Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O procedemento que imos empregar para o seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución dos obxectivos, parte das seguintes:
- En relación á avaliación procesual, esta realizarase unha vez ao trimestre. E valoraremos o estado de execución das accións propostas, a análise e valoración dos resultados acadados ata o momento e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- En relación á avaliación final, esta realizarase unha vez ao ano, coincidindo co final de curso. Valoraremos o logro dos obxectivos propostos e posibles modificacións e melloras para o vindeiro curso.
Durante o primeiro trimestre do curso completamos as accións establecidas acorde á temporalización proposta para cada obxectivo do Plan Dixital:
- O1PD: Actualizar os dispositivos tecnolóxicos obsoletos que temos no centro
AO1.1: Solicitude de baixa dos dispositivos á UAC
Dispositivos dados de baixa a través da UAC e recollidos polo servizo pertinente.
AO1.2: Solicitude de reposición dos dispositivos á UAC
Avisada a UAC da necesidade de novos dispositivos, estamos á espera de noticias.
- O2PD: Utilizar ferramentas tecnolóxicas para a aprendizaxe do alumnado
AO2.1: Proposta de actividades TIC a nivel de centro
Estase a crear, nas pantallas das Tabletas, accesos directos a diferentes APPs referidas ás diferentes áreas impartidas ou que faciliten determinadas aprendizaxes no alumnado e axuden ao profesorado na súa labor de ensinanza
- O3PD:Utilizar ferramentas dixitais para a avaliación do alumnado
AO3.1: Proposta de actividades TIC para a avaliación do alumnado
Emprego de programas de avalaiación tales como Plickers, kahoot ou Classdojo.
- O4PD :Solicitar formación de Polos Creativos a nivel de centro (impartida polo CFR)
AO4.1: Solicitude da formación de maquinaria de Polos Creativos
Solicitado.
V2331034 - PFPP 2023/2024 36010137 - CEIP da Igrexa-Candeán
Dentro do cal temos V2305044 - PFPP V2331034 O Polo Creativo no CEIP da Igrexa-Candeán adicado á RADIO.
- O5PD: Ampliar o uso do material tecnolóxico do centro á biblioteca
AO5.1: Creación dun espazo TIC na biblioteca
Creouse un espazo onde gardar 4 portátiles e 3 tabletas, así como nun principo, a Radio.
- O6PD: Abrir o Polo Creativo á comunidade a través de obradoiros de costura coas familias
AO6.1: Preparación do espazo e presentación da maquinaria
Estaba preparado para facerse no Entrodio, pero ao final creouse un taller de adornos de Nadal, onde unha nai ensinounos o manexo da máquina de coser.
AO2.1: Proposta de actividades TIC a nivel de centro
Estase a formar internamente tanto a profesorado como a alumnado no manexo de programas de creación e edición de video e audio, para a creación de Podcast e Curtometraxes.Este ano o noso PDI está relacionado coa expresión oral e estamos a empregar estes medios para fomentar a motivación e creatividade do alumnado.
- O4PD :Solicitar formación de Polos Creativos a nivel de centro (impartida polo CFR)
Tras solicitude de formación por parte do CFR, foron concedidas as seguintes formacións:
- Docencia sobre a radio por parte do relator Javier Prado (31 de xaneiro)
-Docencia sobre a Edición de vídeo, compartida co centro CEIP Plurilingüe Porto Cabeiro, no CEIP da Igrexa-Candeán ( 7 e 14 de marzo)
AO4.3: Establecemento dun horario de asistencia ao Polo
Realización dun horario flexible e información sobre as instrucción para un bo manexo do material,normativa, orde e limpeza... para que cada grupo asista á aula de Polos e esta se manteña en boas condicións.
AO6.2: Realización dun obradoiro de disfraces
Como comentárase no seguimento do anterior trimestre, cambiouse esta actividade pola elabaraciónd e adornos de Nadal.Non foi realizada.
AO2.2: Implementación das tarefas TIC propostas
Actualmente o 50% do profesorado emprega ferramentas TIC no desenvolvemento das súas clases, tanto para explicacións coma para a creación de actividades (curtometraxes, radio..)
AO3.2: Implementación das tarefas TIC propostas para a avaliación do alumnado
As aplicación tales coma Plickers, kahoot ou Classdojo segue a estar usada tan so polo 30% do profesorado, aínda que outra porcentaxe de mestres sí que emprega outro tipo de aplicación pero para a creación de avaliacións funxibles (fichas)
AO4.2: Asistencia á formación de maquinaria de Polos Creativos
No terceiro trimestre xa non tivemos máis formación de polos, pero si que seguimos traballando nelas a través do PFPP no que estabamos inscritos, tanto presencialmente no centro como formación individual na casa.
AO5.2: Formación do alumnado no emprego do novo recuncho de busca de información
Este obxectivo non foi conseguido xa que debido a difcultades de temporalización e organización, considerouse máis efectivo para este ano a ensinanza no manexo da radio (daque obtivemos formación no segundo trimestre) ,sobre todo no "clube de lectura" da biblioteca. Espera retomarse para o vindeiro ano este apartado.
AO6.3: Realización dun obradoiro de bandas de graduación
Este obxectivo non foi cumplido debido á falta de tempo. Para o vindeiro ano poderíase unificar o obradoiro de disfraces (que estaba plantexado no segundo trimestre) xunto con este.
Avaliación
Procedemento para avaliación
O procedemento que imos empregar para o seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución dos obxectivos, parte das seguintes:
- En relación á avaliación procesual, esta realizarase unha vez ao trimestre. E valoraremos o estado de execución das accións propostas, a análise e valoración dos resultados acadados ata o momento e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- En relación á avaliación final, esta realizarase unha vez ao ano, coincidindo co final de curso. Valoraremos o logro dos obxectivos propostos e posibles modificacións e melloras para o vindeiro curso.
Valoración xeral
As espectativas postas este curso no referente ao Plan Dixital no foron cubertas, na súa maior parte, debido á falta de tempos e de persoal, xa que o Equipo de Tics, a pesar de estar formado por 3 persoas, so a cordinadora tivo tempo de non docencia para levar as cabo as tarefas, tendo en conta que tamén foi a coordinadora de Polos, co cal a distribción de tempos tivo que ser equitava.
En xeral queremos afondar nas novas tecnoloxías e estamos de acordo que hai que ir introducindo novidades, pero consideramos que tanto a carga de traballo como a fata de tempos impide o bo denvolvemento das tarefas que queremos plantexar
Intentar ofrecer ao equipo Tic máis horas para a realización destas tarefas. De non ser posible, diminuir o número de obxectivos e pantexar outros máis realistas e efectivos.
Intentar buscar unha maior participación das familias.
Dotar ao profesorado de ferramentas que lle faciliten o manexo nas novas tecnoloxías e perdan os "medos" a afondar en novas propostas.
Crear un dossier onde se recopilen producións feitas polos diversos mestres: escaletas para radio, para curtometraxes, instrucións feitas para os nenos e nenas...
Comunicación e difusión
O Plan Dixital farase público a través da web do colexio despois de ser presentado no Claustro e Consello Escolar.
As actividades levadas a cabo dentro do Plan Dixital publicaranse a través do blog do centro e Instagram.