Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.Introdución

1.1.Datos básicos do centro

O CEIP Plurilingüe Carballal- Cabral sitúase na Rúa Lomba nº1 en Cabral- Vigo, con dirección de correo electrónico ceip.carballal.cabral@edu.xunta.es contamos con páxina web no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcarballalcabral/

O número de alumnado do centro é de 113 alumnos, repartidos en unidades completas, dende 3 anos ata 6º de Primaria, polo que contamos con 9 unidades e 16 compoñentes no claustro de mestres.

1.2.Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

1.2.1 CARACTERÍSTICAS E CONDICIÓNS DA CONTORNA

            O CEIP Plurilingüe Carballal-Cabral está situado no barrio de Carballal enclavado na Parroquia de Cabral pertencente ao Concello de Vigo. Cabral é unha das parroquias máis grandes e diversas de Vigo.

Este barrio está situado na zona Nordeste do Concello, moi preto do aeroporto e linda co Concello de Redondela e de Mos. Constitúe unha zona semi-urbana onde a poboación está bastante espallada en vivendas unifamiliares e con terreo.

A actividade económica da zona está baseada en pequenos negocios e tendas. A agricultura e gandería está moi pouco desenvolvida cunha produción fundamentalmente de autoconsumo (produtos de horta).

Moitos habitantes da zona desprázanse diariamente a Vigo para traballar ben na industria como no sector servizos.

Comunicacións: por estar situada moi preto do Aeroporto de Vigo está moi ben comunicado co Centro da Cidade e con acceso directo á autopista AP-9.

Servizos: transporte urbano (dúas liñas), carece de mercado e Centro de Saúde, tendo que desprazarse a Vigo (Calvario e Lavadores).

Deportes: Conta cun pavillón polideportivo e piscinas ao aire libre de uso exclusivo en verán, propiedade   da potente Comunidade de Montes de Cabral. Conta cun importante club de balonmán o Club de Balonmán Carballal, e ademais no campo de fútbol adestra un club histórico da cidade de Vigo, o Gran Peña. A zona tamén dispón de instalacións deportivas pertencentes ao Real Aeroclub de Vigo onde dispón de piscina, cancha de tenis, paddle e campo de golf e por suposto, un aeroporto para vos de práctica.  

Actividade Cultural: Na zona desenvólvese unha gran actividade cultural, sendo diferente as asociacións que conviven: Asociación cultural “O Coto”, Asociación de amas de Casa “Rosalía de Castro”, Banda de música “As Delicias de Cabral” e a Banda de música de Cabral pertencente a unha asociación veciñal. As instalacións do propio Colexio son sede da Asociación Cultural “O Coto. En Cabral atópase o Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) onde se levan a cabo numerosas actividades expositivas, pero tamén culturais e deportivas importantes. No IFEVI atopase a sede da escola de gaitas e percusión de Vigo.

Colexios: Un Centro de Educación Especial CEE “Saladino Cortizo” e tres Centros de Educación Infantil e Primaria: ademais do noso están o CEIP Santa Mariña e o CEIP “O Sello”. Un centro concertado coas tres etapas obrigatorias: CPR Martín Codax.

O noso alumnado está adscrito ao IES Carlos Casares, situado na parroquia de Bembrive.

Familias: O alumnado maioritario do Centro vive na zona, en casas unifamiliares que, en moitos casos, comparten cos avós e polo tanto estes desempeñan un papel moi importante no coidado e educación dos nenos. Sen embargo, temos alumnado que vén dende outras zonas de Vigo, Redondela, Mos, grazas a que o centro dispón do servizo “Madruga”.

1.3.Breve xustificación do mesmo.

Durante o curso escolar 2020/2021 e ante a situación vivida no curso anterior do confinamiento por COVID-19 as administración públicas decidiron que os centro debían de ter un plan dixital e de novas tecnoloxías para todo o seu profesorado.

