Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Cómpre sinalar que o procedemento de seguimento do desenvolvemento do Plan Dixital e da consecución dos obxectivos levarase a cabo tendo como referente os valores previstos para os indicadores dos obxectivos establecidos.
Avaliarase tanto o proceso, como a consecución do obxectivo ao final do propio proceso, e polo tanto, estableceranse dous tipos de avaliación:
AVALIACIÓN PROCESUAL.
Realizarase ao final de cada trimestre e incluirá a avaliación de aspectos como:
- O estado da execución das accións.
- A análise e valoración dos resultados.
- Posibles modificacións das accións (e os motivos).
- Propostas de mellora.
AVALIACIÓN FINAL.
Realizarase a final de curso e incluirá a valoración do logro dos obxectivos propostos e as propostas de mellora.
Para o desenvolvemento de dito proceso de avaliación, establécense as seguintes táboas que favorecen a comprobación e valoración da consecución dos obxectivos unha vez rematado o prazo para o que foi prevista a adquisición dos obxectivos propostos:
*O01PD. Actualizar e renovar os dispositivos dixitais do centro para facilitar o acceso e traballo con este tipo de recursos.
AO1.1. Revisada. Realizada.
AO1.2. En proceso ao longo do curso. Comezou a formación no primeiro trimestre.
*O02PD. Fomentar o emprego de recursos dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe por parte do alumnado e do profesorado.
AO2.1. Revisada. Formación realizada.
AO2.2. En proceso ao longo do curso.
*O03PD. Empregar os recursos do centro para desenvolver a proposta interdisciplinar dos Polos creativos.
AO3.1. Revisada. En proceso ao longo do curso.
AO3.2. En proceso.
*O05PD. Integrar o uso do panel dixital interactivo para fomentar a aprendizaxe interactiva e mellorar a participación e comprensión do alumnado.
AO5.2. En proceso ao longo do curso.
AO5.3. En proceso ao longo do curso.
*O01PD. Actualizar e renovar os dispositivos dixitais do centro para facilitar o acceso e traballo con este tipo de recursos.
AO1.1. Realizada.
AO1.2. En proceso ao longo do curso. Comezou a formación no primeiro trimestre.
*O02PD. Fomentar o emprego de recursos dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe por parte do alumnado e do profesorado.
AO2.1. Formación realizada.
AO2.2. En proceso ao longo do curso.
*O03PD. Empregar os recursos do centro para desenvolver a proposta interdisciplinar dos Polos creativos.
AO3.1.En proceso ao longo do curso.
AO3.2. Realizada.
*O05PD. Integrar o uso do panel dixital interactivo para fomentar a aprendizaxe interactiva e mellorar a participación e comprensión do alumnado.
AO5.2. En proceso ao longo do curso.
AO5.3. Realizada.
*O06PD. Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO.
AO6.1: Realizada.
AO6.2: Realizada.
A0.6.3. En proceso ao longo do curso.
*O01PD. Actualizar e renovar os dispositivos dixitais do centro para facilitar o acceso e traballo con este tipo de recursos.
AO1.1. Realizada.
AO1.2. Realizada.
*O02PD. Fomentar o emprego de recursos dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe por parte do alumnado e do profesorado.
AO2.1. Realizada.
AO2.2. Parcialmente conseguida.
*O03PD. Empregar os recursos do centro para desenvolver a proposta interdisciplinar dos Polos creativos.
AO3.1. Realizada.
AO3.2. Realizada.
*O04PD. Incluir o traballo coa radio escolar como ferramenta didáctica no proceso educativo.
A04.1. En proceso.
A04.2. En proceso.
*O05PD. Integrar o uso do panel dixital interactivo para fomentar a aprendizaxe interactiva e mellorar a participación e comprensión do alumnado.
AO5.1. En proceso.
AO5.2. Parcialmente conseguida.
*O06PD. Actualizar e/ou renovar e inventariar os dispositivos dixitais e espazos do centro para a súa posterior inclusión na app INVENTARIO.
AO6.1: Realizada.
AO6.2: Realizada.
A0.6.3. En proceso.
