Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do Plan Dixital e da consecución dos obxectivos levarase a cabo tendo como referente os valores previstos para os indicadores dos obxectivos establecidos.
O seguimento realizarase a través da valoración respecto das accións realizadas, xa sexa por medio dos seus indicadores asociados, como da execución ou non das mesmas. Polo tanto, ao final de cada trimestre realizarase unha valoración, propostas de mellorar e previsión da súa composición. Esta tarefa realizaraa o equipo de dinamización do Plan Dixital.
Con esta finalidade achéganse as seguintes escalas:
- Escala de Likert en 4 niveis para a avaliación procesual.
- Levouse a cabo con éxito.
- Levouse a cabo con éxito modificando a planificación inicial.
- Levouse a cabo sen éxito
- Non se levou a cabo
Observacións (modificacións e motivos das mesmas ou propostas de mellora)
- Táboa tricotómica para avaliación final.
Valor previsto en relación cos indicadores dos obxectivos:
- Realizada
- Aprazada
- Pendente
Observacións (modificacións e motivos das mesmas ou propostas de mellora)
Revisión de accións do obxectivo 1:
-
- O01PD-AO1.1. Revisada. Formación realizada.
- O01PD-AO1.2. Revisada. En proceso de subida de contidos dixitais.REALIZADA
- O01PD-AO1.3. Revisada. En proceso. Algún docente implementou contidos elaborados na aula virtual.REALIZADA
Obxectivo 2:
- O02PD-AO2.1. Revisada. En proceso.REALIZADA
- O02PD-AO2.2. Revisada. Reunión feita para a planificación de actividades.REALIZADA
- O02PD-AO2.3. Revisada. Realizáronse varios obradoiros de Nadal, mediante os cales se crearon diferentes elementos decorativos.REALIZADA
O03PD Potenciar as habilidades técnicas e creativas do alumnado na edición de vídeo e a capacidade de narrar historias de forma efectiva e atractiva a través do medio audiovisual, coa finalidade de participar nun concurso de curtas con outros centros.
AO3.1. Formación: Proporcionar ao alumnado formación no uso de software de edición de vídeo e técnicas de cinematografía axeitadas ao seu nivel. REALIZADA
AO3.3. Producción: Supervisar a filmación da curta, asegurándose de que se sigan as mellores prácticas de seguridade e se respecten os dereitos de autor. REALIZADA
AO3.2. Planificación: Axudar ao alumnado a planificar a súas curtas, incluíndo o desenvolvemento do guión, a elección das localizacións e a planificación das tomas. REALIZADA
AO3.4. Edición: Guiar ao alumnado no proceso de edición, axudándolles a seleccionar as mellores tomas, engadir efectos especiais e axustar o son e a iluminación. REALIZADA
AO3.5. Presentación: Preparar ao alumnado para presentar o seu traballo no concurso, incluíndo a preparación de calquera material promocional necesario.REALIZADA.
O04PD Integrar o uso do panel dixital interactivo no currículo escolar, fomentando o aprendizaxe interactivo e mellorando a participación e comprensión do alumnado
AO4.1. Formación do profesorado: Organizar sesións de formación para que os profesores aprendan a manexar o panel dixital interactivo e as súas aplicacións. REALIZADA
AO4.4. Implementación: Implementar o uso do panel na aula, comezando con actividades sinxelas e aumentando gradualmente a complexidade á medida que o alumnado se familiariza coa tecnoloxía.REALIZADA
AO4.2. Seguridade e coidado do panel: Proporcionar instrucións claras sobre como manter e coidar o panel dixital interactivo, así como sobre as medidas de seguridade que deben seguirse ao usalo.REALIZADA
AO4.3. Planificación: Facer reunións entre o profesorado que traballa cos paneis para reflexionar e planificar conxuntamente como integrar o uso do panel nas súas programacións, así como identificar as áreas do currículo onde o panel pode ser máis efectivo.REALIZADA
AO4.5. Avaliación: Realizar avaliacións regulares para medir a eficacia do panel na mellora do aprendizaxe e axustar o enfoque segundo sexa necesario.REALIZADA
O01PD Potenciar o uso da Aula Virtual entre toda a comunidade educativa, para mellorar a competencia dixital do alumnado e profesorado. Acadado mediante formación interna.
O02PD Implementar e empregar a ferramenta Plotter dos Polos Creativos como un recurso didáctico innovador no noso centro para fomentar a creatividade e as habilidades dixitais do noso alumnado. Acadada con formación mediante o CFR.
O03PD Potenciar as habilidades técnicas e creativas do alumnado na edición de vídeo e a capacidade de narrar historias de forma efectiva e atractiva a través do medio audiovisual, coa finalidade de participar nun concurso de curtas con outros centros. Acadado mediante a formación e implementación do Equipo TIC.
O04PD Integrar o uso do panel dixital interactivo no currículo escolar, fomentando o aprendizaxe interactivo e mellorando a participación e comprensión do alumnado. Acadado
Avaliación
A través do PDC propoñemos unha serie de obxectivos que haberá que acadar nun tempo determinado durante o curso 2023/24.
A avaliación dos obxectivos propostos, farémolo do seguinte xeito e despois engadiremos as conclusións neste documento:
- Faremos unha táboa de avaliación e repetirémoa para cada obxectivo proposto. No noso caso, catro obxectivos (catro táboas).
- Cada táboa serve para avaliar todos os obxectivos propostos nesa liña estratéxica. Na táboa engadiremos o obxectivo e as accións relacionadas co mesmo e cos indicadores de logro según os seguintes niveis de consecución: Acadado, parcialmente ou pendente.
- Finalmente, iniciaremos o proceso de reflexión e poremos por escrito aquelas melloras que nos gustaría propoñer para os obxectivos que o requiran, do seguinte xeito:
- Que valoración global fai o profesorado da súa aplicación na aula? E o equipo directivo e os membros do equipo do plan dixital?
- Manterase o obxectivo?
- Coa súa implantación, convertéronse en novos obxectivos específicos ou derivados da mesma?
- É necesario engadir actuacións? Quitar? Modificar os existentes?
- É necesario concretar con máis detalle aspectos relativos aos responsables, temporalización ou avaliación?
- Tendo en conta o obxectivo proposto, parécenos oportuno presentar outros novos que completen e melloren a experiencia deste primeiro?
*Estas preguntas u outras que poidan ir xurdindo nos dará as pautas para realizar unha avaliación máis reflexiva e concisa que poderemos reflectir posteriormente nunha rúbrica.
Avaliarase tanto o proceso, como a consecución do obxectivo ao final do propio proceso. Polo tanto estableceranse dous tipos de avaliación:
- Avaliación procesual.- Realizarase ao final de cada trimestre e incluirán o estado da execución das accións, a análise e a valoración dos resultados. De ser o caso, tamén as posibles modificacións das accións (e os motivos) e as propostas de mellora.
- Avaliación final.- Realizarase a final de curso e incluirá a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Os obxectivos plantexados foron acordes ás necesidades do centro podendo alcanzarse a totalidade deles.
O profesorado implicouse activamenta na súia maioría á hora de traballar neles, así como na formación plantexada e nas actividades.
-Continuar coa formación para aumentar a competencia dixital docente mediante formación do CFR.
-Continuar con formación interna do profesorado con recursos interactivos.
Comunicación e difusión
A este Plan Dixital déuselle publicidade e difusión entre toda a comunidade educativa por medio da súa publicación na páxina web do centro na seguinte URL*: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcoutadabeade, durante o curso 2022/23.
Para o presente curso 2023/24, ao estar realizado o Plan Dixital en Educalidade, as persoas interesadas en visualizalo deberán seguir a ruta indicada: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36009974
PROTOCOLOS OU ESTRATEXIAS PARA A DIFUSIÓN DO PLAN DIXITAL
- Difusión do Plan ao Claustro
- En CCP e na comisión de Coordinación TIC a través dunha presentación e unha reunión posterior Coordinador TIC
- Difusión á Comunidade Educativa.
- Inclusión do Plan Dixital no PEC para a difusión do mesmo na web do centro*