Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O seguimento virase de facer con carácter mensual ó longo de todo o curso mediante as visitas programadas (ou reunións telemáticas) do asesor dixital asignado ó noso centro (grup ADIX_Vig1).
En cada unha das visitas o coorfinador planteza determinadas liñas de traballo e vanse repasando o grao de consecución de cada obxectivo na correspondente visita ó centro.
Mediante as visitas programadas polo coordinador ADIX e os seus consellos e supervisión vaise revisando a elaboración e depuración do Plan Dixital do presente curso.
En xeral, neste primeiro trimestre vaise facendo unha planificación daqueles obxectivos que poderiamos considerar mais urxentes: formación do profesorado n relativo á CDD e renovación da Aula de informática. Coidamos que de conseguir acadar algún dos obxectivos de xeito realístico serán éstes, por outra banda son os que mais nos urxen. Dado o carácter do noso Centro, CPR, e ás dificultades moitas veces de achegar orzamentos para financiar material o equipo Directiov decide apostar dende un primeiro momento pola consecución o antes posible da CDD do noso profesorado. Para elo organízanse dúas quendas formativas a través do CECE.
Seguimento conxunto co coordinador Adix das actualizacións e accións desenroladas.
Como xa se comentara no seguimento do 1º Trimestre ponse maior énfase nos OBX3, en especial , e no OBX4. Antes do remate do 1º Trimestre un bó número do profesorado vense de matricular nun curso para acadar un nivel formativo A2/B1 na CDD, e que será rematado unha vez xa empezado o 2º Trimestre. Tra-la primeira quenda formativa escomeza a segunda, a mediados do 2º Trimestre, e que será rematada ó longo do 3ºTrimestre.
Preparación para o peche do Plan Dixital. Actualizar os indicadores.
Neste 3º Trimestre computamos unha porcentaxe aproximada do 50% do profesorado en achegar un nivel formativo B1 da CDD. Algunha parte do profesorado acadou horas formativas a través da plataforma FPROFE.
A propia dinámica do curso, que moitas veces fai imposible acadar o proposto á comenzos do mesmo, e as necesidades reais, fan que dun xeito natural algúns dos obxectivos sexan mais relevantes que outros.
O obxectivo 4 vense de acadar parcialmente e, a maiores da renovación en sí do equipamento individual da Aula de Informática vense de renovar outros equipos obsoletos (tamén se inclúen as facturas).
Na derradeira visita do coordinador ADIX fíxose unha avaliación e posta o día do curso, no referinte ó Plan Dixital, xunto cunhas recomendacións finais.
Avaliación
Con carácter periódico ó longo do curso escolar haberá reunións entre os membros do equipo de coordinación do Plan Dixital. O obxectivo fundamental destas xuntanzas será avaliar o grao de consecución dos diferentes obxetivos así como o replantexamento das liñas de traballo e atender a tóda-las posibles suxerencias.
Nelas se valorarán as distintas incidencias, a organización e uso, as suxestións dos distintos compoñentes da comunidade escolar (tanto a nivel individual como colectivo dos distintos órganos: consello escolar, claustro, comisión de coordinación pedagóxica, departamento de orientación e reunións de titores), podéndose facer as modificacións que se consideren oportunas. Xaa no remate do curso avaliarase a implementación ou grado de consecución dos obxectivos propostos no plan dixital no arranque do curso, así coma a implicación do profesorado e alumnado.
Compre comenzar este apartado destacando a grande labor de asesoramento e supervisión levada a cabo polo coordinador ADIX asinado ó noso centro. Moi resolutivo e atento a toda-las nosas demandas e dúbidas relativas á confección do noso Plan Dixital de Centro.
En xeral a valoración é positiva ainda que quizais deberiamos ser menos ambiciosos no referente ó número de obxectivos e, pola contra, centrarnos na consecución de un/dous obxectivos po ano académico (ou cando menos a curto/medio prazo). Non por iso somos conscientes de que certos obxectivos implican un esforzo ( a nivel económico e con orzamento a cargo do Centro) que fai a súa consecución mais compricada a curto prazo.
Quizais sexa mais conveniente plantexar unha listaxe de obxectivos menor e non ter tantas frontes abertas. O día a día no colexio fai que moitos obxectivos que a priori parecen achegables ó final do curso non o sexan.
Deberiamos manter como obxectivo principal a mellora da infraestructura técnica, en concreto a renovación daqueles equipos mais obsoletos da Aula de Informática e da Biblioteca. Un obxectivo asumible a curto prazo é a inclusión nas aulas do segundo e terceiro ciclos de Primaria dun equipo individual, coon acceso a rede, para conskulta in situ do alumnado.
Comunicación e difusión
Presentación, a nivel interno, do mesmo no derradeiro claustro do curso para, posteriormente, levalo ó Consello Escolar.
- Do mesmo xeito o Plan Dixital tamén estará dispoñible na páxina web do colexio, facendo publicidade do mesmo entre toda a comunidade educativa. No seguinte enlace temos a URL da páxina web do colexio https://divinosalvador.com/ ( e dentro do menú "O Colexio" unha ligazón en aberto ó Plan Dixital do noso colexio, vía Educalidade)
- https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36010216