Polo que no curso 21/22 encargouse os centro e os equipos directivos a elaboración do mesmo. Dito plan dixital segue a seguinte normativa:

·         LO 2/2006 do 3 maio no seus artigos: Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132

·         Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

·         Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

·         Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tamén hay que ter en conta a seguinte notmativa:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os Instrumentos de recollida para a elaboración do plan dixital foron os seguintes: 

Selfie, Dafo e test CDD

Interno
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Tratamento das licenzas e dereitos de autoría Alumnado Si
Debilidade Utilización no centro de equipos dixitais propiedade do alumnado Alumnado Non
Debilidade Competencia por parte do alumnado para codificar, programar en relación ás tecnoloxías dixitais Alumnado Si
Debilidade Participación do alumnado na autoavaliación e coavaliación empregando ferramentas dixitais. Alumnado Si
Debilidade Competencia por parte do alumnado para a resolución de problemas técnicos dos dispositivos dixitais Alumnado Si
Debilidade Características do software instalado nos equipos. Infraestruturas Si
Debilidade Características das plataformas e aplicativos online utilizados Infraestruturas Si
Debilidade Existencia de estratexias de comunicación con outros centros educativos. Infraestruturas Si
Debilidade Dinámicas para reflexionar sobre o uso da tecnoloxía Oferta Non
Debilidade Tipoloxía da oferta educativa do centro ( por exemplo familias de FP) Oferta Non
Debilidade Tratamento das licenzas e dereitos de autoría. Organización de centro Si
Debilidade Participación en proxectos interdisciplinares Persoal docente Si
Debilidade Participación do profesorado en redes colaborativas profesionais. Persoal docente Si
Debilidade Utilización de recursos dixitais para observar e documentar os progresos Persoal docente Si
Debilidade Incorporación por parte do profesorado de tecnoloxías dixitais para a avaliación Persoal docente Si
Fortaleza Habilidades dixitais adquiridas polo alumnado en diferentes materias Alumnado Si
Fortaleza Resolución de incidencias técnicas. Infraestruturas Si
Fortaleza Incorporación nas diferentes materias de conceptos como a verificación da calidade da información, comportamento seguro e responsable do alumnado na Internet etc. Infraestruturas Si
Fortaleza Dinámicas para reflexionar sobre o uso de recursos dixitais Infraestruturas Si
Fortaleza Extensión e promoción entre o profesorado de innovacións educativas Oferta Si
Fortaleza Uso activo e creativo de aulas virtuais. Oferta Si
Fortaleza Iniciativas para afrontar necesidades de formación profesional continúa do profesorado Oferta Si
Fortaleza Creación de espazos para compartir recursos educativos dixitais. Oferta Si
Fortaleza Utilización de plataformas dixitais promovidas pola administración educativa. Oferta Si
Fortaleza Formación sobre novas modalidades de aprendizaxe do uso da tecnoloxía dixital. Organización de centro Si
Fortaleza Existencia de canles de comunicación entre as diferentes etapas do centro. Organización de centro Si
Fortaleza Política de protección de datos. Organización de centro Si
Fortaleza Existencia dunha estratexia dixital Organización de centro Si
Fortaleza Diversidade da competencia dixital Persoal docente Si
Fortaleza Transformación da práctica docente co uso da ferramentas dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Tempo do que dispón o profesorado para explorar novas modalidades de ensino Persoal docente Si
Fortaleza Creación de recursos educativos dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Creación de espazos para compartir recursos educativos dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Adopción de innovacións educativas por parte do profesorado Persoal docente Si
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Dotación do equipamento tecnolóxico Administración educativa Si
Ameaza Achegas económicas que recibe o centro Administración educativa Si
Ameaza Actuación da administración educativa Administración educativa Si
Ameaza Relación coa ANPA ANPA Non
Ameaza Existencia de proxectos externos Contorna Si
Ameaza Condicións socioeconómicas da contorna Contorna Non
Ameaza Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fora do centro educativo Contorna Non
Ameaza Lexislación educativa Lexislación Si
Ameaza Lexislación non educativa que afecta ao sistema educativo Lexislación Si
Oportunidade Estabilidade laboral do persoal docente Administración educativa Si
Oportunidade Estabilidade laboral do non persoal docente Administración educativa Non
Oportunidade Participación das familias ANPA Non
Oportunidade Oferta de actividades formativas e condicions para a participacións Contorna Non
Oportunidade Colaboración con institucións alleas ao centro educativo Lexislación Si
Oportunidade Relación con persoas que non forman parte da comunidade educativa Outras Si
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Una vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e do Test CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do Equipo de Dinamización do Plan Dixital do Centro e o conxunto de Claustro obsérvanse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES a nivel interno e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS a nivel externo que aparecen recollidas na presente análise DAFO, sinaladas a maior parte delas cunha puntuación en base a cal de xeito cuantitativo establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro cualitativo dando como resultado una serie de prioridades ás que nos propoñemos atender en diferentes temporalizacións. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do PLAN DE ACCIÓN convertIndo os items en obxetivos que trataremos de acadar ó longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes accións. Todo isto recollerase na pestana "Obxectivos".

