Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
A partir da realización das diferentes accións ao longo do curso farase un seguimento do Plan Dixital que será incluído en cada unha das accións levadas a cabo, así como as evidencias das mesmas.
Este seguimento a partires da observación directa das diferentes accións realizadas, valoraranse segundo a escala de Likert en 4 niveis de desempeño.
1. Levouse a cabo con éxito.
2. Levouse a cabo con modificacións respecto á programación inicial.
3. Non se puido levar a cabo.
O01PD: Implementar e empregar os polos creativos como un recurso didáctico, innovador para fomentar a creatividade, o pensamento crítico e as habilidades dixitais do noso alumnado.
AO1.1 Realizar formación en polos creativos en PFPP, implicando ao maior número de docentes. En proceso.
A01.2 Facer un Seminario ou grupo de traballo para integrar no curriculum os polos creativos e integrar as áreas curriculares onde poden ser máis efectivos. En proceso.
AO1.3 Planificar actividades e proxectos relacionados co PDI da escola cos materiais dos polos creativos nos distintos niveis educativos. No recibiron aínda ningún material.
AO1.7 Abrir os polos creativos á comunidade educativa, organizando obradoiros ou eventos, coa finalidade de aprender e beneficiarse destes recursos.
O02PD: Integrar o uso do panel dixital interactivo no quefacer diario e no curriculo escolar, fomentando a aprendizaxe interactiva e mellorando a participación e comprensión do alumnado.
AO2.2. Seguridade e coidado do panel: Proporcionar instrucións claras sobre como manter e coidar o panel dixital interactivo, así como sobre as medidas de seguridade que deben seguirse ao usalo.
Realizada.
AO2.3. Planificación: Facer reunións entre o profesorado que traballa cos paneis para reflexionar e planificar conxuntamente como integrar o uso do panel nas súas programacións, así como identificar as áreas do currículo onde o panel pode ser máis efectivo. En proceso.
AO2.4. Implementación: Implementar o uso do panel na aula, comezando con actividades sinxelas e aumentando gradualmente a complexidade á medida que o alumnado se familiariza coa tecnoloxía. En proceso.
O03PD: Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO
AO3.1: Manter actualizado e/ou Inventariar e avaliar o estado do equipamento dixital do centro. Realizada a primeira parte da acción.
AO3.2: Realizar una táboa na que se recolla algúns datos relevantes dos equipos a revisar: Modelo, marca, número de serie, ano, espazo, situación..., que posteriormente será necesaria para incluír na aplicación INVENTARIO. Realizada.
AO3.3: Actualizar e/ou propoñer renovación do equipamento dixital. Realizada.
AO3.4: Propoñer a participación en programas de Innovación que promova Consellería nos que se poida acadar equipamento tecnolóxico. Realizada.
O01PD: Implementar e empregar os polos creativos como un recurso didáctico, innovador para fomentar a creatividade, o pensamento crítico e as habilidades dixitais do noso alumnado.
AO1.1 Realizar formación en polos creativos en PFPP, implicando ao maior número de docentes. Realizada.
A01.2 Facer un Seminario ou grupo de traballo para integrar no curriculum os polos creativos e integrar as áreas curriculares onde poden ser máis efectivos. Realizada.
AO1.3 Planificar actividades e proxectos relacionados co PDI da escola cos materiais dos polos creativos nos distintos niveis educativos. No recibiron aínda ningún material. Non se puido realizar ningunha actividade porque non se recibiu material, aínda que si se fixeron con material mercado polo propio centro.
AO1.4 Engadir dun xeito harmónico o material recibido en polos creativos na aula STEAM da escola. Non se recibiu ningún material.
AO1.5 Involucrar ao profesorado no uso dos distintos materiais dos polos creativos organizando obradoiros que motiven a utilización dos mesmos. Pola mesma razón non se puido involucrar aos docentes.
AO1.6 Involucrar ao alumnado no uso dos distintos materiais dos polos creativos organizando obradoiros que motiven a utilización dos mesmos. Pola mesma razón non se puido involucrar aos alumnos, só puido facerse co material do centro.
AO1.7 Abrir os polos creativos á comunidade educativa, organizando obradoiros ou eventos, coa finalidade de aprender e beneficiarse destes recursos. Abriuse co material mercado polo centro.
AO1.8 Avaliación e mellora do proxecto a través da implementación dun sistema de avaliación para medir o impacto dos mesmos nas aprendizaxes do alumnado, empregando estes resultados para facer melloras contínuas. Ao non chegar ningún material non se pode facer ningunha evaluación.
O02PD: Integrar o uso do panel dixital interactivo no quefacer diario e no curriculo escolar, fomentando a aprendizaxe interactiva e mellorando a participación e comprensión do alumnado.
AO2.3. Planificación: Facer reunións entre o profesorado que traballa cos paneis para reflexionar e planificar conxuntamente como integrar o uso do panel nas súas programacións, así como identificar as áreas do currículo onde o panel pode ser máis efectivo. En proceso.
AO2.4. Implementación: Implementar o uso do panel na aula, comezando con actividades sinxelas e aumentando gradualmente a complexidade á medida que o alumnado se familiariza coa tecnoloxía. En proceso.
O03PD: Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO
AO3.1: Manter actualizado e/ou Inventariar e avaliar o estado do equipamento dixital do centro. Realizada a primeira parte da acción.
Avaliación
Para avaliar este plan mediremos o grao de consecución dos obcectivos marcados. También haberá que comprobar a efectividade das actuacións levadas a cabo. Para valorar a avaliación, teremos en conta os siguientes instrumentos e ferramentas:
- Os indicadores de avaliación asociados a cada un dos obxectivos e accións.
- A ferramenta de avaliación SELFIE a través da que poderemos facer unha análise da competencia dixital do Centro. (Realizarase anualmente a final de curso).
- A avaluación da Competencia Dixital do alumnado a través de SELFIE, preferiblemente ao final do curso.
O plan avaliarase en función dos resultados obtidos no marco dos obxectivos e prazos previstos. O informe de progreso formará parte da Memoria anual do Centro.
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, levarase a cabo tendo como referente os valores previstos para os indicadores dos obxectivos establecidos.
Avaliarase tanto o proceso, como a consecución do obxectivo ao final o propio proceso.
Polo tanto estableceranse dous tipos de avaliación:
- Avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- Avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
O plan Dixital é unha boa proposta pero que require de moito tempo de traballo sempre das mesmas persoas. Existe pouca axuda dende a Consellería para resolver as incidencias tecnolóxicas pasando dun departamento a outro os problemas da escola.
Menos mal que contamos coa ADIX, Nani Lima Montenegro, que axuda sempre que o requerimos.
Continuar coa ADIX que colabora co centro, e dotar de medios persoais e técnicos que axuden a resolver incidencias, non só a por pegatinas no Rac.
Comunicación e difusión
Este Plan Dixital completo será publicado na Web do centro e enviado ás familias a través da Plataforma Abalarmóbil.
Poderá descargarse na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36010009