Avaliación
A través do Plan Dixital de Centro propoñemos unha serie de obxectivos que haberá que acadar nun tempo determinado durante o curso 2023/2024. A avaliación dos obxectivos propostos, farémolo do seguinte xeito e despois engadiremos as conclusións neste documento:
1. Faremos unha táboa de avaliación e repetirémoa para cada obxectivo proposto.
2. Na táboa engadiremos o obxectivo e as accións relacionadas co mesmo e cos indicadores de logro.
3. Iniciaremos o proceso de reflexión e poremos por escrito aquelas melloras que nos gustaría propoñer para os obxectivos que o requiran.
Cómpre sinalar que o procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan dixital e da consecución dos obxectivos levarase a cabo tendo como referente os valores previstos para os indicadores dos obxectivos establecidos. Avaliarase tanto o proceso, como a consecución do obxectivo ao final do propio proceso, e polo tanto, estableceranse dous tipos de avaliación:
• AVALIACIÓN PROCESUAL . Realizarase ao final de cada trimestre e incluirá a avaliación de aspectos como:
- O estado da execución das accións.
- A análise e valoración dos resultados.
- Posibles modificacións das accións (e os motivos).
- Propostas de mellora.
• AVALIACIÓN FINAL . Realizarase a final de curso e incluirá a valoración do logro dos obxectivos propostos e as propostas de mellora.
O desenvolvemento do Plan Dixital no noso centro constitúe un desafío para o equipo docente, dada a necesidade de manter unha constante formación e curiosidade por coñecer novos recursos que contribúan a incrementar a calidade do proceso educativo, favorecendo o tratamento dos contidos educativos dun xeito atractivo, estimulante e actualizado.
Dito proceso de evolución atravesou diferentes momentos ao longo do curso, momentos nos que os obxectivos foron acadados de xeito rápido e sinxelo e, en contraposición, momentos nos que os obxectivos precisaron de maior tempo para optimizar o seu resultado.
- Afondar na formación e capacitación do corpo docente no marco do traballo cos recursos dixitais.
- Favorecer a integración curricular dos recursos dixitais no proceso educativo.
- Motivar a participación activa do profesorado na implementación de estratexias dixitais.
Comunicación e difusión
Unha vez presentado e aprobado o Plan Dixital os seus contidos serán dados a coñecer á comunidade educativa a través dos medios dos que dispón o centro, cumprindo coas indicacións e criterios de comunicación establecidos no Plan de Comunicación do centro:
- A través da labor dos órganos unipersoais e colexiados do centro e doutros medios. No Claustro, Consello Escolar, Comisións de pais e nais, Equipos de traballo, Representantes da ANPA, etc. pódese informar sobre o plan de actuacións para que chegue ao coñecemento de toda a comunidade educativa.
- A través de diversas plataformas para que a información poida ser compartida nos fogares.
- Enlace directo ao Plan dixitral de centro: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36009998
- Páxina web (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmosteirobembrive/)
- Redes sociais: Facebook: https://www.facebook.com/profile.php? id=100057153231724, e Instagram: https://www.instagram.com/ceipmosteirobembrive/) Pax 23 de 24
- Blogues (enlazados desde a web do centro).
- A través do labor das titorías, como parte da comunicación habitual que manteñen os titores coas familias. Entre as outras informacións compartidas, tanto nas reunións iniciais como nas previstas ao longo do curso, poderán engadirse as referidas aos contidos e experiencias sobre as TIC que se realizan na aula e no centro.
- Ligazón ao buscador de plans dixitais en EduCalidade: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/PlansCentroConvAction-buscar.action
PROTOCOLO OU ESTRATEXIAS PARA A DIFUSIÓN DO PLAN DIXITAL
ACCIÓN
- Difusión ao equipo docente
- Difusión á comunidade educativa
- Difusión ás familias
DESTINATARIOS
- Claustro de mestres
- Comunidade educativa
- Familias
CANLE
- Comisión de Coordinación Pedagóxica
- Reunión TIC
- Claustro
- Na reunión xeral a comezo de curso informarase do proxecto e as accións nas que estarán implicadas as familias
RESPONSABLE
• Coordinador TIC
• Equipo de dinamización do Plan Dixital
• Inclusión no Proxecto educativo
• Difusión na web do centro
• Equipo directivo