Amais, a recepción dos paneis dixitais durante o pasado curso 2022-2023 significou unha mellora sustancial no noso equipamento redundando na posibilidade dun maior desenvolvemento da Competencia Dixital do alumnado e pretendemos que tamén se extenda á Comunidade Escolar. E por iso que os obxectivos deste curso non se quedan únicamente en chegar as nenas e nenos do centro senón tamén ás familas.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Elaboracion e aplicación dunha guia sobre o uso dos equipos e dispositivos
O02PD Utilización e formación das tablets dixitais
O03PD Continuar coa Dinamización e o fomento do uso das TICS na metodoloxía do centro
O04PD Implementación de polos creativos
O05PD Utilizar aplicacións ou programas para realizar actividades

Seguimento

Procedemento

O equipo de dinamización do Plan Dixital realizará, a lo menos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións deste plan.

A mentora Adix analizará xunto coa coordinadora do PD o desenvolvemento do proxecto.

A coordinadora do PD  terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da directora.

1º Trimestre

- AO 1.1: Normas de utilización das pantallas. Acadada

- AO 1.2: Creación dunha guía de ferramentas básicas dixitais da tablet. Pendente da 2º sesión de formación do profesorado (PFPP) para rematar a creación da guía.

2º Trimestre

- AO 1.1: Normas de utilización das pantallas. Acadada

- AO 1.2: Creación dunha guía de ferramentas básicas dixitais da tablet. Acabada 

Pendente da 2º sesión de formación do profesorado (PFPP) 

3º Trimestre

Queda pendente para o curso que ven os seguintes obxectivos:

- AO1.3: Aplicación da guía

- AO2.2: Formación do alumnado de 5º e 6º

- AO2.3: Uso das mesmas

- AO4.1:Recepción do material e creación do espazo para os polos creativos

- AO4.3:funcionamento do espazo

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para o seguimento da posta en funcionamento deste Plan Dixital, será realizado por parte do Equipo do Plan dixital, así como polo Equipo directivo do mesmo. Neste proceso teranse en conta estes dous momentos:

 Avaliación procesual: Farase un seguimento do grao de cumprimento, por parte do Equipo do Plan dixitalpolo menos unha vez por trimestre, dentro das reunións establecidas polo citado equipo. Desta avaliación proporanse á CCP cambios ou modificacións a incluír no Plan de cara a incrementar a súa eficacia real, que permita unha consecución satisfactoria dos obxectivos propostos.

 Avaliación final: Rematado cada curso escolar, o Equipo do Plan dixital fará un seguimento do grao de consecución dos obxectivos establecidos, facendo unha proposta de valoración para cada un deles que presentará ó claustro de mestres/as, onde será debatido e completado coa participación de tódolos integrantes.

Valoración xeral

Durante o curso fumos realizando os diversos obxectivos quedandonos algúns para o vindeiro curso escolar. 

A valoración xeral do plan dixial é boa xa que alcanzamos moitos dos obxectivos. 

Proposta de mellora

Non se puideron realizar os seuigntes obxectivos xa que as pantallas de 5º e 6º chegaron aos centros as últimas semanas de curso e o material de polos creativos nunca chegou ao centro.

- AO1.3: Aplicación da guía

- AO2.2: Formación do alumnado de 5º e 6º

- AO2.3: Uso das mesmas

- AO4.1:Recepción do material e creación do espazo para os polos creativos

- AO4.3:funcionamento do espazo

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O presente PD estará dispoñible para consulta de calquer axente da nosa comunidade educativa a través da páxina web do centro, no apartado relativo á documentación. Adicionalmente, no centro existirá unha copia dispoñible para calquera membro do Claustro que o desexe na paxina web do centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcarballalcabral/