Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Plan Dixital debe permitir á comunidade educativa visualizar onde queremos chegar, entender de onde partimos e trazar o camiño que nos leve a conseguir os obxectivos planeados, tendo en conta a nosa realidade e a normativa vixente recollida a continuación:

•     Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

•     Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

•     Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

•     Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

•     Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

•     Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  O devandito PD foi elaborado polo Equipo de Dinamización do Plan    Dixital constituído no primeiro trimestre do curso escolar 21-22. Tras  isto foi necesario levar a cabo os seguintes pasos:

1.    Configuración e elaboración da ferramenta SELFIE.

2.    Análise da competencia dixital do centro (alumnado, profesorado e membros do equipo directivo) coa ferramenta SELFIE.

3.    Análise da situación actual do centro a través dunha matriz DAFO.

4.    Concreción dos obxectivos que se pretenden perseguir co PD.

5.    Elaboración e redacción do PD.

6.    No curso 2022-23, puxemos en marcha o noso PD, en funcións da  características  do funcionamento do noso centro en función do noso alumnado, e en función  das nosas posibilidades.

Neste curso 2023-24, trataremos de dar continuidade á posta en marcha do noso PD, en función das nosas posibilidades.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

 

Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de posibilidades de acceso ás tecnoloxías nos seus fogares (conexión a internet, ausencia de dispositivos) Alumnado Non
Debilidade Falta de acceso ás tecnoloxías nos seus fogares (conexión a internet, ausencia de dispositivos) Falta de interese e formación. Falta de control parental no uso das tecnoloxías. Familias Si
Debilidade Falta de recursos e cos que contamos están obsoletos. A meirande parte dos recursos cos que contamos foron adquiridos polo centro co cal non temos cobertura da UAC no caso de que fallen. Infraestruturas Non
Debilidade Falta de recursos e cos que contamos están obsoletos Oferta Non
Debilidade Procedementos sumamente complexos, tanto para solicitar equipamentos como para que retiren os que xa non están actualizados, á Consellería e/ou ausencia de resposta. Organización de centro Non
Debilidade Non temos Panel Dixital Interactivo na aula de 1º de EP, nin das dúas aulas específicas. Organización de centro Non
Debilidade Falta de formación específica de algúns recusos cos que contamos no centro (PDI). Carencias con respecto á existencia dunha estratexia dixital. Escaso tempo do que dispón o profesorado para explorar novas modalidades de ensino e falta de apoios externos. Persoal docente Si
Fortaleza Curiosidade e interese polo descubrimento e a experimentación. Implicación do alumnado nas tarefas propostas a través das TICS. Efecto motivante das TICS no alumnado. Aumento da colaboración entre o alumnado grazas ao uso das TICS Alumnado Non
Fortaleza A necesidade real de empregar as TIC como uso dun SAAC (Sistema Alternativo e Aumentativo de Comunicación) con algúns alumnos/as. Familias Non
Fortaleza Os equipamentos cos que contamos no noso centro os empregamos na súa totalidade. Infraestruturas Non
Fortaleza Presentación de contidos e actividades a través de diversos formatos para poder chegar aos diferentes perfís competenciais do noso alumnado. Oferta Non
Fortaleza As aulas contan con ordenadores, PDI e. algunhas aulas contan con Panel Dixital Interactivo; e con acceso a Internet. Instalación do N.A.S. que nos permite aos docentes compartir documentación e recursos dun xeito seguro desde calquera ordenador. Organización de centro Non
Fortaleza Implicación do profesorado no emprego das novas tecnoloxías. Profesorado disposto a aprender e a participar en novos proxectos. Actualización e esforzo por parte do profesorado na implementación e uso da Aula Virtual Persoal docente Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Asistencia técnica exclusiva para os equipos da Consellería que teñen instalado o paquete Abalar, e non para o equipamento adquirido polo centro e/ou co sistema Windows. Obriga de mudar os ordenadores ao paquete Abalar sen previa formación do profesorado. Falta de alternativa para utilizar os recursos creados noutro sistema operativo. Administración educativa Non
Ameaza Desvinculación persistente das familias máis desfavorecidas na colaboración co centro, así como ausencia de recursos e formación: algúns non saben ler nin escribir para eles, as novas tecnoloxías son un "mundo lonxano". ANPA Non
Ameaza Escasa ou nula conexión á Internet e falta de equipamentos das familias do alumnado máis desfavorecido. Coa dotación que nos deron, temos equipos, pero o lugar onde viven moitas familias, non teñen conexión a internet. Contorna Non
Ameaza Constante actualización da lexislación, incrementando a carga administrativa do profesorado. Constante demanda dende distintos Planes e Programas: Plan Dixital, Polos Creativos; solicitudes de Contratos Programa; requirimentos do PROA+; ao que se suman aos documentos de organización de Centro ( PXA, Programación; Adaptacións Curriculares; solicitude Becas NEAE ¿no nos Centro solicitamos 21 becas-; DOC , tendo que dar resposta a todas estas demandas NO MESMO PRAZO DE TEMPO: os primeiros meses do 1º trimestre ( no noso Centro é moi complexo ante a recepción de moito alumnado NEE que precisa un período de coñecemento e adaptación. Lexislación Non
Ameaza Obstáculos á hora de compartir recursos e información derivados do cumprimento da lei de protección de datos. Outras Non
Oportunidade Asistencia técnica (soporte da UAC) eficaz e rápida. Administración educativa Non
Oportunidade Colaboración e comunicación estreita co centro. ANPA Non
Oportunidade Préstamo de recursos TIC ao centro por parte do Centro de Formación e Recursos. Contorna Non
Oportunidade Actualización dos protocolos do centro no tocante á protección de datos do alumnado. Lexislación Non
Oportunidade Préstamos, de asociacións con convenio de colaboración coa Consellería, de material TIC específico para traballar co alumnado NEE, así como formacións vencelladas. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Grazas á ferramenta SELFIE, que nos proporcionou un informe da situación, puidemos realizar o informe DAFO. Este foi o seguinte paso necesario para lograr unha análise co que estudar as características internas (debilidades e fortalezas) e externas (ameazas e oportunidades). Nesta análise expúxose a realidade concreta e actual do centro, concluíndo en aspectos como:

·       A escaseza de equipamento actualizado.

·       As dificultades do alumnado e das familias no uso funcional das tecnoloxías.

·       A importancia da actualización docente para mellorar a eficacia e eficiencia no uso das TIC.

Tras isto, establecéronse as áreas prioritarias sobre as que se formularon os obxectivos recollidos na lapela "obxectivos"

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD 1. Continuar actualizando a documentación do centro relacionada coas TIC: inventario, listado de usuarios e claves de acceso, instrucións de uso para alumnado, familias e profesorado, etc.)
O02PD 2. Facilitar a comunicación coas familias a través do aplicativo Abalar móbil: dende a primeira reunión inicial de curso; e durante as distintas titorías mantidas ao longo do curso.

Seguimento

Procedemento

Ao comezo do curso créase o equipo de Plan Dixital e noméase unha coordinadora. Isto permitirá desenvolver dito plan e acadar os obxectivos propostos nel.

1º Trimestre

O01PD1. En referencia a este obxectivo, desenvolveuse a seguinte acción: AO1.1 " Nomeamento do coordinador TIC". Tamén actualizamos o inventario TIC.

O02PD2. En referencia a este obxectivo, desenvolvemos distintas accións:

- AO1.3 "Creación dun titorial teórico-práctico para a formación das familias".

- AO2.2 " Formación para ás familias sobre o uso de Abalar móbil": entregamos ás familias un manual  sobre o aplicativo Abalar móbil: na primeira reunión inicial de curso; e durante as distintas titorías mantidas ao longo do trimestre.

2º Trimestre

O01PD1. En referencia a este obxectivo, continuamos actualizando o inventario TIC, en función das novas adquisicións e donacions. Iniciamos a actualización da listaxe de usuarios e claves de acceso. Actualización das redes sociais do Centro. E creamos os contrasinais  para os usuarios da plataforma dixital E-LBE.2

O02PD2. En referencia a este obxectivo, na acción AO2.2 " Formación para ás familias sobre o uso de Abalar móbil": incrementouse paulatinamente o uso do aplicativo  Abalar móbil por parte das familas ao longo do trimestre.

3º Trimestre

O01PD1. En referencia a este obxectivo, desenvolvemos as seguintes accións:

- AO1.2 "Actualización do documento que recolla toda a información necesaria para a coordinación dos recursos TIC do Centro".

- Finalizouse a  actualización do inventario TIC, en función das novas adquisicións e donacions. Continuamos a actualización das redes sociais do Centro.

O02PD2. En referencia a este obxectivo, na acción AO2.2 " Formación para ás familias sobre o uso de Abalar móbil": continuou  incrementándose  o uso do aplicativo  Abalar móbil por parte das familas ao longo do trimestre.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

·         No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

·         No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será  unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Iniciaremos este apartado, facendo referencia ao apartado anterior "PROCEDEMENTO PARA A AVALIACIÓN", por ter dificultades para a súa edición.

- A avaliación procesual realizouse trimestalmente: os obxectivos e as accións propostas,desenvolveronse paulatinamente ao longo do curso académico.

- Avaliación final: os obxectivos programados O01PD  e O02PD e as accións correspondentes, foron acadadas, aínda que faremos alusión ao seu desenvolvemento na valoraación xeral.

VALORACIÓN XERAL:

O CEIP Fonte Escura, centro de atención preferente a alumnado con Trastorno do Espectro autista e alumnado con Discapacidade Motórica, ten unhas características que condicionan o planteamento dun Plan dixital ordinario.

A comunidade educativa implícase no mesmo, na medida das súas posibilidades e prioridades, pero non sempre podemos chegar a alcanzar ditos propósitos.

Somos conscientes dos beneficios dun Plan Dixital para os centros educativos, pero as nosas características condicionan os obxectivos propostos, o ritmo de execución, as accións a desenvolver e a temporalización das mesmas. Por isto, o noso centro tratará de dar pequenos pasos dentro do Plan, de cara á optimización de recursos para dar resposta ás necesidades específicas de apoio educativo de todo o alumnado, ás demandas do profesorado e ás necesidades das familias e demais membros da nosa comunidade educativa.

 

Proposta de mellora

Como propostas de mellora, propoñemos dar cotinuidade ás nosas necesidades a través do plan dixital, respectando as nosas prioridades e necesidades.

Continuar traballando para que as familias optimicen o uso da aplicación abalar móbil, xa que aída nos quedan pasos que dar, poara que se normalice e normativice o seu uso. Imos pouco a pouco, pero imos avanzando.

Esa, é unha das nosas características, o noso ritmo é lento, pero é de crecemento, a través da maior das nosas riquezas: a atención á diversidade.

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O presente PD estará dispoñible para consulta de calquera axente da nosa comunidade educativa a través da páxina web do centro, no apartado relativo á documentación. Adicionalmente, no centro existirá unha copia, dispoñible para calquera membro do Claustro que o desexe.

 

Plan dixital do CEIP Fonte Escura 2023-24