e os recursos dos que dispoñemos neste aspecto (e tendo en conta que o noso alumnado é de Educación Infantil) non nos permitiu levar a cabo este obxectivo de forma completa. Puidemos inicialo pero non chegamos a realizar 10 actividades dixitais. Ademais, tivemos que cambiar a formación do PFPP para o Plan Dixital por formación en Polos Creativos, polo que non puidemos continuar coa aprendizaxe neste sentido.
Polo tanto, de cara ao curso que vén manteremos este obxectivo pero reducindo o número de actividades e intentando buscar recursos que nos permitan acadalo.
En canto ao resto de obxectivos, xa que foron acadados, en setembro faremos unha revisión por se é necesario repetir algún deles, xa que hai algún que nos permite estar en continua actualización e consulta entre nós para mellorar a nosa competencia dixital.
Comunicación e difusión
Difusión do plan dixital. Neste ámbito será necesario definir os protocolos ou estratexias que serán necesarios para organizar as revisións do plan e aplicar as actualizacións oportunas, así como publicitar e difundir o plan dixital entre a comunidade educativa.
PROTOCOLOS OU ESTRATEXIAS PARA A DIFUSIÓN DO PLAN DIXITAL
Acción Destinatarios Canle Responsable Difusión do Plan ao Claustro de profesorado: Na primeira reunión xeral informar ao claustro a través dunha presentación.
Coordinadora TIC Difusión á Comunidade Educativa: Inclusión do Plan Dixital no PEC para a difusión do mesmo na web do centro*
Equipo directivo Difusión ás familias: Na reunión xeral a comezo de curso informarase do proxecto e as accións nas que estarán implicadas Equipo directivo
Nota*: daráselle publicidade e difusión entre toda a comunidade educativa por medio da súa publicación na páxina web do centro dentro do bloque “O centro” no elemento do menú “Regulamento do centro”.
http://www.edu.xunta.gal/centros/eeicristodavictoria